Maximiliano Asúnsolo Linares-Rivas
Maximiliano Asúnsolo Linares-Rivas, nado en 1896 e finado na Coruña o 1 de decembro de 1931[1], foi un avogado e político galego. Foi alcalde da Coruña nos anos 1920 e 1930.
Maximiliano Asúnsolo Linares-Rivas | |
---|---|
Nacemento | 1896 |
Falecemento | 1 de decembro de 1931 |
Lugar de falecemento | A Coruña |
Nacionalidade | España |
Ocupación | avogado e político |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Traxectoria editar
Neto de Maximiliano Linares Rivas, deputado e senador, e sobriño neto de Aureliano Linares Rivas, ministro nos anos 1880 e 1890. Estudou Dereito. O 21 de abril de 1922 chegou por primeira vez á alcaldía da Coruña con tan só 26 anos, designado polo goberno de José Sánchez Guerra. No seu primeiro mandato, autorizou a construción da Casa Barrié (entre a praza de Vigo e a avenida de Linares Rivas) e inaugurou o tranvía a Sada. O seu mandato concluíu en decembro dese mesmo ano.
En febreiro de 1930 foi designado novamente alcalde da Coruña, pero tan só un ano despois os republicanos gañaron amplamente as eleccións municipais de 1931. O 15 de abril entregou o poder, ao considerar que se trataba dunha decisión popular.
Conselleiro da Caixa de Aforros e Monte de Piedade da Coruña, era presidente da Federación de Caixas de Aforro de Galicia e vicepresidente da Confederación Nacional de Caixas de Aforros.
Predecesor: Juan González Rodríguez |
Alcalde da Coruña 1922 |
Sucesor: Francisco Ponte Blanco |
Predecesor: Manuel Casás Fernández |
Alcalde da Coruña 1930 - 1931 |
Sucesor: Antonio Lens Viera |
Vida persoal editar
Casou en Madrid con María del Carmen Calderón Bárcena, filla de Joaquín Calderón Ozores, en xaneiro de 1930.[2]
Notas editar
- ↑ Necrolóxica en El Pueblo Gallego, 2-12-1931, p. 7.
- ↑ La Voz de Galicia, 17-1-1930, p. 2.