Abrir o menú principal

Montes Aquilianos

Vista parcial dos montes Aquilianos, con a entrada ao Val do Silencio

Os montes Aquilianos son un cordal montañoso que pecha a comarca leonesa do Bierzo polo seu lado meridional. A cima de maior elevación do conxunto é o pico de Guiana ou Aquiliana, con 1.849 m de altitude.

NomeEditar

O nome é un derivado do pico Guiana, que en documento do ano 918, é denominado Monte Aquiliana, sen dúbida un derivado do latín aculeus, -i "aguillón, punta", polo aspecto afiado do monte .

DescriciónEditar

Os montes Aquilianos forman parte da estribacións setentrionais da cadea montañosa dos montes de León de dirección xeral leste-oeste, que conforma a oriente unha parede montañosa que separa as concas hidrográficas dos ríos Sil e Órbigo. O punto máis elevado desta franxa é o Suspirón, con 1827 m. A oeste divide a bacía do Sil da do río Tera, alcanzando o seu teito no Teleno, con 2.188 m. En resumo, os montes de León son a divisoria hidrográfica entre a concas do Sil e do Douro.

O enlace entre a meseta, os montes de León e os Aquilianos, efectúase a través do portos do Manzanal (1.143 m) e de Foncebadón (1.500 m), que se elevan rapidamente no Morredero, que constitúe en realidade un nó orográfico, no que se xonguen varios cordais. Desde aí comezan os Aquilianos, cunha fisiografía abrupta e pasos complicados de atravesar. O Guiana é o centro, a partir do cal o cordal baixa paulatinamente a altura, a través das Penas de Ferradillo, a Pena de Voces, e As Médulas, sempre á esquerda do río Sil, até entroncar coa serra das Eguas, nas lindes entre León e Galicia, que conduce directamente até a Pena Trevinca. Unha das súas alineacións é franqueada polo Sil no chamado Estreito de Covas, continuándose do outro lado do río, pola Serra da Enciña da Lastra, xa en territorio galego.

Véxase taménEditar