Modelo:Country data alemaña


Dámosche a benvida á Galipedia, Garrote20!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Crystal Clear app kedit green-pencil.svg Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros, citar as fontes e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Icon apps query.svg Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto das persoas que editamos na Galipedia na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Crystal ksmiletris.svg Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe doutra persoa tes que facelo na súa páxina de conversa, se non, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.   Para asinar usa este botón.png
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegaciónCheck mark.png Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Nuvola gnome-fs-trash-full.svg Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outra persoa. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo. --RubenWGA (conversa) 26 de novembro de 2021 ás 13:16 (UTC)

Referencias en contribucións recentesEditar

Ola, Garrote20. Algunhas das contribucións que realizaches non teñen fontes ou referencias, necesarias para cumprir coa política de verificabilidade da Galipedia. Debido a isto, incluíronse os marcadores {{Sen referencias}} e/ou {{Cómpre referencia}} ou ben foron modificadas ou retiradas dos artigos.

Para engadir referencias nun artigo, tes que incluír <ref>referencia</ref> despois da información, poñendo no lugar de referencia a cita da fonte ou ligazón de onde sacaches a información, cos parámetros de modelos como {{Cita libro}} ou {{Cita web}}. Tamén podes utilizar a ferramenta para citar dispoñíbel na Galipedia; para iso sigue os seguintes pasos:

 
Na barra de ferramentas hai un botón que pon "Citar". E ao premer nel aparece un menú despregábel onde pon "Modelos".
 
Ao premer en "Modelos" desprega estas opcións; hai que escoller unha segundo o tipo de cita.
 
Despois de escoller unha, sae un formulario; unha vez completado, hai que darlle a "Inserir" (non é necesario encher todos os campos).

Antes de retirar o marcador, asegúrate de incluír as referencias no artigo ou artigos.

Moitas grazas, un saúdo e a seguir!--. HombreDHojalata.conversa 24 de maio de 2018 ás 06:46 (UTC)

Probas de ediciónEditar

  Benvido/a e grazas por experimentar na Wikipedia. A túa proba funcionou, pero foi revertida ou eliminada. Por favor, bótalle unha ollada á páxina de benvida para aprender máis sobre como colaborar nesta enciclopedia. Se o que queres é seguir a experimentar, usa a zona de probas. Grazas. --RubenWGA (conversa) 26 de novembro de 2021 ás 13:16 (UTC)

WikipediaEditar

Non, a wikipedia non é unha enciclopedia popular. É unha enciclopedia dixital que se move por referencias, e non vale o que se di na rúa; a lingua que se emprega na wikipedia ten que seguir unhas normas perfectamente reguladas. Eu non dubido que avoíño se diga na túa zona; pero sen referencias non se pode engadir, hai que procuralas; se non está recollido a única solución é informares á DRAG, lexicógrafos... e unha vez que estes a recollan entón pode engadirse sen problema ningún. A verificabilidade entra dentro dos cinco piares da wikipedia "A Wikipedia é unha enciclopedia que abrangue elementos das enciclopedias xerais e especializadas, dos almanaques e dos boletíns oficiais. Todos os artigos deben ser verificables: o material non referenciado pode ser eliminado, ..." Wikipedia:Cinco piares Wikipedia:O que a Wikipedia non é Wikipedia:Verificabilidade Wikipedia:A Wikipedia non é unha fonte primaria--HacheDous=0 (conversa) 14 de decembro de 2021 ás 19:50 (UTC)

Pois logo faltan as citas de todo o resto dos nomes. Garrote20 (conversa) 14 de decembro de 2021 ás 19:59 (UTC)
Creo que podes ver que acabo de engadir as referencias: dende o DRAG e outras fontes.--HacheDous=0 (conversa) 14 de decembro de 2021 ás 20:01 (UTC)
É igual, tanto tu coma eu sabemos que a meirande parte da Wikipedia está sen referenciar, mesmo nesa páxina. Coido que o falar de sinonimia ou toponímia deberíase permitir xa que forman parte da cultura popular (que é como se chama o apartado). Unha cousa é non referenciar que Castelao naceu en Rianxo e outra un sinónimo máis. Garrote20 (conversa) 14 de decembro de 2021 ás 20:22 (UTC)

ReferenciasEditar

Creo que ao poñer a referencias en torta de Santiago cometeches un erro; a páxina que se dá como referencia é un blog feito de xeito automático que non engade información sobre a torta de santiago e dende logo non é un sitio confiable, supoño que sería un engano ao poñer a ligazón.--HacheDous=0 (conversa) 14 de decembro de 2021 ás 20:51 (UTC)

A referencia é CafeEurope unha iniciativa do goberno austríaco e da Unión Europea para recoñecer as distintas sobremesas polo redor de Europa. Xa está referenciada na Galipedia, por exemplo nos pasteis de Belém. Desfago a derradeira edición e corrixir isa referencia se non te importa. Garrote20 (conversa) 14 de decembro de 2021 ás 21:06 (UTC)

Estilo no artigo Torta de SantiagoEditar

Ola Garrote20. Por favor, bótalle unha ollada ao libro de estilo da Galipedia para aprender os patróns a seguir de cara á edición e creación no noso wiki e mais a estrutura que debe cumprir un artigo, con respecto ás túas edicións no artigo Torta de Santiago.

Grazas, un saúdo e a seguir! --RubenWGA (conversa) 14 de decembro de 2021 ás 21:22 (UTC)

Xa llo botara no seu tempo e a miña contribución aclara e mellora a páxina. En que teima te basas? Garrote20 (conversa) 14 de decembro de 2021 ás 21:25 (UTC)
Pídoche por favor que recapacites e desfagas a túa edición que claramente empeora a entrada xa que ten menos información. Garrote20 (conversa) 14 de decembro de 2021 ás 21:26 (UTC)
Boas de novo @Garrote20: recuperei a última versión axeitada do artigo por mor dos errores de formato que contiñan tanto esta coma esta outra versión (co que semellaba vandalismo ao mesturar e embarullar o texto inicial) sen darme de conta que os arreglaras xusto na seguinte versión.
Estes conflitos de edición dánse moi de vez en cando, mais pódense evitar utilizando o marcador {{En uso}} mentres que esteas editando o artigo para que os demais editores saiban que alguén está, neses intres, modificando o mesmo, se non sempre pode quedar atrás ou desbotarse texto sen se decataren. Este modelo colócase xusto ao principio do artigo. Recorda tamén eliminalo unha vez creas ter rematado as túas edicións.
Asemade, lembra que na Wikipedia calquera problema ten unha posible solución consensuada e que debemos presupoñer boa fe de cara aos demais usuarios nas súas posibles edicións/reversións, aínda que non sexan do noso agrado, dado que na maioría dos casos teñen razón de ser pois "a maioría das persoas que traballan no proxecto están a tentar axudar o proxecto, non prexudicalo." Desculpa as molestias, unha aperta e a seguir co bo traballo! --RubenWGA (conversa) 14 de decembro de 2021 ás 22:11 (UTC)
Obri! Garrote20 (conversa) 14 de decembro de 2021 ás 23:37 (UTC)

Ibai LLanosEditar

Ola, Garrote20. Na páxina Ibai Llanos, corrixín o modelo {enuso} para que quedase correcto. Agora, aparece como que o teño eu en uso, pero en canto fagas unha edición, xa te recolle a ti. Un saúdo.--MAGHOI (conversa) 29 de decembro de 2021 ás 23:59 (UTC)

Obrigado, pretendo acabar de editala ista tardiña. Garrote20 (conversa) 28 de decembro de 2021 ás 13:28 (UTC)

Asina as mensaxes nas páxinas de conversaEditar

Ola Garrote20. Por favor, asina as túas mensaxes nas páxinas de conversa. Ti, por exemplo, deixaches unha mensaxe sen asinar en "Conversa:Paragoxe".

Graciñas, un saúdo e a seguir! --RubenWGA (conversa) 28 de decembro de 2021 ás 16:57 (UTC)

dereitos de autoríaEditar

Ola, Garrote; a imaxe que subiches de Ibai Llanos e Gerard Piqué ten copyright (tanto na fonte orixinaria en Twitch, como no artigo de La Vanguardia), polo que non pode ser empregada na Wikipedia. Un saúdo! --Estevo(aei)fálame aquí 29 de decembro de 2021 ás 21:26 (UTC)

Como sei cando se poden ou non usar? Pensei que o ser divulgativo o poderíase usar sen problema e máis citando a fonte. Garrote20 (conversa) 29 de decembro de 2021 ás 23:54 (UTC)
Boa noite, Garrote!
Na propia páxina para cargar imaxes aparece indicado: "Non cargue logos e símbolos con dereitos de autoría; capturas de imaxe de películas, programas de televisión, videoxogos, videoclips; portadas de discos, CDs, libros, carteis de películas; imaxes obtidas na internet das que se descoñeza o estado dos dereitos de autoría; fotografías de xoguetes que representen personaxes de debuxos animados, do cine, de videoxogos ou calquera outro que teña dereitos restrinxidos, fotografías promocionais de grupos musicais, actores e actrices etc."
Podes botarlle un ollo a Wikipedia:Dereitos de autoría e mais a Wikipedia:Política de uso de imaxes. Se entras nas webs https://www.lavanguardia.com/, abaixo de todo pon "© La Vanguardia Ediciones, SLU Todos los derechos reservados.", e se entras en https://www.twitch.tv/p/en/about/ pon "© 2021 Twitch Interactive, Inc.".
Wikipedia é unha enciclopedia de contido libre, e non pode empregar contidos con dereitos de autoría. Un saúdo! --Estevo(aei)fálame aquí 30 de decembro de 2021 ás 00:06 (UTC)
Supoño que será por problemas legais pero é prácticamente imposible encontrar unha imaxe sen dereitos, se he subida polo propio Ibai as súas redes sociais? Ten dereito Twitter das imaxes que sube? Garrote20 (conversa) 30 de decembro de 2021 ás 00:10 (UTC)

Axudas ortográficasEditar

Ola Garrote20. Asemella que tes algunha dificultade coa ortografía. Por exemplo no artigo "Ibai Llanos".

Se queres, podes botar man das seguintes ferramentas:

Tes máis axuda en: como mellorar a ortografía.

Moitas grazas, un saúdo e a seguir! --RubenWGA (conversa) 29 de decembro de 2021 ás 22:29 (UTC)

Si, a verdade que repasei un pouco por encima. Seguramente lle bote algunha ollada máis e incluso cambie algunha cousa máis. Actualizar a lista de premios por exemplo. Garrote20 (conversa) 29 de decembro de 2021 ás 23:56 (UTC)
Obri! Garrote20 (conversa) 29 de decembro de 2021 ás 23:56 (UTC)
E moitas gracias tanto polas correccións como pola axuda en xeral. Garrote20 (conversa) 30 de decembro de 2021 ás 00:00 (UTC)