Contido libre

contido creativo sen restricións legais significativas sobre o seu uso

O contido libre ou información libre é un concepto que abarca calquera obra funcional, de arte ou outro contido creativo que non posúe restricións legais significativas en relación co dereito de uso, a redistribución e a creación de versións modificadas ou derivadas por parte de terceiros.[1]

Logo de Free Cultural Works.

O contido libre abarca todas as obras no dominio público e aquelas que teñen dereitos de autor pero que están suxeitas a unha licenza que outorga e protexe as liberdades mencionadas. Dado que, por omisión, a lei outorga aos propietarios de dereitos un control total sobre as súas creacións (todos os dereitos reservados), é necesario declarar de forma explícita que unha obra é libre, xeralmente por medio da referencia ou inclusión de cláusulas de licenza que acompañan a obra.

Con todo, se os dereitos de autor expiraron, unha obra que estea no dominio público pode en certos casos deixar novamente de ser libre, e a consecuencia as obras derivadas tamén deixarán de selo, se a lei de dereitos cambia.[2]

Definición

editar

A cultura libre é unha corrente de pensamento que promove a liberdade na distribución e modificación de traballos creativos baseándose no principio do contido libre para distribuír ou modificar traballos e obras creativas, usando Internet así como outros medios.

Dentro desta filosofía declarouse que os traballos culturais libres (contido libre) son, e segundo a Definición de traballos culturais libres, aquelas obras ou traballos que non privan da vontade de[3][4][5]:

  • usar o contido para obter beneficio do seu uso,
  • estudar o seu contido e aplicar os coñecementos obtidos del,
  • facer e distribuír copias do contido ou obra,
  • cambiar e mellorar o contido e distribuír ese traballo ou obra modificada.

O concepto de contido libre ampara a todos os traballos e obras no dominio público e o traballo con dereitos de autoría no que as súas licenzas outorgan a liberdade á obra de ser compartida cumprindo os anteriores requirimentos. Por mor da Convención de Berna a meirande parte dos estados do mundo danlle aos autores por defecto un control ás súas obras desde a súa creación. É por isto que é necesario que cando se crean as obras os autores teñan que declarar dun xeito explícito cales son as licenzas que lle garante as liberdades de uso libre.

O contido libre, inda que coas súas diferenzas no uso das obras, é similar en canto a lexislación ao concepto de contido aberto (en inglés "open content"), que describe que o traballo coas súas licenzas se pode copiar, distribuír e modificar libremente sen precisar de permisos. Isto é similar ao caso do software libre e ao software de código aberto.[6][7][8]

A definición do contido libre da Open Knowledge Foundation define o concepto de aberto como sinónimo de libre dentro da Definición de traballos culturais libres.[9] Todos os movementos libres ou abertos anteriores recomendan as mesmas tres licenzas: a licenzas Creative Commons CC BY, CC BY-SA e CC0.[10][11][12]

Lexislación

editar
editar
 
copyright
Artigo principal: Dereito de autoría.

O dereito de autoría, ou copyright (en inglés traducido literalmente como "dereito de copia"), é un termo legal que define como o creador dunha obra ou traballo ten dereito a conservar o seu control e a duplicala e obter beneficios fiscais e sociais pola súa explotación. Na meirande parte das xurisdicións este dereito está reservado a varias décadas antes de que pase ao dominio público e sexa patrimonio da cultura libre. As leis dos dereitos de autoría buscan o balance entre os dereitos dos autores dos seus traballos intelectuais e artísticos e os dereitos dos demais de beneficiarse deles. Porén, durante o período de vixencia dos dereitos a explotación do traballo ou obra está baixo o control do autor, ao que se lle hai que pedir permisos para facer copias, modificacións ou exposicións públicas do traballo. O dereito de autoría tamén restrinxe o uso daquelas obras das que se descoñece quen é o autor.[13]

Dominio público

editar
 
Dominio público
Artigo principal: Dominio público.

O dominio público son todas aquelas obras ou traballos que están exentos da aplicación da lexislación dos dereitos de autoría, porque a lei xa esgotou o seu tempo de aplicación, porque os autores nunca declararon ter dereitos sobre da obra, ou por ser ideas ou feitos que a lexislación non recolle como suxeitas á esa aplicación. As obras no dominio público son traballos de autores que decidiron liberalos ao público, esquecendo por completo ter o control dese material, permitindo a distribución e uso dese traballo. Ese traballo que está no dominio público pódese cambiar, distribuír empregar sen que teña efecto legal ningún o uso que se lle dea. Aos traballos que se liberaron a dominio público ou que están suxeitos a licenzas permisivas (como as licenzas BSD ou MIT) pódeselles dicir que son obras permisivas, que poden incluírse posteriormente en obras con calquera outra licenza.[14]

Copyleft

editar
 
copyleft
Artigo principal: Copyleft.

Copyleft é un xogo de palabras que se creou a partir de "copyright" e que describe como se empregou a lei vixente para eliminar das obras as restricións que impón a lexislación e que limitaría a distribución de copias e versións súas modificadas.[15] O obxectivo do copyleft é empregar o marco legal vixente nos estados para permitir que a parte que non é autora da obra poida empregala e, en case todas as súas licenzas, modificar o seu contigo sen restricións. Á contra das obras no dominio público, o autor aínda conserva os dereitos de autoría sobre da obra, malia que garantiu unha licenza non-exclusiva para as demais persoas dándolle poder para distribuír, e case sempre, modificar a obra ou traballo. As licenzas de copyleft obrigan a que o traballo que resulte das modificacións se distribúa coas mesmas restricións e que as notas do copyright orixinal se manteñan cando se distribúa o material. O símbolo que representa ao copyleft é un símbolo de dereito de autoría invertido: os puntos da C miran cara a esquerda e non á dereita.[16]

As obras baixo licenzas de copyleft, como as Creative Commons, opóñense ás medidas restritivas das leis de dereitos de autor. O movemento do copyleft alega que obstaculizan a creatividade e que os usos tradicionais do dereito de autor son restritivos en varias formas. Limitan a distribución do traballo a aqueles que poden ou están dispostos a pagar as regalías ao autor polo uso do contido. Ademais, crea unha barreira perceptible entre os autores, o que limita as modificacións do traballo, como en collages e contido colaborativo.

Os proxectos que ofrecen ou producen contido libre están presentes en múltiples áreas de interese, como é a do software, o sistema educativo e na investigación, na literatura, na música, na edición de música, imaxe e vídeos e na enxeñaría. As tecnoloxías reduciron os custos de publicación e facilitaron a publicación de material por parte de persoas e pequenos grupos. Os avances nas ciencias da computación facilitaron a diseminación de moitos tipos de obras e materiais, e iso facilitou que a produción literaria e multimedia se difunda facilmente.

Medios

editar
 
Creative Commons

Nas edicións, como as de texto, son e vídeo, as licenzas libres como as da Creative Common están facilitando a diseminación de traballo e cuns permisos de distribución definidos dun xeito claro nas licenzas. Non todas as licenzas da Creative Commons son libres: o rango de permisos que estas indican varían desde unha restrición total do material que só permite a difusión a unha total liberdade de uso. Desde o 2008 as licenzas da Creative Commons que son totalmente libres levan indicado por debaixo do logo que é unha obra "aceptada para o traballo cultural libre".[17]

Hai repositorios que compilan material exclusivamente libre: fotografías, imaxes dixitais, música[18] e literatura.[19] A Wikipedia está entre as bases de datos que teñen a maior cantidade de contido libre na web.

Software

editar
 
Logo da OSI
 
Logo da FSF
Artigo principal: Software libre.

O software libre produce material maduro a nivel tecnolóxico e préstalle servizo a empresas, para servirse e prestar servizos a clientes, e usuarios finais.O software libre é modular e está moi diseminado grazas a súa modularidade, que lle permite a pequenos grupos contribuír nel e melloralo. O modelo de desenvolvemento do software libre foi clasificado como un modelo similar de traballo colaborativo entre parceiros, que se benefician mutuamente, e que é similar ao traballo que se realiza na investigación científica a través das súas estruturas sociais dispersas entre miles de entidades e todos os países.[20]

Enxeñarías e tecnoloxías

editar
 
Logo de Hardware libre
Artigo principal: Hardware libre.

Os principios dos contidos libres trasladáronse aos campos das enxeñarías. Arestora estanse a compartir os coñecementos da enxeñaría e dos deseños de hardware coa finalidade de reducir as problemáticas do desenvolvemento de proxectos. Os principios do deseño aberto estanse aplicando nos campos das enxeñarías e das aplicacións tecnolóxicas, con proxectos para a telefonía móbil, a manufactura de pequena escala,[21] a industria da automoción,[22][23] e mesmo na industria da agricultura.[24] As tecnoloxías como as da manufacturación distribuída de tecnoloxías poden facer que a manufactura asistida por computadores e o deseño por técnicas de computación dean resultado na hora de producir compoñentes a pequena escala e novos desenvolvementos ou na reparación de dispositivos.

Comunidade científica

editar
 
Acceso libre na investigación científica.
Artigo principal: Acceso libre.

No campo da investigación científica a meirande parte das publicacións non se publican dun xeito gratuíto, senón que obrigan a un pago. O número de editoriais que mudou a política de acceso as súas edición está mudando e cada vez son máis as que permiten o acceso completo do lector a todo o contido científico. O termo de acceso libre refírese á publicación dos resultados científicos das investigacións en liña e ou ben sen ningunha restrición de acceso ou libre da meirande parte das restricións de acceso ao material, só con algunhas puntualizacións sobre dos dereitos de autoría e restricións por licenzas.[25]

Os autores das publicacións científicas adoitan apoiar este movemento por ser un método para difundir mellor as súas investigacións ou polas razóns ideolóxicas,[26][27][28] como que os fondos invertidos na investigación fan chegar coñecemento á sociedade xeral e sen restricións. Editoriais científicas como a PLOS e Biomed Central están a liderar este campo e permiten a revisión e publicación de ciencia dun xeito libre. Isto é algo que predomina dun xeito importante en ciencias, máis ca nas humanidades. Múltiples proxectos de institucións e gobernos están introducindo e forzando que o mundo académico mude a un sistema de publicación de contido totalmente libre e de acceso sen restricións. A Unión Europea ten promovido a publicación en revistas de acceso libre e a publicacións datos asociados á investigación; e marcou o 2020 como data na que todas as publicacións científicas deberán ser por defecto de libre acceso.[29][30] As publicacións de libre acceso son vistas como un método para reducir os custos asociados ao acceso da información necesaria para avanzas nas investigacións que as universidades precisan, que polo xeral deben pagan a editoriais por acceder a contido científico.[31][32][33]

Lexislación

editar

Cada estado ten os seus propio sistemas lexislativos e as súas leis recollidas nun conxunto de documentos legais, tanto estatutarios como de regulación. Nos estados democráticos as leis sen ser de acceso fácil e sen unha licenza explícita, polo que se entende que son implicitamente de libre acceso grazas á regulación constitucional ou estatutaria. Só uns poucos países teñen un sistema lexislativo onde as leis se publican explicitamente con licenzas abertas, como é o caso do Reino Unido e as súas "licenzas de Goberno Aberto" (compatibles coa CC-BY). A Convención de Berna non é aplicable á lexislación, que as exclúe no seu artigo 2.4 da protección automática. Nalgúns países a lexislación está dispoñible en repositorios abertos, como é o LexML Brasil, Legislation.gov.uk do Reino Unido ou a a N-Lex da Unión Europea.

  1. Stallman, Richard (20 de marzo de 2008).
  2. Nate Anderson (16 de xullo de 2008).
  3. Erik Möller, e.a. (2008). freedomdefined.org, eds. "Definition of Free Cultural Works". 
  4. Stallman, Richard (13/10/2008). "Free Software and Free Manuals". Free Software Foundation. 
  5. Creative Commons (eds.). "What is a Free Cultural Work?". 
  6. Stallman, Richard. Free Software Foundation, eds. "Why Open Source misses the point of Free Software". 
  7. Kelty, Christpher M. (2008). Duke University press, eds. "The Cultural Significance of free Software - Two Bits" (PDF). Durham e London. p. 99. Prior to 1998, Free Software referred either to the Free Software Foundation (and the watchful, micromanaging eye of Stallman) or to one of thousands of different commercial, avocational, or university-research projects, processes, licenses, and ideologies that had a variety of names: sourceware, freeware, shareware, open software, public domain software, and so on. The term Open Source, by contrast, sought to encompass them all in one movement. 
  8. Catb.org (eds.). "Goodbye, "free software"; hello, "open source"". 
  9. opendefinition.org (eds.). "Open Definition 2.1". This essential meaning matches that of "open" with respect to software as in the Open Source Definition and is synonymous with "free" or "libre" as in the Free Software Definition and Definition of Free Cultural Works. 
  10. opendefinition.com (eds.). "Licenses". 
  11. Timothy Vollmer (27/12/2013). creativecommons.org, eds. "Creative Commons 4.0 BY and BY-SA licenses approved conformant with the Open Definition". 
  12. Timothy Vollmer (7/10/2014). creativecommons.org, eds. "Open Definition 2.0 released". 
  13. "The Importance of Orphan Works Legislation". 
  14. Raymond, Eric S. The Jargon File, eds. "Copycenter". 
  15. Dusollier, S (2003). "Open source and copyleft. Authorship reconsidered?". Columbia journal of Law and the Arts 26 (296). 
  16. Hall, G. Brent (2008). Springer, eds. Open Source Approaches in Spatial Data Handling. p. 29. ISBN 3-540-74830-X. 
  17. Linksvayer, Mike (20/02/2008). "Approved for Free Cultural Works". Creative Commons. Arquivado dende o orixinal o 17/11/2015. Consultado o 22/10/2017. 
  18. SourceForge.net (eds.). "iRate Radio". Arquivado dende o orixinal o 28/02/2009. Consultado o 22/10/2017. 
  19. Project Gutenberg, eds. (23/04/2007). "Gutenberg:No Cost or Freedom?". Arquivado dende o orixinal o 24/03/2009. Consultado o 22/10/2017. 
  20. Mustonen, Mikko. Department of Economics, University of Helsinki, eds. "Copyleft – the economics of Linux and other open source software" (PDF). Discussion Paper No. 493. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 24 de marzo de 2009. Consultado o 22 de outubro de 2017. 
  21. Hendry, Andrew (4/03/2008). "RepRap: An open-source 3D printer for the masses". Computerworld Australia, The Industry Standard. Arquivado dende o orixinal o 16/05/2008. Consultado o 22/10/2017. 
  22. Honsig, Markus (25/01/2006). Technology Review, Heinz Heise, eds. "The most open of all cars" (en alemán). Arquivado dende o orixinal o 06/04/2009. Consultado o 22/10/2017. 
  23. The Sydney Morning Herald, eds. (14/06/2010). "Australian drive for green commuter cars". Sydney. 
  24. Stewart, Jr., C. Neal (decembro de 2005). ISB News Report, Information Systems for Biotechnology (ISB), eds. "Open-source Agriculture" (PDF). 
  25. Suber, Peter. Earlham.edu, eds. Open Access Overview". Arquivado dende o orixinal o 19 de maio de 2007. Consultado o 22 de outubro de 2017. 
  26. Alma Swan; Sheridan Brown (May 2005). "Open access self-archiving: An author study" (PDF). Key Perspectives Limited. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 08 de febreiro de 2012. Consultado o 22 de outubro de 2017. 
  27. Andrew, Theo (October 30, 2003). "Trends in Self-Posting of Research Material Online by Academic Staff". Ariadne (UKOLN) (37). ISSN 1361-3200. Arquivado dende o orixinal o 20 de novembro de 2010. Consultado o 22 de outubro de 2017. 
  28. Key Perspectives. "JISC/OSI Journal Authors Survey Report" (PDF). Joint Information Systems Committee (JISC). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 24 de marzo de 2009. Consultado o 22 de outubro de 2017. 
  29. The Guardian, eds. (20/05/2016). "All scientific papers to be free by 2020 under EU proposals". 
  30. Arstechnica, eds. (5/31/2016). "Open access should be the norm for EU by 2020, say research ministers, An important political signal, but not legally binding on EU member states". Glyn Moody (UK). 
  31. "Costs and business models in scientific research publishing: A report commissioned by the Wellcome Trust" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 19 de febreiro de 2009. Consultado o 22 de outubro de 2017. 
  32. Mayor, Susan (April 19, 2003). "Libraries face higher costs for academic journals". BMJ - British Medical Journal (BMJ Group) 326 (7394): 840. PMC 1125769. 
  33. "AMS Journal price survey". Arquivado dende o orixinal o 03 de marzo de 2009. Consultado o May 23, 2009. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar