Francisco Ponte Blanco

enxeñeiro e escritor galego

Francisco Ponte Blanco, nado na Coruña o 8 de xullo de 1853[1] e finado na mesma cidade o 23 de agosto de 1926, foi un enxeñeiro e escritor galego.

Francisco Ponte Blanco
Nacemento8 de xullo de 1853
Lugar de nacementoA Coruña
Falecemento23 de agosto de 1926
Lugar de falecementoA Coruña
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónescritor e enxeñeiro
PremiosOrdem de Afonso XII e Order of Agricultural Merit
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Pasou a súa mocidade na Habana, onde foi un dos socios fundadores do Centro Gallego e profesor do mesmo. De volta na Coruña, foi concelleiro, alcalde (de xaneiro de 1923 ata a ditadura de Primo de Rivera), presidente da Asociación da Prensa, da Sociedade Filharmónica e do Círculo de Artesáns. Fundou o Padroado da Caridade e desenvolveu un importante labor na protección da infancia.

O 31 de marzo de 1924 foi elixido presidente da Real Academia Galega, institución na que ingresara como académico de número en 1921 co discurso Breves consideraciones acerca del Arte y de los estilos, a través de las civilizaciones, respondido por Manuel Amor Meilán[2].

Recoñecementos editar

Recibiu a Cruz de Afonso XII.

Predecesor:
Maximiliano Asúnsolo Linares-Rivas
  
Alcalde da Coruña
 
1923
Sucesor:
Laureano Martínez Brañas
Predecesor:
Andrés Martínez Salazar
  
Presidente da RAG
 
1924-1926
Sucesor:
Eladio Rodríguez González

Obras editar

  • Elementos de carreteras y ferrocarriles (construción y conservación) , 1899.
  • De la Coruña a París. Impresiones de un viaje, 1910.
  • Educación social en sus varios aspectos de la enseñanza profesional. Cajas de previsión y cooperación en general, 1910.
  • Cultura y puericultura. Su importancia e influencia educadora de la mujer en estos problemas, 1911.
  • Tratado práctico de estereotomía. Aplicaciones al corte de piedras, maderas y hierros, 1915.
  • La crisis agraria. Consideraciones generales, 1916.
  • A través de España. Ligeras impresiones. Recuerdos de un viaje por tierras solares, 1917.

Notas editar

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar