Wikipedia:Artigo destacado
Votacións |
---|
Artigos e imaxes destacados |
Artigos de calidade (Propor · Votar) |
Políticas e normas |
Votacións para borrar |
Artigos propostos para borrar (Votar) |
Permisos de usuarios |
O artigo destacado é unha sección da Portada onde se mostra un retazo dun dos máis completos artigos da Galipedia.
Para propor artigos destacados para os próximos meses ou votar a favor ou en contra dos xa propostos, vai á páxina de propostas.
Actualmente o artigo destacado é:
![]() Artigo destacado |
O xenoma humano é o xenoma do Homo sapiens, é dicir, a secuencia do ADN, con toda a información xenética dos seus xenes e as secuencias non codificantes, contida nos seus 23 pares de cromosomas situados no núcleo de cada célula humana diploide. Tamén forma parte do xenoma humano o ADN mitocondrial. A secuencia de ADN que forma o xenoma humano contén codificada a información necesaria para a expresión, altamente coordinada e adaptable ao ambiente, do proteoma humano, é dicir, do conxunto das proteínas do ser humano. As proteínas, e non o ADN, son as principais biomoléculas efectoras; posúen funcións estruturais, encimáticas, metabólicas, reguladoras, sinalizadoras..., organizándose en enormes redes funcionais de interaccións. O proteoma fundamenta a particular morfoloxía e funcionalidade de cada célula. Igualmente, a organización estrutural e funcional das distintas células conforma cada tecido e cada órgano, e, finalmente, o organismo vivo no seu conxunto. O xenoma humano contén a información básica precisa para o desenvolvemento físico dun ser humano completo. O xenoma humano presenta unha densidade de xenes moi inferior á que inicialmente se predixera, e só arredor do 1,5% da súa lonxitude está composta por exóns codificantes de proteínas. Un 70% está composto por ADN extraxénico e un 30 % por secuencias relacionadas con xenes. Do total de ADN extraxénico, aproximadamente un 70% corresponde a repeticións dispersas, de maneira que, máis ou menos, a metade do xenoma humano corresponde a secuencias repetitivas de ADN. En canto ao total de ADN relacionado con xenes estímase que o 95% corresponde a ADN non codificante: pseudoxenes, fragmentos de xenes, intróns ou secuencias UTR, entre outros. |
Vindeiros artigos destacados na Portada
- En xuño o artigo destacado será:
Artigo destacado |
- En xullo o artigo destacado será:
Artigo destacado |
Arquivo
- Véxase tamén: Wikipedia:Artigos da portada.
A continuación, móstrase unha lista cos artigos destacados do ano pasado, este ano e o vindeiro:
2022
|
2023
|
Modelo
A continuación, móstrase o modelo que deberán seguir as subpáxinas que conteñan os artigos destacados:
<div style="float:left;margin-right:0.9em"> [[Ficheiro:IMAXE_RELACIONADA_CO_ARTIGO|none|125px]] </div> '''[[NOME_DO_ARTIGO_DESTACADO]]''' PEQUENO_RESUMO_DO_ARTIGO <noinclude>[[Categoría:Artigos destacados en {{subst:CURRENTYEAR}}| {{subst:#time: m|+1month}}]]</noinclude>