Dámosche a benvida á Galipedia, SpookyFlora!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface, como cargar ficheiros, citar as fontes e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto das persoas que editamos na Galipedia na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Recomendacións
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outra persoa. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo. --MAGHOI (conversa) 15 de febreiro de 2022 ás 16:32 (UTC)Responder

Problemas coas referencias editar

Ola, Spookyflora. Sobre o que preguntabas no taboleiro dos administradores, déboche dicir que ao traducir un artigo sempre hai problemas coas referencias porque saen mal nas traducións automáticas. O que eu fago (pode haber outros métodos), é traducir por un lado o texto e despois ir introducindo as referencias. Está claro que é maís lento e un pouco tedioso pero así asegúrome que todo vai correctamente e, mesmo, cando as referencias son moi simples, sigo a ligazón (se é unha referencia web) e a completo algo máis. No artigo de Rebeca Uribe Bone é o que pasa, que non se dan traducido automaticamente. Espero que che sirva o consello. De tódolos xeitos, se cando o teñas rematado, non o das corrixido, avísame na miña páxina de conversa e xa as corrixo eu. Un saúdo e a darlle duro. --MAGHOI (conversa) 15 de febreiro de 2022 ás 16:41 (UTC)Responder

Asina as mensaxes nas páxinas de conversa editar

Ola SpookyFlora. Por favor, asina as túas mensaxes nas páxinas de conversa. Ti, por exemplo, deixaches unha mensaxe sen asinar en "Wikipedia:Taboleiro dos administradores/Problemas varios".

 
Asina as mensaxes nas páxinas de conversa.

Graciñas, un saúdo e a seguir! --RubenWGA (conversa) 15 de febreiro de 2022 ás 16:45 (UTC)Responder