Activision

compañía estadounidense de software para videoxogos

Activision é unha compañía estadounidense que traballa en software para videoxogos de varias consolas.

Activision

Editar o valor em Wikidata
TipoSubsidiaria de Activision Blizzard
Fundación1979
LocalizaciónSanta Monica (California)
IndustriaVideoxogos
ProdutosCall of Duty
Spider-Man
Guitar Hero[1]
BeneficioCrecente (crecemento)6.610 millóns de dólares[2](2016)
Na rede
https://www.activision.com
Facebook: Activision Twitter: Activision Instagram: activision LinkedIn: activision Youtube: UCqXXBpycrF0q8Q2NHIu5Y3A GitHub: activision Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Xogos editar

Esta compañía ten xogos de temas moi variados desde sobre SpongeBob SquarePants a Call of Duty.[1]

Serie Call of Duty editar

Artigo principal: Call of Duty (serie).
 
Logo da serie de videoxogos

Call of Duty é unha serie de videoxogos pertencente ao xénero FPS polas súas iniciais en inglés (First Person Shooter). Orixinalmente foi unha serie propia do PC, pero despois apareceu en diversas videoconsolas de quinta e sexta xeración. Ademais destas entregas principais, desde 2003, foron postas á venda diversas entregas para consolas portátiles e móbiles. A maior parte dos xogos están ambientados durante a segunda guerra mundial. Activision é o propietario da franquía e é a empresa que xestiona a creación e distribución das entregas. As versións para Mac son responsabilidade de Aspyr Media. A maioría dos xogos foron programados por Infinity Ward e Treyarch. Noutras versións colaboraron: Gray Matter Interactive, Spark Unlimited, Pi Studios, Amaze Entertainment, Rebellion Developments, e n-Space[3]. En máis dunha ocasión, os estudos compartiron motores gráficos, como ocorre en Call of Duty 4: Modern Warfare e Call of Duty: World at War. Outras empresas adícanse á creación de xoguetes e bandas deseñadas relacionadas con Call of Duty. Cara ao 26 de marzo de 2015 as vendas globais ascendían a 175 millóns de unidades aproximadamente.[4]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 "Activision | Games". www.activision.com. Consultado o 2018-01-05. 
  2. "Activision bate récords de beneficios en 2016 en parte gracias a Blizzard". Vandal (en castelán). Consultado o 2018-01-04. 
  3. "List of Call of Duty developers". Call of Duty Wiki (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 05 de xaneiro de 2018. Consultado o 2018-01-05. 
  4. "175 millones de copias vendidas de Call of Duty". 3DJuegos. Arquivado dende o orixinal o 05 de xaneiro de 2018. Consultado o 2018-01-05. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar


 
 Este artigo sobre informática é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.