Abrir o menú principal

Conversa Wikipedia:Escolla do artigo de calidade

A proposta paréceme moi interesante e axustada. Fixen algúns trocos de redacción, eliminando xerundios e pasivas, e unifiquei as formas verbais a vostede. Cando podemos empezar a propor artigos de calidade? --Xabier Cid 01:13, 26 xaneiro 2008 (UTC)

Salvo detalles menores teño claro que vou votar a favor desta proposta cando chegue o momento, pero aproveitando estes momentos previos quero facer públicos catro pensamentos:

  • Sigo sen ver clara a diferencia entre "de calidade" e "destacado", polo que creo que cumpriría intentar unha definición máis concreta. Dicir -resumindo- que "Un artigo de calidade é un artigo que ... foi elixido para figurar entre os artigos de calidade" é pouco clarificador. Nesta páxina, sobre "artigos de calidade" podemos ler no cadro o vieiro cara un "artigo destacado".
  • Prohíbense as autocandidaturas. Moi ben, pero isto racha un pouco coa teoría de que os artigos non son de ninguén senón de todos. Sei que estamos pensando naqueles artigos que un creou desde o principio e no que os demais fixeron, ou non, correccións de detalle, pero tamén se dá o caso de artigos recreados ou mellorados sustancialmente desde outro anterior, e aquí xa non queda tan claro quen é o autor ó que se lle veta a autocandidatura.
  • Debería especificarse que quen própón o artigo é quen logo debe pecha-la votación e non deixa-lo no aire ("pecharase a votación").
  • ¿Non resulta contraditorio pedir aquí un 75% dos votos a favor cando estamos propondo noutro lugar un 66% para artigos destacados?
  • Non me gusta a fórmula "rexistrado/a". Son da vella escola que considera que nestes casos abondaría coa forma masculina.

Pedro --Lameiro (conversa) 12:10, 26 xaneiro 2008 (UTC)

Sobre o dito por LameiroEditar

Concordo con case todo. O único no que discordo é no 5 punto, pero non interveño pra dicir isto, senón pra recoñecer que é unha achega miña posterior, e que non estaba no texto inicial de Alberte. Desculpas se me precipitei facendo o troco. --Xabier Cid 13:36, 26 xaneiro 2008 (UTC)

Ben, creo que solucionei os puntos un e tres que di Lameiro. De todos xeitos se vedes cousas que son de lóxica para mudar pois mudalas sen problema, como esa definición que tiña razón Lameiro, era algo pedante. O das autocandidaturas pode ser que teña razón Lameiro, pero gustaríame saber a opinión de máis xente. E no que non estou de acordo é no de ter que igualar as porcentaxes dos de calidade e dos destacados na portada. Para min os de calidade teñen que saír cun alto índice de aprobación, xa que só van ser uns poucos artigos elixidos, e teñen que representar os mellores traballos da Galipedia. AlberteSi, digame? 14:13, 26 xaneiro 2008 (UTC)

Están prohibidas as autocandidaturas.Editar

A min este tipo de cousas non me parecen de boa saudade pa comunidad (igual pa candidaturas de administradores). Vou explicalo un pouco. Un artigo pode ser mui bóo cando foi feito de xeito mui colaborativo por varios editores (quen é o pai ?), tamen pode ser un editor aislado que traballa durante meses nun artigo. No primeiro caso, como no segundo, pa min teria que ser o usuario que conoce ben o artigo é pensa que vale pa candidatura que debe própor a candidature, sen preocuparse si traballou no artigo ou non. Senon a persona que pensa ter os argumentos pa presentar e defender o artigo, e as capacidades pa ter en conta as suxestios tera que andar detras (a esconditos supoño) do home de palla que lle sirve de embaxaidor. Unha base da colaboracion a unha wiki é a responsabilidade do usuario. Iste tipo de regras favorecen convenios ocultos con bases fora do obxectivo (si propos este artigo que me deu moito traballo, pois acordareime de ti cando necesites ...). Concretamento pa dar un exemplo, Alberte pareceme mui ben plazado pa presentar o artigo Che Guevara, agora ben si a il esqueceselle a idea de facer unha candidatura, pode a fager un usuario que sepa ben do tema e que sintese capacitado pa presentar e defender a calidade do artigo, escoitar as observacións pa rexeitalas con argumentos ou collelas en conta pa millorar o artigo. Esto queda aclarado pola miña parte. Agora ten que quedar tamen aclarado que non é motivo pa que discorde eu niste tema, xa que me parece ter consenso na Galipedia. Non puxen esta opinion pa que se discuta desto agora e o meu voto non sera negativo polo motivo que queden prohibidas as autocandidaturas. ElviraConversa con mi 15:39, 26 xaneiro 2008 (UTC)

Entre ti e Lameiro convencéstesme para eliminar a prohibición das autocandidaturas. Un saúdo. AlberteSi, digame? 17:56, 26 xaneiro 2008 (UTC)
Pois eu estaba en contra da eliminación (ou sexa, era partidario de matizar o texto en función do que dixera Lameiro), pero a opinión de Elvire é moi razoable. Agora xa entrará no pudor e na conciencia de cadaquén autoproporse. --Xabier Cid 18:05, 26 xaneiro 2008 (UTC)
XabierCid non entendo mui ben porque falas do pudor e da conciencia (sobre todo o pudor) de autoproporse. Xa que Alberte cambio o texto permitome aclarar o meu razoamento (senon calaba) : eliminar "Están prohibidas as autocandidaturas" supon que :
  • elimina o tipo de candidatura : "propoño iste artigo porque tal usuario trabollou moito e fixo un traballo mui bóo"
  • elimina de falar (ou pior de non falar) na candidatura e nos debate dos editores, agas que non sexa pa fagercelle preguntas concretas, como o di Lameiro un artigo non é a propriedade dun usuario, mais cada editor pode explicar porque fixo tal cousa, ou darse conta que fixo un erro na sua contribucion no artigo.
  • responzabiliza o que propón a candidatura, xa que é il o que se fai cargo de haber examinado Wikipedia:O que é un artigo de calidade e do seu conocemento do tema pa acreditar o contido global do artigo. Quedando claro que non somos perfetos e cas votacions estan abertas a todos, as votacions dos usuarios que non son especialistas do tema son mui importantes xa que se sabe co artigo esta feito pa toda xente. Oín falar dun proxecto wiki experimental onde os artigos mais relevantes estan pechados polos especialstas do tema. Eiqui non se trata de eso, só se trata que o prosante dunha candidatura de calidade responzabilizese sobre o contido do artigo. En certas wikis poñen artigos de calidade con algunha trangallada no contido (esto non é só opinion persoal). Poís nos tamen vamos ser un pouco trapalleiros, mais temos que ir pa diante. Ter regras o mais sas posible é o millor camiño para ser menos trapalleiros. ElviraConversa con mi 18:57, 26 xaneiro 2008 (UTC)
  • Falando do pudor a mín pareme ben unha candidatura que diga asi : "Propoño a candidatura do artigo abcd pa artigo de calidade, fai tres meses que traballo nil e contribuin a sua milloria ( ou algo que sexa verdade sobre a participacion do usuario). O artiogo ten boa estrutura, suficientes fontes, concorda coa a paxina Wikipedia:O que é un artigo de calidade, etc". Ainda que a proposta pode ser breve, mais o proposante non ten por que ocultar que propon porque traballou.ElviraConversa con mi 20:06, 26 xaneiro 2008 (UTC)
  • Fixéchesme ver unha perspectiva que non tiña, moitas grazas. Estou moi de acordo. --Xabier Cid 21:20, 26 xaneiro 2008 (UTC)

Normas de votación a favor etcEditar

Nas normas de votación polo momento proponse de concordar, ou non ou de ser neutral, propoño o voto que diga de dar un plazo, de esperar, por tal ou tal razon que o cambio no artigo non poda ser rapido (por exemplo nun artigo de historia que se considere de mui boa calidad mais que faltan datos imprescendibles dunha época ou dunha parte do mundo pa o seu equilibrio enciclopedico). Non atopopo palabra galega. O que non se engade unha cuarta votacion , tampouco sera motivo pa co meu voto sexa negativo ElviraConversa con mi 16:07, 26 xaneiro 2008 (UTC)

Non te entendo moito... Podes explicalo un pouco mellor?--Xabier Cid 18:05, 26 xaneiro 2008 (UTC)
Polo momento o texto di : 1 - ({{concordo}}), 2 - ({{discordo}}), 3- ({{neutro}}). A miña proposicion seria :
  • ({{concordo}}) é artigo de calidade,
  • ({{discordo}}) non é artigo de calidade (o que supon que debese esperar moito tempo pa volvelo pór en candidatura.
  • ({{esperar}}) ou ({{esperar dous meses}}) este artigo merece ter o label de calidade baixo tal e tal arranxo, que volva a candidatura si nos dous meses cumpre. Esi da un posibilidade de non botar o lixo da calidade artigos que foron propostos de boa fé, cun potencial enciclopedico mui relevante pero que o momento da candidatura estan mui xoves. Isto pode favorecer un compañerismo pa levantar artigos de tema relevante pa fager un traballo de fondo que non é posible no prazo do voto en instancia. Logo si o artigo pasou a artigo de calidade, punto. Logo si o artigo foi rexeitado por o numero de ({{discordo}}), o administrador que conta pechar a votacion no caso que vexa un ({{esperar}}) consulta os outros adminsitradores ( sin obligacion de consultar mais que un), os principais editores do artigo (sin obligacion de consultar mais que un) e algúns usuario que discordou (sin obligacion de mas que un) pa pechar o artigo en candidatura suspendida, senon ten que por candidatura rexeitada o(s) motivo(s) de espera non é(son) razoable(s).
  • ({{neutro}}) xa o di neutro.

O meu parecer polo momento non debense por moitas regras, temos que ter confianza cos administradores fan ben o séu traballo. O merito que vexo de pór esta carta votacion é que temos na Galipedia moitos artigos en potencia de ser mui bóos e temos carencia de especialistas declarados. Este tipo de situacion pode favorecer, que logo de un debate sobre a calidade, algún(s) usuario(s) sintase un arranque pa fager busquedas é millorar o artigo. Xa o dixen o rexeito desta proposta non é motivo pa un voto negativo da miña parte ElviraConversa con mi 19:43, 26 xaneiro 2008 (UTC)

  •   Concordo máis ca plenamente. As túas intervencións son sempre moi suxerentes. --Xabier Cid 21:14, 26 xaneiro 2008 (UTC)
  • Creei o marcador   Agardar baseándome na proposta de Elvire. AlberteSi, digame? 18:36, 2 febreiro 2008 (UTC)

anuncio e notificación. da candidaturaEditar

Pareceria me ben que o usuario que conta propor unha candidatura deba pór un anuncio en forma de caixa na páxina de conversa do artigo. A caixa diria algo esi : "Conto propor a candidatura diste artigo pa artigo de calidade, podese me contactar eiqi ( a sua paxina de conversa)". Esto favorece unha conversa prealable cos usuarios que vixian o artigo (por exemplo, eu vixio algúns artigos donde non editei, pois si sei que se conta propor o artigo a artigo de calidade, podeme ser posible de axudar ao proposante). Sin fager moita regra nin de plazos de tempo, nin de participantes, sóo a obligacion de fager o anuncio antes da candidatura. Logo cando un usuario (pode non ser o que puxo a caixa de anuncio na paxina de conversa do artigo, resultado de conversas e mellorias do artigo) fai a candidatura concordo ca proposta como vai pa notificar a candidatura : a caixa no artigo e a entrada Escolla do artigo de calidade no portal da comunidade. Tampouco ó que esta proposta non se acepte, sera motivo pa un voto negativo da miña parte ElviraConversa con mi 16:39, 26 xaneiro 2008 (UTC)

  Concordo --Xabier Cid 18:06, 26 xaneiro 2008 (UTC)

Presentación da ¿nominación?Editar

¿Isto está ven dito? Eu diría que non. Mais ven sería proposta, nominación non existe polo de agora no galego, polo menos que eu saiba. Saúdos—o anterior comentario sen asinar foi feito por Ric delg (conversacontribucións)

Certo, mudo--. HombreDHojalata.conversa 22:08, 16 de agosto de 2010 (UTC)
Volver á páxina do proxecto "Escolla do artigo de calidade".