Abrir o menú principal

Gjorge Ivanov (en macedonio: Ѓорге Иванов) é un político macedonio e presidente de Macedonia do Norte dende o ano 2009.

Gjorge Ivanov
Ѓорге Иванов.jpg
Presidente de Macedonia do Norte
Período2009–act.
AntecesorBranko Crvenkovski
Datos persoais
Nacemento2 de maio de 1960
 Valandovo
CónxuxeMaja Ivanova
Alma máterSs. Cyril and Methodius University of Skopje
ProfesiónPolítico
RelixiónIgrexa ortodoxa macedonia - Arcebispado de Ohrid
Gjorge Ivanov Signature.svg
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Gjorge Ivanov naceu na localidade de Valandovo o 2 de maio de 1960, ao sueste da República Socialista de Macedonia (nesa época parte de Iugoslavia). Nesta cidade culminou a súa educación primaria e secundaria. Aos 27 anos, Ivanov abandonou a súa cidade natal para mudarse a Skopje. Até 1990, fora un activista da Xuventude Comunista de Iugoslavia.[1]

Campaña presidencialEditar

O 25 de xaneiro de 2009, o partido máis influente na Asemblea de Macedonia do Norte, o VRMO-DPMNE escolleu a Ivanov como o seu candidato presidencial para as eleccións presidenciais de 2009.[2]

Durante a súa campaña presidencial, Ivanov declarou que se fose electo convocaría unha reunión co Presidente de Grecia e tentaría unha resolución conxunta con este país sobre a disputa polo nome de Macedonia.[3]

PresidenciaEditar

Un día despois da súa elección o 12 de maio de 2009, Ivanov reafirmou o seu compromiso da colaboración mutua con Grecia reuníndose co seu homólogo grego Karolos Papoulias.[4]

Despois de ser electo como Presidente, declarou publicamente os seus obxectivos de presidencia. Entre estes cítanse o ingreso de Macedonia do Norte na Unión Europea e na OTAN, a recuperación económica do seu país, a estabilidade interna e a mellora das relaciones coas minorías étnicas e os países veciños, especialmente con Grecia.[5]

NotassEditar

  1. "Од политолог до политичар". Arquivado dende o orixinal o 22 de xullo de 2011. Consultado o 24 de novembro de 2009. 
  2. "VMRO-DPMNE elects Gjorgje Ivanov for presidential candidate". Arquivado dende o orixinal o 05 de marzo de 2012. Consultado o 24 de novembro de 2009. 
  3. "New Macedonia president keen to resolve Greece name dispute". News.com.au. 6 de abril de 2009. Arquivado dende o orixinal o 03 de xullo de 2012. Consultado o 10 de agosto de 2016. 
  4. "Иванов во мај ќе го покани Папуља". Arquivado dende o orixinal o 28 de setembro de 2011. Consultado o 24 de novembro de 2009. 
  5. Ivanov - For proud and strong Macedonia

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar