Ibai Llanos

Locutor deportivo

Ibai Llanos Garatea, nado en Deusto (Bilbao) o 26 de marzo de 1995, é unha celebridade de internet (ou influencer), streamer e narrador de deportes electrónicos español.[1] Foi "caster" (narrador de deportes electrónicos) de League of Legends para a Liga de Videoxogos Profesional (LVP), creador de contido para G2 Esports e agora é creador de contido en Twitch[2] e copropietario de KOI, un equipo de deportes electrónicos. É coñecido popularmente como Ibai. Foi considerado o mellor creador de contido do mundo no 2020 e 2021 polos Esports Awards e polos premios ESLAND. Foi portada de Forbes Magazine en outubro do 2021 como unha das persoas máis influentes de España.

Ibai Llanos Garatea
Nome completoIbai Llanos Garatea
Nacemento26 de marzo de 1995
Lugar de nacementoBilbao
NacionalidadeEspaña
OcupaciónCreador de contido, streamer en Twitch
Período2011-actualidade
Premios
Na rede
IMDB: nm9667263 Twitter: IbaiLlanos Instagram: ibaillanos Youtube: UCaY_-ksFSQtTGk0y1HA_3YQ TikTok: ibaillanos Twitch: ibai Genius: Ibai-llanos Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Primeiros anos editar

Pasou gran parte da súa infancia co seu avó Pedro Garatea[3], un asistente técnico sanitario que atendía hospitalizacións domiciliarias na zona de Deusto. Ibai acompañaba o seu avó nestas visitas.

O seu pai, Javier Llanos, é sanitario. Durante a crise financeira do 2008 a súa familia viuse moi afectada. Ó seu pai viu reducido o seu salario por un cambio de quenda e tivo problemas de débedas polo que lle chegaron a embargar parte do seu soldo. Tamén debido a crise, a súa nai quedou no paro indefinidamente.[4]

Dende cedo Ibai sentiu atracción polo deporte, especialmente ó fútbol. A súa paixón polo fútbol fixo que se achegara a narración deportiva da man de narradores como Andrés Montes, Paco González Galán ou Antoni Daimiel[5]. Tamén grazas ao fútbol establece amizade con Ander Cortés, compañeiro co cal empezaría a súa carreira profesional.

Ibai, Ander e máis amigos comezaron a subir vídeos a YouTube no 2011 de Call of Duty: Modern Warfare 2 na canle AIGM44[6] (Ander, Ibai, Gunillo, Martín). Nesa mesma canle empezaron a subir os seus primeiros "casteos" de League of Legends.

Carreira profesional como narrador editar

No ano 2014 Ander e Ibai mandaron a súa proba de narración para acceder a LVP.[7] A proba resultou satisfactoria así que ambos pasan a narrar para a LVP, principalmente LoL (League Of Legends). No ano 2014 empezou a súa andaina na Liga de Videoxogos Profesional, con 19 anos de idade. En agosto narrou o seu primeiro partido de League of Legends, entre wSystem e PainGaming, durante a Season 7 da División de Honra da LVP. Ibai e Ander copresentaron a Gamergy de 2014, o seu primeiro evento presencial. Non foi até o ano 2015, en xaneiro, cando empezou a castear a EU LCS.

Nun primeiro momento narran dende Bilbao a través de Skype. No 2016, Ibai trasladouse a Barcelona para narrar, concretamente a Superliga Orange,[8] dende os estudios de gravación de Mediapro, a propietaria de LVP. Debido a esta mudanza sofre de morriña e saudades da súa terra e da súa familia.[9] O aumento de notoriedade dentro dos deportes electrónicos fai que sufra unha maior presión dos medios o cal ten en consecuencia graves problemas de ansiedade e ataques de pánico que lle impedían saír á rúa e incluso chegar a perder o sentido dos brazos.[9] Consegue saír destes graves problemas con axuda de psicólogos.

Arredor do ano 2016 Ibai comeza a subir contido a Twitter nun ton humorístico o que fai que aumente enormemente o seu impacto social converténdose nun dos "casters" máis coñecidos fóra da escena dos deportes electrónicos. Ibai tamén aumenta o seu contido fóra do LoL facéndose moi coñecido por narrar bólas, tetris, carreiras e todo tipo de contido demostrando a súa grande facilidade para facer rir e entreter.[9]

En febreiro de 2019, comezou a presentar un late night na canle Ubeat[10] chamado Hoy no se sale, o cal copresentou con Bruno Feliu, tamén coñecido como Kapo 013, rapeiro, comentarista da Red Bull Batalla dos Galos e xuíz da Freestyle Master Series (FMS España).[11]

O 27 de outubro do 2019, trala vitoria de G2 Esports sobre DAMWON Gaming o propietario de G2 e xogador profesional retirado Carlos Rodriguez "ocelote" pregoulle a Ibai diante de todo o público do Pazo de Vistalegre que traballara creando contido para G2 Esports.[12] Ibai non rexeitou a proposta senón que suxeriu aceptala e debido a varios problemas con LVP (como a despedida de varios amigos seus[13]) oficializou a súa saída desta empresa o 24 de xaneiro de 2020 e, o 5 de febreiro do 2020 Ibai anuncia a súa fichaxe por G2 Esports como creador de contido a tempo completo nun proxecto común con varios amigos seus e extraballadores de LVP como Ander Cortés, Ernesto Folch "BarbeQ", e Antonio Pino "Reventxz".[14]

Pouco despois, rexeitou comentar a tempada de Premier League para centrarse plenamente no streaming en Twitch ao que, dende 2020, dedica completamente o seu tempo.

Carreira como "streamer" editar

O grupo pasa a vivir e traballar nunha gran casa coñecida como G2 House ou a mansión de G2[15] onde farían directos e numerosas accións publicitarias baixo a marca de G2.

Ibai tivo un crecemento moi rápido en Twitch. Pouco despois de empezar a súa etapa como streamer comezou a pandemia do Covid-19. Tanto Ibai como outros creadores de contido como a propia plataforma multiplicaron audiencias por mor do confinamento. [16] Durante o confinamento Ibai participou en directos con xogadores de G2 como Perkz ou Jankos [17], tamén colaborou con outros creadores de contido como Auron, Rubius, Cristinini ou Willyrex. Ibai é coñecido por atraer á plataforma a personalidades doutros ámbitos como PapoMC, o Kun Agüero, Courtois ou David Broncano.

Na súa etapa como streamer levou a cabo varios actos multitudinarios como La Liga Santander Challenge, un evento benéfico en colaboración coa Liga Santander e o Banco Santander[18] desenvolvido durante o confinamento sufrido en España en marzo de 2020 a causa da COVID-19 logrando máis dun millón de espectadores e máis de 180 000 euros para causas benéficas. Tamén realizou o Ibaivisión[19], un concurso similar a Eurovisión en colaboración con Vizz Agency e Sony Music que enfrontaba a artistas das diferentes comunidades autónomas españolas.

Narrou baloncesto para Eurosport nos Xogos Olímpicos de Tokio 2020.

En novembro de 2020, protagonizou a primeira curtametraxe gravada en directo,[20] mediante a plataforma Twitch, grazas á súa colaboración coa empresa multimedia Netflix España e PlayStation España, dirixida polo catalán Jaume Balagueró, amplamente coñecido polas súas versións de filmes de terror que simulan ser realizados en vivo, coma REC.[21]

Tras un exitoso ano con G2 o 13 de xaneiro do 2021 anuncia que deixa G2 Esports[22] para emprender un proxecto en solitario xuntos cos seus compañeiros de casa.[23]

Ibai comeza o seu proxecto en solitario coñecido popularmente como "IbaiLand" para o que é alugada unha gran casa coñecida como a Mansión de Ibai.[24] Deste proxecto forman parte numerosos creadores de contido como Ibai, Ander, BarbeQ, Reven e Werlyb; que viven na mansión, e Cristinini, Knekro e IlloJuan que non viven na mansión pero que colaboran co proxecto. Na mansión tamén vive Carmen Cardenete, a mánager e xefa de produción do proxecto.[25]

O 2 de decembro do 2021 anunciouse que deixaban de vivir na casa, que pasou a funcionar como gaming house do seu equipo de LoL.

O 15 de decembro do 2021 presentou no Palau Sant Jordi o seu equipo de deportes electrónicos, KOI da que é copropietario xunto con Kosmos, unha empresa do futbolista Gerard Piqué. Nete evento presentáronse o "roster" de LoL e máis os creadores de contido. Ademais xogouse un partido Bo3 (ó mellor de 3 mapas) contra o equipo francés Karmine Corp, que gañou KOI.

Estilo de narración e de creación de contido editar

Entre as infuencias de Ibai no seu estilo de casteo encóntranse Andrés Montes, Manolo Lama ou Javier Sanabria entre outros.[5]

Segundo Antoni Daimiel, famoso comentarista de baloncesto, a aparición de Ibai responde a romper coa ortodoxia na que se encontraba a narración deportiva.[9]

O estilo de narración de Ibai aproveita a súa voz grave e potente xunto coa súa paixón polos deportes.

Vida persoal editar

Ten un irmán máis novo, nado no 2004.[26]

Ten unha relación longa con Carmen Cardenete dende o 2015.[27] Carmen, coñecida en redes sociais como "Justeffe" e coñecida popularmente como G2 Jefa,[28] G3 Jefa[29] ou KOI Jefa[30] é a mánager de Ibai e dos seus proxectos.

Conta con máis de 9 millóns de seguidores en Twitch, a súa principal rede social na que acadou un máximo de máis de 70 000 subscricións en setembro do 2021 [31] sendo un dos máis grandes creadores do mundo xunto con outros españois como AuronPlay ou TheGrefg.

Aparicións e participacións editar

Eventos editar

Data Nome Pico de audiencia Referencia
2017-2021 Ibainéfico 261 328 [32][33]
28 de xuño do 2020 IbaiVisión 43 981 [34][32]
31 de decembro do 2020 "Campanadas 2021" 552 345 [32][35]
16 de febreiro do 2021 Ibai Dates 1 268 260 [32][36]
15 de marzo do 2021 IbaiLove 137 125 [32][37]
26 de maio do 2021 "La Velada del Año" 1 544 829 [32][38]
14 de outubro do 2021 Mundial de Globos 622 367 [32][39]
23 de outubro do 2021 "Juegos entre casas" 239 366 [32][40]
15 de decembro do 2021 Presentación KOI 362 679 [32][41]
31 de decembro do 2021 "Campanadas 2022" 801 074 [32][42]
1 de febreiro do 2022 DISASTER CHEFS #1 405 397 [32]
16 de febreiro de 2022 DISASTER CHEFS #2 245 779 [32]

Ibainéficos editar

Data Xogo Recadación Organización Pico de audiencia Referencia
3 de xaneiro do 2017 League of Legends 36 000 € Juegaterapia 45 000 [43][44]
8 e 9 de decembro do 2018 League of Legends 80 000€ Pediatric Cancer Center 80 000 [45][46]
7 e 8 de decembro do 2019 League of Legends 100 000€ Save the Children 115 000 [47]
15, 16 e 17 de decembro do 2020

Día 16

Pinturillo
Among us
Fornite
Fall Guys

Día 17

Among us
FIFA
League of Legends
165 000€ Unicef 260 000 [48][49]
17, 18 e 19 de decembro do 2021

Día 18

Valorant
Golf It
League of Legends

Día 19

Fall Guys
Mario Kart
Among Us
UNO
205 000€ Médicos sin fronteras 150 000 [33][32]

Televisión editar

Ano Programa Canle
2019-2020[50] Hoy no se sale[51] U-Beat Copresentador
7 de marzo de 2021 Lo de Évole[52] LaSexta Invitado

Esports editar

Ano Videoxogo Evento Rol
2014-2016 League of Legends LVP División de Honra Caster
2015-2020 League of Legends EU LCS Caster
2015-2020 League of Legends Worlds Caster
2016-2017 League of Legends LVP Clasificatorio Challenger Series Caster
2016 League of Legends All-Star Barcelona Caster e presentador
2017-2020 League of Legends Superliga Orange Caster
2017-2021 Variedade Ibainéfico[53][54][55][56] Organizador e caster
2018 Fortnite YouTube Battle Royale[57] Caster
2019 FIFA 20 VOLTA Football[58] Actor de voz
2020 League of Legends España vs Portugal. Torneo Benéfico[59] Caster e presentador
2020 FIFA 20 La Liga Santander Challenge[60] Organizador e caster
2020 FIFA 21 VOLTA Football Actor de voz
2021 League of Legends España-Francia[61] Organizador e caster
2021 League of Legends España-Francia "La revancha"[62] Organizador e caster

Deportes tradicionais editar

Data Evento Canle/Programa
18 de marzo de 2018 Liga Santander: Barcelona vs Athletic de Bilbao Onda Vasca[63]
8 de abril de 2018 Liga Santander: Real Madrid vs Atlético de Madrid El chiringuito[64]
25 de novembro de 2018 ACB: Barça Lassa vs Real Madrid Liga Endesa[65][66]
6 de xullo de 2019 El Partidazo de YouTubers: DjMariio vs TheGrefg YouTube[67]
3 de outubro de 2019 Adidas: La Batalla Definitiva YouTube[68]

Documentais editar

Data Nome Canle
13 de decembro de 2018 El lado más profundo de Ibai y Ander Movistar+[69]
27 de febreiro de 2020 Mi historia YouTube / Domino's Originals[70]

Curtametraxes editar

Data Nome Difusor
24 de novembro de 2020 Unboxing Ibai Netflix[20]

Cine editar

Data Nome Director Medio Referencias
24 de novembro de 2020 UNBOXING IBAI Jaume Balagueró Netflix [71]
18 de marzo de 2022 Camera Café: la película Ernesto Sevilla [72]

Premios e nomeamentos editar

Ano Premio Categoría Resultado Notas
2015 Trasgo de Oro Mellor locutor Gañador [73]
2016 Trasgo de Oro Mellor locutor Gañador [74]
2017 Trasgo de Oro Mellor locutor Gañador [75]
2018 Trasgo de Oro Mellor locutor Gañador [76]
2020 Esports Awards Streamer do ano Gañador [77][78]
2021 Esports Awards Streamer do ano Gañador [79]
2021 The Game Awards Creador de contido do ano Nomeado [80][81]
2022 ESLAND Clip do ano Nomeado [82][83][84]
2022 ESLAND Fail do ano Gañador [85]
2022 ESLAND Baile do ano Nomeado [85]
2022 ESLAND Canción do ano Gañador [85]
2022 ESLAND Evento do ano Gañador [85]
2022 ESLAND Mellor serie de contido Nomeado [85]
2022 ESLAND Streamer do ano Gañador [85]

Notas editar

  1. "¿Quién es Ibai Llanos? Conoce al reconocido streamer de G2 Esports". 20/3/2020. Consultado o 10/6/2020. 
  2. "La sorpresa de Messi a Ibai Llanos para aclarar una vieja polémica". 8/6/2020. Consultado o 10/6/2020. 
  3. "Ibai Llanos, el chaval de caserío que ha reinventado el entretenimiento". Diario Sur (en castelán). 7/3/2021. Consultado o 27/12/2021. 
  4. "Ibai Llanos confiesa cómo la crisis de 2008 le golpeó: "Mi padre tuvo muchas deudas y mi madre se quedó sin trabajo"". www.lasexta.com (en castelán). 7/3/2021. Consultado o 29/12/2021. 
  5. 5,0 5,1 "El clip de Juan Antonio Alcalá e Ibai Llanos del que todo Twitter se acuerda". MARCA (en castelán). 12/8/2021. Consultado o 27/12/2021. 
  6. "AIGM44 - YouTube". www.youtube.com. Consultado o 27/12/2021. 
  7. eSports, Movistar. "Todo sobre Ibai. Foto, biografía, cumpleaños y últimas noticias". Movistar eSports (en castelán). Consultado o 27/12/2021. 
  8. "Decidle adiós a la División de Honor, ahora se llamará Superliga Orange y traerá novedades". Xataka eSports (en castelán). 19/12/2016. 
  9. 9,0 9,1 9,2 9,3 "Mi Historia - Documental Ibai Llanos". Consultado o 27/12/2021. 
  10. "Ibai presentará un late night en U-Beat junto a Ander". The Gamer/Mundo Deportivo (en castelán). 2/1/2019. Arquivado dende o orixinal o 22/2/2019. Consultado o 8/12/2020. 
  11. "FMS España 2020 Tabla de Posiciones: clasificación, fechas, competidores y todo". Mag. (en castelán). 14/8/2020. Consultado o 8/12/2020. 
  12. "OCELOTE le pide matrimonio a IBAI en las WORLDS madrid---------- Bonus: Clips twitch". Consultado o 29/12/2021. 
  13. Movistar eSports (2020-01-28). "Ibai Llanos explica su salida y habla de su futuro". Movistar eSports (en castelán). Consultado o 29/12/2021. 
  14. "Ibai Llanos anuncia que ficha por G2 Esports". Marca.com (en castelán). 2020-02-05. Consultado o 29/12/2021. 
  15. Movistar eSports (4/1/2021). "Ibai se despide de la G2 House con un vídeo tour". Movistar eSports (en castelán). Consultado o 29/12/2021. 
  16. Aguiar, Alberto R.; Rodriguez, Victor Perez (2021-10-09). "El 'boom' de los 'streamers' de Twitch que provocó la pandemia, en cifras: los ingresos que generaron los creadores españoles crecieron hasta un 160%". Business Insider España (en castelán). Consultado o 2022-01-19. 
  17. "Ibai con Jankos y Perkz es una genialidad y es esports". Esportmaniacos (en castelán). 2020-03-10. Consultado o 2022-01-19. 
  18. "LaLiga y Banco Santander se unen al reto creado por Ibai Llanos, #LaLigaSantanderChallenge". La Liga (en castelán). 20/3/2020. 
  19. "Ibai Llanos y VIZZ lanzan IbaiVision, el primer talent show en Twitch". Webedia (en castelán). 16/6/2020. 
  20. 20,0 20,1 "Ibai llega a Netflix con un cortometraje". Movistar eSports/AS (en castelán). 9/11/2020. 
  21. SensaCine (ed.). "Filmografia de Jaume Balagueró". Consultado o 8/12/2020. 
  22. "Ibai Llanos deja el club de eSports G2 para lanzar su propio proyecto". El País. 14/1/2021. 
  23. Corripio, Federico (27/1/2021). "Ibai presenta Ibailand, su nuevo proyecto con cuatro nuevos integrantes". Cultura Geek (en castelán). Consultado o 21/5/2021. 
  24. Santos, Eric (7/2/2021). "Así es la mansión de Ibai Llanos en la que vivió Eto'o y el precio que paga cada mes". Diario AS (en castelán). Consultado o 29/12/2021. 
  25. "Ibai abandona G2 Esports para montar su propia marca". Esportmaniacos (en castelán). 13/1/2021. Consultado o 29/12/2021. 
  26. "Llevaba cuatro meses sin ver a mi hermano". Twitter (en castelán). Consultado o 27/12/2021. 
  27. Gutiérrez, Manu (6/5/2021). "Ibai Llanos habla por primera vez de su novia: "Llevamos 6 años juntos"". Diario AS (en castelán). Consultado o 29/12/2021. 
  28. Movistar eSports (5/1/2021). "'G2 Jefa' revela que Ibai no podrá castear la LEC con imagen". Movistar eSports (en castelán). Consultado o 27/12/2021. 
  29. INFORMACION.ES (11/5/2021). "Así es la novia de Ibai Llanos con la que lleva saliendo seis años". Información (en castelán). Consultado o 27/12/2021. 
  30. "Gracias Koi jefa". Twitter. Consultado o 27/12/2021. 
  31. Movistar eSports (6/9/2021). "Ibai y Auronplay: entre los 10 streamers con más subscritores del mundo". Movistar eSports (en castelán). Consultado o 29/12/2021. 
  32. 32,00 32,01 32,02 32,03 32,04 32,05 32,06 32,07 32,08 32,09 32,10 32,11 32,12 "ibai - Streams List and Statistics". TwitchTracker (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 18 de xaneiro de 2022. Consultado o 2022-01-18. 
  33. 33,0 33,1 "El Ibainéfico 2021 consigue una recaudación de 200 000€ durante tres días de locura". Dexerto (en inglés). 2021-12-20. Consultado o 2022-01-18. 
  34. "IbaiVisión: Paola Pinar se convierte en la ganadora del 'talent-show' de Ibai Llanos". El Plural (en castelán). 2020-06-30. Consultado o 2022-01-19. 
  35. "Ibai Llanos arrasa con su directo de las Campanadas: el vídeo suma ya 5,4 millones de visualizaciones en Twitch". 20bits (en castelán). 2021-01-01. Consultado o 2022-01-18. 
  36. "Así fue el First Dates de Ibai Llanos". ELMUNDO (en castelán). 2021-02-18. Consultado o 2022-01-18. 
  37. MIRA, El. "Ibai Llanos ofrece a la gente la oportunidad de conocer su mansión". El MIRA (en castelán). Consultado o 2022-01-18. 
  38. "Ibai Llanos tendrá que cumplir su promesa y boxear en 'La Velada del Año' de 2022". La Vanguardia (en castelán). 2021-05-27. Consultado o 2022-01-18. 
  39. "Mejores jugadas y momentos divertidos de la Balloon World Cup, con Ibai Llanos y Gerard Piqué". MARCA (en castelán). 2021-10-15. Consultado o 2022-01-18. 
  40. "'Juegos entre casas': Fecha, reglas y pruebas de la competición de Ibai Llanos con TheGrefg, Spursito y ElMillor". MARCA (en castelán). 2021-10-20. Consultado o 2022-01-18. 
  41. "El debut de KOI supera en cifras a grandes eventos de esports". Esportmaniacos (en castelán). 2021-12-17. Consultado o 2022-01-18. 
  42. Bermúdez, Alejandro (2022-01-02). "Las Campanadas de Ibai baten récord en Twitch con un regalo de Ramón García". elperiodico (en castelán). Consultado o 2022-01-18. 
  43. Rodríguez, Eduardo (2018-01-04). "El torneo benéfico de Ibai recauda más de 36.000 euros para Juegaterapia". Noticias eSports en El Desmarque (en castelán). Consultado o 2022-01-18. 
  44. eSports, Movistar (2018-01-02). "¡Sigue en directo el torneo benéfico de Ibai!". Movistar eSports (en castelán). Consultado o 2022-01-18. 
  45. Garro, Juan (2018-12-10). "Una comunidad solidaria y hermandada reúne 80.000 euros contra el cáncer infantil en el Torneo Benéfico de Ibai". Xataka eSports (en castelán). Consultado o 2022-01-18. 
  46. Valderas, Moisés (2018-12-10). "El segundo Ibainéfico recauda más de 80.000€ para el SJD Pediatric Cancer Center Barcelona". Noticias eSports en El Desmarque (en castelán). Consultado o 2022-01-18. 
  47. "Ibai logra mas de 100.000€ para fines caritativos con su Ibainéfico". Esportmaniacos (en castelán). 2019-12-09. Consultado o 2022-01-18. 
  48. "Ibai recauda más de 200.000 euros en la última edición del 'Ibainéfico'". Esportmaniacos (en castelán). 2020-12-18. Consultado o 2022-01-18. 
  49. "Ibainéfico: Fechas y Horario del torneo benéfico de Ibai". Esportmaniacos (en castelán). 2020-12-15. Consultado o 2022-01-18. 
  50. "Ibai no presentará Hoy no se sale la temporada que viene". Movistar eSports (en castelán). 16/12/2020. Consultado o 22/3/2021. 
  51. "Hoy no se sale, el late night de Ibai Llanos, arrasa en UBEAT". The Gamer/Mundo Deportivo (en castelán). 22/2/2019. Arquivado dende o orixinal o 22/2/2019. Consultado o 8/12/2020. 
  52. "3 lecciones de Ibai Llanos en Lo de Évole con las que ha conquistado el corazón de los españoles". GQ España (en castelán). Consultado o 22/3/2021. 
  53. "El torneo benéfico de Ibai se jugará en Fun & Serious Bilbao". MARCA eSports (en castelán). 16/11/2018. Arquivado dende o orixinal o 22/2/2019. Consultado o 8/12/2020. 
  54. "El segundo torneo benéfico de Ibai recauda 80.000 euros". MARCA eSports (en castelán). 10/12/2018. Arquivado dende o orixinal o 23/2/2019. Consultado o 8/12/2020. 
  55. "La tercera edición del Ibainéfico será un ‘Grand Prix’ de videojuegos". LVP (en castelán). 2019-10-24. Consultado o 2022-01-18. 
  56. "Revelados los streamers que participarán en el Ibainéfico". Esportmaniacos (en castelán). 2021-12-14. Consultado o 2022-01-18. 
  57. "ElRubius y LVP se alían para crear el Youtube Battle Royale de Fornite en Gamergy". Xataka eSports (en castelán). 9/6/2018. 
  58. "Ibai Llanos narrará los partidos de VOLTA en FIFA 20". Mundo Deportivo (en castelán). 9/9/2019. 
  59. "Los mejores momentos de torneo benéfico España - Portugal". Esportmaniacos (en castelán). 2020-04-16. Consultado o 2022-01-18. 
  60. "Más de 1 millón de espectadores y 180.000 euros contra el coronavirus gracias a Ibai Llanos". La jugada financiera (en castelán). 23/3/2020. Arquivado dende o orixinal o 11/8/2020. Consultado o 8/12/2020. 
  61. "España mantiene el orgullo de la región tras ganar a Francia - LoL". Esportmaniacos (en castelán). 2021-04-09. Consultado o 2022-01-18. 
  62. "España se lleva otro duelo ante Francia en otro evento histórico -". Esportmaniacos (en castelán). 2021-04-26. Consultado o 2022-01-18. 
  63. "Así narró Ibai el partido entre el Barcelona y el Athletic de Bilbao en el Camp Nou". Xataka (en castelán). 19/3/2018. 
  64. "Ibai y Ander comentarán el Real Madrid vs Atlético en el Chiringuito". Movistar eSports/AS (en castelán). 4/4/2018. 
  65. "Vive el Clásico de la Liga Endesa de la mano de Ibai y Outconsumer". MARCA (en castelán). 25/11/2018. 
  66. "Ibai Llanos canta la sintonía de Doraemon en euskera durante el 'Clásico' de la ACB". AS (en castelán). 26/11/2018. 
  67. "TheGrefg gana el partido benéfico contra DjMaRiiO en el Bernabéu". Marca eSports (en castelán). 7/7/2019. 
  68. "La batalla definitiva con youtubers y jugadores de fútbol". Movistar eSports/AS (en castelán). 27/9/2019. 
  69. "La otra cara de Ibai y Ander". Movistar eSports/AS (en castelán). 13/12/2018. 
  70. "Ibai anuncia un documental sobre su vida". Movistar eSports/AS (en castelán). 9/2/2020. 
  71. "UNBOXING IBAI | Corto de Jaume Balagueró | Netflix España" (en castelán). Consultado o 2021-12-21. 
  72. "Camera Café, la película (2022)" (en castelán). Consultado o 2021-12-21. 
  73. "Trasgo de Oro 2015: Nominados". 3D Juegos eSports/Trasgo (en castelán). 17/12/2015. Arquivado dende o orixinal o 27/07/2020. Consultado o 08/12/2020. 
  74. "Trasgo de Oro 2016: Ganadores". 3D Juegos eSports/Trasgo (en castelán). 2/1/2017. Arquivado dende o orixinal o 06/10/2020. Consultado o 08/12/2020. 
  75. "Trasgo de Oro 2017: Ganadores". 3D Juegos eSports/Trasgo (en castelán). 3 de xaneiro 2018. Arquivado dende o orixinal o 14 de febreiro de 2021. Consultado o 08 de decembro de 2020. 
  76. "Trasgo de Oro 2018: Ganadores". 3D Juegos eSports/Trasgo (en castelán). 8/1/2019. Arquivado dende o orixinal o 27/07/2020. Consultado o 08/12/2020. 
  77. Díaz, Carlos 'Liber' (11/2020). "Ibai y Ocelote salen triunfantes de la gala Esports Awards 2020". Movistar eSports/AS. Consultado o 27/11/2020. 
  78. "Award Criteria for Streamer of the year". Esports Awards (en castelán). 22//2020. Arquivado dende o orixinal o 11/2020. Consultado o 8/2020. 
  79. Ayora, Víctor (21 de novembro de 2021). "Ibai es el mejor streamer del año en los Esports Awards 2021". Movistar eSports (en castelán). Consultado o 21 de novembro de 2021. 
  80. "Twitch". Twitch. Consultado o 2021-12-21. 
  81. "Dream gana el premio a Mejor Creador por delante de Ibai Llanos y TheGrefg en The Game Awards". MARCA (en castelán). 10 de decembro de 2021. Consultado o 21 de decembro de 2021. 
  82. eSports, Movistar (4 de decembro de 2021). "TheGrefg presenta ESLAND, los premios a la creación de contenido de España, Latinoamérica y Andorra". Movistar eSports (en castelán). Consultado o 21 de decembro de 2021. 
  83. "Premios ESLAND: Analizamos las categorías con más 'salseo', "Mejor Enfado", "Mejor Baile"...". MARCA (en castelán). 7 de decembro de 2021. Consultado o 21 de decembro de 2021. 
  84. "Vota en Premios ESLAND #premiosesland". premiosesland.com (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 04 de abril de 2023. Consultado o 21 de decembro de 2021. 
  85. 85,0 85,1 85,2 85,3 85,4 85,5 "Premios ESLAND - Todos los nominados y premiados de la noche del año en el mundo del streaming". millenium.gg (en castelán). Consultado o 18 de xaneiro de 2022. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar