Skype é un programa gratuíto de código pechado que utiliza a tecnoloxía VoIP, propiedade de Microsoft. Foi desenvolvida polo danés Janus Friis e o sueco Niklas Zennström en 2003. En 2005 a empresa foi adquirida por eBay, e en 2011 por Microsoft.[1]

Skype
Desenvolvedor(es)Skype Technologies
Publicación inicial29 de agosto de 2003
Última versión12.13.257.0 (Windows)
8.13.0.2 (macOS)
8.13.0.2 (Linux)
8.13 (iOS e watchOS)
Sistema operativoWindows, macOS, Linux, Android, iOS, Windows Phone, Microsoft HoloLens e Xbox One
Lingua/sMultilinguaxe (108 idiomas)
Tipovideochat, mensaxería instantánea, VoIP
LicenzaFreemium
Sitio webwww.skype.com

En 2013, a rede Windows Live Messenger (anteriormente MSN Messenger) integrouse en Skype.

Características

editar
  • Permite chamadas gratuítas entre usuarios.
  • Ten un servizo de pago para chamar a outros teléfonos con SkypeOut.
  • Dispón de SkypeIn, para recibir chamadas de teléfonos.
  • Permite conversas escritas, videoconferencias e transmisión de arquivos entre usuarios.
  • Funciona en Windows, macOS, Linux, iOS, Windows Phone, HoloLens e Xbox One.
  • Utiliza o algoritmo AES de 256-bit para cifra-la voz

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar