Criterios dos Artigos bos na Galipedia
Considerarase un artigo bo da Galipedia ao que reúna as seguintes características:
- Debe estar correctamente redactado, ser completo, entendible, preciso, neutral e estable.
- Correctamente redactado significa que a súa redacción ten que ser clara, con ton enciclopédico e sen erros gramaticais (ortográficos, sintácticos ou semánticos).
- Completo quere dicir que trate o tema de forma completa, sen omitir elementos esenciais nin detalles relevantes, pero sen chegar ó detalle e extensión dun artigo de calidade.
- Entendible quere dicir que o artigo poida ser comprendido por persoas que non dominan o tema tratado. Os artigos non deben ser tratados como se os fosen ler especialistas, senón que deben enfocarse cara á xente que queira aprender léndoos.
- Preciso e concreto quere dicir que os temas que trate han de ser avalados con probas e citas específicas e externas que indiquen, de ser posible, a pasaxe ou a fonte da cal se obtivo. O artigo debe posuír referencias bibliográficas ou outras (ligazóns a páxinas de Internet) que lle permitan ó lector confirmar as informacións.
- Neutral quere dicir que o artigo siga o punto de vista neutral e non ofreza dúbidas sobre a exactitude da información.
- Estable quere dicir que o artigo non mude constantemente de edición como resultado de desputas e guerras de edicións.
- O artigo debe estar en concordancia cos patróns definidos polo libro de estilo.
- Débese evitar empregar formas dialectais.
- O artigo debe posuír unha pequena introdución que resuma o contido que se vai desenvolver.
- Ter unha clara división en seccións e subseccións, de xeito consecuente.
- Unha táboa de contidos (sumario) significativa, mais non excesiva.
- O artigo debe posuír imaxes relacionadas co asunto, de xeito que completen o artigo sen estragar a estética e sen dificultar a súa lectura (como engadir imaxes), seguindo a política de uso de imaxes.
|
O vieiro cara a un artigo bo
- Creación dunha nova entrada
- Edición da páxina
- Redacción dun artigo brillante
- Exame dos criterios de avaliación
- Presentación da proposta
- Inclusión do artigo aquí
Artigos bos na Galipedia:
|