PlayStation
A PlayStation é a primeira dunha serie de consolas de videoxogos. Esta primeira versión foi concibida e lanzada no mercado por Sony o 3 de decembro de 1994 no Xapón e no 9 de setembro de 1995 nos Estados Unidos. Extremadamente popular, é tido como o grande responsable pola popularización dos xogos en CD.
PlayStation | |
---|---|
Tipo | modelo de produto |
Na rede | |
https://playstation.com | |
[ editar datos en Wikidata ] |
- Este artigo fala sobre a primeira consola da serie de videoconsolas de Sony; para o artigo sobre a serie enteira, vexa o artigo PlayStation (serie).
Orixe
editarA orixe da PlayStation remonta a 1990, cando Nintendo planeaba unha expansión para a súa entón actual consola, a Super Nintendo. Após a desistencia da Nintendo do proxecto, a Sony deu continuidade ó mesmo e divulgou o entón o proxecto do seu videoxogo propietario en 1993. A Nintendo tentou medidas xudiciais para impedir o lanzamento e a fabricación, pero perdeu en varias instancias nos Estados Unidos e o Xapón.
Versións
editarPlayStation posúe un deseño típico para a súa época, unha "caixa" cinza composta dunha unidade lectora de CDROM e portas para joysticks e memory cards (cartóns de memoria que almacenan informacións dos xogos). A consola pasou por unha reestilización en 2000, ficou menor e con liñas arredondadas sendo chamado de PSone.
Especificacións
editar- CPU: 3000A (R3051) 32bit RISC rodando a 33.8 MHz
- GPU 3D: embutida na CPU, capaz de facer 1.5 millón de polígonos por segundo e mapear 500 mil polígonos texturizados.
- GPU 2D: separada da CPU nun chip propio. Capaz de xerar ata 16.7 millóns de cores, con resolución en ata 640x480.
- Son: pode tocar fontes en PCn con 24 canais e calidade de CD (44.1 Khz. Soporta o formado MIDI.
- Memoria: 2 megabytes de RAM, 1 megabyte de RAM dedicada a vídeo.
- CDROM: 2x, toca CDs de son.
- Multixogador: permite que ata 8 xogadores xoguen simultaneamente con xoysticks e multitaps.
Véxase tamén
editarOutros artigos
editarLigazóns externas
editar- PlayStation® Páxina web oficial