Conversa:Galicia

Último comentário: hai 2 anos de 89.152.39.190 no tópico Nunca existiu un idioma chamado galego-portugués
Arquivos
1, 2, 3

Indentación? editar

Non o atopo no DRAG, no bUSCatermos tampouco, si atopei EN indentation GL sangría, no TERGAL non aparece. Unhanova (conversa) 1 de febreiro de 2017 ás 12:00 (UTC)Responder

Ligazóns externas modificadas (agosto 2018) editar

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 5 ligazóns externas en Galicia. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 25 de agosto de 2018 ás 01:38 (UTC)Responder

Ligazóns externas modificadas (setembro 2018) editar

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 3 ligazóns externas en Galicia. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 4 de setembro de 2018 ás 16:50 (UTC)Responder

Nunca existiu un idioma chamado galego-portugués editar

Antes de que Portugal se independizase de Galicia , o nome do idioma falado ata o río Douro era galego. E todos se chamaban a sí mesmos galegos. Foi despois que por decreto real se comezou a chamar portugués a lingua do reino recén fundado. O término galego-portugués e moderno. Estaría ben dignarse a explicar unha cousa tan obvia como importante. Mabafe1914 (conversa) 5 de setembro de 2018 ás 20:50 (UTC)Responder

Wikipedia:Cite as fontes. --. HombreDHojalata.conversa 5 de setembro de 2018 ás 20:53 (UTC)Responder
Wikipedia, artigo sobre o galaico-portugués. Cite vostede as fontes onde se afirme que nesa época existiu un idioma ao que chamaban galaico-portugués e onde os portugueses se chamasen así a sí mesmos antes de independizarse. Veña que agardo..... Mabafe1914 (conversa) 5 de setembro de 2018 ás 21:48 (UTC)Responder
Wikipedia:Normas de conduta. --. HombreDHojalata.conversa 6 de setembro de 2018 ás 10:38 (UTC)Responder
Que absurdo, a língua era falada numa região geográfica muito mais vasta do que a da atual Galiza. Em algumas partes (ex. Galiza) evoluiu para o galego moderno, noutras partes (ex. Portugal) evoluiu para o português. Qual é a dificuldade em entender isto? 89.152.39.190 24 de outubro de 2021 ás 19:36 (UTC)Responder

Ligazóns externas modificadas (outubro 2019) editar

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 8 ligazóns externas en Galicia. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre como corrixir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 29 de outubro de 2019 ás 08:33 (UTC)Responder

Solicitude de edición editar

Engadir mapa das comarcas e concellos na sección de Divisións administrativas.

 
Galicia. Comarcas e Concellos

España/Galicia como formas oficiais editar

Pois claro que España (non Hespaña, non Hispania non Yspania...) é a forma oficial, o que a constitución non recolle a a forma Reino de España que España adoita empregar, ou adoitaba, no ámbito internacional. E igual que a Constitución recolle España o Estatuto recolle Galicia. Non se poden verter opinións persoais nos artigos.--HacheDous=0 (conversa) 21 de xaneiro de 2021 ás 18:38 (UTC)Responder

A RAG ten competencias sobre a lingua galega, e ao igual que o resto dos topónimos se adaptan á normativa da lingua galega o nome de Galicia tamén se adapta á normativa da RAG, e de aí a consulta e a resposta:"nunca «cuestionou que o nome oficial do país é Galicia, tal como consta nos textos legais como o Estatuto de Galicia". Se a a RAG aceptase como oficiais da lingua galega as dúas formas habería base para aceptar Galiza tamén como forma oficial legal e se aceptase como única forma galega Galiza entón Galicia sería difícil de manter como forma oficial legal (xa que os topónimos teñen que estar legalmente en galego; sempre se podería conculcar a Lei de normalización lingüística, claro e sacar unha lei que xustificase que Galicia non é un topónimo) pero a RAG é partidaria que o país teña unha única forma oficial, logo recoñecendo Galiza como forma lexítima galega está en contra de darlle carácter legal--HacheDous=0 (conversa) 21 de xaneiro de 2021 ás 18:54 (UTC)Responder

