Arquivos
1, 2, 3, 4, 5, 6, 7, 8, 9, 10
11, 12, 13, 14, 15, 16, 17, 18

Galego Por favor, engade a túa mensaxe na parte inferior da páxina e non esquezas asinar co botón , ou con --~~~~. Grazas!
English Please, add your message in the bottom of the page and don't forget to sign by clicking the icon or by typing --~~~~. Thank you!
Español Por favor, añade tu mensaje en la parte inferior de la página y no olvides firmar con el botón , o con --~~~~. ¡Gracias!
Português Por favor, adicione a sua mensagem na parte inferior da página e não se esqueça de assinar com o botão , ou com --~~~~. Obrigado!

Wikipedia:Asine as súas mensaxes nas páxinas de conversa

Osvaldo Moles editar

Bom dia, querido HombreDHojalata, como estàs? Yo bien.

Por favor, te pido 2 minutos por un contextito en esta nueva pagina abierta ahora mismo. Muchas gracias por todo, y se precisa, podria contextar-te en Italiano. Hasta luego. Rei Momo (conversa) 20 de outubro de 2022 ás 07:04 (UTC)Responder

Grazie mille por la visita, heasta luego!!! Rei Momo (conversa) 20 de outubro de 2022 ás 08:37 (UTC)Responder

BORRADO DUNHA PÁXINA SOBRE A BIOGRAFÍA DUN ETNÓGRAFO GALEGO editar

Boa tarde, póñome en contacto con vostede para saber que mecanismos se empregan á hora de determinar a relevancia dunha páxina na Wikipedia. A cuestión é que realicei unha aportación sobre a biografía e a bibliografía dun etnógrafo galego (José María López Ferro) que recentemente foi nomeado Cronista Oficial da Vila de As Pontes de García Rodríguez, e que é o artífice do Museo Etnográfico Monte Caxado da mesma vila, e un "bibliotecario" Rjgalindo borrou a páxina polos seguintes motivos:

Para crear un artículo enciclopédico con más garantías de éxito, te sugerimos que utilices el asistente para la creación de artículos.

En absoluto se trata dun artigo de autopromoción xa que está sendo creado por un usuario distinto á persoa obxecto do artigo. E o de que carece de interese enciclopédico, é totalmente subxectivo.

Agradecería se me puidese axudar con este problema para poder solventar os erros nos que poida incurrir o artigo e recuperar a súa visibilidade pública canto antes.

Un saúdo Cheivan (conversa) 23 de outubro de 2022 ás 14:25 (UTC)Responder

Ola @Cheivan:.
O que estás contando sucedeu na Wikipedia en lingua castelá. Esta é a Wikipedia en lingua galega. Son proxectos irmáns pero independentes. Para as túas dubidas sobre o borrado tes que dirixirte a es:Usuario discusión:Rjgalindo (da Wikipedia en lingua castelá), que foi quen a marcou para borrado e a es:Usuario discusión:UA31, que foi o administrador (da Wikipedia en lingua castelá) que cha borrou.
Un saúdo e a seguir. --. HombreDHojalata.conversa 23 de outubro de 2022 ás 14:55 (UTC)Responder
Graciñas Cheivan (conversa) 24 de outubro de 2022 ás 07:43 (UTC)Responder

José Luis Ribas Fernández editar

Ola, HdH! Como vai todo?

Quería pedirche un favor. Apetéceche crearlle o Q ao escultor José Luis Ribas Fernández? Dei con el porque é o autor de d:Q115033783, mais non ten aínda elemento en Wikidata :( Xa me contarás. Graciñas en calquera caso, e un saúdo! --Estevo(aei)fálame aquí 3 de novembro de 2022 ás 08:20 (UTC)Responder

@Estevoaei:: Adrián, moito non atopei, pero aí vai: d:Q115034981. --. HombreDHojalata.conversa 3 de novembro de 2022 ás 18:25 (UTC)Responder

Galifontes editar

Ola, HdH. Veño de colocar un documento en Galifontes,[1] por se lle queres botar unha ollada e hai que facer algunha corrrección. Saúdos.--MAGHOI (conversa) 26 de novembro de 2022 ás 13:34 (UTC)Responder

Tamén crei o artigo de Gonzalo Queipo de Llano en Galicitas. Sabes como se pode engadir unha referencia?. Un saúdo.--MAGHOI (conversa) 26 de novembro de 2022 ás 21:42 (UTC)Responder
Ola MAGHOI.
Non entendo. As referencias pode poñelas exactamente do mesmo xeito que na Wikipedia. Exemplo: q:Francisco Fernández del Riego. --. HombreDHojalata.conversa 27 de novembro de 2022 ás 11:13 (UTC)Responder
Ola, de novo. Era porque en Galifontes non me aparecía, no editor, o botón para colocar referencias, pero o que fixen foi colocar a referencia na Galipedia e copia-lo código. Grazas. --MAGHOI (conversa) 27 de novembro de 2022 ás 17:16 (UTC)Responder

Xelís de Toro editar

Ola, HdH! Como vai todo?

Vin que o martes día 13 ás 19.30 está o Xelís de Toro na sede de Euseino? Editores. Se che coincidise de ir tomarlle unha foto sería fabuloso. Un saúdo! --Estevo(aei)fálame aquí 8 de decembro de 2022 ás 15:41 (UTC)Responder

Oh! Non vai poder ser. --. HombreDHojalata.conversa 9 de decembro de 2022 ás 19:14 (UTC)Responder

Paco del Riego editar

Ola! Quería facerche unha consulta sobre esta edición e sobre a referencia 7 (a día de hoxe) no artigo de Francisco Fernández del Riego. Tes a man o libro de Ceferino de Blas? A referencia é só para a data da voda, ou tamén para o feito de que a nai de don Paco, Amada del Riego Fernández, era descendente de Rafael del Riego? Non atopo esa información por ningures :/ Moi agradecido! --Estevo(aei)fálame aquí 14 de decembro de 2022 ás 13:36 (UTC)Responder

Ola Adrián.
Fíxenlle fotos ao capítulo enteiro (3 páxinas: nos 10, 11 e metade da 12), titulado "Descendente del general del Riego", e cargueinas aquí: https://www.flickr.com/photos/hombredhojalata
Dime se as ves ben. --. HombreDHojalata.conversa 14 de decembro de 2022 ás 14:05 (UTC)Responder
Lese ben, si! Uf, pero non vexo probas de que Ramón del Riego fose descendente de Rafael del Riego, pois o xeneral e mais a súa dona (e sobriña) se exiliaron en Inglaterra e non hai constancia de que tivesen descendencia. O libro de Ceferino de Blas ten diversos erros neses propios capítulos (na páxina 10 danse as datas de 1920 e 1923...), e en todo caso indícase que o antepasado máis vello coñecido é o tataravó. Eu collería con pinzas esa referencia, a verdade; son partidario de retirar a afirmación de que a nai (e por tanto el) é descendente de Rafael del Riego. Como o ves? Un saúdo, e moitas grazas polas imaxes! --Estevo(aei)fálame aquí 14 de decembro de 2022 ás 19:17 (UTC)Responder
@Estevoaei: Retoquei a redacción axustándoa máis a unha cita do propio don Paco, da páxina 17 do libro de De Blas, que poño nas notas. A ver agora. --. HombreDHojalata.conversa 14 de decembro de 2022 ás 21:23 (UTC)Responder

Artigo do IES Monte Castelo editar

Boas tardes, HombreDHojalata. Estiven pegando un repaso ao artigo deste instituto, no que puxeches en marzo de 2020 varias plantillas para melloralo. Revisei o estilo e incluín varias referencias á prensa galega e local da zona. Se tes un momento, pídote que o revises a ver se consideras que xa non precisa desas etiquetas. Un saúdo. Drow male (conversa) 15 de decembro de 2022 ás 19:13 (UTC)Responder

Pumar de Don editar

Ola, HdH! Como vai?

Vin que en agosto moviches Pumar de Don, Lourenzá, Lourenzá a Pumar de Don. Normalmente este criterio aplícase a lugares que pertencen a dúas ou máis parroquias, coma Os Peares, pero neste caso non procedería. A que se debeu o movemento? Graciñas! Un saúdo!! --Estevo(aei)fálame aquí 20 de decembro de 2022 ás 10:31 (UTC)Responder

Ola Adrián.
Enténdese que o das aclaracións (o que vai despois das comas) xurde como solución a un problema, as homonimias, que se dá na maioría dos casos de nomes de lugares de Galicia, cousa que non sucede aquí. ¿Que sentido ten chamarlle ao artigo de "Pumar de Don": "Pumar de Don, e non sei que máis, e outra cousa máis", cando o nome do lugar é, simplemente, "Pumar de Don"? --. HombreDHojalata.conversa 20 de decembro de 2022 ás 20:53 (UTC)Responder
Efectivamente, Wikipedia:Toponimia indica que "cando coincide o mesmo nome para diversos lugares ou accidentes xeográficos, no caso dos lugares úsase o nome do lugar separado por unha coma doutro dato de localización". A excepción a este caso son os lugares e parroquias de Galicia, onde se decidiu incluír no título respectivamente a tripleta "Lugar, parroquia, concello" e "Parroquia, concello". Esta convención -ata onde sei- non aparece en ningunha política ou norma, pero co tempo acadou consenso.
O asunto é que Pumar de Don é unha excepción a esta convención non oficializada; de seguir o criterio que aplicaches, anímote a facer o mesmo co resto de topónimos unívocos. Habería que refacer as redireccións existentes, desde A Abaira até A Zurreira (Comecei a traballar no asunto en Usuario:Estevoaei/topónimos, pode servir de axuda). Poste ao tema? Anímaste a redactar unha proposta de norma, para deixar o criterio pechado? Un saúdo!! --Estevo(aei)fálame aquí 20 de decembro de 2022 ás 21:27 (UTC)Responder
Ai! Xa debo ir vello, que non teño folgos para todo iso. --. HombreDHojalata.conversa 20 de decembro de 2022 ás 22:21 (UTC)Responder

Artigos curtos editar

Que conste que, aínda que non che responda as mensaxes automáticas, agradezo que me avises dos artigos curtos iniciados por min que conviría mellorar. Non dou feito, pero tan pronto como atope algo de relaxo poreime con eles. En boa medida, será grazas aos recordatorios e ao listado que vai quedando na miña páxina de conversa. Máis nada. Só quería acusar a recepción e agradecer o teu traballo. Saúde e boas festas. --Atobar (conversa comigo) 26 de decembro de 2022 ás 12:34 (UTC)Responder

Feijoo editar

Bueno, mejor, mejor, es mucho indicar, digamos que prefiero reproducciones de la época de vida del retratado, cuando esto no es posible (y en el presente caso del grabado y del cuadro, ambas son unas cuantas décadas posteriores) me inclino por los cuadros (en este caso de Salvador Maella, un pintor de renombre), que suelen tener color y, normalmente, son de mayor calidad de imagen que los grabados ... pero esto es solo una opinión personal. Un saludo.
P.D.: Perdona, pero no me había dado cuenta y he respondido en mi propia página de usuario. Lo copio aquí también.

Zumalabe (conversa) 23 de xaneiro de 2023 ás 22:52 (UTC)Responder

Leopard 2 editar

Ola, HdH! Como vai todo?

Anímaste a meterlle ao Leopard 2 o Modelo:Carro de combate? Non sei se é acaído, ou se lle faltaría algún campo. Graciñas en calquera caso. Un saúdo! --Estevo(aei)fálame aquí 25 de xaneiro de 2023 ás 13:52 (UTC)Responder

  Feito! --. HombreDHojalata.conversa 25 de xaneiro de 2023 ás 22:55 (UTC)Responder

Álbum de Galicia editar

Ola, HdH! Como vai todo?

Quería comentarche un par de cousas a respecto do Modelo:Álbum de Galicia, que ti te manexas mellor ca min con estes trebellos. En realidade quería pedirche un favor triplo.
Dunha banda, é posible incluír no Modelo:Álbum de Galicia unha variante para engadir o nome da persoa autora de cada entrada? Molaba poder facer o mesmo en Modelo:Patrimonio Galego, onde colaboran diferentes persoas. Ademais, sería posible fusionalo con Modelo:Álbum da Ciencia, Modelo:Álbum da JAE, Modelo:Álbum de Mulleres e Modelo:Álbum da Emigración? Isto coido xa é máis complicado, pois as url son diferentes.
Doutra banda, xa hai 652 persoas no Álbum de Galicia (link); anímaste a promover en Wikidata a creación dunha propiedade "Identificador Álbum de Galicia", para que apareza no Control de autoridades?

En fin, xa me contarás que che parecen as ideas, e se as ves factibles (e se che apetece, abofé!). Un saúdo e bo febreiro! --Estevo(aei)fálame aquí 1 de febreiro de 2023 ás 12:51 (UTC)Responder

@Estevoaei:
O vexo complicado, tendo en conta que non sería: Galicia + Ciencia + JAE + Mulleres + Emigración
sería, máis ben, Galicia + (Ciencia ou JAE ou Mulleres ou Emigración)
Con código wiki, como está agora, fáiseme moi complexo para min, e sería tamén complexo de empregar polos usuarios de a pé, penso.
Mudándoo por modelos "Cita web" sucesivos, non sei como para que non sexa obrigatorio cubrir tódolos campos (do contrario sairían en branco).
Dareille algunha volta máis, pero precisamos de alguén más habilidoso.
Por outra banda, o que se pode facer é eliminar os catro temáticos ("Ciencia", "JAE", "Mulleres" e "Emigración") e deixar para todos o "Galicia", que leva aos mesmos contidos. Para iso hai que modificar tódolos números nos artigos que os levan, uns 260. Podo facelo. Dime que che parece.
Sobre propoñer cousas en Wikidata, fáiseme incómodo, polo meu pésimo nivel de inglés. Preferiría que o fixera outro. Porén, se se vai a trasladar ao control de autoridades ... escusamos de facer os traballiños dos que falaba antes.
Hai que ter en conta, tamén, que todo o que estamos trasladando ao Control de Autoridades (e eliminando das "Ligazóns externas") desaparece da "vista mobil". O control de autoridades non aparece na "vista mobil" e a "vista mobil" é a máis empregada para consultar a Wikipedia (refírome á Wikipedia en xeral, descoñezo se o dato tamén é aplicable á Wikipedia en galego). --. HombreDHojalata.conversa 1 de febreiro de 2023 ás 20:55 (UTC)Responder
Moitas grazas polas interesantes reflexións. Coido que si sería interesante mudar os catro temáticos polo xenérico "Galicia"; se che parece podo modificar eu os números de dous álbumes e ti doutros dous, para repartir traballo. Respecto ao do control de autoridades e a consulta desde o móbil daba para unha boa conversa, a verdade. Tamén é certo que moitas veces nin se entra en Wikipedia, senón que á xente cando fai buscas lle abonda cos resultados que ofrece Google, que á súa vez toma a información de Wikidata, por iso procuro (quizais ás veces teimo en exceso) relacionar alí a información e as bases de datos. Un saúdo! --Estevo(aei)fálame aquí 2 de febreiro de 2023 ás 07:41 (UTC)Responder

@Estevoaei: Veño de comprobar que nalgúns casos os contidos non coinciden. Véxase o caso de Emilia Pardo Bazán, que ten tres álbumes distintos, de dous autores distintos. Así que o de unificar todos ao Álbum de Galicia tampouco se debe facer. --. HombreDHojalata.conversa 2 de febreiro de 2023 ás 09:59 (UTC)Responder

Outro exemplo: María Casares, ten dous textos distintos, da mesma autora. --. HombreDHojalata.conversa 2 de febreiro de 2023 ás 10:06 (UTC)Responder
Vaia, non caera nesa situación. Queda, xa que logo, descartada a posibilidade de fusión. Non obstante, retomo o primeiro punto: como ves a idea de modificar os modelos para incluír o nome da persoa autora? Sería de especial interese nestes casos en que hai xente con varias entradas nos diferentes álbumes, pero coido que é interesante tamén para o resto de entradas. Habería que ir introducindo a información de forma manual, o cal levará tempo, pero polo menos quedaría aberta esa posibilidade. --Estevo(aei)fálame aquí 2 de febreiro de 2023 ás 10:34 (UTC)Responder
@Estevoaei:   Feito! Agora os modelos admiten varios campos típicos: |apelidos= |nome= |ligazón-autor= |apelidos1= |nome1= |ligazón-autor1= |apelidos2= |nome2= |ligazón-autor2= |ano= ...
Amais xa leva incluído o |ref=harv, polo que agora poden ser ligadas desde o corpo do texto, como referencia, empregando Sfn. Por exemplo:
'''Bibiano Fernández Osorio-Tafall''' foi un científico e político galego, funcionario da [[Organización das Nacións Unidas]].{{Sfn|Fandiño Veiga}}
;Notas
{{Listaref|30em}}
== Véxase tamén ==
=== Ligazóns externas ===
* {{Álbum da JAE |106 |apelidos=Fandiño Veiga |nome=Xosé Ramón |ligazónautor=Xosé Ramón Fandiño }}

que daría como resultado:

Bibiano Fernández Osorio-Tafall foi un científico e político galego, funcionario da Organización das Nacións Unidas.[1]

Notas

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar

Xa están completadas tódalas páxinas do Álbum da JAE, e as do Álbum da Emigración (destas últimas unicamente consta o autor de tres). Agora mételle man, se queres, ás que levan ao Álbum de Galicia, ao Álbum da Ciencia e ao Álbum de Mulleres. --. HombreDHojalata.conversa 5 de febreiro de 2023 ás 12:18 (UTC)Responder
Jo, quedou fetén! Pois esta semana comezo co de Mulleres e mais o da Ciencia, e xa loguiño me poño co de Galicia. Mil grazas!! --Estevo(aei)fálame aquí 5 de febreiro de 2023 ás 12:30 (UTC)Responder

Sica Romero editar

Ola, HDH. No artigo e a votación de Sica Romero, penso que agora todo está como debe. Non sabía como pecha-la votación, pero estarabillando un pouco coido que atinei. De tódolos xeitos, agradeceríache que lle botases unha ollada, por se houbese que facer algo máis. Grazas pola corrección.--MAGHOI (conversa) 5 de marzo de 2023 ás 19:21 (UTC)Responder

Ola @MAGHOI:.
Como en tódalas votacións. Ao pechar hai que meterlle {{Cab}} ao comezo e {{}} ao final.
Despois arquivala e despois deixar constancia na páxina de conversa do artigo.
Podes guiarte por outras que hai arquivadas en Wikipedia:Votacións para borrar/Arquivo.
Un saúdo e a seguir. --. HombreDHojalata.conversa 5 de marzo de 2023 ás 20:13 (UTC)Responder

Saga da Fundación editar

Grazas, HDH! ~~~~ Agremon(contacto) 5 de abril de 2023 ás 16:40 (UTC)Responder

Wikipedia:Wikiproxecto fotos de parroquias editar

Boas!! Poderías actualizar a cor da Pastoriza do Wikiproxecto de fotos de parroquias? Xa ten todas as parroquias con foto. Moitas grazas! --Chairego apc (conversa) 20 de abril de 2023 ás 20:44 (UTC)Responder

  Feito! @Chairego apc: Perdón pola tardanza. --. HombreDHojalata.conversa 25 de abril de 2023 ás 18:08 (UTC)Responder
Moitas grazas!! Chairego apc (conversa) 25 de abril de 2023 ás 22:15 (UTC)Responder

Irma Sèthe editar

Buenas dias, querido HombreDHojalata, como estàs? Quanto tempoooo!!!

He abierto esta nueva pagina, y te pido, por favor, un contextito de 4-5 minutos. Si precisas, posso contextar-te en Italiano. Grazie mille por todo y hasta luego!!! Rei Momo (conversa) 27 de abril de 2023 ás 08:50 (UTC)Responder

213.60.220.174 editar

213.60.220.174 estame a editar miña páxina de usuario, por fabor, fai algo. Destructo 21 (conversa) 15 de maio de 2023 ás 06:19 (UTC)Responder

Ola @Destructo 21:. Tes que dirixirte ao Taboleiro dos administradores. Un saúdo e a seguir. --. HombreDHojalata.conversa 15 de maio de 2023 ás 06:52 (UTC)Responder
Graciñas Destructo 21 (conversa) 15 de maio de 2023 ás 07:26 (UTC)Responder

File:Fotos parroquias Lugo.svg editar

Ola, HdH! Como vai todo?

Quería pedirche un favor; podes actualizar File:Fotos parroquias Lugo.svg? O concello de Cospeito xa está completo; e non sei se é sinxelo ou complicado, pero coido que sería bo mudar a cor branca do texto nos concellos que aparecen en amarelo, pois o reducido contraste dificulta a lectura. Como o ves?

Un saúdo, e graciñas! --Estevo(aei)fálame aquí 30 de xuño de 2023 ás 06:50 (UTC)Responder

  Feito! @Estevoaei: .--. HombreDHojalata.conversa 29 de xullo de 2023 ás 09:37 (UTC)Responder

Consulta Instituto Masculino editar

Ola, HDH. Teño un par de dúbidas que non sei como solventar e pregúntoche a ver se me podes aclarar as cuestións.

1.- Hai unha categoría chamada "Profesores do Instituto Masculino de Lugo". Esa é unha das varias denominacións que tivo, pero hoxe é IES Lucus Augusti. A dúbida é: con aqueles que foron profesores; deben meterse todos nesa mesma categoría ou habería que crear categorías segundo as diferentes denominacións? Digo isto porque hai unha categoría "Uuniversidade Central" e outra "Universidade Complutense".

2.- Quería crear unha categoría chamada "Alumnos do Instituto Masculino de Lugo"; pero non sei como creala, nin cal sería a categoría da que dependería. Quizais: Alumnos de Ensino Secundario? Sería ben seguir a mesma estrutura que hai en Universidade Complutense|Universidade Central? Grazas e un saúdo MAGHOI (conversa) 7 de xullo de 2023 ás 08:25 (UTC)Responder

Ola @MAGHOI:.
Sobre o primeiro, fixen unha Categoría:Profesores do IES Lucus Augusti "nai", que agora contén a Categoría:Profesores do Instituto Masculino de Lugo.
Sobre o segundo, eu non me metería a facer categorías por alumnado de instituto. Unha cousa son as alma máter e outra os ciclos "inferiores", inda que si, que sabemos que foron moi importantes na formación de destacadas figuras.
Que desfrutes do verán. Un saúdo e a seguir. --. HombreDHojalata.conversa 7 de xullo de 2023 ás 21:14 (UTC)Responder
Moitas grazas. MAGHOI (conversa) 8 de xullo de 2023 ás 10:08 (UTC)Responder

Proposta de portada setembro editar

Ola, @HombreDHojalata. Atendento ao teu chamamento na Taberna, propuxen para a portada de setembro o artigo de Hanna Arendt. Pore´n non teño claro se o fixen ben. Agradeceríache que lle botases unha ollada e, se hai algo mal, me avisases para aprender.

Por outra banda, unha pregunta relacionada co tema. Os artigoss que son de calidade e/ou os artigos que xa foran portada, non se poden repetir?. A miña primeira intención era propor Robert Oppenheimer, por estar de actualidade, pero sempre ma saltaba a votación pechada de cando fora portada (abril de 2019), e o mesmo me pasou con Proxecto Manhattan, que non saíra pero é tamén artigo de calidade, e saíame esta última votación pechada.

Grazas por todo. Un saúdo. MAGHOI (conversa) 26 de agosto de 2023 ás 11:45 (UTC)Responder

Ola @MAGHOI:, fixéchelo ben.
Inda que non é o máis habitual, nada impide repetir artigos, de feito xa ten sucedido (tódolos que aparecen en letra grosa en "Wikipedia:Artigos da portada" estiveron na portada máis dun mes).
En caso de querer abrir unha proposta e topar coa votación vella, simplemente, dentro da proposta, edita o título renomeándoo como "NomedoArtigo (proposta do ano XXXX)" e chántalle a votación nova na parte superior. Por exemplo así: [2].
Grazas a ti. --. HombreDHojalata.conversa 26 de agosto de 2023 ás 16:47 (UTC)Responder

Persoeiros editar

Acertado. Mais, como se unen o nome da vila ás persoas notbles? Ó revés, pode ser por ligazón do nacemento, da morte, da vida... Agremon(contacto) 8 de setembro de 2023 ás 13:01 (UTC)Responder

Aurora Sampedro Piñeiro editar

Si, está mellor como imaxe relacionada que como imaxe. Grazas! Agremon(contacto) 8 de setembro de 2023 ás 13:06 (UTC)Responder

selección de páxinas de pdf editar

Ola, HdH! Como vai todo?

Quería facerche unha consulta. O artigo Unha viaxe á Lúa emprega o Modelo:Libro, que toma a imaxe de Wikidata. No elemento correspondente de Wikidata (d:Q20543676) engadín un pdf da obra (File:A voyage to the moon- with some account of the manners and customs, science and philosophy, of the people of Morosofia, and other lunarians (IA voyagetomoonwith00tuck).pdf), pero interésame que na visualización apareza a páxina 7; é posible? Entendo que unha opción sería xerar un ficheiro de seu con dita páxina, pero quería saber se existe esoutra posibilidade. Moitas grazas! --Estevo(aei)fálame aquí 13 de outubro de 2023 ás 09:17 (UTC)Responder

Todo ben, e ti?
A ver así: [3] --. HombreDHojalata.conversa 13 de outubro de 2023 ás 09:27 (UTC)Responder
Exactamente! Non lembraba o de "page="; mil grazas! --Estevo(aei)fálame aquí 13 de outubro de 2023 ás 09:29 (UTC)Responder

Alfonso Graña Coritizo editar

Ola, HdH. É posible que estea mal escrita esta redirección? Alfonso Graña Coritizo? Saúods MAGHOI (conversa) 21 de outubro de 2023 ás 20:17 (UTC)Responder

Categorías wikipedia e mantemento editar

Boas! acabo de decatarme que é posible que por temas de mantemento, dos que ti sabes ben, que igual en lugar de como categorías ocultas preferirías meter estas categorías co prefixo Wikipedia.? Eu seguira a lóxica que tiñan as categorías de control que tiña o modelo, pero se resulta mellor mudalo por unha cuestión de mantemento, recategorizo todo o necesario sen problema. Xa me contas. Grazas! Maria zaos (conversa) 17 de novembro de 2023 ás 19:01 (UTC)Responder

@Maria zaos: Si claro, a idea é esa. Pero non te preocupes, xa irei facendo cando teña tempo. --. HombreDHojalata.conversa 19 de novembro de 2023 ás 11:46 (UTC)Responder
Boas, ando xa pola metade do cambio das categorías de control de coordenadas que xera o modelo Lugar. Pensaba que o podería facer conxuntamente co bot, pero algo nos pasos non me funciona/non entendo con categorías ocultas. Quédame poñerlle a chave índice para que se ordeen os concellos dentro de cada provincia, que o fixen a cañón e non me quedou ben en bastantes.(era moi tarde, tiña sono). Entre hoxe e mañá coido que estará. Logo diso xa lle pedín a Estevoaei que faga o último movemento para non ter que marcar para lixo as redireccións que quedan atrás. Despois disto modifico o modelo e xa debería mover cada lugar á categoría correspondente dentro do espazo wikipedia. Estou segura que había unha forma máis chula e práctica, pero bueno,agora tocarame aprendela logo de vir de facela a manilla :D.( Polo menos amañar aquilo do que fun responsable, penso eu.) O tema categorías teñoo moi oxidado, a verdade, perdoa polas meteduras de zoca.Un día, se che parece, falamos polo miúdo das ideas que tes para a árbore de categorías de mantemento, para ver como podo ser de axuda. Saudiños! Maria zaos (conversa) 20 de novembro de 2023 ás 19:03 (UTC)Responder
Non vexo moi axeitado o de mover Categoría:Forcarei sen coordenadas a "Categoría:Wikipedia:Forcarei sen coordenadas" por poñer un exemplo; segundo iso, cumpriría tamén mover Categoría:Forcarei sen imaxes a "Categoría:Wikipedia:Forcarei sen imaxes", Categoría:Personalidades sen imaxes a "Categoría:Wikipedia:Personalidades sen imaxes". Cal sería o criterio? Mover as 3198 subcategorías de Categoría:Wikipedia:Categorías ocultas? --Estevo(aei)fálame aquí 21 de novembro de 2023 ás 13:27 (UTC)Responder

@Maria zaos e Estevoaei: É unha barbaridade, é. Haberá que darlle outra pensada. --. HombreDHojalata.conversa 21 de novembro de 2023 ás 17:09 (UTC)Responder

Lembrade@Estevoaei e @HombreDHojalata que o modelo de xeografía política ten unha categoría de control de coordenadas (non a de imaxes que vai no espazo de categorías normal) dentro do espazo de nomes Wikipedia. Por se se quixera cambiar. Maria zaos (conversa) 21 de novembro de 2023 ás 17:34 (UTC)Responder

Modelo:Localidade do Camiño editar

Ola! Como vai todo?

Quería pedirche axuda co Modelo:Localidade do Camiño, que creaches hai uns anos (beizóns!). Sería posible modificalo para que apareza só o nome do lugar en vez da tripleta lugar-parroquia-concello? Explícome: Por exemplo: incluín o modelo no artigo A Vilavella, A Vilavella, A Mezquita; sería posible que en "localidade anterior" aparecese só A Canda e que en "seguinte localidade" aparecese só O Pereiro? Moitas grazas en calquera caso. Un saúdo! --Estevo(aei)fálame aquí 9 de decembro de 2023 ás 22:05 (UTC)Responder

Ola @Estevoaei:. Perdoa, que estiven delicado de saúde.
O modelo ten que ser así para que sexa sinxelo de empregar.
Con todo, podes facer a 13/14. Explícome. Méteslle o modelo con "subst" ( {{subst:Localidade do Camiño}} etcétera)
O código sería:
{{Subst:Localidade do Camiño
|Nome do camiño       = Camiño do Sueste
|Localidade anterior  = A Canda, A Vilavella, A Mezquita
|Distancia anterior   = 4
|Altitude             = 1045
|Distancia á Catedral = 213
|Servizos             = [[Ficheiro:Aiga_hotelinformation_inv.png|20px|Aloxamento]] [[Ficheiro:Japanese Map symbol (Church).svg|20px|Igrexa(s)]] [[Ficheiro:Aiga shops inv.svg|20px|Tendas]]
|Localidade seguinte  = O Pereiro, O Pereiro, A Mezquita
|Distancia seguinte   = 4
}}
Gardas, e o resultado é este.
Despois volves a editar (por exemplo así) e adaptas ao teu gusto.
Un abrazo e boas festas. --. HombreDHojalata.conversa 15 de decembro de 2023 ás 11:57 (UTC)Responder

Solicitude de foto editar

Bo día! Agardo que esteas ben. Quería pedirche unha foto, se che quedase a man; podes documentar a estación de tranvía que hai xunto a Canido, en Estación (Oia)? Mil grazas! --Estevo(aei)fálame aquí 7 de febreiro de 2024 ás 10:01 (UTC)Responder

Ola Adrián. Tes as coordenadas? --. HombreDHojalata.conversa 7 de febreiro de 2024 ás 10:04 (UTC)Responder

@Estevoaei: Ah, xa sei onde é. A coñezo. Pero iso debe estar completamente en ruínas [4]. --. HombreDHojalata.conversa 7 de febreiro de 2024 ás 10:07 (UTC)Responder

Equilicuá, xusto esa; precisamente porque xa está bastante escangallada, mellor sacarlle foto antes de que a ruína vaia a máis (ou se cadra documentala así, por se hai sorte e nalgún momento se restaura!) --Estevo(aei)fálame aquí 7 de febreiro de 2024 ás 10:17 (UTC)Responder

posible conflicto de intereses enviado a albinoprada@gmail.com editar

home ... colgar un libro en acceso libre dunha Universidade pública

¿interese social ou comercial? ¿do autor ou da cidadanía?

... pero si molesta paso a borralo

Wikibolo2955 (conversa) 14 de febreiro de 2024 ás 19:36 (UTC)Responder

Nova {{Infobox elección}} editar

Hola, estoy otra vez por aquí.

Acabo de instalar la {{Infobox elección}} que funciona exclusivamente desde WD i no necesita ningun paràmetro. Ya puedes ver los resultados de "Eleccións ao Parlamento de Galicia de 2024" en una pàgina de pruebas: Usuario:Amadalvarez/prova.

Ahora estoy liado con la documentación pero si quieres usarla aprovechando que aun no se han entrado los datos de ayer al articulo, la versión és estable. Espero que os guste. Salut! Amadalvarez (conversa) 19 de febreiro de 2024 ás 07:11 (UTC)Responder