Wikipedia:Escolla do artigo bo

Artigos bos na Galipedia

Esta marca simboliza os artigos bos da Wikipedia
Esta marca simboliza os artigos bos da Wikipedia
Esta páxina ten como función a escolla dos artigos bos pola comunidade da Galipedia. Un artigo bo é un artigo que cumpre os requirimentos expresados en Wikipedia:O que é un artigo bo, e ademais foi elixido en votación para figurar entre o artigos bos da Galipedia.

Antes de presentar unha candidatura certifique que o artigo se adecúa ó perfil dun artigo bo. Os artigos bos non teñen que ser tan amplos coma os artigos de calidade, pero non deben omitir ningún aspecto importante do tema: a comparación dos criterios para artigos bos e de calidade describe máis diferenzas.

Atallo:
WP:EAB

O vieiro cara a un artigo bo

  1. Creación dunha nova entrada
  2. Edición da páxina
  3. Redacción dun artigo brillante
  4. Exame dos criterios de avaliación
  5. Presentación da proposta
  6. Inclusión do artigo aquí


Artigos bos na Galipedia:

Como presentar unha candidatura

editar
I.

Crear unha proposta

Copie o nome do artigo tras o texto presente na caixa:


II.

Inserir a ligazón na páxina de escolla

Inclúa manualmente unha ligazón na sección Wikipedia:Artigos bos/Votacións: Prema aquí e deseguido engada esta liña na parte superior da lista:
{{Wikipedia:Artigos bos/Propostas/Nome do artigo}} substituíndo Nome do artigo polo artigo proposto.

Inclúa o modelo {{CABO}} no artigo.

Inclúa a nova do comezo da votación do artigo en Wikipedia:Novas da comunidade, baixo o modelo {{Anuncio artigo bo}}

III.

Votación

Para exercer o teu voto, sempre e cando cumpras os requisitos necesarios, podes empregar o modelo que exprese a túa opinión:
  • Concordo ({{Concordo}}). Se estás de acordo coa proposta.
  • Discordo ({{Discordo}}). Se non estás de acordo ou en oposición.
  • Neutro ({{Neutro}}). Se non está nin en acordo nin desacordo.

Ademais diso, tamén podes usar:

  • Comentario ({{Comentario}}). Para facer comentarios.
  • Información: ({{Info}}). Para achegar calquera tipo de información.
  • Pregunta: ({{Pregunta}}). Para formular unha pregunta.
  • Agardar ({{Agardar}}). Para tomar un tempo de reflexión e decidir se cambiar ou non o voto actual.

Por favor, trata de argumentar a túa postura engadindo algunhas palabras que fundamenten o acordo ou desacordo coa proposta, en particular cando te opoñas. Ten en conta que a votación non é necesariamente sempre unha mera suma de votos; e non esquezas asinar (co botón da caixa de edición ou engadindo ~~~~).A votación será aprobada cos 3/4 dos votos favorables, sempre que se emitisen cando menos 5 votos a favor. A duración da votación deberá ser de 30 días.

Normas de votación

editar
Votacións
Artigos e imaxes destacados

Artigos de calidade (Propor · Votar)
Artigos bos (Propor · Votar)
Artigo destacado (Propor · Votar)
Artigo sobre Galicia (Propor · Votar)
Imaxe do día (Propor · Votar)

Políticas e normas

Votacións en curso
Resultados de votacións

Votacións para borrar

Artigos propostos para borrar (Votar)
Ficheiros propostos para borrar

Permisos de usuarios

Votacións á administración
Peticións de aprobación de bots

  • Antes de votar lea o artigo integramente e valore a súa calidade. Non se vota polo tema, senón pola calidade do artigo conforme cos criterios. Evite votar en base a simpatías ou antipatías. Explique os motivos en caso de concordar, e máis necesariamente en caso de votar en contra (para poder corrixir os artigos en breve prazo, se fose o caso, e así mudar o voto, riscando o anterior).
  • Pode votar:
    • Concordo ({{Concordo}}): a favor.
    • Discordo ({{Discordo}}): en contra.
    • Tamén se pode votar neutro Neutro ({{Neutro}}).
  • Pode comentar cos seguintes marcadores:
    • Agardar ({{Agardar}}): indicar que adía o seu voto en espera de que se melloren detalles, isto é co marcador.
    • Ademais, pódense empregar os modelos Comentario ({{Comentario}}), Información: ({{Info}}) e Pregunta: ({{Pregunta}}).
  • Votos válidos: para poder votar fai falla cumprir a política de votacións, ou sexa, hai que ter un mínimo de 150 contribucións válidas e levar rexistrado 60 días antes do inicio da votación.
  • Cancelar o voto: como xa se dixo antes, pódese alterar o voto durante o período da votación. Para mudar o voto débese riscar (utilizando <s>....</s>), e non borrar.
  • Votación interrompida: calquera votación pode interromperse, independentemente de cal estea a ser o resultado, se o artigo incumpre os criterios presentados en que é un artigo bo. Nese caso a votación arquívase.
  • Período de votación: o prazo de votación será de 30 días, que comezan a contar dende a data da candidatura.

Peche da votación

editar

Logo dos días correspondentes pecharase a votación.

Candidatura aprobada (artigo de bo)

editar
  1. Un artigo considerarase "artigo de bo" cando se verifiquen as seguintes condicións:
    Mínimo de 5 votos favorables
    Maioría absoluta de votos a favor (>75%).
  2. Para pechar a votación editarase a páxina da mesma, inserindo ó principio {{CABO}} e ó final {{pé}}. A votación arquivarase en Wikipedia:Artigos bos/Propostas pechadas.
  3. Mude a caixa {{CABO}} pola de {{Artigo bo}}.
  4. Na páxina de discusión do artigo engada {{AB|nº de edición|data=''Data da aprobación''}}.
  5. Inclúa o artigo na lista de artigos bos.
  6. Retire da lista, situada no baixo desta páxina, a ligazón da páxina de votación do artigo.
  7. Valore incluír a nova da elección do artigo en Wikipedia:Novas da comunidade, baixo o modelo {{Anuncio artigo bo}}

Candidatura rexeitada

editar
  1. Se o artigo non foi elixido como bo, retire da lista de abaixo a ligazón da páxina de votación do artigo e arquive esa votación xunto con todas as demais. Previamente, retire a caixa {{CABO}}.