Non é unha opinión persoal en absoluto. A que estabelece os topónimos oficiais é a Comisión de Toponimia da Xunta de Galicia. A Real Academia Galega non pinta nada, pode expresar a súa opinión, aconsellar ou mesmo empregar topónimos diferentes aos oficiais (véxase Riós), que non mudará nada. Galicia é de facto o oficial porque é o que o goberno galego emprega sempre, mais o topónimo non está estabelecido oficialmente nin sancionado legalmente en ningures. E o de que os topónimos se adaptan á normativa da lingua galega tampouco é certo, habendo topónimos castelanizados que son oficiais como Manzaneda, Figueroa… Á RAG pregúntanlle pola «pertinencia ortográfica», é dicir, se Galiza é correcto en galego, e, ademais de dicir que si, vaise polas ramas nun tema no cal non ten compentencia, pretendendo ditar un topónimo oficial. One2 (conversa) 21 de xaneiro de 2021 ás 19:45 (UTC)Responder
Constitución Española, artigo 147.2a: Os estatutos han conter: "A denominación da Comunidade que mellor corresponda á súa identidade histórica" é nos estatutos onde figuran os nomes das CCAA e son dende todo punto de vista os oficiais. A Comisión de Toponimia é o órgano asesor da Xunta de Galicia para a fixación dos nomes oficiais das entidades de poboación e o que elabora as propostas é a Ponencia de Estudos da CT que dende 2012 é o Seminario de Onomástica da RAG, así que si a RAG non aproba pero dende 2012 na práctica (de feito que non de iure) é quen establece as formas oficiais das entidades de poboación e en canto as publicacións da RAG: " As obras de carácter lingüístico que teñan repercusións normativas deberán ser referendadas polo Plenario antes da súa publicación. A Comisión Executiva establecerá un prazo de revisión destas obras en función da súa complexidade" e a maioría dos libros asinados por autores que publica a RAG non se referendan no Plenario xa que non teñen repercusións normativas--HacheDous=0 (conversa) 21 de xaneiro de 2021 ás 20:42 (UTC)Responder
Que a Constitución diga iso, non quere dicir que o Estatuto galego o faga. Por exemplo, si o fai o de Madrid: «La Comunidad Autónoma de Madrid se denomina Comunidad de Madrid». Mais non é o caso de Galicia. De feito, ao estar estabelecido que é o Estatuto o que debe fornecer o nome oficial, volvemos ao de antes: a RAG non ten competencia como pra andar dicindo cal é o topónimo oficial. E no caso de Riós, se supostamente é Galicia o nome oficial e se admite Galiza, non hai lugar pra andar rexeitando formas empregadas pola RAG diferentes ás oficiais. One2 (conversa) 21 de xaneiro de 2021 ás 21:51 (UTC)Responder
Como se di ao comezo desta páxina: Wikipedia non é un foro de discusión. Isto non leva a ningures. --HacheDous=0 (conversa) 21 de xaneiro de 2021 ás 21:56 (UTC)Responder
Evidentemente, ningún vai mudar de opinión. Non insisto máis aquí porque tampouco teño máis fontes có propio Estatuto, mais teño bastante claro que non hai topónimo oficial. One2 (conversa) 22 de xaneiro de 2021 ás 00:28 (UTC)Responder
Simplemente apuntar que na Wikipedia en castelán, concretamente no artigo de es:Comunidad autónoma, sinalan o evidente, que é que no Estatudo de Galicia, igual ca no doutras autonomías, «no se especifica una denominación oficial». One2 (conversa) 20 de abril de 2021 ás 21:28 (UTC)Responder

Galicia reconocida internacionalmente como nación editar

Es totalmente falso que Galicia haya sido reconocida internacionalmente como nación, en los enlaces que ponéis como referencia no pone nada de eso. Vendría bien escribir un anexo con la lista de naciones que reconocieron a Galicia como nación, venga, a ver quien la consigue. —o anterior comentario sen asinar foi feito por 188.26.210.222 (conversacontribucións)

Volver á páxina "Galicia".