Wikipedia:Asine as súas mensaxes nas páxinas de conversa
Esta páxina contén políticas e normas oficiais da Galipedia. Ten unha ampla aceptación entre os editores desta Wikipedia e considérase un estándar que todos os usuarios deben seguir. Agás para edicións pequenas, por favor, use a páxina de conversa para propoñer cambios nestas directrices. Esta política aprobouse nesta votación que tivo lugar desde o 16/11/2015 ata o 16/12/2015. |
Esta páxina en resumo: Asine as súas intervencións nas páxinas de conversa. Procure que a súa sinatura sexa concisa, sen imaxes e facilmente lexible por calquera. |
Forma parte da etiqueta da Wikipedia asinar os comentarios nas páxinas de conversa de calquera espazo de nomes. Para isto normalmente emprégase os símbolos (~~~~
). É un aspecto esencial para a comunicación, ademais de axudar os outros usuarios a comprender o progreso e evolución do diálogo.
Os artigos do espazo de nomes principal non deben incluír ningunha sinatura dos editores.
Propósito das sinaturas
editarAs sinaturas na Wikipedia teñen o propósito de identificar os distintos usuarios e as súas contribucións. Axudan a manter conversas cívicas identificando ao autor dun comentario particular xunto coa data do propio comentario. Debido a isto, é recomendable ter unha sinatura que cumpra unhas certas normas. En xeral, calquera cousa que non permita a política de nomes de usuario non debe incluírse tampouco nunha sinatura.
Preferencias da sinatura
editarOs usuarios rexistrados poden cambiar a súa sinatura e personalizala nas preferencias de usuario. Para máis información sobre como cambiar a sinatura, vexa Axuda:Como mellora-la miña sinatura.
Cando se deben empregar as sinaturas e cando non
editarTódalas mensaxes que un usuario deixe nas páxinas de conversa de usuario, páxinas de conversa de artigos e calquera outra páxina de conversa deben incluír unha sinatura. As edicións nos propios artigos non deben ir asinadas, o historial do artigo xa inclúe a autoría de cada edición feita nos artigos. As sinaturas non deben incluírse nos resumos de edición e os ficheiros e imaxes empregados nos artigos non deberían incluír tampouco sinaturas dos editores.
Como asinar as mensaxes
editarAs sinaturas poden incluírse de dúas formas:
- Ao final dos comentarios, escribindo catro tiles:
~~~~
. - De usar a barra de ferramentas de edición, facer clic na icona de sinatura dando coma resultado:
--~~~~
.
As catro tiles substituiranse automaticamente coa súa sinatura tras gardar os cambios, da forma seguinte:
Texto introducido | Código resultante | Texto amosado |
---|---|---|
~~~~
|
[[Usuario:Exemplo|Exemplo]] ([[Conversa usuario:Exemplo|conversa]]) 22:23, 15 outubro 2024 (UTC)
|
Exemplo (conversa) 22:23, 15 outubro 2024 (UTC) |
Teña en conta que se escolle editar de forma anónima sen rexistrarse tamén debe asinar as súas mensaxes. Neste caso o seu enderezo IP tomará o lugar do nome de usuario e ligará ao seu historial de contribucións. O seu enderezo será da forma 192.0.2.213 ou 2001:DB8:CEEE:21B:DB60:07FE:4277:63FF.
Restricións ás sinaturas
editarFalsificación de sinaturas
editarNunca use a sinatura doutro editor. Imitar a outro editor usando o seu nome de usuario non está permitido. Alterar o código da sinatura para que semelle a de outro usuario tamén pode considerarse unha forma de imitación ou falsificación. Editar o código da sinatura para que ligue a páxina de usuario doutro editor non está permitido.
Contido
editar- O texto da sinatura non debe brillar intermitentemente ou desprazarse.
- Non inclúa saltos de liña (
<br />
) ou liñas horizontais (----
ou<hr />
) no código da sinatura. - A sinatura debe conter o nome de usuario e a ligazón á páxina do usuario como mínimo para facilitar a identificación do mesmo. Recoméndase incluír tamén unha ligazón á páxina de conversa do usuario para facilitar o acceso á mesma.
- En ningún caso a sinatura pode conter insultos, palabras malsoantes ou texto ofensivo ou insultante cara ningunha institución (pública ou privada), persoa ou outro usuario da Wikipedia.
- Así mesmo non se permite engadir publicidade de ningún tipo na sinatura.
- Non se permite engadir ligazóns a páxinas web externas alleas aos proxectos Wikimedia na sinatura.
- A sinatura debe sinalar a data e hora da edición para poder cumprir o seu obxectivo. Non se pode firmar unicamente co nome de usuario.
Tamaño da fonte
editar- En ningún caso se poderá aumentar o tamaño da fonte empregada na sinatura por riba do tamaño estándar do texto da Galipedia.
- Só se pode reducir o tamaño da fonte na parte que liga á paxina de conversa do usuario, a parte que liga á paxina do usuario debe permanecer no tamaño estándar para facilitar a súa lectura.
Cores
editar- Permítese o uso de calquera cor ou combinación de cores na sinatura.
- Xa que algúns usuarios poden ter problemas de visión, teña precaución no uso de cores. Intente asegurar que a combinación de cores empregada sexa lexible para usuarios con daltonismo ou calquera outra discapacidade visual.
Imaxes
editarAs imaxes non deben empregarse nas sinaturas polos seguintes motivos
- Provocan un gasto innecesario de recursos nos servidores.
- A imaxe pode ser substituída por outra co mesmo nome, provocando que a sinatura sexa obxectivo de posibles vandalismos.
- Dificultan a lectura das páxinas e as procuras nas mesmas.
- Dificultan a copia do texto das páxinas.
- Teñen o potencial de distraer a atención do propio contido das mensaxes.
- As imaxes non escalan correctamente co texto.
- Engaden ligazóns innecesarias nas páxinas de descrición das propias imaxes cada vez que se empregan nunha sinatura.
Uso de modelos
editar- Non se permite o uso de modelos e funcións analíticas nas sinaturas (por exemplo:
{{Usuario:Nome/sinatura}}
polos seguintes motivos:- Os modelos nas sinaturas son un obxectivo fácil para os vandalismos.
- Os modelos nas sinaturas supoñen unha pequena pero innecesaria carga nos servidores.
- As notificacións a usuarios non funcionan se a sinatura do usuario mencionado contén un modelo.
- O uso de substitución de modelos nas sinaturas si é permisible (por exemplo:
{{SUBST:Usuario:Nome/sinatura}}
), mais non está recomendado debido ao risco de vandalismo.- Os usuarios que decidan empregar un modelo substituído na súa sinatura deben revisar con precaución a súa sinatura cada vez que a usen.
- O proceso de substitución non debe empregarse como forma de evitar o resto de restricións ás sinaturas.
Categorías
editarAs sinaturas non deben conter nin facer uso de categorías.
Comentarios sen asinar
editarO modelo {{subst:sen sinatura}} pode empregarse ao final dun comentario para engadir o nome de usuario ou IP ao comentario. A información deste pode tomarse do historial da páxina, e o modelo debe empregarse sempre substituído.
Recoméndase tamén avisar ao usuario que esqueceu asinar deixando a mensaxe predefinida {{subst:au-asinar}} na súa páxina de conversa de usuario.
Véxase tamén
editarOutros artigos
editar
Volver á páxina de axuda. |