Arquivos
Benvido á Galipedia, RubenWGA!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros, citar as fontes e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda

Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.

Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo. --Chairego apc (conversa) 24 de novembro de 2016 ás 19:05 (UTC)Responder

Benvidas

editar

Boas! Vexo que vés de engadir o marcador de benvida en moitos usuarios. Graciñas. Polo que me comentaron no seu momento cando o consultei (Se é necesario búscocho) é recomendable agardar a que estes/as usuarios/as fagan unha primeira edición aquí, na Galipedia, xa que pode ser que nunca cheguen a editar nesta wiki (as contas creábanse centralizadas en varias wikis no momento do rexistro). Así que, se podes, comproba se teñen contribucións ou é esperable que as teñan (proxectos escolares) antes de enviar a benvida no caso de novos usuarios (non ips). Graciñas polo teu traballo.--Maria zaos (conversa) 17 de febreiro de 2021 ás 22:10 (UTC)Responder

Moitas grazas espero seguir axudando na medida do posible. Teño varias ideas para unha paxina a cal seguro que ten contribuccións, tentei de facela pero os requisitos non mo permitiron. Grazas a vos EroZolezzi (conversa) 30 de marzo de 2021 ás 14:10 (UTC)Responder

edicións en masa

editar

Ola, Rubén! Grazas por modificares REDIRECT -> REDIRECCIÓN. Cando sexa así, podes pedir que o faga alguén cun bot, para non ter que andar a buscar e para asegurarte de que non queda ningún erro. Ademais, ao facelo un bot non aparecen as edicións nos cambios recentes, co que é máis sinxelo revisar que non haxa vandalismos (ao faceres tanta edición en tan pouco tempo, as 1000 últimas edicións foron feitas en pouco máis de 5 horas, polo que non se pode ver se houbo vandalismos antes).

Un saúdo!! --Estevo(aei)fálame aquí 17 de abril de 2021 ás 18:18 (UTC)Responder

Proxecto pedagóxico e marcadores de proxecto escolar

editar

Ola, non sei se viches este aviso da Taberna. Por favor, ata que finalice o curso ten en conta o tema de respectar os marcadores de proxecto escolar (ao igual que se fai cos marcadores en uso) para non crear conflitos de edición. Ademais, resulta recomendable que se expliquen os cambios feitos nos resumos ou directamente na páxina de conversa das persoas contribuíntes, para que poidan ter referencia do que se pode mellorar e especialmente o porqué dos cambios. Moitas grazas Maria zaos (conversa) 17 de abril de 2021 ás 19:57 (UTC)Responder

Ola de novo. Era para avisarte da retirada o parámetro en uso do modelo que figura nos artigos a editar dentro do proxecto porque neste momento crea confusión en quen está participando, e pode facer que se absteñan de editar. Pero tomo boa nota do que dixeches, hai que mellorar un pouco as cousas para evitar confusións. Fareino cando remate o proxecto.Graciñas de novo Maria zaos (conversa) 20 de abril de 2021 ás 09:22 (UTC)Responder

Re: Ranking de usuarios activos

editar

Hola, RubenWGA. Por mi parte, encantado de ampliar mi colaboración; no tengo ningún inconveniente en añadir aquí ese ranking con actualización diaria. La programación ya está hecha para los otros proyectos, y solo habría que configurar la traducción de los textos y el límite de usuarios a mostrar; esto último tampoco es ningún problema, porque seguramente aparecerán todos, como ya sucede en aragonés (que por cierto, es an.wikipedia y no ar.wikipedia... tu enlace en mi discusión ha quedado "simpático"), aunque imagino que serán bastantes más aquí. En todo caso, dudo un poco más sobre el título de la página a crear: ¿Debería llevar "Wikipedia:Estatísticas/" y/o "Lista de " como prefijo(s) para seguir el patrón del resto de ránkings que ya actualizo aquí? Con lo que me comentes, me pongo a prepararlo. Saludos, -jem- (conversa) 13 de xullo de 2021 ás 10:02 (UTC)Responder

Hola de nuevo. Solo confimarte que Wikipedia:Estatísticas/Lista de usuarios activos ya ha empezado a actualizarse diariamente desde hoy, con el texto que me indicaste; y como ya comentábamos, aunque he configurado un máximo de 500 usuarios, el total de los existentes no llega a 100. Si fuera necesario cualquier ajuste o corrección, puedes contactarme de nuevo. Saludos, -jem- (conversa) 19 de xullo de 2021 ás 12:52 (UTC)Responder

A modo

editar

Ola, Rubén, que tal? Como estás? Veño aquí a rifarche un pouco, así que xa che pido desculpas de antemán. Ben sei o que fas e estouche infinitamente agradecido polo coidado co que fas todo. A túa colaboración é inestimable e fas moitas cousas moi ben.

Hoxe cadroume de ver as mensaxes que lle deixaches ao usuario UnGalegoMais polas súas edicións en Interahamwe. Ben sei que o uso de modelos nos aforra moito traballo, pero ao mesmo tempo causan unha dor quizais innecesaria. Imaxina que empezas a facer unha casteliño de area na praia, que é a primeira vez que o fas, e que chega outro bañista e che saca 3 volumes con regulamentos sobre como construír castelos na praia, onde construír castelos na praia e o tipo de materiais permitidos na construción de castelos na praia.

E se cadra resulta que é amigo teu, e que tedes moita relación entre os dous, e que non pasa nada. Perfecto. Ou incluso pode ser que o entenda e o vexa estupendamente. Pero creo que antes de soterrar os novos usuarios en regulamentacións quizais poidamos ser un pouco máis acolledores e "acompañalos" no proceso. O obxectivo non é que haxa un artigo correcto, senón sermos máis usuarios. Sei que o tempo é limitado e que os marcadores aforran moito traballo... pero quizais poidamos ter algo máis de man esquerda algunhas veces. E máis nada. Non che quería rifar moito, porque como digo, fas todo xenial, pero tamén creo que podemos mellorar algunhas cousiñas aí.

Estou aquí para axudar, así que pregunta todo o que queiras. Un saudiño! --Xabier Cid Talk 2 me, please 26 de agosto de 2021 ás 07:24 (UTC)Responder

O noso amigo

editar

Moitas grazas, Rubén, polo traballo onte limpando e contendo a IP do noso amigo. Como xa imaxinarás, este é o señor de sempre, que edita Trujui, grupos arxentinos, páxinas da prehistoria e temas xudeus. Creo que non ten maldade; pero tampouco imos aprenderlle nada: ben sabe como funciona a Wikipedia. Dálle por aí (polas razóns que queiramos pensar) e para en canto o bloqueamos. Nunca me cadra de estar en liña cando lle dá por atacar, e ben que o sinto, así que en canto o vexas, avísanos para que o bloqueemos durante unhas horas ata que se lle pase o arrouto. É moito o tempo que se perde co señoriño este, pero o remedio a este problema non está na nosa man dalo. E de novo, moitísimas grazas polo teu traballo de contención. Moi bo traballo. --Xabier Cid Talk 2 me, please 6 de outubro de 2021 ás 06:07 (UTC)Responder

Vandalismo

editar

Grazas, de novo, Rubén, por "limitares" o vandalismo de Klimberg. Está bloqueado durante unha temporada pero, seguramente, volverá coller outra ip. As páxinas que marcaches xa están borradas. É moito o traballo que nos dá pero é do pouco que podemos facer. Até que canse. Polo demais, grazas. de novo. MAGHOI (conversa) 13 de outubro de 2021 ás 08:36 (UTC)Responder

Parabéns polo cholliño que fixeches :) Saúdos, --Elisardojm (conversa) 13 de outubro de 2021 ás 11:12 (UTC)Responder

Brenda Navarro

editar

Ola @RubenWGA! Puxen ----

 
 Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.

que non sabía. Seguirei mellorando. Grazas polas indicacións. Saudos--Moniquiña (conversa) 27 de outubro de 2021 ás 05:45 (UTC)Responder

Perdoa?

editar

Por qué se elimina a miña contribución a entrada da torta de Santiago? En base a que? Garrote20 (conversa) 14 de decembro de 2021 ás 21:21 (UTC)Responder

Graciñas por desfacer a túa edición pero, por qué a fixeches? Simple curiosidade. Garrote20 (conversa) 14 de decembro de 2021 ás 21:51 (UTC)Responder

Orde das categorías

editar

Ola, :) Vin que mudaches a orde das categorías no artigo de Juan Norat. Ata o de agora, sempre se estivo facendo unha orde de importancia, onde máis ou menos as categorías máis relevantes (polo que eran coñecidas as persoas) estaban de primeiras e as categorías menos relevantes (nacencia, etc) ían ao final. Se cadra decidiuse unha orde disto nas últimas semanas e non me decatei... Como foi?--Xabier Cid Talk 2 me, please 20 de decembro de 2021 ás 13:15 (UTC)Responder

Teño que usar o modelo Enuso

editar

Levaba un bo anaco facendo traballo de miniaturista no artigo Comisión Económica das Nacións Unidas para África e perdeuse todo por un conflito de edicións ou non sei que. Mea culpa. Aprendín polas malas a usar o modelo Enuso. Un saúdo --Ifrit.eu (conversa) 21 de decembro de 2021 ás 15:09 (UTC)Responder

Update request for Erupción volcánica de La Palma de 2021#Erupción

editar

Hello.

Can you update the chronology section of Erupción volcánica de La Palma de 2021#Erupción by translating and adding from es:Erupción volcánica de La Palma de 2021#Erupción? The Spanish language article is updated. No updates have been made in the Galician language article about the chronology of the eruption since 24 October. The volcano has not been active since 13 December.

Yours sincerely, 31.200.14.248 22 de decembro de 2021 ás 14:11 (UTC)Responder

Márketin

editar

Debía ter a páxina sen actualizar; vin o cambio ao revés e por iso o revertín e mira que o que a mudanza que fixeches foi totalmente lexítima.--HacheDous=0 (conversa) 31 de decembro de 2021 ás 14:12 (UTC)Responder

Bibliografía de Rossini

editar

Ola RubenWGA. Sobre as mudanzas que estás a facer nun título da bibliografía de Rossini: o título orixinal do libro é en inglés, o libro é en inglés, polo tanto na sección da bibliografía debería figurar en inglés, non podes poñer "The Virtuoso años" onde pon "The Virtuoso Years", tes que deixalo en inglés todo. Graciñas, Piquito (conversa) 14 de xaneiro de 2022 ás 16:34 (UTC)Responder

Perdoa, semella que me liei cos botóns e desfixen algo que efectivamente estaba ben corrixido pola túa parte. Non dixen nada. Graciñas, Piquito (conversa) 14 de xaneiro de 2022 ás 16:36 (UTC)Responder

Formato notas en Marisa González

editar

Ola RubenWGA! podes botar un ollo ás notas que arranxei no artigo de Marisa González? agardo que podamos retirar a plantilla, máis se ves erros, agradezo as túas indicacións. Saúdos.--Moniquiña (conversa) 3 de febreiro de 2022 ás 11:46 (UTC)Responder

Mover a subpáxinas

editar

Moitas grazas por mover á subpáxina de usuario. Por favor no, futuro revisa antes a conversa da usuaria. Como verás estaba pendente de que me contestase e agora non vai entender nada. Agradecería que tamén se respetase o traballo que cadaquén faga na subpáxina, ou cando menos se se entra nas subpáxinas de usuario se lle comunique á persoa que é o que se fai e por que. Graciñas.-- FormacionWiki (conversa) 23 de febreiro de 2022 ás 16:49 (UTC)Responder

Vale, xa entendín, desculpa. Si estaba mal a redirección que fixera, graciñas. Nin me decatara, ando a mil mensaxes a un tempo. FormacionWiki (conversa) 23 de febreiro de 2022 ás 16:51 (UTC)Responder