Dmitrii Medvedev

Dmitrii Anatolevich Medvedev[1] (en ruso Дмитрий Анатольевич Медведев), nado o 14 de setembro de 1965 en Leningrado (actual San Petersburgo), é un político ruso, actual vicepresidente do Consello de Seguridade de Rusia dende 2020.

Dmitrii Medvedev
Dmitry Medvedev govru official photo 2.jpg
Nacemento14 de setembro de 1965
 San Petersburgo
NacionalidadeUnión Soviética e Rusia
EtniaPobo ruso
RelixiónCristianismo ortodoxo
Alma máterFaculty of Law, Saint Petersburg State University e Voronezh State University
Ocupaciónxurista, político, fotógrafo, blogueiro, avogado, actor, empresario e músico
CónxuxeSvetlana Medvedeva
PremiosOrdre de la Gloire, Medal "In Commemoration of the 1000th Anniversary of Kazan", Order "For Merit to the Fatherland" I class, Gran Cruz da Orde El Sol do Perú, Ordem do Libertador, Order "Danaker", Medalla 10 anos de Astana, Registered firearms, Russian Federation's Government Award, Prize of the Government of the Russian Federation in the field of education, Орден «Уацамонга», maroon beret, Order of St. Sava, Order "For Merit to the Fatherland" II class e Order "For Merit to the Fatherland" III class
Signature of Dmitry Medvedev.svg
editar datos en Wikidata ]
Medvedev

Anteriormente foi presidente de Rusia entre 2008 e 2012 e primeiro ministro de Rusia de 2012 a 2020.

BiografíaEditar

Seu pai, Anatolii Afanasevich Medvedev, morto en 2004, era profesor do Instituto Tecnolóxico Lensovet; súa nai era profesora de lingua no Instituto Pedagóxico Hertzen, logo guía de museo. Fillo único. Vivían no barrio Kuptchino na periferia da cidade.

Diplomado pola facultade de Dereito civil da Universidade de Leningrado en 1987, doutor no 1990. Sendo aínda estudante, apaixonouse pola fotografía e o rock'n'roll. Gañou tamén competicións de halterofilia. Casou no ano 1989 coa súa compañeira de escola Svetlana Linnik, diplomada de finanzas e economía, que traballa en Moscova. O matrimonio ten un fillo, Ilia, nado en 1996.

A facultade de Dereito de San Petersburgo formou dous presidentes, Vladimir Putin (diplomado en 1975) e Medvedev (en 1987).

Carreira profesional e políticaEditar

Entre 1990 en 1999 foi profesor da Universidade Estatal de San Petersburgo. Entre 1990 e 1995 foi conselleiro do Presidente do Concello Municipal de Leningrado, Anatolii Sobchak, experto no Comité de relacións exteriores do concello de San Petersburgo. Máis tarde servíu directamente sob a dirección de Vladimir Putin. Estaba a cargo da posta a punto de diversos contratos e proxectos de investimento.

No ano 1993 foi un dos fundadores da empresa «Fincell», á súa vez matriz fundadora de «Ilim Pulp Enterprise», un dos xigantes forestais rusos. Nesta última compañía, Medvedev foi director de asuntos xurídicos. En 1998, entrou no consello de dirección dunha das maiores empresas controladas por aquela: o combinado forestal de Bratsk. Converteuse, en decembro de 1999, en director adxunto da administración presidencial, para pasar a director, ao ser designado no ano 2000.

No 2000, tórnase aínda presidente do consello de dirección do grupo Gazprom.

En outubro de 2003, pasa a xefe de administración do Kremlin.

Era desde o 14 de novembro de 2005 primeiro Viceprimeiro Ministro, coa responsabilidade da posta en marcha dos proxectos nacionais e prioritarios.

O 10 de decembro de 2007, Medvedev é designado candidato á elección presidencial rusa de 2008 por catro partidos, Rusia Unida, Rusia Xusta, Partido Agrario e Forza Civil, membros da coalición actualmente no poder e que sostiñan a Putin. Foi elixido, sen sorpresa, presidente de Rusia, o día 2 de marzo de 2008, na primeira volta das eleccións presidenciais, co 70,23 % dos votos.

Medvedev é considerado como un dos xefes da á «liberal» do Kremlin, por oposición aos «siloviki» (exército, policía, servizos de seguranza).

Presidente de RusiaEditar

Aos 42 anos de idade, Medvedev converteuse no terceiro presidente da Rusia postsoviética logo de Boris Eltsin (1991-1999) e Vladimir Putin (2000-2008) e no máis novo.

Tomou oficialmente posesión do cargo o 7 de maio de 2008.


Predecesor:
Vladimir Putin
  
Presidente da Federación Rusa
 
2008 - 2012
Sucesor:
Vladimir Putin

NotasEditar

  1. Segundo a transliteración oficial de Rusia (véxase WP:TRL).