REC (filme)

filme de 2007 dirixido por Jaume Balagueró e Paco Plaza

REC (estilado como [●REC]) é un filme español de terror coescrito e codirixido por Jaume Balagueró e Paco Plaza, que se estreou no 2007.[3] O filme foi rodado na cidade de Barcelona, e o título é unha abreviatura da palabra "record" que aparece na pantalla da cámara.

REC
Ficha técnica
Título orixinalREC
DirectorJaume Balagueró
Paco Plaza
ProdutorJulio Fernández
GuiónJaume Balagueró
Luis A. Berdejo
Paco Plaza
IntérpretesManuela Velasco
Ferrán Terraza
Jorge-Yamam Serrano
Pablo Rosso
David Vert
Vicente Gil
Martha Carbonell
Carlos Vicente
María Teresa Ortega
Manuel Bronchud
Akemi Goto
Chen Min Kao
Maria Lanau
Claudia Silva
Javier Botet
Ben Temple
Carlos Lasarte
FotografíaPablo Rosso
MontaxeDavid Gallart
DistribuidoraFox Searchlight Pictures
Estrea2007
Duración78 minutos
OrixeEspaña
XéneroTerror
Orzamento$2 000 000[1]
Recadación$32 500 000[2]
Filme seguinteREC 2
Na rede
http://movies.filmax.com/rec/
IMDB: tt1038988 Filmaffinity: 575554 Allocine: 130296 Rottentomatoes: m/10009132-rec Allmovie: v379070 TCM: 684709 TV.com: movies/rec Netlix: 70106452Editar o valor em Wikidata

Balagueró e Plaza dirixiran previamente o documental de 2002 OT: la película.[4] REC foi rodado cun estilo de metraxe atopada e a técnica da "shaky camera". No 2008, estreouse o seu remake estadounidense, Quarantine.

É o primeiro título da serie REC, que tivo tres secuelas; REC 2 no 2009, REC 3: Génesis no 2012, e REC 4: Apocalipsis no 2014.[5] A compañía española Filmax International foi a responsable da produción da franquía REC e do lanzamento dos catro títulos.[6][7]

Sinopse editar

Cada noite, Ángela (Manuela Velasco), unha xove reporteira dunha televisión local, segue co seu cámara a un grupo profesional distinto. Esta noite tócalle entrevistar ós bombeiros e ten a segreda esperanza de poder ollar en directo un incendio. Pero a noite transcorre placidamente. Nestas, reciben a chamada dunha anciá que quedou pechada na súa casa, e non lle queda outra que seguilos durante a misión de rescate. No edificio onde vive a anciá, os veciños están moi asustados. A muller, encerrada no seu piso, lanza uns berros arrepiantes. Os bombeiros botan abaixo a porta e, seguidos por Ángela e o cámara, atopan á muller sen coñecemento, rodeada polos seus gatos. De súpeto, a muller lánzase sobre un bombeiro e trábao salvaxemente no pescozo. É só o comezo dun longo pesadelo e dunha dramática reportaxe única no mundo: cando os bombeiros se levan ó ferido, descobren que a única saída do edificio está bloqueada por orde das autoridades: o edificio foi posto en corentena e parece que un estraño virus se propaga no seu interior.

Personaxes editar

Galardóns e nomeamentos editar

Notas editar

  1. Hughes, Mark (30 de outubro de 2013). Forbes, ed. "The Top Ten Best Low-Budget Horror Movies Of All Time". Consultado o 27 de decembro de 2014. 
  2. Box Office Mojo (ed.). "Rec (2007)". Consultado o 5 de maio de 2010. 
  3. "REC (2007)". The New York Times. Consultado o 9 de febreiro de 2015. 
  4. Filmaffinity, ed. (2002–2013). "OT: la película" (en castelán). Consultado o 22 de xuño de 2013. 
  5. Miska, Brad (6 de maio de 2013). Bloody Disgusting, ed. "Exclusive: ‘[REC]4 Apocalypse’ Teaser Poster Sees Red!". Consultado o 22 de xuño de 2013. 
  6. Filmax International, ed. (2013). "[REC]3 GENESIS". Arquivado dende o orixinal o 14 de setembro de 2014. Consultado o 22 de xuño de 2013. 
  7. Miska, Brad (29 de novembro de 2012). Bloody Disgusting LLC, ed. "Official ‘[REC] 4 Apocalypse’ Teaser Trailer Infects The Web!". Consultado o 22 de xuño de 2013. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar