Tisment. editar

Wikipedia:Babel
es Este usuario es un hablante nativo de español.
en-2 This user can contribute with an intermediate level of English.
eu-0 Erabiltzaile honek euskaraz ez du ulertzen (edo nekez ulertzen du).
ca-0 Aquest usuari no entén el català o té dificultats per a entendre'l.
gl Este usuario é galegofalante.
  Este usuario leva 2 anos, 1 mes e 0 días na Galipedia.
  Este wikipedista vive en España.


  Este wikipedista vive en Galicia.


  Este usuario é un home.
246 Este usuario realizou arredor de 246 edicións na Galipedia.
  Este usuario mellora
artigos co
revisor ortográfico.
A – Á

Información de interese. editar

Ola son Tisment e son un novo wikipedista da Wikipedia en Galego (Galipedia). O meu alcume é Tisment, e estou estudando actualmente. Teño grande interese por moitas cousas e ademais gústame axudar ás persoas e a difundir o máis que poida información enciclopédica de prestixio e interese, e por iso estou aquí.

Gustos. editar

Gústame a informática e a comida; son un lambón. Debido a esto, sobre todo gústanme as ciencias, coma as matemáticas, bioloxía e xeoloxía entre outras.

Pese a iso tamén teño interese nas linguas, entre as cales están o galego e o inglés principalmente. Eu son nativo de Galicia, mais o meu galego non é o mellor xa que na zona onde nacín non é que se fale nin o mellor galego nin se quera se fale moito... Por iso gustaríame contribuír e por iso estou aquí.

En cuestión ao inglés tamén paréceme un idioma que xa ten moita relevancia, pero que me gusta aprender para poder comunicarme con moita xente, e que ademais coma xa levo aprendendo moitos anos, xa teño certo nivel que permíteme iso.

Por último menciono o meu interese pola música. A min non me gusta a música de hoxe en día, coma o reggaeton, trap entre outras que teñen letras ou estilos bastante malos na miña opinión. Ademais, toco un instrumento, a gaita galega dende xa fai uns anos.

Traballo. editar

Eu non creo que o número de edicións, artigos creados, traducións e/ou contribucións feitas e creadas defina a un usuario, mais gustaríame dicir que fago:

  • Traducións. De momento dedícome normalmente só a isto, a traducir artigos do español ao galego. Uso o tradutor automático e logo arranxo os erros que vexa e fago a redación dos artigos que traduzco máis lexible e correcta. Pese a iso, o meu galego non é realmente moi bo pese a que sexa nativo, e por iso sempre que querades podédesme avisar dalgún erro (ou corrixilo vós mesmos) pola miña páxina de conversa.
  • Estudar. Coma xa mencionei eu aínda estudo e debido a iso pode que ás veces non teña tempo ou este inactivo. Pese a iso, considero isto parte do meu traballo, xa que debo aprender para poder seguir axudando no que poida.

Contribucións. editar

Esta é a miña lista de contribucións.

AS MIÑAS ACHEGAS NA WIKIPEDIA E COMMONS