Engracia Vidal

relixiosa e escriitora galega
(Redirección desde «Engracia Vidal Estévez»)

Engracia Vidal Estévez, nada en Cambados en 1930 e finada en Pontevedra o 23 de xaneiro de 2024,[1] foi unha relixiosa e escritora galega.[2]

Infotaula de personaEngracia Vidal
Biografía
Nacemento1930 Editar o valor em Wikidata
Cambados, España Editar o valor em Wikidata
Morte23 de xaneiro de 2024 Editar o valor em Wikidata (93/94 anos)
Pontevedra, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónrelixiosa , escritora Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua galega Editar o valor em Wikidata

Dialnet: 1756254

Traxectoria editar

Naceu en Cambados, onde estaba destinado o seu pai como rexistrador da propiedade. Foi a pequena de tres irmáns. Con nove anos marchou a Pontevedra facer o ingreso no Colexio do Sagrado Corazón dos Praceres. Estudou Historia e Teoloxía en Santiago de Compostela; rematou en Madrid a licenciatura de Historia e diplomouse en Teoloxía.

Con vinte anos marchou a Roma para participar nunha formación e ingresou na orde do Sagrado Corazón.[3] Volveu a España destinada ao colexio da congregación do Sagrado Corazón de Granada, onde foi profesora catro anos. Despois volveu a Roma para outra formación máis relixiosa. Con 24 anos foi coma directora para o Sagrado Corazón de Praceres. Volveu ser directora do Colexio de Praceres aos 37 anos e despois pasou a ser directora do colexio de Chamartín de Madrid. Dende 1970 foi directora dunha residencia en Santiago de Compostela para rapazas do rural que non podían estudar o bacharelato nas súas localidades e deu clase no Seminario menor de Belvís (a primeira muller profesora). Saíu da congregación e foi profesora en Ferrol e mais no Instituto A Xunqueira de Pontevedra.

Foi a primeira directora da revista Encrucillada en 1977, da que tamén foi secretaria, e onde publicou múltiples colaboracións. Participou activamente nos inicios da Marcha Mundial das Mulleres.[2] Tamén foi promotora de Mulleres Cristiás Galegas.[4]

Obras editar

  • Por unha Igrexa tamén feminina (2000). Ecrucillada, Monográficos. O primeiro ensaio relixioso en galego.[2]

Tradución editar

Homenaxe editar

  • Engracia Vidal Estévez. Profecía de fe e galeguidade (2010). Un libro coordinado por Mª Pilar Wirtz Molezún, Maite Pérez Vázquez, Elvira Santos Pena e Marisa Vidal Collazo, maquetado e deseñado por ávila&pite. O libro inclúe tamén un DVD coa entrevista a Engracia Vidal que fixeron Maite Pérez e Marisa Vidal.[5]

Notas editar

  1. "Unha vida de compromiso", La Voz de Galicia, 23-10-2010, p. L16.
  2. 2,0 2,1 2,2 Carrazoni Mier, Yuri (2024-01-24). "Falece a relixiosa e escritora Engracia Vidal, unha pioneira e revolucionaria da Igrexa galega". Nós Diario. Consultado o 2024-01-24. 
  3. Gallego, El Correo (2024-01-24). "Dolor por el óbito de la religiosa Engracia Vidal Estévez, primera directora de ‘Encrucillada’". El Correo Gallego (en castelán). Consultado o 2024-01-25. 
  4. "Profecía de fe e galeguidade". Encrucillada Revista. Consultado o 2024-01-25. 
  5. "Asoc. Mulleres Cristiás Galegas · Exeria - Libros". www.exeria.org. Consultado o 2024-01-25. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar