Call of Duty: Modern Warfare 2

Call of Duty: Modern Warfare 2, tamén denominado Modern Wafare 2 é un videoxogo pertencente á serie Call of Duty. Programado por Infinity Ward e distribuído por Activision, foi lanzado en novembro de 2009 para PC Windows, Xbox 360 e Playstation 3. Segue a liña argumental iniciada por Call of Duty 4: Modern Warfare.

Call of Duty: Modern Warfare 2

Tipovideoxogo e disciplina de deporte electrónico Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticovideoxogo de disparos en primeira persoa Editar o valor en Wikidata
Modo de xogovideoxogo multixogador, videoxogo para un xogador e modo cooperativo Editar o valor en Wikidata
MotorIW Engine Editar o valor en Wikidata
Autoría
Interpretado porLorne Balfe Editar o valor en Wikidata
Compositor/aHans Zimmer Editar o valor en Wikidata
DesenvolvedorInfinity Ward e Aspyr Editar o valor en Wikidata
Temática
Ambientado enAfganistán, Brasil, Rusia e Washington, D.C. Editar o valor en Wikidata
Parte deParte A da lista de medios nocivos para os menores e Parte B da lista de medios nocivos para os menores Editar o valor en Wikidata
Universo ficticiouniverso de Call of Duty Editar o valor en Wikidata
Publicación
País orixeEstados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
EditorialActivision e Square Enix Editar o valor en Wikidata
Distribuidor/aSteam, Humble Store, Microsoft Store e PlayStation Store Editar o valor en Wikidata
Custo45.000.000 $ e 200.000.000 $ Editar o valor en Wikidata
Formato de distribuciónBlu Ray e distribución dixital Editar o valor en Wikidata
PlataformaXbox 360, PlayStation 3, Microsoft Windows e macOS Editar o valor en Wikidata
Parte da serieCall of Duty Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
Premios
Clasificación
Clasificación PEGI 18 e PEGI 16
CERO
USK
Contacto
Páxina WEBmodernwarfare2.com Editar o valor en Wikidata
RedesIMDB: tt1450746 Editar o valor en Wikidata
Wikidata ]

Argumento

editar

Continúa a historia de Call of Duty 4: Modern Warfare, xogo co que comparte numerosas personaxes. A acción comeza en Afganistán, onde as forzas especiais estadounidenses e británicas combaten contra insurxentes. A partir de entón, sucédense varios actos terroristas por Europa, instigados polas forzas ultranacionalistas rusas.

Estilo de xogo

editar

Segue a liña dos seus predecesores, un FPS (first person shooter), con modo campaña para un xogador, e con varias personaxes máis controladas pola máquina. Tamén contén un modo multixogador en liña e unha serie de misións especiais a modo de extra. O armamento presentado é real, incluíndo rifles de asalto, escopetas, pistolas e granadas. Non obstante, varios críticos afirmaron del que era demasiado parecido a Call of Duty 4: Modern Warfare, tamén programado por Infinity Ward [1][2].

Recepción e crítica

editar

O xogo contou dende o principio cunha grande expectación. Modern Warfare 2 obtivo moi boas cualificacións que acadaron segundo Metacritic un 94 en PS3 [3], un 94 en Xbox 360 [4] e un 86 en PC [5].

Vendas

editar

Rapidamente, Modern Warfare 2 converteuse nun dos videoxogos máis rapidamente vendidos da historia, acadando as 7 millóns de copias nun só día[6]. A versión de Xbox 360 foi a máis vendida, superando os 10 millóns de exemplares [7]. A versión de PS3 vendeu aproximadamente 7 millóns de copias [8].

  1. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 23 de xaneiro de 2010. Consultado o 22 de marzo de 2010. 
  2. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 05 de marzo de 2010. Consultado o 22 de marzo de 2010. 
  3. http://www.metacritic.com/games/platforms/ps3/modernwarfare2
  4. http://www.metacritic.com/games/platforms/xbox360/modernwarfare2
  5. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 10 de febreiro de 2010. Consultado o 22 de marzo de 2010. 
  6. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 27 de marzo de 2010. Consultado o 22 de marzo de 2010. 
  7. http://www.vgchartz.com/games/game.php?id=28848
  8. http://www.vgchartz.com/games/game.php?id=28847