Begoña Rodríguez Rumbo

economista e política galega

Matilde Begoña Rodríguez Rumbo, nada na Coruña en 1966, é unha economista e política galega do PSdeG-PSOE.

Infotaula de personaBegoña Rodríguez Rumbo
Biografía
Nacemento1966 Editar o valor em Wikidata (57/58 anos)
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióneconomista , política Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Licenciada en Ciencias Económicas pola Universidade de Santiago de Compostela. Traballou como consultora e asesora fiscal e contable. Foi concelleira do PSdeG-PSOE en Cerceda de 1991 a 2005 e novamente de 2011 a 2016. Ao longo da súa etapa no concello foi tenente de alcalde e fíxose cargo das áreas de Servizos Sociais, Promoción Económica, Cultura, Educación, Emprego e Recadación. Foi deputada provincial entre 2011 e 2015.

No 2005 abandonou o concello para facerse cargo da Dirección Xeral de Administración Local da Xunta de Galicia, onde se mantivo ata 2009. En xuño dese último ano volveu ao concello cercedense como asesora do alcalde José García Liñares, ata a súa nova elección como concelleira en 2011. Mantívose no concello ata as Eleccións ao Parlamento de Galicia de 2016, nas cales foi elixida deputada socialista pola provincia da Coruña. Volveu a ser elixida deputada tralas Eleccións ao Parlamento de Galicia de 2020, asumindo ademais unha das viceportavocías do grupo socialista dende xaneiro de 2022.

Forma parte da executiva provincial do PSdeG na Coruña como Secretaria de Acción Electoral, así como da executiva local de Cerceda como Vicesecretaria Xeral.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar