Abrir o menú principal

Wikipedia:A Taberna (novas)

Esta é a sección novas da Taberna
120px-Internet-news-reader svg-gl.png

Esta sección úsase para realizar anuncios sobre temas relacionados coa Wikipedia.

Comezar un novo fío de conversa

Edit-find-replace.svg
Políticas
publicar
Preferences-system.svg
Técnica
publicar
Dialog-information on.svg
Propostas
publicar
Help-browser.svg
Axuda
publicar
Image-x-generic.svg
Imaxes
publicar
Folder-open.svg
Xeral
publicar
Lembra asinar as mensaxes que escribas engadindo o código "~~~~" ou premendo na icona "Insert-signature.png" da barra de edición.
< Conversas vellas | Arquivos: 1, 2, 3, 4, 5, 6, 7, 8, 9, 10, 11, 12, 13, 14, 15, 16, 17, 18, 19, 20

Índice

Wikimedia+Education Conference 2019Editar

Do 5 ao 7 de abril de 2019 celebrarase en Donostia a Wikimedia+Education Conference 2019. Poden solicitarse bolsas até o 31 de decembro, e poden enviarse propostas até o 20 de xaneiro. Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 28 de novembro de 2018 ás 17:16 (UTC)

Creative Commons Global SummitEditar

Do 9 ao 11 de maio de 2019 celébrase en Lisboa o Creative Commons Global Summit, e xa se abriu o prazo de inscrición. Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 29 de novembro de 2018 ás 22:58 (UTC)

WikidataCon 2019Editar

O 25 e 26 de outubro de 2019 terá lugar en Berlín a WikidataCon 2019. Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 7 de decembro de 2018 ás 13:21 (UTC)

Hackaton 2019Editar

Do 17 ao 19 de maio celebrarase en Praga a Wikimedia Hackathon 2019. Está aberto o prazo de inscrición, e até o 4 de xaneiro poden solicitarse bolsas. Pode ser moi interesante para a xente especializada en aspectos técnicos. Animádevos!! --Estevo(aei)pa o que queiras... 17 de decembro de 2018 ás 13:57 (UTC)

Invitation from Wiki Loves Love 2019Editar

Por favor, axude a traducir á súa lingua

Love is an important subject for humanity and it is expressed in different cultures and regions in different ways across the world through different gestures, ceremonies, festivals and to document expression of this rich and beautiful emotion, we need your help so we can share and spread the depth of cultures that each region has, the best of how people of that region, celebrate love.

Wiki Loves Love (WLL) is an international photography competition of Wikimedia Commons with the subject love testimonials happening in the month of February.

The primary goal of the competition is to document love testimonials through human cultural diversity such as monuments, ceremonies, snapshot of tender gesture, and miscellaneous objects used as symbol of love; to illustrate articles in the worldwide free encyclopedia Wikipedia, and other Wikimedia Foundation (WMF) projects.

The theme of 2019 iteration is Celebrations, Festivals, Ceremonies and rituals of love.

Sign up your affiliate or individually at Participants page.

To know more about the contest, check out our Commons Page and FAQs

There are several prizes to grab. Hope to see you spreading love this February with Wiki Loves Love!

Kind regards,

Wiki Loves Love Team

Imagine... the sum of all love!

--MediaWiki message delivery (conversa) 27 de decembro de 2018 ás 10:12 (UTC)

Worlds of Wikimedia 2019Editar

Do 12 ao 14 de xuño celebrarase en Sydney a conferencia The worlds of Wikimedia: communicating and collaborating across languages and cultures, no marco do Ano Internacional das Linguas Indíxenas, declarado polas Nacións Unidas. Pódense presentar comunicacións até o 12 de marzo. Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 3 de xaneiro de 2019 ás 09:19 (UTC)

Wikipedia cumpre 18Editar

Estanse a organizar en diferentes puntos do estado, a máis de a nivel internacional, actividades para a celebración do 18 aniversario, arredor da data precisa, 15 de xaneiro.

Non vin actividades noutros puntos de Galicia e avisos noutros lugares da Galipedia, por iso deixo aquí a que teño organizada:

17 de xaneiro ás 20:30. Wikipedia cumpre os 18 (charla). Casa das Letras, Ribadeo—o anterior comentario sen asinar foi feito por Agremon (conversacontribucións) 7 de xaneiro de 2019 ás 13:31‎

Si, a wp en inglés cumpre 18 anos, parabéns a eles e tamén parabéns para ti pola organización do evento :). Saúdos, --Elisardojm (conversa) 7 de xaneiro de 2019 ás 13:49 (UTC)
O cartel do evento, cita en prensa e ligazón á radio (entrevista previa, entre 44:20 e 50;40).--Agremon(contacto) 20 de xaneiro de 2019 ás 20:34 (UTC)

Tradutor de GoogleEditar

FileExporter beta featureEditar

Johanna Strodt (WMDE) 14 de xaneiro de 2019 ás 09:41 (UTC)

No editing for 30 minutes on 17 JanuaryEditar

You will not be able to edit the wikis for up to 30 minutes on 17 January 07:00 UTC. This is because of a database problem that has to be fixed immediately. You can still read the wikis. Some wikis are not affected. They don't get this message. You can see which wikis are not affected on this page. Most wikis are affected. The time you can not edit might be shorter than 30 minutes. /Johan (WMF)

16 de xaneiro de 2019 ás 18:40 (UTC)

IWSC 2019: International Wiki Scientific ConferenceEditar

Do 11 ao 13 de marzo terá lugar no Porto a IWSC 2019: International Wiki Scientific Conference. POden enviarse presentacións até o 30 de xaneiro. Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 16 de xaneiro de 2019 ás 19:45 (UTC)

Bloqueo a Wikipedia en VenezuelaEditar

"Wikimedia Venezuela envió comunicado sobre el bloqueo a Wikipedia en Venezuela". El Impulso (en castelán). 16/1/2019.  --. HombreDHojalata.conversa 18 de xaneiro de 2019 ás 21:33 (UTC)

Non me funcionou a ligazón por problemas do servidor, atopei a nova aquí. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 19 de xaneiro de 2019 ás 09:43 (UTC)

Deputación da CoruñaEditar

A Deputación da Coruña convoca (aquí) varias axudas para proxectos culturais. Hai de prazo até o 15 de febreiro. Cabería a opción de levar a Galipedia aos centros de ensino, por exemplo.

Ademais, convoca o Concurso de Ideas Luisa Villalta de proxectos culturais pola igualdade (aquí), e hai de prazo até o 26 de xaneiro. Cabería, por exemplo, algún proxecto de cara a rachar coa fenda de xénero.

Un saúdo. --Estevo(aei)pa o que queiras... 20 de xaneiro de 2019 ás 18:49 (UTC)

Son de ámbito provincial.--Agremon(contacto) 21 de xaneiro de 2019 ás 09:04 (UTC)
Para os Luisa Villalta non o vexo, a menos que haxa algunha/algún autónoma/o na sala:
"Segunda.- Persoas ou colectivos destinatarios. Poderán presentar os seus proxectos todas aquelas persoas físicas ou xurídicas con sede social ou establecemento permanente na provincia da Coruña e que estean legalmente constituídos no momento de facer a solicitude como profesionais inscritas/os no Réxime Especial de traballadoras/es autónomas/os, entidades de economía social e/ou empresas"
E para as axudas a proxectos culturais, só a través da asociación se é que ten o domicilio oficial na provincia da Coruña. Un saúdo. Maria zaos (conversa) 26 de xaneiro de 2019 ás 17:14 (UTC)
Si Maria zaos, a asociación ten domicilio en Culleredo, o que pasa é que aínda non está rexistrada na Xunta de Galicia, a presentación da documentación vaise facer nestes días. Isto que implica? pois que non podemos solicitar o CIF polo momento, pero xa está legalmente constituída. Se se quixese facer esa solicitude habería que falar coa xente da Deputación e plantexarlles a situación de que ese requisito está en vías de tramitación e se nos deixan presentarnos igual. Por outra banda, tamén comento que a solicitude no rexistro ten un prazo de resolución de 3 meses.
A maiores, acabo de consultar as bases reguladoras xerais, e no punto 6.2 di que hai que acreditar un mínimo de 25 socios no momento da solicitude. Isto non sei se poderemos demostralo, habería que facer unha mini-campaña para aumentar os socios porque agora tan só somos 12, pero non sería difícil de conseguir. A maiores, no punto 6.4 di que deben ter certificado dixital o presidente (eu agora precisamente téñoo caducado, teño que renovalo) e o secretario (Sobreira, ti tes isto?), habería que facelos nun momento. No punto 6.10 di que hai que ter un plan de contas e uns libros de rexistros, ó mellor como aínda non temos ningunha actividade económica isto non nos afecta. No punto 6.16 di que en caso de traballar habitualmente con menores deberá comprobar que o persoal ó seu cargo non foi condenado por "sentenza firme por ningún delito contra a liberdade e indemnidade sexual", isto habería que revisar se nos pode aplicar e como resolvelo (non hai ningún persoal contratado, as actividades van ser realizadas por voluntarios, hai que revisar se os voluntarios teñen sentenzas deste tipo?)
Outra cousa que vin neste documento é que a subvención dáse despois da xustificación dos gastos, pero para facer iso primeiro temos que ter os cartos..., e non temos un can...! Eu non sei como vai isto das subvencións, non sei se todas funcionan así ou esta primeiro da os cartos e logo hai que presentar os xustificantes...
E nese documento fala dun montón de memorias, declaracións e documentos que hai que presentar, pero non sei se son necesarios todos en tódolos casos, ese documento é a base reguladora xeral. En resumo, que habería que revisar primeiro a convocatoria e ver que documentación hai que presentar na solicitude e se realmente podemos pedila (se temos que adiantar nós os cartos vexo isto bastante complicado, a non ser que se faga unha cousa bastante pequena e que poidamos financiar entre todos, uns 300 leuros ou así quizais). Quizais alguén con maiores coñecementos de asociacións ou subvencións poida resolver algunhas das dúbidas. Saúdos, Elisardojm (conversa) 27 de xaneiro de 2019 ás 09:50 (UTC)
Non sei se a posibilidade de solicitar unha bolsa de maior contía podería estar en solicitar un préstamo ó banco, quizais con xuros reducidos, pedir a bolsa para cubrir o préstamo, e logo coas cotas dos socios pagar os xuros do banco... Hai non, que se logo non nos dan a bolsa quedamos "empufados"! Isto das subvencións non o entendo moito, como dan os cartos despois de facer os gastos? Está ben para recuperar parte do investido, pero pechan a porta a desenvolver actividades "dende 0"... Saúdos, Elisardojm (conversa) 27 de xaneiro de 2019 ás 10:07 (UTC)

Wiki4MediaFreedom en BerlínEditar

Wiki4MediaFreedom, procura mellorar e aumentar os contidos sobre liberdade de prensa en Wikipedia.

O próximo sábado 26 hai un novo evento en Berlín (a semana pasada foi en Madrid) e hai orzamento para costear o desprazamento dunha persoa dende España. A páxina da actividade: https://meta.wikimedia.org/wiki/Wiki4MediaFreedom_edit-a-thon_-_IV_edition

Se a alguén lle interesa, hai présa. Máis info: vignola@balcanicaucaso.org

(adaptado de correo_e)--Agremon(contacto) 21 de xaneiro de 2019 ás 13:27 (UTC)

Mágoa, acabo de velo :(Maria zaos (conversa) 26 de xaneiro de 2019 ás 13:52 (UTC)

Contacto da concelleira de Igualdade de OurenseEditar

Boas, onte recibín un correo da concelleira de Igualdade do concello de Ourense a raíz do wikimaratón que fixemos o ano pasado: Wikipedia:Primeiro wikimaratón do Día Internacional da Muller. Di que aínda quedan moitas mulleres relevantes da historia de Ourense sen artigo e que lles gustaría continuar co traballo xa que teñen moita documentación que recolleron noutro proxecto tamén ese ano. Pregúntame se pode contar coa nosa axuda e este ano convocar tamén ós colexios, organizando o evento con tempo.

Eu voulle responder que pola nosa parte estamos abertos a colaborar en todo o que poidamos. Se alguén quere que lle comente algo ou ten algunha proposta diferente, eu podo comunicarllo ou darlle o correo de contacto. Cando vaia tendo máis detalles xa irei informando. Polo momento xa se pode ir facendo a páxina do Wikimaratón, xa que aínda que ó final non se puidese celebrar en Ourense, penso que debemos seguilo mantendo para traballar nese campo e para facer un novo encontro de wikipedistas. Saúdos, Elisardojm (conversa) 23 de xaneiro de 2019 ás 13:48 (UTC)

Xa comecei a páxina Wikipedia:Segundo wikimaratón do Día Internacional da Muller, polo momento tan só é unha adaptación da páxina do ano pasado. Saúdos, Elisardojm (conversa) 24 de xaneiro de 2019 ás 00:10 (UTC)
Ola, pensei un pouquiño no tema. Vou deixar aquí unhas propostas pensadas para o formato wikimaratón. Non teñen por que ser aceptadas precisamente pola concellería (van ordeadas por nivel de polémica -interna ou externa- posible), pero o certo é que o formato wikimaratón de biografías, a parte de repetitivo, seméllame algo complexo para os coles.
  1. Tema: Obras de literatura infantil e xuvenil. Entradas: obra e protagonistas. Alianzas: persoal ao cargo da biblioteca escolar do centro. Programación mínima: En febreiro habería que facer unha selección de libros axeitados (en función do fondo da biblioteca) con tempo para que o estudantado poida levalos prestados e lelos antes da Wikimaratón. Xustificación e relación co tema da Igualdade: A selección farase unicamente de a)libros escritos por autoras (a lingua preferente é a galega, pero hai que prever que entrarán títulos en castelán e outras linguas) ou b) con protagonistas femininas (co tema da lingua o mesmo).
    Polémica: 1) É bastante probable que os fondos das bibliotecas escolares,aínda aqueles mellor dotados, reflexen unha porcentaxe máis alta de autores que autoras. De ser así, cando menos, abrimos a posibilidade á concienciación do persoal encargado das adquisicións sobre os distintos desaxustes numéricos posibles. 2)Aínda que a nivel de infantil (sobre todo) nos últimos anos si hai unha tendencia editorial cunha maior presenza de personaxes femininas e visións alternativas ao paradigma clásico de conto, o certo é que os orzamentos das bibliotecas escolares poden ter restrinxido a compra de novidades (nin idea dos datos actuais para cada centro, depende moito do nivel de dinamización e compromiso de cada centro para acceder ás axudas de compra de libros). Resultado: non vai ser necesariamente fácil atopar moitos títulos. 3) Libros en castelán e outras linguas. Aínda que o libro non estea en galego ben pode ter unha entrada na Wikipedia, xa que é unha obra xeneralista. Unha maior presenza de títulos en castelán tamén é unha oportunidade para poñer de manifesto desigualdades no mundo da edición e a tradución en galego. Organización do wikimaratón: permitir o traballo en grupo. Varias persoas poden ter lido o mesmo libro no mesmo centro e colaborativamente facer unha entrada. Complicacións: a loxística da selección ten que evitar duplicacións entre centros.
  2. Tema: seres mitolóxicos. Xustificación co tema da igualdade: primeiro temos relativamente poucas entradas dentro da categoría mitoloxía galega. Segundo, e mirando o Diccionados seres míticos galegos, que é o que teño a mán, temos moitas entidades femininas ou asexuadas. Por exemplo variedades de serpes e tarascas. Complicacións: as fontes primarias, aínda que non creo que haxa problema en atopar cmo mínimo un libro/enciclopedia nunha biblioteca escolar que recolla moitos destes seres mitolóxicos.
  3. Tema: profesións. Como se pode apreciar nas infoboxes de biografía, cando a profesión existe como entrada na Galipedia, aparece como hiperligazón. Unha boa selección de profesións incidindo no tema da igualdade podería ser unha perspectiva interesante. Polémica: básicamente interna. Non pretendo nin asumo que se poida chegar a outro consenso en tempo, pero o certo é que os títulos de entradas de profesións están en masculino singular. Resulta bastante difícil casar isto cun maratón pola igualdade xa que a mensaxe resulta algo confusa, pero igual ten algún amaño traballando o tema no corpo da entrada e deixando a polémica do título para outra ocasión.
  4. Tema: entradas relacionadas coa educación afectivo-sexual. Alianzas: habería que buscar que asociacións (que as hai) que se adican a dar obradoiros de educación en emocións e/ou afectivo-sexual. Polémica: bueno, creo que é evidente que é unha iniciativa do concello cunha cor política determinada e que falamos de colexios privados e públicos e de menores, co cual a selección de entradas posibles tería que ser moi negociada. Complicacións: Wikipedia non é fonte primaria, co cal é dificl atopar materiais adaptados a estas idades que poidan servir de referencia para o que se edite.

Aí queda, por se serve de inspiración ou algo. Un saúdo. Maria zaos (conversa) 26 de xaneiro de 2019 ás 14:39 (UTC)

Wow! moi boas ideas Maria zaos, moitas grazas! :) Vale, sobre estas ideas eu penso que podemos traballar moito, e ademais poden ser moi útiles para futuras actividades, eu realmente non pensara en ningunha delas, xenial!
Gústame moito, e vexo moi sinxela de incluír, a proposta dos libros. Para min tódolos libros deberían ter a súa entrada, aínda que estean en castelán, inglés, ruso, chinés... Sobre o tema de permitir o traballo en grupo, iso xa está permitido, de sempre tódolos artigos están feitos polos usuarios que queiran colaborar :) Se un grupo de alumnos le o mesmo libro, claro que poden facer o artigo entre todos, cada un pode achegar un pouco de información, melloras ortográficas e de redacción, referencias, etc, todos poden facer algo para mellorar o artigo. O que non está permitido é usar contas compartidas, iso non. Teño que marchar agora pero despois seguirei comentando. Saúdos, Elisardojm (conversa) 27 de xaneiro de 2019 ás 10:25 (UTC)
Estaría ben saber e sobre todo acceder (igual non son fontes válidas ou están duplicadas, vai ti saber) a esa "documentación acumulada doutros proxectos" da que falan. Sobre todo antes de poñernos a facer un listado de posibles entradas. Non consigo asinar dende o móbil, síntoo, son Maria Zaos. Usuario:Maria zaos 27 de xaneiro de 2019 ás 12:49‎ (UTC)
Exactamente o que me puxeron no correo foi: "tenemos un archivo en la Concejalía con información bastante completa de bastantes mujeres relevantes, gracias a otro trabajo que se hizo el año 2018 desde el Concello." Polo momento non sei máis e dende que lle respondín dicindo que podiamos colaborar non tiven máis comunicación, preguntarei no seguinte contacto.
Sobre o que comentaches, o tema dos seres mitolóxicos tamén está ben, é un tema interesante que pode dar xogo a moitas cousas. O tema das profesións xa non o vexo tanto, como dis ti, ten o problema do xenérico, e a maiores na Galipedia non se adoitan a facer artigos de profesións, o que se fai normalmente é o artigo do campo de traballo e crear unha redirección dende a profesión. A proposta das relacións afectivo-sexuais sería moi interesante tamén, pero xa o dis ti todo sobre a polémica e as complicacións :)
Son moi boas ideas e cando volvan contactar comigo podo pasarllas a ver o que lles parece, vos contarei. Saúdos, Elisardojm (conversa) 27 de xaneiro de 2019 ás 23:25 (UTC)

Boas, acabo de recibir correo do concello de Ourense, dinme que precisan un técnico que imparta a actividade en Ourense para que guíe á xente dos colexios que vai a participar. Pregúntame quen pode facelo, tería que ser pola semana e polas mañás, entendo que tería que ir polos colexios dando charlas de edición e axudando a editar. Non me di nada de ningunha remuneración nin nada, pero entendo que terán que facer algún tipo de compensación porque esta tarefa vai levar bastante tempo e gasto. Eu non podo ir porque teño traballo, alguén está interesado en participar nesta actividade? Algunha idea de como tratar o tema e de que responder? Saúdos, Elisardojm (conversa) 15 de febreiro de 2019 ás 09:55 (UTC)

E dos contidos que dixo? porque se non se falou dos contidos a min persoalmente xa me empeza a cheirar mal. Eu non podo tampouco, pero neste caso se poidera tampouco ía; que a concelleria de igualdade chame por un ténicO para o maratón de igualdade paréceme o máximo. Un saúdo--Maria zaos (conversa) 15 de febreiro de 2019 ás 10:55 (UTC)
Maria zaos, dos contidos non me dixo nada, tampouco lle preguntei porque non contactaran de novo comigo e quedou a cousa un pouco no aire, podo preguntarlle no próximo correo que lle mande. Sobre o do técnicO..., home, é o de tódolos días, pero tes razón que vindo desa concellería deberían dar exemplo...
E sobre a cuestión, alguén tería dispoñibilidade para a tarefa? Estevoaei, ti que dis? Saúdos, Elisardojm (conversa) 15 de febreiro de 2019 ás 12:14 (UTC)
Agora entendo o que quería dicir Maria zaos e ten razón, temos que ter máis información do que pretende facer o concello, por iso vou a responderlle que precisamos máis datos, e logo, poño o que me conte e seguimos falando. Saúdos, Elisardojm (conversa) 15 de febreiro de 2019 ás 19:24 (UTC)
Elisardojm, igual a documentación á que se referían tiña algo que ver con isto ? [1]

Maria zaos (conversa) 25 de febreiro de 2019 ás 16:10 (UTC)

Maria zaos, non sei, non me dixeron nada aínda. Saúdos, Elisardojm (conversa) 25 de febreiro de 2019 ás 22:59 (UTC)

Elisardojm, o aviso creo que tería que ser "O vindeiro día 8 de marzo a Galipedia celebra o seu décimo sexto aniversario. Como parte das celebracións, o sábado, día 9, celebrarase en Ourense a Segunda wikimaratona do Día Internacional da Muller. Participa!" pon 9 no primeiro caso. Lles (conversa) 7 de marzo de 2019 ás 20:38 (UTC)

Grazas Lles, xa está amañado. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 7 de marzo de 2019 ás 22:52 (UTC)

Finalmente xa conseguimos a sala para Wikipedia:Segundo wikimaratón do Día Internacional da Muller, será este sábado 9 na biblioteca de Ourense. Se vos parece ben, porei un aviso a última hora de hoxe para que os visitantes tamén coñezan o evento. Se vos parece ben concordade abaixo. Saúdos, Elisardojm (conversa) 6 de marzo de 2019 ás 10:47 (UTC)

  1.   Concordo Elisardojm (conversa) 6 de marzo de 2019 ás 10:47 (UTC)
  2.   Concordo Maria zaos (conversa) 6 de marzo de 2019 ás 10:48 (UTC)
  3.   Concordo Lles (conversa) 7 de marzo de 2019 ás 09:22 (UTC)
  4.   Concordo Castelao (conversa) 7 de marzo de 2019 ás 10:02 (UTC)
  5.   Concordo --Viascos (conversa) 7 de marzo de 2019 ás 10:19 (UTC)
  6.   Concordo Xas (conversa) 7 de marzo de 2019 ás 11:31 (UTC)
  7.   Concordo --Atobar (conversa comigo) 7 de marzo de 2019 ás 11:38 (UTC)
  8.   Concordo--MAGHOI (conversa) 7 de marzo de 2019 ás 12:11 (UTC)
  9.   Concordo----Aprofa (Dime algo aquí) 8 de marzo de 2019 ás 01:06 (UTC)

Intercultur 2019Editar

Ola! Entre o 1 e o 28 de febriro convidámosvos a participar na iniciativa Intercultur, consistente en traducir artigos sobre distintos aspectos culturais entre dez dos idiomas da península Ibérica que contan coa súa propia versión de Wikipedia. Os artigos suxeridos poden encontrarase aquí. Máis información, así como as normas de participación, na páxina principal en Meta. --Rubén Ojeda (WMES) (conversa) 1 de febreiro de 2019 ás 13:37 (UTC)

Ola! Crei a entrada dunha das mulleres que aparecía nesa lista, pero por máis que o intento non dou con onde podo engadir o check! , alguén podería axudarme? a páxina é Antonia López González. Graciñas por adiantado. Un saúdo --Maria zaos (conversa) 25 de febreiro de 2019 ás 00:01 (UTC)
Maria zaos, xa foi marcado por Athena in Wonderland aquí (a lista de artigos está nunha subpáxina pero parece que só se pode modificar en inglés, hai que comentalo para q o melloren). Saúdos, --Elisardojm (conversa) 25 de febreiro de 2019 ás 08:16 (UTC)
Graciñas! Maria zaos (conversa) 25 de febreiro de 2019 ás 08:17 (UTC)

"Un curso enseña a mujeres a editar e incluir contenidos en Wikipedia y Galipedia"Editar

"Un curso enseña a mujeres a editar e incluir contenidos en Wikipedia y Galipedia". Faro de Vigo (en castelán). 5/2/2019. 
"Obradoiro de edición en Wikipedia". Concello de Vigo. 4/2/2019.  --. HombreDHojalata.conversa 5 de febreiro de 2019 ás 20:42 (UTC)
Está ben, estaría mellor se contasen un pouco coa comunidade. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 5 de febreiro de 2019 ás 22:20 (UTC)
A impartidora é Mboix (es:Mboix, Montserrat Boix). --. HombreDHojalata.conversa 5 de febreiro de 2019 ás 23:33 (UTC)
Bueno, nalgures pon "edita con afouteza" :). Estaría ben contactar con elas se é que non contactaron con ninguén do Wikipedia:Wikiproxecto mulleres, cando menos. Un grupo de edición con quedadas semanais pode ser algo moi positivo, se se coordina ben Maria zaos (conversa) 5 de febreiro de 2019 ás 23:52 (UTC)
Si Maria zaos, xa dixen que está ben, pero... :) Xa vin q é esa persoa a que vai dar a charla, aínda que non é editora da Galipedia, pero o espazo de traballo permanente non o vai levar ela. E por certo, acabo de comprobar que con este centro xa me puxera eu en contacto polo wikimaratón do ano pasado, así que o meu correo e o meu teléfono xa o tiñan... :) Eu o 26 non podo ir ata Vigo, podo mandarlles un correo para ofrecerlles a nosa axuda, logo poño un bosquexo aquí para q lle botedes un ollo antes de mandalo. Saúdos, Elisardojm (conversa) 6 de febreiro de 2019 ás 09:42 (UTC)
Proposta de correo a enviar:
Bos días, son un dos editores da Galipedia, https://gl.wikipedia.org/wiki/Usuario:Elisardojm, e póñome en contacto con vostedes en relación ó obradoiro de edición e ó espazo de traballo Wikimulleres que van a organizar. De primeiro quero felicitalas pola súa iniciativa xa que as Wikipedias precisan melloras neste campo e todas as achegas son benvidas, e o segundo é para ofrecerlles a miña colaboración e axuda dentro da Galipedia. Non poderei asistir á xornada do día 26, pero podemos estar en contacto tanto por correo electrónico, teléfono ou deixándome un aviso miña páxina de conversa da Galipedia, o que prefiran. Un saúdo.... e engado os meus datos de contacto.
Maria zaos e HombreDHojalata, parécevos axeitado así o correo? Saúdos, Elisardojm (conversa) 6 de febreiro de 2019 ás 11:02 (UTC)
Está moi correcto, si. Hai un tema que é o seguinte, poñoo por se acaso: cando se refiren ao espazo Wikimulleres eu entendo que se refiren a este espazo ou á súa versión en galego. Maria zaos (conversa) 6 de febreiro de 2019 ás 11:09 (UTC)
Maria zaos eu entendo que se refiren ás reunións que van facer os luns, pero tampouco o sei seguro. O que tamén lle podo comentar no correo é q aqui temos o Wikipedia:Wikiproxecto mulleres e que se queren participar nel, sería moi interesante para nós, non? Saúdos, Elisardojm (conversa) 6 de febreiro de 2019 ás 14:27 (UTC)

────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────Eu abstéñome. Non teño unha opinión clara sobre este tema. Quizais me falten datos para poder comprender por que certas cousas suceden dun xeito determinado. --. HombreDHojalata.conversa 6 de febreiro de 2019 ás 17:35 (UTC)

Elisardojm, dende o meu punto de vista moi persoal e non necesariamente representativo de nada, a miña resposta á túa pregunta é " si e non". Claro que é interesante, pero aínda que teñamos bastantes incógnitas sobre como se van organizar, ata o momento é claro que a actividade se organiza externamente e de xeito independente. Por aí o teu correo orixinal é, para min, ben correcto. Se algunha das participantes acaba editando na Galipedia, estupendísimo, (xa vai no texto que tes) e a partir de aí pois a súa andaina será tratada como a de calquera persoa que comeza a editar acó. E sobre o de sinalar o do wikiproxecto, máis ben non polo seguinte ( ollo que isto que escribo é a título totalmente persoal): Segundo se mire, podería interpretarse mal, como unha comparación velada, por exemplo. Os wikiproxectos son bastante visibles mesmo para quen acaba de aterrar acó. Calquera editora é benvida e pode, como calquera outra persoa, editar en función dos seus intereses e é máis: apuntarse a calquera dos wikiproxectos é libre e totalmente voluntario. Se se quere incluír algo máis, eu en todo caso incluiría a lista de todos os wikiproxectos, non este en concreto. A maiores pois xa dis no correo que quedas aí para solucionar calquera dúbida, así que poden preguntar sobre o tema. Un saúdo. Maria zaos (conversa) 6 de febreiro de 2019 ás 19:02 (UTC)
Vale, paréceme ben a túa idea Maria zaos, mandarei o texto orixinal. Por outra banda, comentar que me dixeron que, polo que parece, o obradoiro xa completou as prazas que ofertaba... Saúdos, Elisardojm (conversa) 6 de febreiro de 2019 ás 23:00 (UTC)
Saludos Soy Montserrat Boix del Grupo de Usuarias de Wikimujeres. Las compañeras del Centro de Documentación Feminista de Vigo escribieron a Wikimujeres porque querían empezar a editar. En un principio querían apoyo para una editatona el 11 de febrero día de la mujer y la ciencia. No pudo ser porque era muy precipitado. Les planteamos que en vez de una editatona estaría bien que se creara un grupo de personas de manera estable para que aprendieran a editar wikipedia y por ello se creó el grupo de trabajo/taller para el día 26 de febrero. No hemos ido a buscar a nadie, el servicio de documentación ha pedido apoyo a la coordinación de Wikimujeres a través del correo electrónico y hemos respondido. Esto no va de clanes, se trata de sumar. Ni de ocupar territorios. En Wikimujeres hay compañeras de muchos espacios y de varios idiomas, entre ellas por cierto veo alguna firma que también está en la red de Wikimujeres. Cada cual edita en el idioma que le va bien y le apetece. Cuantas más actividades y grupo de trabajo mejor. Acabo de ver el artículo del Faro de Vigo. Ha ido más rápida la publicidad que todo lo demás. De hecho estoy en estos momentos en Chile en la reunión del Movimiento Wikimedia de Iberocoop 2019. ¿Alguien de Galipedia en la reunión? Intentaré leer con tranquilidad el hilo de la conversación y el debate. Se catalán pero no gallego. Lo siento. Un saludo.--Mboix (conversa) 7 de febreiro de 2019 ás 19:36 (UTC)
(en castelán) Gracias por la aclaración, Mboix, aunque creo que te defiendes de cosas de las que nadie te ha acusado   --. HombreDHojalata.conversa 7 de febreiro de 2019 ás 20:13 (UTC)
No entiendo gallego. Estoy usando traductor automático. En realidad a mi lo que me gusta es editar wikipedia y no meterme en estos líos. Intento apoyar la formación en edición desde la perspectiva de género y que haya más mujeres editando desde el activismo del conocimiento libre y diverso porque me parece clave para avanzar en los contenidos de diversidad y desde la necesidad constatada de abrir el movimiento wikimedia. Este hilo me ha sorprendido. Alguien ha preguntado me ha parecido entender "porque no se pregunta a la comunidad" y es que yo y Wikimujeres también formo/formamos parte de la comunidad. De la comunidad internacional que al margen de los idiomas defiende que la wikipedia no puede escribirse sólo en masculino singular y desde la perspectiva anglosajona como ocurre con demasiada frecuencia. Sólo he contado cómo se ha producido el proceso del taller. Y se trata de sumar, así que todo apoyo será bienvenido. —o anterior comentario sen asinar foi feito por Mboix (conversacontribucións)
(en castelán) Bueno, ésto no es ningún "lío". Si la cosa es que no lo has entendido (por el idioma), con gusto te traduzco lo que ha dicho el compañero: "Está bien, estaría mejor si contasen un poco con la comunidad. Saludos".
Su afirmación (la suya, de él) a mi me parece sumamente razonable. Cuando habla (él) de "la comunidad" (y en el contexto en que lo hace) entiendo yo que se refiere a esta comunidad, puesto que en las noticias se habla, entre otras cosas, de la "Galipedia".
Presume, por favor, User:Mboix, buena fe (en:Wikipedia:Assume good faith) y no tomes lo que se ha dicho como ataque contra nada ni contra nadie, porque no lo es.
Por cierto, en gl.wiki, además del Wikipedia:Wikiproxecto mulleres, tenemos otro (de objetivos, si quieres, más "locales"), Wikipedia:Wikiproxecto galegas, que inicié hace seis años, y en el que, por supuesto, te invito a participar. --. HombreDHojalata.conversa 7 de febreiro de 2019 ás 22:40 (UTC)

Claro que si, por supuesto, buena fe. Te aseguro que también por mi parte. Y muchas gracias por las referencias. Me lo miro y os pregunto dudas. También encantada de si alguien se acerca a Vigo el 26 y charlar. Hay que sumar, por supuesto. Seguimos ;-) --Mboix (conversa) 8 de febreiro de 2019 ás 00:27 (UTC)

(en castelán) Si claro Mboix, me refería a la comunidad de la Galipedia, ya que las políticas no son iguales en todas las Wikipedias, ni el libro de estilo, etc..., y que sería interesante comentar en esa jornada. Como ya puse arriba en el correo para el Centro de Documentación, y que ya he enviado, la propuesta me parece estupenda y espero que funcione a las mil marabillas porque creo que sería el primer y único grupo de estas características en Galicia, y que podría servir de ejemplo para crear otros, centrados en este tema o en otros diferentes, y que serían un gran apoyo a la edición. Yo el 26 no puedo ir a Vigo, no sé si otros habrían podido acercarse, pero de todos modos me han comentado que las plazas para asistir ya están completas... Otra casa, acabo de ver que del Centro de Documentación ya me han respondido al correo, me agradecen la oferta y guardan mi contacto para otras colaboraciones. Saúdos, Elisardojm (conversa) 8 de febreiro de 2019 ás 12:49 (UTC)

Novo trebello de medición de calidade de artigosEditar

Boas, xa está nas preferencias de usuario un novo trebello, a calidade dos artigos, que fai unha medición automática da calidade e amosa unha icona na parte superior. Esta medición faise en base á campaña de medición de artigos que se fixo hai uns meses. Hai que lembrar que é unha ferramenta automática e ten moitas limitacións, pero pode dar unha aproximación da calidade do artigo. Saúdos, Elisardojm (conversa) 14 de febreiro de 2019 ás 01:38 (UTC)

Vin que están marcados doutro xeito os artigos ao entrar nun deles, mais cando expresan 2,5 creo que debería expresarse sobre canto é a calidade, se sobre 4, 5 ou sobre 10. Deume por entrar en dous de calidade para sabelo e levei a sorpresa de que estaban marcados moi baixos (Castelao, Rosalía de Castro). Lles (conversa) 14 de febreiro de 2019 ás 07:17 (UTC)
Tes razon Lles, hai algo mal pq acabo de consultar eses artigos con outra ferramenta ORES e teñen de puntacion 5.09 e 5.01. Revisarei a ver q pasa. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 14 de febreiro de 2019 ás 07:29 (UTC)
Xa está amañado Lles. Creo q a valoración vai de 1 a 6, vou tentar q indique o maximo. Cambieille o nome por "Estimacion de calidade". Saúdos, --Elisardojm (conversa) 14 de febreiro de 2019 ás 07:42 (UTC)

E non podería, pregunto, incluír unha ligazón interna a unha páxina que explique que é iso da "estimación de calidade" e/ou o tal "sistema ORES"? Así mesmo, neste mesmo fío, non se podería incluir unha ligazón interna a algunha páxina desa campaña que se fixo hai uns meses? --. HombreDHojalata.conversa 14 de febreiro de 2019 ás 08:00 (UTC)

Engadín na definición do trebello a ligazón a Usuario:Elisardojm/ArticleQuality onde se explica o que fai. Amosa a estimación ORES de calidade ó comezo do artigo, no historial e tamén ó lado das ligazóns dos artigos usando Modelo:Medición ORES, podedes ver como queda en Wikipedia:Wikiproxecto 1000 artigos de calidade para alumnado de 12 a 16 anos/Educación corporal.
Vou mirar de incluír algunha ligazón ó que dis HombreDHojalata. A campaña de etiquetaxe ORES comentouse en Wikipedia:A_Taberna_(novas)/Arquivo_20#Preparación_do_servizo_ORES_na_Galipedia.
Por outra banda, algunhas das páxinas do trebello están en subpáxinas de usuario porque non sei moi ben onde teñen que estar, eu fixen a adaptación de eu.wiki e alí están organizadas dese xeito... Saúdos, Elisardojm (conversa) 14 de febreiro de 2019 ás 08:13 (UTC)
Lles e HombreDHojalata, xa está engadida a escala (puxen q vai de 0 a 6, pero teño q consultalo pq aínda non atopei ningun artigo por debaixo do 1) e a ligazón á páxina de axuda. Saúdos, Elisardojm (conversa) 14 de febreiro de 2019 ás 08:27 (UTC)

Boas de novo, como houbo varias dúbidas sobre o funcionamento do trebello, q eu puxera por defecto para tódolos usuarios (principalmente para q lle saia tamén ás IPs), acabo de quitar a visualización por defecto mentres non se axusta un pouco e se decide como poñelo. O que queira usalo pode activalo nas súas preferencias na sección Trebellos, marcando "Calidade dos artigos". Sinto as molestias q isto vos puidese ter ocasionado. Saúdos, Elisardojm (conversa) 14 de febreiro de 2019 ás 11:40 (UTC)

Lles, confirmado, a escala é de 1 a 6, xa o cambiei no trebello. Saúdos, Elisardojm (conversa) 15 de febreiro de 2019 ás 19:44 (UTC)

"La UE blinda los memes, los GIF y la Wikipedia en Internet" (en castelán)Editar

Porteiro, Cristina (14/2/2019). "La UE blinda los memes, los GIF y la Wikipedia en Internet". La Voz de Galicia (en castelán).  --. HombreDHojalata.conversa 15 de febreiro de 2019 ás 18:42 (UTC)

Artículo 13: filtros de subida El negociador del Parlamento Axel Voss aceptó el trato entre Francia y Alemania que esbocé en una entrada reciente del blog: Las webs comerciales y las apps en las que los usuarios puedan publicar material deben hacer sus "mejores esfuerzos" para comprar licencias preventivamente para cualquier cosa que los usuarios pudieran posiblemente subir - es decir: todo el contenido con copyright del mundo. Una proeza imposible.
Artículo 11 : el "impuesto al enlace" La versión definitva de este copyright extra para sitios de noticias se parece mucho a la versión que ya fracasó en Alemania - sólo que esta vez no se limita a motores de búsqueda y agregadores de noticias, lo cual significa que hará daño a muchos más sitios. Reproducir algo más que "palabras únicas o extractos muy cortos" de noticias requerirá una licencia. Eso seguramente abarcará muchos de los snippets comunmente mostrados junto a los enlaces en la actualidad, para dar una idea de a qué refieren.

Últimas noticias: El texto del Artículo 13 y la Directiva Europea del Copyright ha concluído. https://www.internautas.org/html/10235.html—o anterior comentario sen asinar foi feito por 188.87.66.43 (conversacontribucións) 16 de febreiro de 2019 ás 01:23‎

Talk to us about talkingEditar

Trizek (WMF) 21 de febreiro de 2019 ás 15:01 (UTC)

Flisol 2019Editar

O 27 de abril terá lugar na Coruña o 15º Festival Latinoamericano de Instalación de Software Libre (Flisol 2019). Fun convidado a participar, cunha charla sobre "Contido audiovisual na Wikipedia: como complementar os artigos con imaxes, vídeo e son". Un saúdo. --Estevo(aei)pa o que queiras... 26 de febreiro de 2019 ás 21:42 (UTC)

Moi ben! Para o 27 de abril aínda falta moito, non sei onde andarei esa finde, se podo achégome. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 27 de febreiro de 2019 ás 08:21 (UTC)

Modificacións realizadas dende IPs ministeriais española e mesmo o Congreso dos DeputadosEditar

De ‘Golpe de estado’ a ‘Alzamiento’: Los cambios que realizan los ordenadores de Defensa en la Wikipedia. Cumpriría revisar aquí. Algúns casos parecen serios. Banjo, Elisardojm, sabedes se é posible pór a funcionar ese bot aquí? --Atobar (conversa comigo) 28 de febreiro de 2019 ás 09:30 (UTC)

Atobar, polo que vin, ese bot non é un bot de Wikipedia, é un bot de Tuiter, eu non sei dese tema, tampouco uso tuiter, non sei se tería moito seguimento. O que si vin no bot é que non só saca chíos de es.wiki, tamén vin de it.wiki, de ca.wiki, de wikidata, de nl.wiki..., paréceme que o que fai é rastrexar as edicións das ips do Ministerio en tódalas wikis. Tamén vin chíos que poñen "alguén desde Gobierno de Aragón editou anonimamente...", Junta de Andalucía, Govern des Illes Baleares..., polo que parece que non só rastrexa as IPs do Ministerio, supoño que tamén estarán as da Xunta. Non sei como se poden facer buscas nos chíos... O:) Saúdos, --Elisardojm (conversa) 28 de febreiro de 2019 ás 10:44 (UTC)
Igual entendín mal a Atobar, pero se o que se busca e poñelo a andar acó, eu non o vexo máis que nada por isto, pero non controlo moito do tema. Un saúdo. Maria zaos (conversa) 28 de febreiro de 2019 ás 11:00 (UTC)
Grazas pola aclaración, Elisardo e Maria. Acabo de revisar eu manualmente os artigos de gl.wiki (Ana Pardo de Vera, Batalla de Montjuic, Revolución de 1934, Teo Uriarte...) nos que se citan modificacións concretas e vexo que aquí non temos eses problemas. Así que nada, quedou en anécdota. --Atobar (conversa comigo) 28 de febreiro de 2019 ás 12:09 (UTC)
Unha pregunta a posteriori, Maria zaos. Non entendo moi ben que ten que ver isto no tema.--Agremon(contacto) 6 de marzo de 2019 ás 11:03 (UTC)
Tal como eu o entendín,( pero dirán mellor os administradores sobre como Wikipedia ten esta política de confidencialidade) a política debe ser asinada por quen accede a datos non públicos (borrados, por exemplo). Non é directamente relacionado, claro, pero a finalidade é garantir dereitos sobre os datos persoais. Crear un bot dentro da Galipedia coa finalidade de vincular IPs con patróns de edición e sinalar a ubicación (despachos ministeriais) anda aí no límite, cando menos do ético e da filosofía desa política de confidencialidade, tal como o vexo eu. Saúdos Maria zaos (conversa) 6 de marzo de 2019 ás 11:33 (UTC)

──────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────── O acordo de confidencialidade citado aplica para os voluntarios OTRS, CheckUsers, Oversighters e Stewards, que poden ver textos e páxinas completamente eliminados (non só borrados ou ocultos como os admins) e poden saber as IPs desde as que editan usuarios rexistrados, entre outros datos de caracter privado. As IPs públicas, son precisamente de carácter público, e as IPs públicas de determinados axentes estatais (ministerios, axencias do goberno, centros educativos), aínda que sen estar a súa relación publicada ós catro ventos (e que poden variar ó longo do tempo), son relativamente doadas de coñecer e relacionar con estas institucións. Son dous conceptos distintos. Banjo tell me 6 de marzo de 2019 ás 19:55 (UTC)

#WIKI4WOMEN da Unesco- editatón de biografías de mulleres o día 8 de marzoEditar

Bo día, deixo aquí esta iniciativa da UNESCO relacionada coa Wikipedia. É unha mágoa, pero eu estarei de folga, pero haberá a quen lle interese. #WIKIWOMEN. Se vos rexistrades danvos un certificado de participación e todo. Copio aquí parte do texto

#WIKI4WOMEN es una iniciativa de la UNESCO y la Fundación Wikimedia, con el apoyo de la Comisión Canadiense para la UNESCO, de Islandia, la República de Corea, la Fundación Chanel, la empresa ENGIE, el diario New York Times, el grupo de comunicación France Médias Monde y La Journée de la Femme Digitale.

La UNESCO considera la igualdad de género como un derecho humano fundamental, un fundamento de la justicia social y una necesidad económica. La igualdad de género es un factor determinante en la realización de todos los objetivos de desarrollo acordados a nivel internacional, así como un objetivo en sí mismo.

Saúdos!--Maria zaos (conversa) 28 de febreiro de 2019 ás 15:21 (UTC)

Colaboración en evento sobre normalización lingüísticaEditar

Boas; contactaron comigo porque están buscando alguén da Galipedia para participar nuns encontros de normalización lingüística organizadas polo Consello da Cultura Galega. A actividade sería o 5 de abril, venres, na Cidade da Cultura, e consistiría nunha mesa redonda co tema "Os de letras tamén divulgan", e logo pola tarde habería que facer un obradoiro de edición de ferramentas de tradución de artigos de dúas horas. Esta colaboración sería remunerada. Precisamos dar unha resposta a mediados da semana que vén, as persoas que estean interesadas que o comenten neste fío e falamos. Eu, en principio, penso que estaría dispoñible. Saúdos, Elisardojm (conversa) 28 de febreiro de 2019 ás 23:26 (UTC)

Eu non podo, estarei en Donostia na Wikimedia+Education Conference 2019. --Estevo(aei)pa o que queiras... 1 de marzo de 2019 ás 00:15 (UTC) --Agremon(contacto) 1 de marzo de 2019 ás 07:59 (UTC) ... mágoa!
Elisardojm, que bo que fagan un obradoiro de edición e que bo que poidas ir. De avanzarmos na proposta de "despatriarcalizar a Wikipedia", o CCG penso que sería un dos organismos que nos podería botar unha man e ao que poderiamos, de ir para adiante, solicitar colaboración. Lles (conversa) 1 de marzo de 2019 ás 06:57 (UTC)
Elisardojm, pensei que, no traballo de incorporar editoras, sería positivo que a referencia da Galipedia fose unha muller, eu non podo, podería algunha?, Maria zaos? Lles (conversa) 1 de marzo de 2019 ás 10:34 (UTC)
Eu non podo por incompatibilidades e en todo caso non son o mellor modelo a escoller para representar un evento de lingua, sintoo. --Maria zaos (conversa) 1 de marzo de 2019 ás 11:03 (UTC)
Lles, todas as persoas que estean interesadas en participar no encontro que o comenten, logo entre todas as que estean interesadas, miramos como facemos. Eu por exemplo, se outra persoa se anima a ir, xa renunciaría a asistir porque así xa non teño que pedir o día no choio, eu iría como última alternativa porque penso que xa que nos chamaron debemos ir para que o proxecto teña presenza en cantos máis sitios mellor. Saúdos, Elisardojm (conversa) 1 de marzo de 2019 ás 12:00 (UTC)
Elisardojm, a miña proposta é se é posíbel e no sentido de desligar a percepción de que as persoas que editan a Galipedia son homes. Cando sexa posíbel. Maria zaos, deixáchesme sorprendida con esa afirmación de que non es a persoa axeitada para representar a Galipedia nun evento de lingua. Lles (conversa) 1 de marzo de 2019 ás 12:31 (UTC)
Lles, non especifiquei Galipedia en ningún momento, dixen "evento de lingua". De todos xeitos, insisto, non podo. Saúdos!Maria zaos (conversa) 1 de marzo de 2019 ás 13:08 (UTC)

Boas, contactaron comigo do Consello, como non hai ninguén máis dispoñible, direilles que irei eu. Xa irei comentando aquí a información que vaia aparecendo. Saúdos, Elisardojm (conversa) 11 de marzo de 2019 ás 08:42 (UTC)

Xa está o cartel do XXI ENCONTROS PARA A NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA Divulgación científica en Galicia: cal é o peso (atómico) do galego?, o 5 de abril participarei nunha mesa redonda pola mañá e logo pola tarde haberá un obradoiro de edición/tradución. Se alguén quere asistir a entrada é de balde, pero é precisa unha inscrición previa nesa mesma páxina. Saúdos, Elisardojm (conversa) 15 de marzo de 2019 ás 19:13 (UTC)

Boas de novo, comento aquí unha nova que atopei onte mesmo para que a comunidade decida a acción a realizar. A nova fala de que unha profesora de mates da Pontenova foi advertida pola Consellaría por dar clase en galego (parece ser que a lei obriga a facelo en castelán). Na nova recrimínase a actitude da RAG e do Consello da Cultura Galega, que parece que non fixeron nada neste caso, e cítase a presentación da táboa periódica dos elementos en galego e os Encontros para a Normalización Lingüística Divulgación científica en Galicia: cal é o peso (atómico) do galego? dicindo que son actos de cara á galería.

Ante isto eu pregunto se deberiamos tomar algunha postura, eu non vou en representación de ninguén, obviamente, tan só son un colaborador máis, pero se a comunidade decide que é conveniente cambiar a postura sobre esta actividade, eu seguirei o que se decida. O evento é o día 5 de abril, venres. Saúdos, Elisardojm (conversa) 29 de marzo de 2019 ás 08:53 (UTC)

Coido que si se podería facer algo como aclarar que na comunidade de galipedistas hai viva unha discusión sobre que medidas tomar polo forte apoio que temos ó galego e ó galego no ensino, dentro da neutralidade na propia enciclopedia.--Agremon(contacto) 29 de marzo de 2019 ás 11:42 (UTC)
Agremon, non entendo moi ben o que queres dicir... Saúdos, Elisardojm (conversa) 30 de marzo de 2019 ás 08:51 (UTC)
+-, explicar dun xeito comprensible o que nos pasa pola cabeza sobre este tema, facendo a distinción entre nós como comunidade e a Galipedia como enciclopedia neutral.--Agremon(contacto) 30 de marzo de 2019 ás 14:24 (UTC)
Se se fixera un comunicado faríase como comunidade, a enciclopedia non tería nada que ver, indicalo non custaría nada. O caso é saber se realmente a comunidade quere facer un comunicado, outra cousa ou nada...Saúdos, Elisardojm (conversa) 30 de marzo de 2019 ás 15:25 (UTC)

Por se alguén quere botarlle un ollo e engadir ou quitar algo, as notas das cousas que vou comentar no Encontro están en Usuario:Elisardojm/Encontros para a normalización lingüística 2019. Saúdos, Elisardojm (conversa) 2 de abril de 2019 ás 09:28 (UTC)

 
Comezo do obradoiro, aínda viñeron despois dúas ou tres participantes máis.

Boas, comento un pouco como foi esta charla e o obradoiro. A charla foi bastante ben, creo que non se durmiron moito, e a asistencia foi grande con respecto a outras, pero hai que ter en conta que só era un pequeno relatorio dentro dunha mesa dentro dun montón de charlas dun Encontro de dous días...

A maiores, as charlas ás que asistín durante o día deron puntos de vista e ideas moi interesantes para facer divulgación científica, e é de esperar que grazas a este encontro aparezan máis iniciativas.

No obradoiro teño que dicir que levei unha boa sorpresa pola gran participación, e aínda foi máis grande ó comprobar que a participación era case do 100% feminina, un fito para as actividades da Galipedia!

Un par de cousas que saquei do obradoiro:

  • hai unha cousa que non sei como funciona, ou xa me esquecín como funciona. Resulta que cando estou noutras Wikipedias, se o artigo non está en gl.wiki, aparéceme unha ligazón en gris que se lle premo sáeme unha caixa que me di se quero traducilo co Tradutor de contidos. Ás que estaban no obradoiro non lles aparecía e non sei por que. Podería ser que faltara que se actualizara algo nalgún servidor xa que comezaron a usar o trebello ós poucos minutos..., pero non sei.
  • dixéronme que fagamos videotitoriais, como xa se comentara noutro momento na taberna, xa que é unha forma útil de explicar as cousas. Respondinlles que tiñamos un sobre a alta de usuarios e que temos en mente facer máis, pero tamén lles dixen que precisabamos que nos dixeran o que lles parecía máis necesario explicar. Teño pensado facer un sobre o Tradutor de contidos e outro sobre o Editor visual, se alguén quere botar unha man para facer un guión, editar o vídeo, propoñer outros, ou o que sexa, pode contactar comigo na miña páxina de conversa.
  • dixéronme que a ferramenta era de gran utilidade, haberá que "promocionala" máis... Saúdos, Elisardojm (conversa) 7 de abril de 2019 ás 08:40 (UTC)
Fixen tamén algunhas fotos dos persoeiros que deron as charlas, non todos tiñan artigo, pero algúns si faría falta facerllo. As fotos están en Commons:Category:XXI Encontros para a Normalización Lingüística 2019. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 8 de abril de 2019 ás 13:34 (UTC)
@Aprofa:Descubrín por que saen as ligazóns en gris na es.wiki dos artigos que non existen na Galipedia, é porque tamén hai que ter activada a ferramenta do Tradutor de contido nesa wiki. Se queremos que funcionen as "ligazóns grises" ó galego, hai que activalo nas outras wikis porque as preferencias, polo momento, non son comúns, son locais a cada Wikipedia.
Outra cousa, estou comezando un guión para facer o videotitorial do Tradutor de contido, está en Usuario:Elisardojm/Guión videotitorial Tradutor de contido, se alguén quere cambiar algo ou achegar algunha cousa, é benvido. Aínda non está rematado, avisarei antes de gravalo, pero por se alguén quere ir botándolle un ollo, tódalas achegas son benvidas. Saúdos, Elisardojm (conversa) 9 de abril de 2019 ás 08:44 (UTC)
Xa está rematado o guión do videotitorial en Usuario:Elisardojm/Guión videotitorial Tradutor de contido, o que queira revisalo ou achegar cousas é benvido. Tentarei gravalo para a semana que ven (digo que tentarei porque non estou seguro de ser capaz de manexar o rato e ler ó mesmo tempo todo ese panfleto de forma que quede algo decente...). Saúdos, Elisardojm (conversa) 9 de abril de 2019 ás 10:54 (UTC)
Tamén están dispoñibles os vídeos das intervencións do Encontro na canle de Yutube do CCG, en particular a miña parte está neste vídeo a partir do minuto 01:08:02, por se vedes algún contido que haxa que mellorar para outra ocasión. Saúdos, Elisardojm (conversa) 9 de abril de 2019 ás 11:06 (UTC)

Xa se publicaron as conclusións do encontro, podedes consultalas aquí. Saúdos, Elisardojm (conversa) 18 de maio de 2019 ás 19:44 (UTC)

Comento que finalmente o Consello da Cultura Galega abooume 340 euros polo obradoiro que din nos Encontros, propoño ingresar estes cartos na conta da asociación A3GAL, cando a teña formalizada, para que os adique ás súas actividades. Se non vedes inconveniente, farei o traspaso en canto teñan a súa conta bancaria. Saúdos, Elisardojm (conversa) 24 de xuño de 2019 ás 22:22 (UTC)

Elisardojm, a min pareceríame correcto que antes cubrises os gastos de desprazamento e as dietas de ir até o obradoiro. Lles (conversa) 25 de xuño de 2019 ás 06:07 (UTC)

Coido que A3GAL, como dis, non ten conta bancaria, e xa que estamos, non sei despois da última comunicación como está o tema para que a poda ter. E paréceme moi ben o que propós, pero antes daríalle unha volta ó que ti mesmo puxeces máis arriba: "Ante isto eu pregunto se deberiamos tomar algunha postura, eu non vou en representación de ninguén, obviamente, tan só son un colaborador máis, pero se a comunidade decide que é conveniente cambiar a postura sobre esta actividade, eu seguirei o que se decida.". Saúdos, --Agremon(contacto) 25 de xuño de 2019 ás 06:11 (UTC)
Concordo con Lles. Unha maneira de fomentar a participación e a igualdade de oportunidades en calquera evento é facer o posible para que as persoas non teñan que asumir gastos derivados do seu propio peto. Segundo puxeches máis arriba isto supúxoche un compromiso de tempo (pedir un día no traballo) que podería tamén valorarse se a comunidade o considerase. O que xa non me parece para nada positivo é que non se desconten os gastos de desprazamento habendo cartos. Se unha vez descontados, queres doalos a A3Gal es libre de facelo, a título persoal, penso eu. Poderíase acordar un cómputo por kilometraxe e /ou dieta fixa que quedase para situacións futuras de xeito que se asegure un trato equitativo neste tema. Un saúdo. Maria zaos (conversa) 25 de xuño de 2019 ás 08:57 (UTC)
Lles, Maria zaos e Agremon, esquecín comentar, desculpas por isto, que os gastos de desprazamento e dieta xa mos pagaron a parte, non hai problema con iso, e ó final, por circunstancias da vida, non tiven que pedir ningún día no traballo así que tampouco hai problema.
O tema da conta de A3GAL, penso que irá indo, aproveito para comunicar que a Xunta xa rexistrou os estatutos e deunos o número de rexistro, agora hai que dar o seguinte paso, pedir o CIF, encargareime diso nas semanas vindeiras.
É certo que non fun en representación da comunidade, pero si fun no "sitio" dela e considero que eses cartos perténcenlle e por iso quero que os xestione ela. Saúdos, Elisardojm (conversa) 25 de xuño de 2019 ás 16:12 (UTC)
Honrate o xesto dos cartos. Paréceme ben que vaian a A3Gal, pero teño conflito de intereses. Propoño que se usen como premio para concursos como o de Afotos, se hai necesidades como esas, créase un novo, que nos fai medrar e nos axuda. ※ Sobreira ►〓 parlez 4 de xullo de 2019 ás 17:46 (UTC)
A3Gal tamén organizará concursos dese tipo, ou outros semellantes, non hai perda penso eu... Saúdos, Elisardojm (conversa) 4 de xullo de 2019 ás 22:16 (UTC)

New Wikipedia Library Accounts Available Now (March 2019)Editar

Hello Wikimedians!

 
The TWL OWL says sign up today!

The Wikipedia Library is announcing signups today for free, full-access, accounts to published research as part of our Publisher Donation Program. You can sign up for new accounts and research materials on the Library Card platform:

  • Kinige – Primarily Indian-language ebooks - 10 books per month
  • Gale – Times Digital Archive collection added (covering 1785-2013)
  • JSTOR – New applications now being taken again

Many other partnerships with accounts available are listed on our partners page, including Baylor University Press, Taylor & Francis, Cairn, Annual Reviews and Bloomsbury. You can request new partnerships on our Suggestions page.

Do better research and help expand the use of high quality references across Wikipedia projects: sign up today!
--The Wikipedia Library Team 13 de marzo de 2019 ás 17:40 (UTC)

You can host and coordinate signups for a Wikipedia Library branch in your own language. Please contact Ocaasi (WMF).
This message was delivered via the Global Mass Message tool to The Wikipedia Library Global Delivery List.

A táboa periódica publícase en galego cadrando co seu 150 aniversarioEditar

Nova utilidade no modelo cómpre referenciaEditar

Boas, fíxose unha pequena modificación no Modelo:Cómpre referencia para que se poida marcar o texto concreto que precisa a referencia, tan só hai que meter a frase dentro do modelo. Pode facerse así: {{subst:Cómpre referencia|Texto que precisa referencia.}} que sería visualizado do seguinte xeito: Texto que precisa referencia.[Cómpre referencia]. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 19 de marzo de 2019 ás 09:11 (UTC)

Xornada "Viquipèdia e terminoloxía" en Barcelona (30 de maio)Editar

Acabo de saber que a Societat Catalana de Terminologia (SCATERM) vai desenvolver o 30 de maio en Barcelona unha xornada sobre o tema La Viquipèdia i la terminologia (información).

Ten moi, moi boa pinta.

En edicións anteriores, e supoño que nesta tamén, gravan e divulgan en vídeo as intervencións ás poucas semanas. --XustoRguez (conversa) 22 de marzo de 2019 ás 19:13 (UTC)

Tes razón XustoRguez, parece moi interesante, haberá que botarlle un ollo. Grazas polo aviso. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 22 de marzo de 2019 ás 20:30 (UTC)

Pois si. Xa está dispoñible en internet a gravación da xornada "Viquipèdia i terminologia"

--XustoRguez (conversa) 11 de xuño de 2019 ás 07:31 (UTC)

Se fixeran un informe resumo coas conclusións..., ata tentaba traducilo... :) Moitas grazas XustoRguez. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 11 de xuño de 2019 ás 08:17 (UTC)

Aclaracións sobre o contador de visitasEditar

Boas, non é unha nova realmente, pero creo que pode ir aquí xa que ten relación directa coa Galipedia. O contador de visitas suma as visitas de persoas que editan (rexistradas e ips anónimas) e as que len sen distinción (Agent=user=Editores/as con rexistro ou baixo anonimato e outras persoas que só len). Ademais, cada vez que se edita unha páxina ou a páxina se carga conta como visita, mesmo se se trata da mesma persoa/usuario. Quere isto dicir que o lóxico para achegarnos á realidade das visitas é descontar por unha banda o total das edicións do día/mes/período e por outra todas as conexións (logs) de usuarios. Por favor, corríxideme se estou dicindo algunha barbaridade, por favor. Grazas Maria zaos (conversa) 8 de abril de 2019 ás 00:03 (UTC)

Maria zaos, segundo isto as modificacións non contan como visitas. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 8 de abril de 2019 ás 07:09 (UTC)
Ah, pois si, grazas! semella que acaba filtrandoas, non? como no caso das páxinas especiais? Confundiume que nun sitio puña unha cousa (certo é que non falaba de edicións, saqueimo eu da manga) pero aquí especifica outra. Polo que entendo exclúe as edicións, pero non as consultas realizadas por quen edita. Se ando a consultar, eu que sei, distintas entradas para valorar eu que sei, unha categorización, cada apertura individualizada (non a través de especial:procura) de páxinas contaría como visita aínda que fose a mesma conta de usuario/a. E se limpas a caché tamén é unha nova carga/visita, non?. Entendín ben? Graciñas!.--Maria zaos (conversa) 8 de abril de 2019 ás 07:51 (UTC)
Si, o acceso ás páxinas especiais tampouco se contan como visitas. Si, as visitas son as consultas individuais de páxinas, sexa unha IP ou un usuario rexistrado, penso que igual que en calquera outro contador de visitas. Limpar a caché do navegador entendo que conta como visita (e imaxino que será así en todas as webs) xa que hai que facer unha nova petición completa da páxina ó servidor. O que xa non sei é se recargar unha páxina contará como visita ou non, non sei se nese tipo de peticións ó servidor se pregunta só se hai modificacións do contido ou non. Saúdos, Elisardojm (conversa) 8 de abril de 2019 ás 08:10 (UTC)

Novo trebello marcador de artigos curtosEditar

Boas a todos, o compañeiro @DannyS712:, da Wikipedia en inglés, fixo un novo trebello para a nosa comunidade, o Wikipedia:Marcador de artigos curtos.

A utilidade desta ferramenta está en que cunha soa acción engade o marcador de Modelo:Curto de máis no artigo e deixa un aviso ó creador do artigo pedíndolle que o revise e amplíe. A información para activar o trebello e algúns detalles do funcionamento están na ligazón anterior. Ten unha páxina de configuración da ferramenta que podemos modificar se queremos cambiar a mensaxe que se deixa ó usuario ou nos resumos de edición.

A intención de engadir estes avisos ós usuarios é procurar reducir este tipo de artigos que tamén enchen a Categoría:Wikipedia:Todos os artigos que requiren atención.

E se o vedes de utilidade, quizais poida usarse este formato de trebello (pestana >> acción en artigo[+aviso a usuario]) para facer outras utilidades para a Galipedia. Saúdos, Elisardojm (conversa) 8 de abril de 2019 ás 09:13 (UTC)

Read-only mode for up to 30 minutes on 11 AprilEditar

8 de abril de 2019 ás 10:56 (UTC)

Wikimedia Foundation Medium-Term Plan feedback requestEditar

Por favor, axude a traducir á súa lingua

The Wikimedia Foundation has published a Medium-Term Plan proposal covering the next 3–5 years. We want your feedback! Please leave all comments and questions, in any language, on the talk page, by April 20. Grazas! Quiddity (WMF) (talk) 12 de abril de 2019 ás 17:35 (UTC)

Charla "Contido audiovisual en Wikipedia" en CoruñaEditar

Boas, o sábado 27, de 15.30 a 16.30, deste mes vou dar unha charla, substituíndo a Estevoaei que non pode ir, na Domus da Coruña. O tema é o "Contido audiovisual en Wikipedia" na que comentarei algunhas cousas relacionadas con Wikimedia Commons. Os que estean interesados en asistir teñen que inscribirse nesa páxina. Se alguén da Coruña, ou dos arredores, quere quedar despois para charlar da Galipedia, que me avise e tomamos un café. Saúdos, Elisardojm (conversa) 13 de abril de 2019 ás 14:20 (UTC)

Whose Knowledge?/VisibleWikiWomen/WomenOfColorsEditar

En meta nesta páxina hai unha campaña da que me avisou CoroRP, e que anuncio eu porque ela non ten acceso a un ordenador estes días, que consiste en tentar conseguir fotos ou retratos de mulleres de cor e indíxenas para engadir ós artigos. Para nós pode ser complicado participar, pero aínda asi poderiamos facelo subindo debuxos desas mulleres ou contactando con xente que teña imaxes e pedíndolles que liberen os seus dereitos. A campaña vai do 22 de abril ó 2 de maio. Saúdos, Elisardojm (conversa) 20 de abril de 2019 ás 00:25 (UTC)

Strategy Process 2019 Community ConversationsEditar

Xa o sei. É un título un pouco raro. Son Francesc e son o enlace comunitario para as linguas hispánicas na segunda fase do proceso de estratexia do movemento Wikimedia. Que significa isto? Para facelo curto: estamos nun proceso para decidir como será a Wikipedia en 10 anos. Isto é importante porque moitos cambios sociais e do acceso a Internet están previstos no mundo durante un tempo tan curto e, polo tanto, cando se sacan conclusións, servirán de guía para a Wikimedia do futuro. Cargamos fontes externas e comezamos a usar fontes primarias? Permitimos o uso de material con dereitos de autoría na enciclopedia? Depende do que diga a xente, quizais si. A miña tarefa é recoller a voz da comunidade o mellor posible, neste caso a voz hispana. E a súa tarefa é ter unha voz, bo, iso non é cousa pequena.

E así, hai moitas formas de participar. En total hai nove bloques temáticos ou "grupos de traballo". Un xeito de participar é ler todos os documentos e escribir as súas conclusións na sección correspondente, como fixo o valente @B25es:. Outros, menos valentes pero tamén correctos, discuten cada semana un dos grupos de traballo en Telegram. E hai incluso xente que se reúne para tratar o suxeito en persoa. Este é o caso da comunidade de Aragón a semana pasada, onde eu, como enlace comunitario, lles introducín o estado das cousas e puideron discutir como mellorarían a súa edición idiomática ou o movemento Wikimedista en xeral.

Entón, sexa este post como unha presentación. Xa falei con @Estevoaei: e sería bo que participasen neste proxecto, ben nunha reunión cara a cara, enviándome as súas opinións por escrito ou por skype ou na forma que mellor crean. Estou aquí para axudar. Un abrazo!--FFort (WMF) (conversa) 22 de abril de 2019 ás 14:33 (UTC)

Xa é posible ligar a un rexistro concreto de bUSCatermosEditar

Ola,

Desde hai poucas semanas o SNL da USC puxo en liña unha nova versión de bUSCatermos que, entre outras funcionalidades, permite facer unha ligazón directa a calquera rexistro.

Para atopar a ligazón hai que buscar o rexistro que se queira compartir e premer sobre "Compartir ficha" no lado superior dereito dese rexistro, o que vai abrir unha nova lapela de navegador. Só hai que copiar a ruta http://... desa lapela e empregala como ligazón (ou acurtala cun acurtador) para que funcione como redirección

--XustoRguez (conversa) 8 de maio de 2019 ás 08:41 (UTC)

Moitas grazas pola información XustoRguez, acabo de probalo en nécora e isto pode axudarnos a engadir referencias a moitos termos da Galipedia. Tan só un detalle, o que vexo é que con esa ligazón a ficha aparece por defecto "comprimida", e para que se amose toda a información que contén hai que premer na ligazón. Hai algún xeito de que a ficha xa se amose "expandida"? Quizais indicándoo na URL ou algo? Saúdos, Elisardojm (conversa) 8 de maio de 2019 ás 09:00 (UTC)
Que eu saiba non, Elisardojm. Pero preguntarei, por se acaso. Ademais, ten en conta que partindo da ficha que ofrece a ligazón aínda hai dous niveis de "expansión". O primeiro é o que apuntas ti, e ao segundo accedes calcando sobre os códigos de lingua (GL, ES, EN...) para ver a información detallada que a ficha recolle para cada unha das linguas (poden ser definicións diferentes, valoracións distintas para cada nome, etc.) En pita do monte pode verse moi ben. Saúdos --XustoRguez (conversa) 10 de maio de 2019 ás 06:42 (UTC)

Obradoiro de edición en Vigo 9/05/2019 no Centro de Documentación e recursos feministasEditar

Bo día, onte, invitada polo Centro de Documentación e Recursos Feministas de Vigo, achegueime para falar de edición na Galipedia. O grupo de usuarias que participou foi moi activo e teñen unha gran motivación. O tempo quedounos moi xusto, entre outras cousas porque tiñamos diferentes niveis de coñecemento da edición neste grupo. Pero houbo moitas preguntas e moita partipación. Centreime nos piares, a comunicación e como xestionarmos o tempo e como buscar cousas para aprender autónomamente ou coa axuda doutras editoras. Como a idea é o mantemento dun grupo de edición estable xestionado polo centro a traves de CoroRP, con reunións presenciais (unhas de mañá e outras de tarde) eu confío que en moi pouco tempo o volume de traballo deste grupo vai ser moi significativo e as achegas moi interesantes. Como no caso de calquera persoa que comeza, lembrar que non se ten por que coñecer todo o funcionamento nin o libro de estilo de inicio a fin (non dá moito tempo a practicalo e velo nunha sesión) e a min personalmente non me deu tempo de indicarllelo todo. Por todo isto escribo aquí para solicitarvos que se tedes tempo e vedes calquera eiva por descoñecemento, por favor escribades nas súas páxinas de conversa ou detalledes as melloras un pouco máis polo miúdo no campo resumo cando corrixades algo. Ao estar en conexión todas elas cada tempiño adicado a explicar algo a unha nova usuaria vai chegar ao resto e será un tempo ben investido. Eu estarei pendente igualmente.
A maiores están interesadas en coñecer máis polo miúdo como crear e ligar elementos en Wikidata, así que Estevo, hai que mirar de facer sesións de formación en Vigo ou traballar nun titorial, por exemplo. Conta comigo para botar unha man. Deixo aquí un saúdiño ás participantes da sesión para agradecerlles a implicación e a boa acollida recibida na sesión formativa. (Así xa tedes a miña páxina de conversa a man para calquera dúbida ou consulta). Sisa19; Faia Costeira; Amelia; Arroases; Bolinhodeamor; DONAHIRO; Monbac8M; Pazdelape; Lles.---Maria zaos (conversa) 10 de maio de 2019 ás 06:29 (UTC)

Estupenda nova, e moitas grazas polo teu esforzo Maria zaos xa que é moi importante axudar á xente que comeza a dar os seus primeiros pasos neste proxecto, que vaian superando as pedras deste camiño collidas da man dunha usuaria con bos coñecementos sempre facilitará os seus comezos e iso tamén facilitará a súa implicación e traballo futuro. Tamén grazas a todas as participantes por querer achegarse e colaborar neste proxecto, tódalas mans son necesarias para esta tarefa :)
Aquí tedes tamén a miña páxina de conversa por se precisades da miña axuda, ou se o precisades tedes unha páxina xeral da taberna para preguntar o que precisedes, está en Wikipedia:A Taberna (axuda). Non teñades medo ningún, non hai dúbida pequena na Galipedia :) Saúdos, Elisardojm (conversa) 10 de maio de 2019 ás 06:43 (UTC)
Ah, por certo, tamén tedes o Wikipedia:Sistema de mentores, no que podedes escoller un mentor que vos axude persoalmente coas dúbidas que poidades ter. Oh! casualidade, tamén estou eu aí ;) Saúdos, Elisardojm (conversa) 10 de maio de 2019 ás 07:19 (UTC)
Graciñas polos ánimos Maria zaos e Elisardojm Apertas DONAHIRO (conversa) 11 de maio de 2019 ás 15:47 (UTC)
Grazas, Maria zaos polo esforzo de acudir a Vigo para axudarnos a avanzar neste proxecto e a Elisardojm por todo o apoio que sempre mostras. É moi motivador saber que estades aí "vixiando" para cando erramos porque nos axuda a aprender. Tamén quero agradecer en nome de todas as usuarias do Espazo Wikimulleres a outros editores que nos siguen os pasos e nos van corrixindo (Xa temos controlados a uns poucos. jaja). Saúdos --CoroRP (conversa) 13 de maio de 2019 ás 13:55 (UTC)

Google TranslateEditar

Cid, Diana (10/5/2019). "Los problemas sin resolver de Wikipedia con Google Translate". TreceBits (en castelán).  --. HombreDHojalata.conversa 10 de maio de 2019 ás 19:38 (UTC)

Moi interesante. Desde logo, en artigos de bioloxía molecular e outros campos, as traducións automáticas son case inútiles.--Miguelferig (conversa) 10 de maio de 2019 ás 19:51 (UTC)

Sobre bloqueo de Wikipedia en TurquíaEditar

Nova Maria zaos (conversa) 23 de maio de 2019 ás 19:29 (UTC)

Vaia, menos mal, parece que a Fundación vaise movendo algo, a ver se comezan a facer máis cousas destas que moita falta fan. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 23 de maio de 2019 ás 21:29 (UTC)

Novo modelo rango fósilEditar

Está dispoñible o Modelo:Rango fósil adaptado de es.wiki, e que permite poñer nos artigos unha pequena gráfica xeolóxica nos artigos. Podedes ver o seu uso na ficha de aves. Saúdos, Elisardojm (conversa) 5 de xuño de 2019 ás 16:47 (UTC)

Celtic Knot Wikimedia Language Conference 2019Editar

Please translate to your own language! Apology for writing in English!

The third Celtic Knot Language Conference will be held this year at Penryn Campus, Cornwall on the 4th & 5th of July 2019.

More information can be found here. See you there! Llywelyn2000 (conversa) 6 de xuño de 2019 ás 09:15 (UTC)

Tradución: A terceira Conferencia de Linguas Celtic Knot vai celebrarse este ano en Campus de Penryn, Cornwall, do 4 ó 5 de xullo de 2019.
Pode atoparse máis información aquí. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 6 de xuño de 2019 ás 10:20 (UTC)

Wikimania 2020Editar

Acaba de aprobarse que Wikimania 2020 terá lugar en Bangkok. Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 14 de xuño de 2019 ás 13:12 (UTC)

Wikiconcurso de en.wikiEditar

Boas, hoxe de casualidade atopei este wikiconcurso en en.wiki. Hai que crear artigos sobre saúde LGBT. Saúdos, Elisardojm (conversa) 30 de xuño de 2019 ás 23:49 (UTC)

Páxina de exercicios para practicar co JSW BrowserEditar

Boas, a páxina Wikipedia:Exercicios sinxelos con JavascriptWikiBrowser ten unha lista de exercicios sinxelos para facer co Wikipedia:JavascriptWikiBrowser para axudar á xente interesada no tema a comezar a fedellar con este trebello. A maioría dos pasos teñen un videotitorial amosando como facer cada cousa, co cal penso que é doado de seguir.

Se alguén quere propoñer algunha tarefa para facer pode dicilo aquí ou na conversa desa páxina e tentarei engadila como exemplo. O que hai que ter en conta é que o JSWBrowser non ten tanta potencia coma un bot normal, e polo tanto non pode tratar listas de artigos moi longas porque se non tarda demasiado en ler cada artigo. Pero imos falando e imos mirando como se poden ir facendo as cousas. Saúdos, Elisardojm (conversa) 19 de xullo de 2019 ás 11:46 (UTC)

Wiki loves PistoiaEditar

A xente de Toscana, un dos gruppi locali di lingua italiana (GLIT), creou o Progetto Wiki loves Pistoia co fin de traballar en artigos sobre a rexión de Pistoia. O proxecto está aberto até marzo de 2020, e hai varias recompensas. Un saúdo! --Estevo(aei)fálame aquí 17 de agosto de 2019 ás 14:09 (UTC)

New tools and IP maskingEditar

21 de agosto de 2019 ás 14:18 (UTC)

As primeiras recomendacións para o futuro da Wikipedia xa foron publicadasEditar

Bos días, familia.

Como moitos de vós sabedes, agora mesmo estamos en pleno Plan Estratéxico deseñando o futuro dos proxectos wikimedia. Despois de todo o feedback recollido pola comunidade en todos os idiomas, os grupos de traballo publicaron o Primeiras recomendacións. Estas recomendacións, que definirán o futuro dos proxectos ata o 2030, son realmente algúns bosquexos, xa que agora mesmo se está a recoller o feedback da comunidade.

Estes textos están a traballar ata o 15 de setembro, data a partir da cal e ata novembro está previsto que finalicen os textos que xa están máis avanzados. O proceso de recollida de comentarios da comunidade non remata en setembro, pero é algo que non se detén. Pero sería interesante que aqueles que queiran participar na elaboración das recomendacións non se demorasen en enviar comentarios, co fin de que os membros dos Grupos de Traballo teñan tempo para procesar todas estas achegas coa atención que merecen.

Entón, aquí deixo os textos e recordo que á dereita de cada un deles ten unha ligazón á súa páxina de discusión.

Moitas grazas a toda a comunidade pola túa participación e tempo dedicado e recorda que podes contactar comigo e con o resto de ligazóns para calquera dúbida.--FFort (WMF) (conversa) 30 de agosto de 2019 ás 09:00 (UTC)

Precísase editor/a para obradoiro de edición no PorriñoEditar

Bo día. estou organizando un obradoiro de edición na Wikipedia para a biblioteca do Porriño e precisaría alguén para poder impartilo. Algunha persoa interesada? sería o 21 de outubro, de 16:00 a 20:horas na Biblioteca do Porriño. Podedes poñeros en contacto conmigo por mail. Grazas --CoroRP (conversa) 19 de setembro de 2019 ás 09:20 (UTC)

CoroRP, creo que o mellor sería dar un prazo para presentarse voluntario e que os interesados o puxeran aquí mesmo indicando a súa localidade. Non é o mesmo que a Porriño vaia unha persoa de Ponteareas que unha de Ribadeo..., penso eu... Ademais se se fai así a comunidade xa sabería se xa hai voluntarios para facer esa actividade ou aínda hai que buscar xente... Saúdos, --Elisardojm (conversa) 19 de setembro de 2019 ás 12:39 (UTC)
Elisardojm, paréceme ben. Saúdos--CoroRP (conversa) 19 de setembro de 2019 ás 16:27 (UTC)
Irei eu ao obradoiro, que se adía o luns 4 de novembro. Un saúdo. --Estevo(aei)fálame aquí 9 de outubro de 2019 ás 17:22 (UTC)

Xenial, grazas ós dous e que vaia moi ben. Se queredes podedes comentar tamen a idea dos Wikipedia:Wikiclubs de editores da Galipedia, a ver se imos facendo "peña". Saúdos, Elisardojm (conversa) 9 de outubro de 2019 ás 19:13 (UTC)

The consultation on partial and temporary Foundation bans just startedEditar

-- Kbrown (WMF) 30 de setembro de 2019 ás 17:14 (UTC)

Feedback wanted on Desktop Improvements projectEditar

16 de outubro de 2019 ás 07:18 (UTC)

EMLex HackFest 2019Editar

Ola, amigas. O xoves 14 de novembro terá lugar en Pontevedra a segunda edición do EMLex Wiktionary HackFest. Aquí podedes ver a páxina do acto do ano pasado. Esta é a páxina web do evento. Estades convidadas a vir, pero sería interesante que vos rexistrásedes aquí.

Un saúdo! --Estevo(aei)fálame aquí 16 de outubro de 2019 ás 11:30 (UTC)

Eu vou! :) Saúdos, --Elisardojm (conversa) 16 de outubro de 2019 ás 12:31 (UTC)

"Información falsa y militancia..."Editar

"Información falsa y militancia, la otra cara de Wikipedia". Todo Noticias, Grupo Clarín (en castelán) (Buenos Aires). 16/10/2019.  --. HombreDHojalata.conversa 18 de outubro de 2019 ás 19:58 (UTC)

Beta feature "Reference Previews"Editar

-- Johanna Strodt (WMDE) 23 de outubro de 2019 ás 09:47 (UTC)

Viquitrobada 2019Editar

As compañeiras e compañeiros de Amical (o grupo de usuarios e usuarias de Wikimedia en lingua catalá) celebrará o seu encontro o 30 de novembro e 1 de decembro en Cervera. Un saúdo! --Estevo(aei)fálame aquí 28 de outubro de 2019 ás 18:23 (UTC)

Wikipedia Asian Month 2019Editar

Por favor, axude a traducir á súa lingua

Wikipedia Asian Month is back! We wish you all the best of luck for the contest. The basic guidelines of the contest can be found on your local page of Wikipedia Asian Month. For more information, refer to our Meta page for organizers.

Looking forward to meet the next ambassadors for Wikipedia Asian Month 2019!

For additional support for organizing offline event, contact our international team on wiki or on email. We would appreciate the translation of this message in the local language by volunteer translators. Thank you!

Wikipedia Asian Month International Team.

MediaWiki message delivery (conversa) 31 de outubro de 2019 ás 16:57 (UTC)

Votación das imaxes de Wiki Loves ParroquiasEditar

Boas, o período de presentación de fotos do concurso Wikipedia:Wiki Loves Parroquias xa rematou, agora ven a fase de votación, tedes a lista de propostas en Wikipedia:Wiki Loves Parroquias/Imaxes propostas, para participar hai que cumprir os requisitos para votar. Os votos só poden ser a favor, e cada usuario pode votar por tantas fotos diferntes como queira, gañarán as fotos que teñan máis votos. Tedes de tempo ata o 30 de novembro e sería de agradecer a maior participación posible para recoñecer deste xeito a colaboración destes usuarios que son todos novos na Galipedia. Saúdos, Elisardojm (conversa) 1 de novembro de 2019 ás 07:29 (UTC)

Había que metelas todas dentro da súa categoría commons:Category:Wiki loves parroquias. Non si? --. HombreDHojalata.conversa 1 de novembro de 2019 ás 19:52 (UTC)
Creo que xa están. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 1 de novembro de 2019 ás 23:43 (UTC)

WikiCon Portugal 2020Editar

Do 17 ao 19 de xaneiro terá lugar no Porto o encontro WikiCon Portugal. Un saúdo! --Estevo(aei)fálame aquí 7 de novembro de 2019 ás 11:17 (UTC)

Pode ser interesante..., pero aínda non teñen definido o programa... Anoto a data por se estivese libre, grazas polo aviso Estevo(aei). Saúdos, --Elisardojm (conversa) 7 de novembro de 2019 ás 13:18 (UTC)

Concurso de artigos de bioinformáticaEditar

Na enwiki hai un concurso para amañar bosquexos de artigos, tamén poden participar usuarios con artigos noutras linguas, a información está en en:Wikipedia:WikiProject Molecular Biology/Computational Biology/9th ISCB Wikipedia competition announcement. Saúdos, Elisardojm (conversa) 17 de novembro de 2019 ás 22:29 (UTC)