Wikipedia:A Taberna (novas)/Arquivo 4

Este é un arquivo da sección A Taberna (novas) da Taberna
Nesta páxina atópanse algúns dos fíos de conversa tratados nesta sección da Taberna que foron arquivados.
Por favor, non edites esta páxina. Para reavivar calquera destes debates, comeza un novo tema na páxina actual.
< Conversas vellas | Arquivos: 1, 2, 3, 4, 5, 6, 7, 8, 9, 10, 11, 12, 13, 14, 15, 16, 17, 18, 19, 20, 21, 22, 23

a NASA apúntase á Wikipedia editar

Coido que é unha nova para poñer no blog, pois tamén beneficia á Galipedia: a NASA remata de decidir que nas próximas viaxes á Lúa só usará o Sistema Internacional de Unidades [1], e, no fondo da nova, ilustrando o dito, só aparecen dúas ligazóns: unha da propia NASA e outra da wikipedia inglesa como referencia para o sistema métrico. Considero que é un espaldarazo importante ó papel da wikipedia a nivel mundial.--Agremon(contacto) 09:00, 9 xaneiro 2007 (UTC)

Mención á Galipedia editar

Nun recente artigo de Manuel Rivas en El Pais (ver aquí) menciona á Galipedia do seguinte xeito: Son cada vez máis as tabernas, os bares, os pubs e as cafeterías que teñen libros. Penso que se está a abrir, de vagar, unha alternativa sincrética de taberna e librería, novos espazos que consagren a tradicional unión libre da literatura e a cultura popular. A literatura filla da silveira e da taberna, da estirpe de François Villon e Eduardo Blanco-Amor, esa non esmorecerá nunca. A Taberna é por certo o lugar de encontro na Galipedia, a Wikimedia en galego, esa enciclopedia libre, que vai camiño de ser unha grande arca virtual do saber planetario. A Galipedia tiña o 6 de nadal pasado 20.000 artigos. Un mes despois xa ía polos 21.000. Para que logo se diga que non se traballa nas tabernas. Deixo aquí, pois, esta curiosidade. Darlle pola miña parte as grazas a Manuel Rivas.--AlberteSi, digame? 17:06, 23 febreiro 2007 (UTC)

Grazas Alberte pola referencia. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 15:39, 21 marzo 2007 (UTC)

Artigo sobre o Asturleonés editar

Estiven lendo o tratamento que se lle da á fala asturiana noutras wikipedias, e penso que o máis axeitado é recoller nun artigo, baixo o nome de Asturleonés, todas as acepcións e variantes que ten o Asturleonés na actualidade (e non facer un redirect á lingua asturiana, como está agora). Pensei en facer isto debido a cantidade de linguas e falas que hai baixo o Asturleonés, e vendo que é a fórmula que se achou na Wikipedia inglesa e que se entende moi ben. Qué opinades? --PortoFaládeme aquí 10:42, 21 marzo 2007 (UTC)

Non sei como debe chamarse o artigo o que sí sei é que hai que revisar todos os artigos relacionados co tema, melloralos, comprobar que os datos que conteñan sexan certos e eliminar todo aquilo que transmita un punto de vista parcial ou estea relacionado coa propaganda política. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 15:38, 21 marzo 2007 (UTC)

Con frecuencia os usuarios novos ou os anónimos esquecen asinar as mensaxes. O modelo Sensinatura serve de axuda para indicar quen deixou a mensaxe, úsase escribindo {{Sensinatura|Nome de usuario ou IP}}. O nome de usuario ou o IP pode comprobarse no historial de cada páxina. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 13:26, 29 marzo 2007 (UTC)

¿como se puede deslizar una barra de herramientas sobre otra? editar

¿como se puede deslizar una barra de herramientas sobre otra?

Segundo encontro extra-oficial da Galipedia editar

 
Os Usuarios Agremón e Xelo2004 nun encontro.

Hoxe, sobre das oito horas do serán, tiven un encontro co compañeiro máis veterano da Galipedia: Agremon. O encontro foi nun lugar sinxelo e discreto, en concreto, nunha das dependencias dunha confitería (omito nomes para non facer propaganda) da Rúa San Marcos (Lugo). Que, curiosamente arreda outra parte do marco da historia, máis que nada, por ser a rúa onde está a placa conmemorativa de Xulia Minguillón.

Tras compartir as alegrías e as tristuras e, sobor de todo a esperanza de que a Galipedia avance como na actualidade está a facer. Agremón que (aunque recoñece que colabora menos no proxecto do que lle gustaría colaborar), está a desenvolver un novo proxecto que amosa un punto directo coas feiras exposicións. Proxecto cuxo título permanece polo de agora en segredo e, no cal, tan pronto o dee a coñecer a comunidade; seguro que máis de algún dos que estamos nela, sumaremonos gustosamente a botarlle unha man.

Como estades a ollar, eiquí expoño unha foto diste encontro que, quizáis sexa un punto de partida de cara a máis encontros da xente que está a traballar neste proxecto. Quén se anima?.--Xelo2004 (Se non estás dacordo, dimo) 19:55, 12 xuño 2007 (UTC) Dúas semanas despois, pasados os 25000, vexo que non hai comntarios. Pouco a pouco, aínda que de seguro que teremos que contar coa presenza virtual dalgún que garda tan celosamente a súa identidade como bo traballo fai.--Agremon(contacto) 07:01, 26 xuño 2007 (UTC)

  •   Concordo - Eu apoiaría con gusto unha xuntanza ou encontro oficial da Galipedia, sería unha boa forma de coñecernos os usuarios entre nós e intercambiar ideas e propostas ;). --BaNjO(tell me) 16:01, 10 xullo 2007 (UTC)
  •   Comentario Ademais de compartir ideas podíamos sair pola noite, aí a rachar, na cidade que toque. Aínda que ó mellor hai moito casado e non lle deixa a muller. Voltando á seriedade estaría ben o da xuntanza. AlberteSi, digame? 18:35, 10 xullo 2007 (UTC)
  • ... home, pois por exemplo, eu estou casado ... :-)--Agremon(contacto) 15:22, 8 agosto 2007 (UTC)
  •   Concordo eu son moi partidario, porque traballamos moito xuntos, temos moito en común e moito tamén de que falar, sen estar agardando a que o PC nos avise de que temos unha resposta. Ademais non temos tanto problema para quedar (os que poidan viaxar) como se fosemos falantes de inglés e houbese que xuntar sudafricanos, nixerianos, australianos, ianquis e británicos. Hai tempo que tiña a idea, pero sei que hai xente que pode non querer e preservar a súa intimidade e podería resultar violento facer a pregunta. Agora que outro fai a proposta, secúndoa totalmente. Sobreira (parlez) 14:53, 2 setembro 2007 (UTC)
  •   Concordo a min paréceme ben. Si me vai ben a data e o lugar tentarei pasar. Si non xa vos verei no 3º encontro. Miguel.lima 16:28, 2 setembro 2007 (UTC)
  •   Concordo --PortoFaládeme aquí 15:39, 5 novembro 2007 (UTC)

Categorías de especies ameazadas editar

Esta a disposición de todos os que queirades uns gráficos que xa veñen empregándose noutras wikipedias na que as difererentes especies de seres vivos pódense clasificar segundo o seu grao de ameaza de desaparición. As páxinas onde podedes atopalo son Estado de conservación ou como plantilla (template) en commons http://commons.wikimedia.org/wiki/Template:Pengo_IUCN/gl. A idea agora é poñelas dentro das caixas taxonómicas (en http://gl.wikipedia.org/wiki/Wikipedia:Modelo_de_Taxonom%C3%ADa) como podedes ver no seguinte exemplo sacado da wikipedia en italiano http://it.wikipedia.org/wiki/Recurvirostridae ) pero nisto estamos, supoño que pronto se poderán engadir sen problemas.

Un saúdo--Calrosfking (FÁLAME) 13:07, 15 xuño 2007 (UTC)

galegos en progreso editar

Paso por aqui e asústome un pouco de ver como sodes machistas ! Vaia tamen existen mulleres solteiras, casadas, viudas .... Bo, imos dicir que os galegos aínda non son perfectos .... tampouco as galegas ...Elvire 18:13, 11 agosto 2007 (UTC)

  • Ahhh!!!!, xa caio, polo do encontro!!!, na miña opinión a xuntanza extra-oficial pode haber homes e mulleres (aunque, persoalmente; prefería que houbese máis destas últimas). Cando de falou desa segunda xuntanza, só de falou de dous usuarios, se houbese algunha usuaria naquel encontro, pois..... tamén se falaría dela, non?. Deus!!!! que mal repartido está o mundo, para que logo digan que por cada home ai sete mulleres (creoche que é máis ben a inversa). --Xelo2004 (Se non estás dacordo, dimo) 18:24, 11 agosto 2007 (UTC)
  • Pois ai que reir un pouco, non ? pois se se fai algun encontro oficial ou extra-ofcial e que paso por Galicia, gustaria me participar. Por iso me metin. Era pura celosia, por iso digo que as galegas tampouco .... e blabla. Sen mais, boa continuacion a todos, un saúdo cordial Elvire 18:59, 11 agosto 2007 (UTC)

Ata máis ver editar

User:Lmbuga marcha de vacacións. Quizais sexan de unha semana, quince días ou indefinidas. O usuario pode ser que apareza, pero non atende nas vacacións como administrador: non vixía, non lidera, non dirixe.--Lmbuga Commons - Galipedia 22:29, 4 setembro 2007 (UTC)

  • Unha verdadeira mágoa ver esas verbas saír do teu teclado, Lmbuga, de veras. Agardo, e aínda máis, prégoche, que cando estas con forza suficientes, voltes de novo aínda que sexa como editor. Unha derradeira pregunta: estabades os administradores a traballar nalgunha política para a elección dos Administradores? Unha aperta, meu, e que todo che vaia moi ben na vida.--Fryant 22:41, 4 setembro 2007 (UTC)
  • Mediante a presente, comunico tamén que deixarei de ser burócrata e administrador en Commons (deixarei caducar esa condición por inactividade), salvo a volta de Prevert e Xelo, e que non volverei rexistrarme aquí--Lmbuga Commons - Galipedia 23:37, 4 setembro 2007 (UTC)

Modelos para estradas editar

Grazas á inestimábel axuda de User:Santiago Vieites din os meus primeiros pasiños no das templates creando modelos para os seis tipos de estradas de Galicia: provinciais, primarias (básicas e complementarias), secundarias, nacionais e autovías. Podédelas ver en [[Category:Caixas de información sobre infraestruturas]]. Quedarían por facerlle algunhas melloras, como p.ex. poder incorporar algunha foto dentro da caixa, pero iso xa me tocará no avanzado de html, ;), ou a vós, e así aprendo copiando. Creei para todas elas o seu descritor de uso, conforme a proposta que fixo no seu día User:Miguel.lima e que me parece fantástica e superclara. --Xabier Cid 11:48, 5 setembro 2007 (UTC)

Administración editar

Como se pode observar en Administradores da Galipedia, temos dous administradores menos (Prevert e Xelo). Pronto, se alguén me axuda co inglés, seremos tres. Eu tampouco me sinto con forzas para desenvolver ese labor neste proxecto. Procedo a explicar os motivos:

  1. A miña situación persoal, sobre todo a miña situación psíquica (5 anos cunha depresión recorrente), non é a apropiada para situacións de tensión.
  2. O nivel de esixencia dos usarios cos administradores dista moito de ser respectuoso. Os administradores facemos o que boamente podemos. Se algúen desexa facer algo, propóñao e elabóreo, pero non dea por sentado que os administradores están obrigados a facelo (véxase a páxina de User:Maañón, ó cal non teño nin forzas para responder inda estando de acordo en moitas das cousas que di. ¿Como vou responder se non son quen de afrontar eses cometidos?).
  3. Perdín creto ante a comunidade. Dixéronseme demasiadas cousas sen consideración que non vou amentar. Algunhas compréndoas. Compréndoo porque a xente le por riba, non se para a pensar no que están vivindo os demais nin como procuran matizar as súas palabras noutras mensaxes posteriores. O meu maior erro, quitado o de VAI RAÑALA (para min menor dentro do meu proceso de colaboración) foi falar de "Golpe de estado". Esas palabras pareceunas ler todo o mundo, pero moi poucos pareceron ler a miña aclaración a Miñato, díxenlle a Miñato:

O do golpe de estado non ía dirixido a ti; é unha sensación, a sensación que che queda cando persoas que estiveron miles de horas dedicadas ó proxecto abandonan todo por mor de disputas con usuarios que non teñen perspectiva histórica: Provocar que Prevert marche é como borrar a Dámaso Alonso das letras hispánicas.

Esa sensación -desculpade se non estades de acordo- é normal en alguén que compartiu a administración con aqueles que dimiten e non sabe -porque non o sei realmente (agora que máis dá)- os motivos reais da dimisión.

4. Perdín creto ante a comunidade e ademais non creo no novo modelo que representa Lambriscae (inda que son quen de crer en Lambriscae e en que reformule o seu modelo):

Ó contrario do que ocorre noutras Wikipedias, a Galipedia era un espazo en que un podía meter a pata. Por exemplo, moitos de vós subistes imaxes con erros e nunca fostes ameazados, inda que a acción fose reiterada. Esquecementos, falta de atención, ou descoñecemento, puideron ser as causas. Eu nunca bloqueei, ameacei con bloquear ou comentei o posible bloqueo dun usuario habitual (quizais tampouco dun usuario rexistrado). Polo que eu coñezo da actuación dos meus compañeiros administradores tampouco (se houbo esas actuacións, dado que algúns desapareceron, rogo que xa non se me comenten, quizais estea confundido e, sexa como sexa, sempre vou crer que tiveron máis motivos: son fiel á xente que me acompaña, se caio, prefiro caer con eles).

Só podo colaborar na Galipedia se continúa sendo un espazo tranquilo, especialmente para os usuarios habituais. As normas existen, pero existen para aplicalas despois do diálogo, non antes. Eu xa sufrín que se solicitase que eu fose bloqueado antes de falar comigo, téndome que autobloquear para non crearlle conflito a outro administrador, non desexo que isto lle pase a ningún de nós. Abandonarei a Galipedia (como usuario) e Commons (como administrador) -ou cando menos a volverei a montar o cristo que montei- se se volve a bloquear, ou solicitar o bloqueo dun usuario habitual ou dun administrador antes de dialogar con el. Na miña opinión é unha cabronada (e digo un taco, espero que se entenda e que non se me bloquee).

Difiro polo tanto co afán de xustiza que teñen algúns usuarios. A aplicación das políticas, en tanto afectan á imaxe dos usuarios habituais, só poden desenvolverse tralo diálogo directo con eles. Hai que dar oportunidades ós demais. Por facer un usuario habitual un copyvio non hai que bloquealo, hai que facilitarlle reflexionar e recuar, se así o fai, o bloqueo non ten sentido e a súa imaxe non fica depauperada (casos se deron).

Esta era unha máxima da anterior administración (quizais a algún lle pareza mentira, a min dáme igual; cando menos para min era o máis importante, importante inda por encima das políticas).

Esta é a miña principal diferencia con Lambriscae (e coa actuación que tivo comigo; inda que o feito que pretendese publicar o que fixen paréceme un serio agravante). Comprendo que unha vez que a dei expresado con calma, poida Lambriscae aceptar que falar primeiramente comigo, antes de solicitar a outro administrador que me bloquee, sería a mellor opción; pero non se trata diso, trátase de que ningún usuario habitual poida verse nun conflito en que el sexa considerado a orixe do conflito sen que previamente se dirixan a el e lle dean a oportunidade de expresarse.

Se esta condición non se dá, non será esta a Galipedia que eu quero; o demais, a min, paréceme relativo; que nos coidemos os uns ós outros, é o que verdadeiramente importa. Así a todo, creo que Lambriscae é un excelente colaborador, pola miña parte non hai rancor, pola súa -creo- tampouco. Sigo pensando que está chamado a desenvolver un papel importante neste proxecto. Desexo que continúe, como tamén desexo que escoite.

Seguirei no proxecto, pero posto que non podo asumir as espectativas que se teñen sobre o que debe ser o meu quefacer como administrador, dimito. Continuarei como administrador naquilo que son indispensable (Commons),indispensable por ser eu o único. E colaborarei con aquel que mo pida, dentro das miñas posibilidades.

E digo dentro das miñas posibilidades, porque eu estaba amparado por Prevert. Eu coñezo moi poucas cuestións técnicas da Galipedia: por exemplo, non sei fusionar dous artigos para que non se perdan as contribución que en ámbolos dous puidese haber; en definitiva, eu son un máis, e non son indispensable aquí.

Espero que se me comprenda e que se me lea dun xeito que, ata o de hoxe, non fun lido. Grazas--Lmbuga Commons - Galipedia 16:53, 6 setembro 2007 (UTC)

  • A estancia na Galipedia dende o día 6, o trato de Lambriscae, de Alma e dos máis de vós, ou de todos, fíxome sentir novamente cómodo. Unha parte dos motivos polos que desexaba deixar aadministración desapareceron. Estou disposto a continuar co labor, sempre que non haxa obxeccións fundadas a que continúe. Si quero deixar claro que sempre estará entre os meus obxectivos desenvolver o cargo como un servizo a comunidade e a cada un dos seus compoñentes e que, cando non pareza así, quizais eu o crea así, quizais o sexa, ou quizais estea confundido. Grazas--Lmbuga Commons - Galipedia 12:02, 20 setembro 2007 (UTC)

Monturiol editar

nunca estou moi seguro de onde pór as cousas na Taberna...

hoxe na portada aparecía (nas efemérides) Narciso Monturiol.

Está moi interesante a páxina da wiki en castelán sobre el. Ademais de que é Narcís Monturiol, hai un interesante debate sobre o seu papel na invención dos submariños. En parte foi iso o que amedentrou á hora de traducir o artigo, por outra banda dunha persoa moi interesante.

¿Que facer nestes casos? Alguén se anima a comezar o artigo con outras fontes, ou algo?

Saúde, e pola sombra! --Estevoaei 19:25, 6 setembro 2007 (UTC)

  • Pódese traducir o artigo de es.wp. Agora ben, o contido das wikipedias é GFDL polo que é necesario que, antes de gardar (cando menos unha vez, mellor a primeira) se indique no campo Resumo o seguinte: Traducido da wikipedia española.

Outros motivos para facelo así:

-Non tódolos datos das wikipedia son correctos nin tódalas wikipedias teñen a mesma credibilidade.
-Se non se aclara, o editor que faga o artigo faise responsable dos datos que pon

Un cordial saúdo--Lmbuga Commons - Galipedia 12:08, 20 setembro 2007 (UTC)

Ola a todos, Fíxen un template novo, Modelo:Arquivo, para engadir a tódalas páxinas de arquivos de discusións e demáis. Fíxeno para avisar de que non se debe (ou pode) editar neles, senón na páxina correspondente. Necedsito que lle botédes un ollo, xa que o fixen ás prisas e non me convence moito o texto que lle puxen. En canto o revisedes e lle deades a vosa aprobación avisádeme e comezo a incluílo a diestro e siniestro :D --Banjo tell me 21:06, 2 outubro 2007 (UTC)

Category:Wikipedia:Materias en proceso de consenso editar

  • Fixen o mesmo con Category:Wikipedia:Votacións en curso, deste xeito xa queda todo limpo de pó e palla. Xa quedan as actividades que realmente estades a desenvolver. Así calquera pode entrar nesas categorías e participar no considerado como construtivo. Saúdos e, como di algún dos novos, pola sombra (queda mellor que o lendario "Turra que Turra"). Lansbricae (Ti dirás) 14:52, 22 outubro 2007 (UTC)

100 artigos en Galifontes editar

Ola a todos. Quería comunicarvos que se acaba de chegar ó milestone dos primeiros 100 artigos en Galifontes. En concreto, o artigo agraciado foi unha cantiga de amigo de Martin Codax, Mandad'ei comigo. Parabén a todos!.--FryantTralarí Tralará 23:52, 4 novembro 2007 (UTC)

Wikiproxecto Papas editar

Ola a todas. Creei un wikiproxecto Papas para analizar os problemas que temos nese campo e ver de darlle solución. non sei se fixen as cousas correctamente, pero agardo que si. Sei que é un rollo superfriki, pero sería xenial facelo entre varios. --Xabier Cid 14:53, 14 novembro 2007 (UTC)

Dous novos botóns editar

Boas, engadín dous novos botóns á botoeira. Son os dous últimos. O penúltimo serve para marcar referencias de forma directa, e ó premer no botón queda isto: <ref>referencia, citación ou ligazón</ref>. O segundo é para axilizar a mudanza dos véxases tamén. Así cando clicas nel queda isto:

==Notas==
<references/>
==Véxase tamén==
===Bibliografía===
*
===Outros artigos===
*
===Ligazóns externas===
*

Nota: o nowiki e o pre púxenos eu. --AlberteSi, digame? 13:32, 19 novembro 2007 (UTC)

  • É unha grande idea pero eu boto de menos que no de referencias houbera tamén outro botón que dera a posibilidade de facelas por medio do template
    {{listaref}}
    . Non sería posíbel facelo? Saúdos. Alma (fálame eiquí) 14:59, 19 novembro 2007 (UTC)
  • Vou usar e abusar e logo xa direi ! Gracias ElviraConversa con mi 20:35, 19 novembro 2007 (UTC)

Espazos de nomes editar

Acabo de ver que xa están activos os novos espazos de nomes (non vexo se alguén o anunciou antes), de maneira que xa podemos empregar Categoría en vez de Category, etc. Supoño que procede modificar as mensaxes do sistema para que, por exemplo, en vez de discusión apareza conversa. Espero as vosas opinións. --Xosé (✉) 20:24, 19 novembro 2007 (UTC) Agora xa non discutimos, vamos convesar, llove a wikilove na Galipedia ! Muy agradecida aos que fan o traballo ! ElviraConversa con mi 20:37, 19 novembro 2007 (UTC)

  • Sí concordo en cambiar as mensaxes xa, despois de todo o traballado xa era hora. Saúdos. Alma (fálame eiquí) 20:41, 19 novembro 2007 (UTC)

Eleccións para Steward no Meta-Wiki editar

Amigos, comezará as eleccións para Steward no Meta-Wiki, entre 26 de novembro ata 16 de decembro de 2007. As inscricións ainda están abertas. Un saúdo. Alex Pereira¡digame! 01:39, 22 novembro 2007 (UTC)

Reorganización da categoría "Música" editar

Na conversa da categoría música deixei un esquema para seguir na categorización dos artigos relativos á música, que nestes momentos están un pouco desordeados. En base a ese esquema irei arranxando as categorías dos artigos, e organizándoos. Se alguén quere comentar algo respecto ao esquema, que o faga na conversa da categoría "Música". Grazas, e deica logo. GallaecioE logo? 21:57, 28 novembro 2007 (UTC)

Wikiproxecto Categorías (música) editar

Quería avisar de que deixei un comentario no wikiproxecto para as categorías de música, xa que o que escribiu antes ca min fíxoo en xaneiro (eu aínda nin sequera era usuario) e o debate sigue aberto. Nada máis. Grazas. --GallaecioE logo? 16:15, 1 decembro 2007 (UTC)

Casi é primaveira editar

Encantamen a Portada e o Portal da comunidade  . Aproveito, esperando ser a primeira, pa felictar todos que traballaron nisto (pola semana casi non pasarei) :  . ElviraConversa con mi 01:25, 3 decembro 2007 (UTC)

Felicidades a todos por outro novo límite pasado. Un saúdo.--Agremon(contacto) 17:44, 3 decembro 2007 (UTC)

  • Parabéns a todos e todas. Esto medra, e iso son boas novas para a nosa maneira única, particular e especial de ver o mundo e tamén para imaxen que os demais perciben de nos. Mil primaveras máis para a Galipedia.--Calrosfking (FÁLAME) 18:47, 3 decembro 2007 (UTC)
  • Parabéns a todos, xa chegamos a eses inalcanzábeis 30.000. Agora só quedan 20.000 para os cincuenta. ;-) --Servando2 (Dime) 18:59, 3 decembro 2007 (UTC)
  • Únome aos parabéns. Acadar un novo obxectivo é sempre un motivo de ledicia, porén esta vez ten un sabor agridoce. Se me permitides un toque nostálxico lembro a ilusión coa que acadamos os 2.000 artigos, daquela o horizonte dos 30.000 semellaba moi lonxano, tan lonxano que había que esforzarse para poder imaxinalo. Tampouco podiamos imaxinar que de súpeto a Galipedia chegara á súa adolescencia, entrando nun período de incertidumes e problemas antes tempo. Confiemos en que sexamos quen de aprender a medrar. Un cordial saúdo. --Prevertgl 10:52, 4 decembro 2007 (UTC)
  • Parabéns a todas/os, Boas novas ter novos retos e xente disposta a traballar para conseguilo. Lansbricae (Ti dirás) 18:11, 4 decembro 2007 (UTC)
  • Xa estou a matinar en ideas para o logo dos 40.000... Beixos para todos/as. --Xosé (✉) 18:18, 4 decembro 2007 (UTC)

Wikiproxecto Concellos de Galicia editar

Acábase de por en marcha o Wikipedia:Wikiproxecto Concellos galegos na crenza de que un dos puntos fortes da Galipedia é precisamente os artigos de concellos, parroquias, comarcas e lugares de Galicia que son en moitos casos a vía de acceso de moitos usuarios novos á Galipedia. Animámosvos a todos a coñecelo e a participar nel. Saúdos. Alma (fálame eiquí) 20:59, 7 decembro 2007 (UTC)

200 artigos en Galicitas editar

Ola a todos, quería comunicarvos que se alcanzaron xa os 200 artigos en Galicitas. Parabéns a todas e todos. Alma (fálame eiquí) 23:33, 10 decembro 2007 (UTC)

Infórmovos de que o Wikiproxecto Música abre as súas portas. Hai un longo camiño por diante, pero nada que tempo e ganas non solucionen. --GallaecioE logo? 21:49, 19 decembro 2007 (UTC)