Wikipedia:Transliteracións

Esta política de transliteracións estabelece cal é o sistema de transliteración empregado nesta Wikipedia para cada lingua, cando as políticas e normas da Galipedia teñan previsto facer transliteracións.

Consideracións xerais

editar
Aspectos importantes
  • Un sistema de transliteración non é mellor ca outro. A escolla dun deles é necesaria por coherencia interna na Galipedia.
  • Para a inmensa maioría das linguas non existen nin probablemente existirán sistemas de transliteración específicos para o galego.
  • Non somos fonte primaria, polo que só podemos elixir un sistema xa existente e referenciado, sen facerlle cambios inventados por nós.
  • Pola súa propia natureza, esta política é limitada e sempre poderá ser ampliada con transliteracións para outras linguas aínda non incluídas. Ditas ampliacións deberán ser votadas e engadidas a esta política.
  • Para moitas linguas existen varios sistemas de transliteración empregados. Uns non son máis correctos que outros, mais a elección dun deles como preferente na wiki é necesaria a fin de acadar unha maior coherencia na mesma.
Exemplo: O topónimo ucraíno Харків pode ser romanizado como Khárkiv (romanización BGN/PCGN) ou Charkiw (romanización alemá), entre outras.
Exemplo: O ex presidente xeorxiano მიხეილ სააკაშვილი pode ser romanizado como Mikheil Saak'ashvili (romanización nacional) ou como Mixeil Saakašvili (romanización ISO 9984), entre outras.
  • Moitas linguas, malia seren escritas de xeito habitual noutros alfabetos, teñen tamén unha forma latina de escrita. Nestes casos, dita forma é a que debe ser empregada.
Exemplo: o serbio ten dúas escritas, cirílica e latina.
Observación: se un idioma ten tamén escrita latina non cómpre facer transliteración algunha, chega con tomar a forma latina.
  • Excepción ás normas de transliteración desta páxina son os nomes daquelas personalidades que teñen vivido no estranxeiro e empregado un nome cunha determinada escrita, especialmente deportistas e artistas, aínda que sexa diferente á da transliteración proposta.
Exemplos: Ilian Kiriakov no canto de "Iliyan Kiryakov"; Alexander Mostovoi no canto de "Aleksandr Mostovoj".
  • Na introdución do artigo debe aparecer cunha nota ao pé o sistema de transliteración empregado.
Exemplo: "Kharkiv[1] é unha cidade de Ucraína." e, ao pé, 1. Segundo a romanización BGN/PCGN.
Observación: Outras transliteracións tamén poden aparecer nas notas ao pé.
  • Sobre as transliteracións propostas nesta política terán preferencia aquelas formas en uso en galego que estean ben asentadas, sempre que sexan correctas, e que deberán ser suficientemente referenciadas. Cómpre lembrar, porén, que segundo WP:NPP só se traducen algúns nomes, polo que convén ter coidado especialmente coas transliteracións do cirílico, xa que en moitos casos difúndese o nome traducido ao ruso no canto do nome orixinal, que será o que haberá que escoller segundo dita política.

Linguas que tamén teñen escrita latina

editar

Moitas linguas escríbense en varios alfabetos, sexa de forma oficial ou non. O casaco, por exemplo, é unha lingua con dous alfabetos oficiais (cirílico e árabe) e cun alfabeto aínda non oficial, nun proceso de transición para facer oficial o alfabeto latino en Casaquistán pero que aínda está nun proceso de adaptación. Nestas linguas non cómpre facer romanización ningunha, e abonda con tomar a forma na escrita latina.

Casaco

editar

A lingua casaca é escrita principalmente en 3 alfabetos. O cirílico no mesmo Casaquistán, Mongolia e antigos países da URSS; o árabe en China, Irán e Afganistán. O latino non ten uso oficial, mais está ben consolidado e foi oficial no pasado (de feito, emprégase xunto ao cirílico e ao árabe na Wikipedia en casaco). Na seguinte táboa amósase a correspondencia entre as tres escritas, e coa súa equivalencia no AFI.

Os símbolos entre parénteses son só para transliteración bidireccional (de latino a cirílico).

