Wikipedia:Escolla do artigo de calidade

Artigos de calidade na Galipedia

Esta estrela simboliza os artigos de calidade da Wikipedia.
Esta estrela simboliza os artigos de calidade da Wikipedia.
Esta páxina ten como función a escolla dos artigos de calidade pola comunidade da Galipedia. Un artigo de calidade é un artigo que cumpre os requirimentos expresados en Wikipedia:O que é un artigo de calidade, e ademais foi elixido en votación para figurar entre o Olimpo dos artigos da Galipedia.

Antes de presentar unha candidatura certifique que o artigo se adecúa ó perfil dun artigo de calidade. Cómpre sinalar a diferenza entre un artigo destacado e un de calidade: os destacados abranguen un espectro máis amplo de artigos nos que se encadran os que polo seu interese e pola súa boa realización foron votados pola comunidade para figurar na Portada, mentres que os artigos de calidade teñen que pasar un filtro máis esixente para figurar como un dos mellores traballos da Wikipedia.

Atallo:
WP:EAC

O vieiro cara a un artigo de calidade

  1. Creación dunha nova entrada
  2. Edición da páxina
  3. Redacción dun artigo brillante
  4. Exame dos criterios de avaliación
  5. Presentación da proposta
  6. Inclusión do artigo aquí


Artigos de calidade na Galipedia:

Como presentar unha candidatura editar

I.

Crear unha proposta

Copie o nome do artigo tras o texto presente na caixa:


II.

Inserir a ligazón na páxina de escolla

Inclúa manualmente unha ligazón na sección Wikipedia:Artigos de calidade/Votacións: Prema aquí e deseguido engada esta liña na parte superior da lista:
{{Wikipedia:Artigos de calidade/Propostas/Nome do artigo}} substituíndo Nome do artigo polo artigo proposto.

Inclúa o modelo {{CADC}} no artigo.

Solicite no taboleiro dos bibliotecarios que se inclúa un aviso do comezo da votación no Sitenotice.

Inclúa a nova do comezo da votación do artigo en Wikipedia:Novas da comunidade, baixo o modelo {{Anuncio artigo de calidade}}

III.

Votación

Para exercer o teu voto, sempre e cando cumpras os requisitos necesarios, podes empregar o modelo que exprese a túa opinión:
  • Concordo ({{Concordo}}). Se estás de acordo coa proposta.
  • Discordo ({{Discordo}}). Se non estás de acordo ou en oposición.
  • Neutro ({{Neutro}}). Se non está nin en acordo nin desacordo.

Ademais diso, tamén podes usar:

  • Comentario ({{Comentario}}). Para facer comentarios.
  • Información: ({{Info}}). Para achegar calquera tipo de información.
  • Pregunta: ({{Pregunta}}). Para formular unha pregunta.
  • Agardar ({{Agardar}}). Para tomar un tempo de reflexión e decidir se cambiar ou non o voto actual.

Por favor, trata de argumentar a túa postura engadindo algunhas palabras que fundamenten o acordo ou desacordo coa proposta, en particular cando te opoñas. Ten en conta que a votación non é necesariamente sempre unha mera suma de votos; e non esquezas asinar (co botón da caixa de edición ou engadindo ~~~~).A votación será aprobada cos 3/4 dos votos favorables, sempre que se emitisen cando menos 5 votos a favor. A duración da votación deberá ser de 30 días.

Normas de votación editar

Votacións
Artigos e imaxes destacados

Artigos de calidade (Propor · Votar)
Artigos bos (Propor · Votar)
Artigo destacado (Propor · Votar)
Artigo sobre Galicia (Propor · Votar)
Imaxe do día (Propor · Votar)

Políticas e normas

Votacións en curso
Resultados de votacións

Votacións para borrar

Artigos propostos para borrar (Votar)
Ficheiros propostos para borrar

Permisos de usuarios

Votacións á administración
Peticións de aprobación de bots

  • Antes de votar lea o artigo integramente e valore a súa calidade. Non se vota polo tema, senón pola calidade do artigo conforme cos criterios. Evite votar en base a simpatías ou antipatías. Explique os motivos en caso de concordar, e máis necesariamente en caso de votar en contra (para poder corrixir os artigos en breve prazo, se fose o caso, e así mudar o voto, riscando o anterior).
  • Pode votar:
    • Concordo ({{Concordo}}): a favor.
    • Discordo ({{Discordo}}): en contra.
    • Tamén se pode votar neutro Neutro ({{Neutro}}).
  • Pode comentar cos seguintes marcadores:
    • Agardar ({{Agardar}}): indicar que adía o seu voto en espera de que se melloren detalles, isto é co marcador.
    • Ademais, pódense empregar os modelos Comentario ({{Comentario}}), Información: ({{Info}}) e Pregunta: ({{Pregunta}}).
  • Votos válidos: para poder votar fai falla cumprir a política de votacións, ou sexa, hai que ter un mínimo de 150 contribucións válidas e levar rexistrado 60 días antes do inicio da votación.
  • Cancelar o voto: como xa se dixo antes, pódese alterar o voto durante o período da votación. Para mudar o voto débese riscar (utilizando <s>....</s>), e non borrar.
  • Votación interrompida: calquera votación pode interromperse, independentemente de cal estea a ser o resultado, se o artigo incumpre os criterios presentados en que é un artigo de calidade. Nese caso a votación arquívase.
  • Período de votación: o prazo de votación será de 30 días, que comezan a contar dende a data da candidatura.

Peche da votación editar

Logo dos días correspondentes pecharase a votación.

Candidatura aprobada (artigo de calidade) editar

  1. Un artigo considerarase "artigo de calidade" cando se verifiquen as seguintes condicións:
    Mínimo de 5 votos favorables
    Maioría absoluta de votos a favor (>75%).
  2. Para pechar a votación editarase a páxina da mesma, inserindo ó principio {{cab}} e ó final {{pé}}. A votación arquivarase en Wikipedia:Artigos de calidade/Propostas pechadas.
  3. Mude a caixa {{CADC}} pola de {{Artigo de calidade}}.
  4. Na páxina de discusión do artigo engada {{Calidade|nº de edición|data=''Data da aprobación''}}.
  5. Inclúa o artigo na lista de artigos de calidade.
  6. Retire da lista, situada no baixo desta páxina, a ligazón da páxina de votación do artigo.
  7. Valore incluír a nova da elección do artigo en Wikipedia:Novas da comunidade, baixo o modelo {{Anuncio artigo de calidade}}

Candidatura rexeitada editar

  1. Se o artigo non foi elixido como de calidade, retire da lista de abaixo a ligazón da páxina de votación do artigo e arquive esa votación xunto con todas as demais. Previamente, retire a caixa {{CADC}}.