Wikipedia:Taboleiro dos administradores/Problemas varios
Esta é a sección xeral do Taboleiro dos administradores | ||||||
---|---|---|---|---|---|---|
![]() Dereitos publicar |
![]() Bloqueos publicar |
![]() Bots publicar |
![]() Imaxes publicar |
![]() Spam publicar |
![]() Vandalismo publicar |
Nesta sección recóllense os problemas non cubertos polas outras seccións.
|
Lembra asinar as mensaxes que escribas engadindo o código "~~~~ " ou premendo na icona "![]() | ||||||
< Conversas vellas | Arquivos: 1, 2, 3, 4, 5, 6, 7, 8, 9 | ||||||
Riós e Wikipedia:ToponimiaEditar
En contra das políticas de toponimia oficiais vixentes na Galipedia que di que a toponimia é a que se rexistra no Noménclator de Galicia un usuario pretende engadir no artigo do concello de Riós unha forma non oficial no cabezallo como forma ocasional baseándose nunha nova de información da RAG que nin sequera se pode consultar por non estar ben ligada como se unha nova fose unha referencia normativa da RAG. Solicito a protección do artigo para evitarmonos guerras de edicións. Grazas.--HacheDous=0 (conversa) 21 de xaneiro de 2021 ás 22:48 (UTC)
- Para min o engadido é válido. Segundo a política de toponimia, a forma "Riós" é a oficial ao ser a que aparece recollida no Nomenclátor de Galicia, e por este motivo tal debe ser o título do artigo. Non obstante, considero relevante indicar no propio cabezallo do artigo que hai outras formas recollidas amais da que aparece no Nomenclátor, e máis cando a fonte dada é unha nova da RAG, e que a forma non entra en contradición co desenvolvido na correspondente sección Riós#Toponimia. En calquera caso, e como xa defendín hai tres semanas, considero que as guerras de edicións non se evitan con protección de artigos, senón con diálogo e consenso. Un saúdo, e grazas por iniciar a conversa! :) --Estevo(aei)fálame aquí 22 de xaneiro de 2021 ás 01:50 (UTC)
- Xa atopei a fonte orixinal da Comisión de Toponimia/Seminario de Onomástica, que si me parece relevante e que vou engadir o artigo, grazas.--HacheDous=0 (conversa) 22 de xaneiro de 2021 ás 13:08 (UTC)
- Resolto logo. Grazas aos tres. --Atobar (conversa comigo) 22 de xaneiro de 2021 ás 16:02 (UTC)
- Xa atopei a fonte orixinal da Comisión de Toponimia/Seminario de Onomástica, que si me parece relevante e que vou engadir o artigo, grazas.--HacheDous=0 (conversa) 22 de xaneiro de 2021 ás 13:08 (UTC)
Erro co tradutorEditar
Bos días. Estaba traducindo este artigo ao galego co trebello para traducir pero ao premer en publicar dáme o seguinte erro e non me deixa publicar:
Houbo un erro descoñecido e irrecuperable. Detalles do erro: Error converting HTML to wikitext: docserver-http: HTTP 400: {"type":"https://mediawiki.org/wiki/HyperSwitch/errors/unknown_error","method":"post","uri":"/gl.wikipedia.org/v1/transform/html/to/wikitext/Juan_Carlos_Lorenzo"}
Xa me ocorrera anteriormente cun ou dous artigos. A que pode deberse? Nonsonninguen (conversa) 30 de xaneiro de 2021 ás 13:06 (UTC)
- Parece que é algún tipo de erro do trebello; hai varios comentarios sobre iso aquí --HacheDous=0 (conversa) 30 de xaneiro de 2021 ás 14:42 (UTC)
- Xa vexo xa... Graciñas. Nonsonninguen (conversa) 30 de xaneiro de 2021 ás 15:19 (UTC)
- Parece que é algún tipo de erro do trebello; hai varios comentarios sobre iso aquí --HacheDous=0 (conversa) 30 de xaneiro de 2021 ás 14:42 (UTC)
Proposta de artigo de calidade: TerraEditar
Solicito a inclusión dun aviso en Sitenotice da proposta do artigo Terra. --Viascos (conversa) 20 de febreiro de 2021 ás 20:35 (UTC)