Montenegrino

editar

A lingua montenegrina pode ser escrita en dous alfabetos, cirílico e latino, polo que neste caso a elección non é tal, e simplemente cinguímonos ao xa existente. A equivalencia entre os alfabetos cirílico e latino para o montenegrino é a seguinte:

Serbio

editar

A lingua serbia pode ser escrita en dous alfabetos, cirílico e latino, polo que neste caso a elección non é tal, e simplemente cinguímonos ao xa existente. A equivalencia entre os alfabetos cirílico e latino para o serbio é a seguinte:

Listaxe de transliteracións

editar

Alfabeto árabe

editar

Árabe

editar
  • Convención: Para a Galipedia empregarase o sistema establecido no traballo Transliteración e adaptación do árabe: aplicación terminolóxica de Víctor Fresco Barbeito publicado orixinalmente no número 29 de Cadernos da lingua (2008). O propio autor menciona outros dous sistemas propostos para o galego publicados por Luz Méndez e Frías Conde respectivamente.
Consoantes

Unha imaxe deste conxunto pode verse tamén en s:Ficheiro:Artigo arabismos táboa transcrición e transliteración.PNG.

Vogais

O alfabeto árabe normalmente non escribe as vogais, polo que para determinalas fai falta ser un lector familiarizado co estándar árabe falado. Aínda así existen textos vocalizados que as inclúen utilizando diacríticos, xeralmente copias do Corán, textos de ensino e libros infantís. Na transliteración ao galego as vogais a utilizar serán a, i e u, agás que por tradición estean asentados outros usos, p. ex. Hosni Mubarak e non *Husni Mubarak.

Alfabeto armenio

editar

Non existen para o armenio sistemas oficiais nin nacionais de romanización. Para textos literarios en armenio clásico e lingüística adóitase empregar o sistema Hübschmann-Meillet, mais non noutros ámbitos pola súa complicación. Existen tamén a transliteración BGN/PCGN de 1981, non reversible e que está considerada obsoleta; e o estándar internacional ISO 9985 (1996), de maior uso na actualidade.

Alfabeto cirílico

editar

Bielorruso

editar
  • Convención: Na Galipedia empregarase o sistema nacional de transliteración, presentado orixinalmente en 2001[2] e modificado levemente en 2007.[3] Tratou de achegar o sistema á escrita latina tradicional do bielorruso, non oficial (Łacinka).
  • Exemplos: БаранавiчыBaranavičy; Сяргей СідорскіSiarhiej Sidorski; Аляксандр ЛукашэнкаAliaksandr Lukašenka.
  • Observación: Antes disto, empregábase na Galipedia unha copia do sistema inglés.

Búlgaro

editar
  • Convención: Na Galipedia empregarase o sistema directo de transliteración, oficializado polo goberno en 2006.[4][5]

Macedonio

editar
  • Convención: na Galipedia emprégase para o macedonio o sistema de transliteración empregado polo goberno no catastro macedonio e en documentos oficiais.[6][7] Este sistema é, ademais, practicamente igual ao empregado polo Macedonian Journal of Medical Sciences.[8]

Mongol

editar

O mongol ten unha escrita tradicional, que foi substituída na República de Mongolia por unha escrita latina entre 1931 e 1941, e que dende entón se escribe en alfabeto cirílico. A ONU non propuxo ningún sistema de romanización, e durante moito tempo só existiu o BGN/PCGN. Porén, en 2012 Mongolia estabeleceu un sistema estándar de romanización (MNS 5217:2012).[9]

  • Convención: Na Galipedia emprégase o sistema nacional de transliteración de 2012.

Kirguiz

editar

Para o kirguiz só existen tres propostas, a ISO, a ALA-LC e a BGN/PCGN. A primeira baséase na transliteración científica, a segunda é a empregrada na Biblioteca do Congreso dos Estados Unidos e a terceira é a máis semellante ao resto de romanizacións dende o cirílico, polo que se escolle esta.

  • Convención: para o kirguiz emprégase a romanización BGN/PCGN.[10]
  • Convención: para o ruso emprégase o sistema oficializado polo goberno en 2013,[11] que é o mesmo que o sistema ICAO[12] O sistema é o mesmo que o empregado dende hai dúas décadas en pasaportes, mais engadindo a letra Ъ, transliterada como IE.

Ucraíno

editar
  • Convención: Na Galipedia emprégase o sistema nacional de transliteración, presentado orixinalmente en 1996 para nomes xeográficos, e estendido posteriormente a todos os ámbitos.[13]
  • Exemplos: Віктор ЮщенкоViktor Yushchenko; ХарківKharkiv; КраматорськKramatorsk.
  • Observación: Antes disto empregábanse solucións inconsistentes entre si, e transliteracións ad hoc sen referenciar.

Alfabeto grego

editar
  • Convención: Na Galipedia emprégase para o grego moderno o sistema recomendado pola ONU, presentado en 1987 e amplamente empregado en Grecia e Chipre.[14]
  • Exemplos: ΜύκονοςMykonos; ΝάξοςNaxos; Θεόδωρος ΚατσανέβαςTheodoros Katsanevas; Αλέξης ΤσίπραςAlexis Tsipras.
  • Observación: Moitos dos topónimos gregos teñen unha versión latinizada empregada de xeito clásico en galego. Ditas versións terán preferencia, mais cómpre que estean referenciadas.

Alfabeto xeorxiano

editar
  • Convención: na Galipedia emprégase, para o xeorxiano e para as demais linguas caucásicas meridionais que empregan este alfabeto, o sistema nacional de transliteración, oficializado polo goberno en 2002 para os topónimos e empregado nas licenzas de conducir dende 1998.[15]
  • Exemplos: ბორჯომიBorjomi; თონის პურიTonis p'uri.
  • Observación: Antes disto, empregábase na Galipedia unha copia do sistema inglés.

Alfabeto coreano

editar
  • Convención: na Galipedia emprégase para o coreano o coñecido como sistema de romanización revisado, oficial en Corea do Sur desde o ano 2000. Con todo o propio sistema presenta algunhas excepcións, como os nomes de familia ou os nomes de empresas e compañías que seguen a escribirse como antes do ano 2000, seguindo o sistema de transliteración antes oficial, o McCune–Reischauer.
  • Romanización revisada do coreano: [1]
  • McCune-Reischauer: [2]

Escrita chinesa

editar

Chinés

editar

O Hanyu Pinyin, na súa forma actual aprobada polo Consello de Estado da China en 1978 é hoxe en día o estándar aceptado internacionalmente para a trascrición do chinés.

  • Convención: para a romanización do chinés séguense as convencións académicas actuais, que a grandes trazos empregan o pinyin sen as marcas tonais.
  • Exemplos:
上海 (chinés) → Shànghǎi (pinyin) → Shanghai.
高行健 (chinés) → Gāo Xíngjiàn (pinyin) → Gao Xingjian.
西安 (chinés) → Xī'ān (pinyin) → Xi'an.
  • Excepcións: Excepcións a esta norma (uso do pinyin simplificado) son aquelas persoas coñecidas popularmente por outra romanización. Un bo exemplo disto é Mao, coñecido pola transliteración Wade-Giles (Mao Tse Tung) no canto do pinyin (毛泽东 (chinés) → Máo Zédōng (pinyin) → Mao Zedong).

Escrita ge'ez

editar

Amhárico

editar
  • Convención: Na Galipedia emprégase para o amhárico o sistema BGN/PCGN de 1967, amplamente empregado a nivel internacional.[16]
Táboa xeral
As combinacións con W, WA, YA e a inicial especial son as seguintes

1. Dependendo da pronuncia.
2. Cando "ና" representa a palabra amhárica co significado de "e" (conxunción copulativa), a súa romanización (na) debe separarse das palabras precedente e seguinte e nunca levar maiúscula.
3. Na fila 17, as primeiras formas correspóndense á romanización a comezo de palabra, e as outras no seu interior.
4. Cando "የ" representa a preposición amhárica, a súa romanización (ye) debe ir en maiúscula e escrita xunto á seguinte palabra, tamén en maiúscula.

Escrita devanágari

editar
  • Convención: para o hindi, o nepalés, e demais linguas índicas que empregan a escrita devanágari, úsase na Galipedia o sistema de romanización hunteriano, que é o sistema nacional da India, na súa versión simple.[17]
Consoantes

1. Vogal implícita /a/. Dentro da palabra, amosala ou non depende da pronuncia. A final de palabra sempre se suprime.

Vogais

1. /a/, /i/ e /u/ en posición final de palabra.

Diacríticos
  • Exemplos (hindi): बलरामपुर → Balrampur; सिक्म → Sikkim; इन्दिरा गांधी → Indira Gāndhi (nótese o diacrítico de nasalización, engadindo un /n/); उत्तर प्रदेश → Uttar Pradesh; जवाहरलाल नेहरू → Jawaharlāl Nehru.
  • Exemplos (nepalés): काठमांडौ → Kāthmāndau; पोखरा → Pokhara; धौलागिरी → Dhaulāgiri, मनास्लु → Manāslu.

Escrita tailandesa

editar
  • Convención: Na Galipedia emprégase para o tailandés o sistema de transliteración oficializado polo goberno (Real Sistema de Transcrición Xeral Tailandés), do que a última versión data de 1999.[18]
Consoantes

Entre parénteses, a forma ao final de sílaba.

Vogais

Notas:
Xeral: As vogais inherentes (ver exemplos) son /a/ nas sílabas abertas e /o/ nas sílabas pechadas (exemplo: ถนน → "thA.nOn".

Escrita xaponesa

editar
  • Convención: Para o xaponés emprégase a romanización Hepburn revisada.[19]

Na Galipedia vense empregando para o xaponés a romanización Hepburn revisada, a de maior uso na actualidade e a que, por tanto, se seguirá a empregar. A seguinte táboa resume dito sistema:

Outros aspectos
  • As consoantes xeminadas márcanse dobrando a que segue ao sokuon (っ). No caso dos dígrafos dóbrase a primeira consoante, agás no caso do [ch], que queda como [tch].
  • Cando [ha (は)] funciona como partícula, escríbese [wa]. Cando o fai [he (へ)] escríbese [e]. Cando [wo (を)] se usa como partícula, escríbese [o].
  • As vogais longas márcanse co chōonpu (ー), e represéntanse con macrons (ā, ī, ū, ē, ō).
  • As combinacións "a + a", "e + e", "o + o" e "u + u" escríbense [ā], [ē], [ō] e [ū]; agás cando hai un separador de palabra entre elas, que se escribe [aa], [ee], [oo] e [uu] (p.ex, じゃあく) → ji + ya + a + kujaaku). A combinación "i + i" escríbese sempre [ii].
  • Exemplos: ほんしゅう → Honshū; はとやま ゆきお → Hatoyama Yukio; ぶんきょうく → Bunkyō.

Notas e referencias

editar
  1. "Armenian Romanization" (PDF). 
  2. National System of Geographic Names Transmission into Roman Alphabet in Belarus. Ninth United Nations Conference on the Standardization of Geographical Names. New York, 21–30 August 2007
  3. О внесении изменений и дополнений в Инструкцию по транслитерации географических названий Республики Беларусь буквами латинского алфавита
  4. Правилник за издаване на българските документи за самоличност (Regulamentacións para os documentos de identidade búlgaros) (en búlgaro)
  5. Наредба № 3 за транслитерация на българските географски имена на латиница (Ordenanza para a transliteración de nomes búlgaros ao alfabeto latino) (en búlgaro)
  6. "Катастар". 
  7. "Machine Readable Travel Documents" (PDF). pp. 89–91. 
  8. "Transliteration of Macedonian Cyrillic Alphabet into English Latin". 
  9. Монгол кирил үсгийн латин хөрвүүлгийн шинэ стандарт батлагдлаа
  10. Romanization of Kyrgyz
  11. "Orde No. 320". 15 de outubro de 2012. 
  12. ICAO, ed. (2006). Machine Readable Travel Documents, Doc 9303, Part 1, Volume 1 (PDF). 
  13. Resolución N. 55 do Gabinete de Ministros de Ucraína do 27 de xaneiro de 2010.
  14. UNITED NATIONS ROMANIZATION SYSTEMS FOR GEOGRAPHICAL NAMES - GREEK
  15. United Nations Group of Experts on Geographical Names (2007). Technical reference manual for the standardization of geographical names (PDF). p. 64. ISBN 978-92-1-161500-5. 
  16. Romanization System for Amharic
  17. Transliteration of Hindi, Marathi & Nepali
  18. Nitaya Kanchanawan (Xullo-setembro de 2006). "Romanization, Transliteration, and Transcription for the Globalization of the Thai Language" (PDF). The Journal of the Royal Institute of Thailand 31 (3): 5–8. 
  19. Japanese Romanization

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

  Volver á páxina de axuda.