Wikipedia:A Taberna (novas)/Arquivo 7

Este é un arquivo da sección A Taberna (novas) da Taberna
Nesta páxina atópanse algúns dos fíos de conversa tratados nesta sección da Taberna que foron arquivados.
Por favor, non edites esta páxina. Para reavivar calquera destes debates, comeza un novo tema na páxina actual.
< Conversas vellas | Arquivos: 1, 2, 3, 4, 5, 6, 7, 8, 9, 10, 11, 12, 13, 14, 15, 16, 17, 18, 19, 20, 21

Manifestación polo galegoEditar

Alguén se atreve a comezar o artigo Folga xeral no ensino do 21 de xaneiro de 2010 (non sei se o título é o mellor)? Pódese seguir a estrutura destoutro: Manifestación polo galego en 2009. --Toliño Fala aquí comigo 16:45, 21 xaneiro 2010 (UTC)

E animo dende aquí a quen teña fotos, para que as suba. Serían unha gran contribución. --Alberte Si, dígame? 15:19, 22 xaneiro 2010 (UTC)

Encontro de wikimedistas en GaliciaEditar

Boas a todos. Estamos preparando un encontro de colaboradores de tódolos proxectos da Fundación Wikimedia en Galicia para tratar distintos temas. A data non está determinada pero podería ser entre o Entroido e o mes de Marzal, en principio en Santiago. Tedes tódala información necesaria na páxina de meta e podedes contactar comigo na miña páxina de usuario para calquer aclaración. Queremos facer unha reunión para coñecer a outros colaboradores dos proxectos da Fundación e tratar entre todos algúns temas comúns como as posibilidades de facer proxectos fóra das pedias, o tratamento das pedias nos medios de comunicación, a creación e organización do capítulo de Wikimedia España e outras cousas que se propoñan. Animo a tódolos interesados a visitar a páxina, apuntarvos e dar as vosas opinións. Saúdos a todos, --Elisardojm 23:37, 1 febreiro 2010 (UTC)

Boas!! O presidente de Amical Viquipèdia púxose en contacto comigo para saber se estamos dispostos a crear un capítulo local galego para Wikimedia. Polo que semella, as reglas dos capítulos fan imposible que haxa dous capítulos que solapen as súas funcións (é dicir Wikimedia España sería incompatible cos capítulos galegos ou cataláns, seica). Polo que vexo o proxecto catalán vai avanzadísimo [1] e con bastante xente involucrada. Non sei se para o noso caso seremos capaces de xuntar tanta xente, xa que semella que fai falla bastante esforzo para erguer un capítulo local. De tódolos xeitos semella moi interesante. Polo que vin no catalán, ademais de facer encontros, conferencias e cursos, tamén organizan pases de prensa para que usuarios podan tomar fotografías nos eventos [2], chegan a acordos con diferentes institucións e asociacións e colaboran con outras wikipedias (Italia e Francia). Claro que polo que vexo eles son cento trinta e pico persoas colaborando no capítulo, cousa que nós non podemos, polo de agora, igualar. Opinións? --Alberte Si, dígame? 16:17, 8 febreiro 2010 (UTC)
Dende WM-Es (ou, mellor, dende algunas das persoas que intentamos traballar na constitución da nova asociación), temos serias dúbidas sobre a legitimidade de Amical para constituirse como capítulo de Wikimedia. Os obxectivos pranteados por Amical son os mesmos que queremos para Wikimedia España. Recordo tamén que os capítulos non se configuran por linguas, senón por territorios. A nosa idea é traballar localmente, co equipos específicos nas distintas rexións, e participación de tódos-los proxectos. Por exemplo, 4 ó 5 persoas vinculadas na Galipedia poden perfectamente traballar, dentro de WM-ES, na promoción do coñecemento libre en Galicia (e donde sexa), como outros equipos poden traballar en Murcia. Nós queremos unir e potenciar tódos-los proxectos, por iso a nosa esperanza de xuntarnos e falar, cara a cara e cun café diante, da mellor manera de hacer unha mellor Wikipedia, en galego, en castelán, en catalán... Xa hai moito andado. Saúdos, --Lucien leGrey 07:35, 9 febreiro 2010 (UTC)
Tes razón, Alberte, que os wikipedistas cataláns xa teñen unha asociación moi consolidada no eido do coñecemento libre, Amical, nós tamén contactamos con eles, ou eles con nós xa non sei cal foi a orde, para tentar organizar o funcionamente do capítulo wm-es e os intereses da súa asociación. Polo momento non sabemos claramente cal será a mellor solución pero as nosas intencións son seguir comentando as ideas que se poñan sobre a mesa.
É certo que o Comité de Capítulos non permite o solapamento de capítulos pero o problema é que están plantexados os dous, wm-es e wm-cat e o Comité non ten claro qué resolución tomar xa que as funcionalidades dun capítulo nacional, con seccións autonómicas ou federacións autonómicas ou algunha solución similar, sería moito máis adecuada ós intereses xerais da Fundación.
É por iso que estamos promovendo encontros en varias comunidades autónomas para tratar con tódolos wikimedistas interesados para debatir a forma de organizarnos e chegar a facer un capítulo para todos e con todos. Podedes ver as convocatorias das outras reunións eiqui. Tamén está prevista unha reunión en Barcelona pero aínda non está organizada.
Por iso gustaríanos que algúns wikimedistas da galipedia se uniran a nós para charlar sobre estes temas e os que se nos ocorran. Saúdos para todos, --Elisardojm 10:07, 9 febreiro 2010 (UTC)

Boas a todos: el día 20 se va a realizar un encuentro de usuarios de diferentes proyectos de wikimedia en Bilbao (ver aquí) para hablar de la constitución de capítulos locales. Creo que sería muy conveniente que al mismo asistieran usuarios implicados en los intentos de conformar estos o interesados en los mismos. Así podremos poner exponer y explicar como se ve este asunto desde los diferentes proyectos y podremos discutir y acordar como actuar en el futuro. Sin más un saludo Txo 14:56, 9 febreiro 2010 (UTC)

Olá a tudos. Alguns Wikimedianos vão fazer uma reunião de Wikimedianos no 20 de fevereiro. É uma reunião de pessoas da Galiza que trabalha em projectos Wikimedia. Se va conectar via IRC com uma outra reunião a ser realizada em Bilbau em simultâneo.

Nós não somos extremistas feroces. Nós não somos o diabo. Só somos Wikimedianos amantes do conhecimento livre. Estamos para falar e falar e falar. E Vernos face a face para saber tudas as opinioens sobre como fazer capítulos e como trabalhar em conjunto, sem excluir qualquer possibilidade. Pedimos que podamos falar mostrando o rosto, nada mais.

Até agora, eu achava que era um extremista o que não gostava que as pessoas se encontren, a conversen e dialoguen. Muitos cumprimentos, camaradas: Gustavocarra 18:14, 9 febreiro 2010 (UTC)

Boas a todos, continúo informando deste evento. Estamos tentando que se poda asistir a este galencontro usando IRC ou Skype para que os usuarios que non se podan desplazar teñan a posibilidade de asistir. En canto teña máis detalles sobre este tema actualizareina eiquí mesmo.

Si alguén quere comentar algunha cousa, ou ten algunha dúbida respecto a este encontro, pode poñela directamente eiquí que gustosamente tentarei contestarlle o mellor posible. Graciñas pola vosa atención e saúdos, --Elisardojm 00:29, 12 febreiro 2010 (UTC)

    • Pois boa sorte daquela a quen vos animedes, pero permitídeme comentar que non lle vexo o aquel a traballardes por territorio e non por lingua, como tampouco non llo vexo a falar de Wikimedistas españoles e non peninsulares. A min, e poida que á maioría dos galipedistas activos, interesaríame traballar desde a nacionalidade galega para o conxunto da península, non desde iso que denominastes seccións autonómicas para un proxecto español. Amais, esoutro asunto do solapamento cat-es que se comenta unhas liñas por riba, non me termina de convencer. Se cadra non lin ben ou lin de máis; tanto ten. Un saúdo e iso: boa sorte. --Atobar (conversa comigo) 01:11, 12 febreiro 2010 (UTC)


O primeiro que me gustaría dicir é que me alegro moito de que se continúe con esta discusión, si non comentamos a proposta non poderemos mellorala e así, dende o meu punto de vista, estamos perdendo todos. Por iso agradézoche moito o comentario.
Sobre o que comentas gustaríame aclarar algunhas cousas, espero que non se me malinterprete, tentarei explicalo o mellor que sei pero que ninguén se sinta ofendido si algo lle parece mal ou o que sexa, que mo diga claramente, e si estou trabucado nalgo non teño ningún problema en rectificar ou facer o que sexa. Pola miña parte, e pola xente que coñezo que está tentando levar wikimedia-es adiante, queremos facer algo constructivo e coa participación do maior número de xente posible.
Boeno, vou ós temas que plantexas.
Respecto ó de traballar por territorio e non por lingua é unha idea básica da Fundación Wikimedia. Según di a propia Fundación en Meta: "Wikipedia is a project dedicated to the building of free encyclopedias in all languages of the world." ([3]). Isto quere dicir que o obxetivo principal é a construcción de enciclopedias libres en tódolos idiomas do mundo, non a promoción deses idiomas. Está claro que o maior uso dun idioma e o aumento dos recursos no mesmo redunda no seu beneficio e é unha labor encomiable, pero podemos dicir que é casi un efecto colateral dentro das ideas da Fundación. Eu persoalmente estou moi a favor da promocion dos idiomas, sobretodo do galego que é o idioma que considero materno e comprendo perfectamente o voso punto de vista. Para min está claro que gran parte do esforzo que se fai nesta galipedia é moi beneficioso para o noso idioma e por iso me preocupo porque se teñan en conta as súas necesidades e proxectos máis que os de outras. Pero por outra banda non son un gran colaborador dela, moi ó meu pesar, porque actualmente considero que é un pouco máis importante achegar coñecemento libre ó maior número de persoas posible, pero tede por seguro que sempre me preocupo por este proxecto e posiblemente no futuro mude a miña forma de traballo e prioridades.
Á parte referente ó tema dos wikimedistas peninsulares tamén hai que dicir que a Fundación ten establecido que os capítulos deben restrinxirse a entidades nacionais para que teñan unha lexislación común e evitar problemas. Supoño que saberedes que Portugal xa ten o seu capítulo creado dende fai meses. Non hai ningún problema en establecer acordos con eles, actividades conxuntas, ou o que queramos. De feito xa invitei ós nosos compañeiros de Portugal, nos anuncios da súa Explanada, a participar neste encontro, é unha mágoa que ata o momento non se apuntou ninguén desa wikipedia.
Paréceme perfecto que non querades traballar con seccións autonómicas nin con marcas nin outras cousas, o que nos importa é que querades traballar con nós neste proxecto. Queremos atopar a forma de que sexa posible traballar xuntos, ésas só son algunas das propostas que foron xurdindo, coas que estivemos traballando e debatindo intensamente na lista de correo. E hai bastantes máis propostas, unhas tirando cara ó centralismo outras tirando máis á busca de maior independencia dos entes locais, todas están en debate, e calquera pode expresar a súa opinión e facer novas propostas. Na reunión espero que se resuman algunhas delas e que podamos debatilas, mirar si algunha pode convencernos, propor modificacións ou incluso facer outras novas propostas. De feito, como queremos que nos axudedes, os que estamos agora con isto de wm-es necesitámosvos para ver cómo será a mellor forma de facer todo isto.
Actualmente o principal lugar onde se debaten e van aparecendo as propostas é a lista de correo, si non estades apuntados pode consultarse o archivo pero son moitos os correos que hai que revisar nestes momentos. Tamén podedes apuntarvos agora na lista para mantervos á escoita e ver qué se vai comentando e facer as vosas aportacións.
Pero temos que falar de todo isto porque doutra forma non se aclara nada.
O solapamento cat-es creo que non ten tampouco tanta importancia, Amical está axudándonos moitísimo coa súa experiencia, medios e conecemento. En xeral eu os vexo con moita sintonía coas nosas ideas e con moitas gañas de colaborar con este proxecto. Isto non quere dicir que non haxa discrepancias, e que haxa tiras e afrouxas, coma en tódalas relacións, pero mantemos a comunicación a un alto nivel. De feito Gomá, o seu presidente, acudirá o día 20 ó encontro que se vai a realizar en Bilbao para seguir alí as conversas coa xente que se acerque a esa reunión.
Todo o anterior coméntoo como a miña visión particular de cómo están as cousas, nestes momentos estanse debatindo moitas ideas e xusto onte saleu unha proposta bastante novidosa e que ten moi boa pinta que penso que podería axustarse perfectamente ás ideas que poden ter nesta wikipedia, pero isto non quere dicir que mentras escribo estas liñas se fagan unha serie de comentarios na lista de correo e esa proposte mude, tanto para mellor coma para peor..., dependendo do punto de vista de cada un. Por iso temos que participar o maior número de xente posible para que ó final academos algo que sexa para todos.
Un saúdo para todos, espero os vosos comentarios e gustaríame que todos os que podan se animen e veñan á reunión en Santiago para falar mellor, coñecernos, saber cáles son as nosas ideas e facer entre todos esta asociacion, --Elisardojm 14:46, 12 febreiro 2010 (UTC)
  • Despois de ler e reler todo o anterior hai demasiadas cousas que non me quedan claras e que non me permiten decidir ata que punto quero participar nesto ou non facelo. Creo que todo se pode resumir nunha cuestión ben simple: que rediaño é un Capítulo? A min o de Capítulo sóame a orde monástica, con aquilo de "chamar a capítulo", pero nós non temos moito de frades, ou non deberíamos, aínda que ás vegadas poida parecelo. Entendo que a inclusión de Galicia nun Capítulo hispanocéntrico, coa pouca sensibilidade que percibo na es.wikipedia por todo o periférico, colócanos nunha posición marxinal, pero sen unha idea máis clara do que se trata non podo ter un xuízo claro. --Xoacas(Góstache o pemento?) 16:30, 12 febreiro 2010 (UTC)
Ben, tes toda a razón Xoacas, si non explico un pouco as cousas ó comezar non podedes comentar gran cousa ó respecto.
Os capítulos da Fundación Wikimedia son, tal e como os definen eles eiquí, organizacións independentes fundadas para apoiar e promover os proxectos de Wikimedia dentro dunha rexión xeográfica específica (país). Igual que a Fundación Wikimedia, o seu obxetivo é "potenciar e reunir xente ó redor do mundo para recoller e desenrolar contido educativo baixo unha licenza libre, ou no dominio público, e diseminalo con eficacia e globalmente.". É dicir, dentro da lexislación do noso país é unha asociación sen ánimo de lucro que ten por obxetivo promover contidos educativos dentro do dominio público. Como ten que ter unha entidade xurídica, é dicir un NIF, pode realizar distintas tarefas que non podemos realizar os que traballamos nos proxectos das wikipedias ou que serían moito máis complexas para nós. Ademáis a súa denominación será Wikimedia [Nome do país no idioma local], a non ser que non o permita a lexislación do país no que se creen e a Fundación Wikimedia, previamente á súa legalización no seu país, aceptaraos ou non despois de revisar a súa proposta e estatutos, e firmará con eles unha serie de acordos para que podan usar o nome de Wikimedia, os logotipos que utiliza, etc. Tedes moita máis información en meta, si queda algunha dúbida tentarei respondela, así que non vos cortedes.
Sobre a segunda parte do teu comentario non estou dacordo. A estructura do capítulo está por decidir, eu persoalmente e outros usuarios, estamos aportando ideas, facendo propostas e todo o que podemos para que este capítulo non sexa, como ti dis, hispanocéntrico. Facer un capítulo hispanocéntrico sería moi sinxelo, facer uns estatutos normaliños, presentalos á Fundación e si llos aproban, a correr. Pero está claro que ésta non é a mellor forma de que a asociación se relacione con tódolos proxectos que se desenrolan en España, a mellor forma é que todos os proxectos da Fundación Wikimedia se organicen entre eles para crear esta asociación, e isto é o que queremos. A pesares de que en meta vexades un borrador de estatutos non vos preocupedes, este borrador é un embrión e aínda estamos traballando nel, ten moitas cousas que mellorar e cambiar, non ten nada definitivo, e a estructura de funcionamento da asociación é o que temos decidir nestes momentos por iso é tan importante a vosa participación.
Hai varias propostas de organización que estamos discutindo na lista de correo pero necesitamos a vosa opinión para escoller a que mellor se poda adaptar á realidade de tódolos proxectos. É por iso que queremos facer ese encontro.
Por outra banda tamén hai que aclarar que a asociación non ten ningún poder sobre ningunha das wikis e non pode cambiar ningunha das súas políticas nin pode facer ningún tipo de actuación respecto de ningún dos seus usuarios. Os proxectos son única e exclusivamente dos seus usuarios, eles crean as súas políticas e ninguén máis, salvo si me apuras a Fundación Wikimedia. Con isto quero dicir que a actitude de es.wikipedia depende única e exclusivamente dos seus usuarios, penso que pouco podería facer o capítulo a iste respecto habería que miralo, pero si pode facer moitas outras cousas que serían interesantes e importantes para tódolos proxectos da fundación. Algunhas das ideas que pode desenrolar o capítulo podedes consultalas eiquí e hai moitas máis. Por exemplo unha tontería que se me ocorre agora mesmo, ¿qué vos parecería que o dominio www.galipedia.es redireccionara directamente á galipedia?. Xa sei que isto pode facelo calquera (pero que ninguén fixo ata o de agora, tamén é certo...), pero si temos unha asociación que se ocupe destas cousas e outras máis importantes penso que iso abondará na mellora de tódolos proxectos.
Graciñas polo teu comentario Xoacas, espero máis respostas e un saúdo a todos, --Elisardojm 17:50, 12 febreiro 2010 (UTC)
Semella que hai moito que ler para poñerse ó día. Chegando tan tarde como chego eu xa non sei se serei quen de facelo. E aínda por riba aínda non rematei cos exames de febreiro... Farei un esforzo por enterarme un chisco. Por outra banda quero comentar que o 20 de febreiro hai unha reunión tamén en Bilbo ([4]). O usuario Gomà convidou a tódolos galipedistas a asistiren e díxome que se alguén non puidera ir por motivos económicos Amical consideraría dar unha axuda para os gastos de desprazamento. Un saúdo e a ver se me poño ó tema. --Alberte Si, dígame? 01:46, 13 febreiro 2010 (UTC)
A reunión de Bilbao é moi interesante porque asistirá Gomá, o presidente de Amical, e fai unhas horas acaban de avisar na lista de correo que tamén participarán dous usuarios da Biquipedia, e supoño que tamén asistirá algún da wikipedia en euskera pero que non están confirmados.
É certo que hai moita información, pero póñovos algúns enlaces á información máis relevante. A información máis xeral está na páxina de meta, a versión en galego está desfasada porque non tiven tempo de actualizada, tentarei actualizala nos próximos días. Da páxina principal o máis destacable son as seccións de Posibles proxectos do capítulo cunha pequena mostra das cousas que podería facer a asociación e a de Vésaxe tamén na que están os enlaces a tódolos documentos que fixo o Comité de Capítulos explicando tódolos detalles referidos a estas asociacións. Están casi todos traducidos ó castelán.
Xa vos comentei que hai un enlace ó borrador dos estatutos pero é un documento xeralista e que está pendente de modificar para adaptalos dependendo da estructura organizativa que decidamos, entre todos os interesados, seguir, polo que nestes momentos considero que non teñen ningún interés consultalos. Cando a estructura organizativa esté aclarada e aceptada haberá que adaptalos.
Éstos son enlaces ás últimas propostas organizativas, ésta, propón 3 alternativas, unha centralizada (plan A), outra con asociacións independentes por comunidade autónoma (plan B), e outra, variante desta última, que sería ter asociacións autonómicas independentes federadas noutra asociación nacional (plan C). Hai outra proposta que refina o plan C e está exposta neste correo. Desde o meu punto de vista a mellor opción é a do último enlace xa que ten moitas posibilidades e permite que cada grupo de usuarios teñan a liberdade que necesite cada un deles pero mantendo unha unidade común que é moi beneficiosa para todos.
Aínda que non estedes ó día de tódolos detalles que se teñen debatidos isto non ten a maior importancia, para nós é totalmente comprensible e non se lle esixe a ninguén que os coñeza. De cando en cando estanse unindo máis e máis usuarios, xa hai apuntados na páxina de meta 54 interesados (aínda que algúns apuntáronse ó principio de todo e xa non están activos), co cal sempre estamos dispostos a aclarar todo o que faga falta, e o que máis nos importa é que vos unades a esta serie de discusións para poder coñecer as vosas propostas. Ademáis na reunión comezaremos introducindo algunha desta información para que todos podamos centrarnos e comezar a debatir dende un punto máis ou menos común, así que non fai falta coñecer tódolos detalles, nin siquera a metade deles, para participar no debate que faremos.
Volvo a animarvos a asistir ó encontro e falar con nós. Saúdos, --Elisardojm 17:49, 13 febreiro 2010 (UTC)

De qualquer forma, eu digo o mesmo de ajudar aos que queren ir a Bilbau. Mais para aqueles que não podem, haverá um stream no web e tamén uma ligação IRC entre Santiago e Bilbao para que podan participar. Mas o conforto é o conforto, eo compromisso é o compromisso.

Nós estamos fazendo história, e quero que muitas pessoas sejan conscentes (todos os galegos que podan) i vayan a Santiago. Non é cosa da nacionalidade: e só cosa de uma idea, uma idea que pode cambiar o mundo: o conhocemento libre.

Uma saudação a tud@s: --Gustavocarra 18:10, 13 febreiro 2010 (UTC)


Xa está actualizada a páxina principal de Wikimedia España en galego, ahí tedes algunha información máis. Saúdos a todos, --Elisardojm 00:36, 15 febreiro 2010 (UTC)

Pola dispoñibilidade de algún de nós, e esperando máis participación de todos, propóñense novas datas para o encontro: m:Wikimedia España/Encuentro de wikimedistas en Galicia/gl. Polo local non hai problema. Incluso hai posibilidade de pedir comida, barata, no comedor do colexio, no caso de que o encontro dure todo o día. Saúdos, esperámosvos, --Lucien leGrey 09:19, 15 febreiro 2010 (UTC)

Hai unha entrada nova no blog de Wikimedia españa que explica un pouco o que é un capítulo e as súas actividades, podedes acceder a esta información eiquí. Saúdos, --Elisardojm 23:31, 16 febreiro 2010 (UTC)

Veño con novas sobre este tinglado. Imos por partes como diría Jack o Destripador, ;):

  • Xa se fixo o encontro e Bilbao, eiquí tedes a crónica. Participaron usuarios de Wikimedia Foundation, wp-es, wp-an e wp-ca/Amical.
  • Neste encontro presentouse unha proposta de organización para a futura asociación que básicamente o que indica é que se poderán facer delegacións territoriais que terían un vocal con voz e voto na xunta directiva de wikimedia es. Ésta é unha proposta de partida, temos que debatila, ¿qué mellor que o encontro de Santiago?.
  • Tedes os comentarios de Gomá, presidente de Amical, asistente do encontro de Bilbao neste enlace. Fai un análise moi detallado de tódolos problemas e situacións diferentes de varios aspectos interesantes. Conclúe cunha frase: "Xuntos pero non revoltos" e pon a disposición da creación de wm-es e calquer proxecto de wikimedia en España os medios de Amical.
  • Xa se están organizando encontros en Valencia, o día 13 de marzal, e Andalucía, nun día por determinar .
  • Temos que ir decidindo qué día imos organizar o encontro de Santiago, polo momento hai 7 participantes apuntados e algúns máis interesados pero que non poden vir, pero gustaríanos contar con máis participantes da galipedia a poder ser. A miña idea é facer o encontro antes de fin de mes, tentando contar coa maior cantidade de xente posible.
  • Unha opción moi interesante do encontro de Santiago sería poder contar con unha conexión mediante Skype para a xente que non poda asistir presencialmente. Unha conexión mediante Skype sería moito mellor que un IRC xa que a comunicación sería moito máis fluida e participativa para todos. Como non teño coñecementos abondo ó respecto pido axuda dende eiquí para ver cómo se podería organizar. Primeiro, ¿é posible facer con Skype unha especie de multiconferencia de varios usuarios?.

Boeno, nada máis polo momento, un saúdo, --Elisardojm 12:16, 5 marzo 2010 (UTC)

Pois polo momento temos previsto facer unha multiconferencia simultánea ó encontro usando o Skype. Parece que é bastante sinxelo de utilizar, a única pega é que só permite conectar a 5 usuarios, polo momento parecen abondo pero si alguén sabe cómo mellorar isto ou si hai outro programa polo estilo, gratuito e sinxelo de usar, que se poda usar e permita máis usuarios sería xenial. Os que estén interesados poden contactar comigo si teñen algún problema. Tamén sería convinte que os que queran usar este sistema me avisen para facer algunha proba antes do encontro para comprobar que funcione correctamente, aínda que está previsto que as probas deste sistema comecen uns vinte minutos antes do encontro para poder solucionar posibles problemas sin afectar ó mesmo. Saúdos, --Elisardojm 21:19, 6 marzo 2010 (UTC)

Boas outra vez. Ó final non dimos organizado o encontro neste mes, xa está a rematar e pareceunos demasiado precipitado facelo esta fin de semana, estivemos liados cos debates da lista de correos e con viaxes e fóisenos o santo ó ceo. O mes de abril comeza coas vacacións e como moita xente marcha xa non imos propor esas datas polo que imos tentar que podamos xuntarnos a fin de semana do 9 ó 11 de abril. Todos os que estén interesados poden poñer as datas que lle veñan ben na páxina de meta ou avisarme a min. Si alguén está interesado en usar a conferencia con Skype pode buscar o meu usuario, elisardojm, e engadirme ós seus contactos pero ten que avisarme previamente (por Skype ou na wiki, como quera) porque vou a iniciar eu a multiconferencia e teño que invitalo para que poda entrar. Un saúdo e a ver si nos vemos pronto, --Elisardojm 00:22, 25 marzo 2010 (UTC)

Entrevista na TVGEditar

Se todo vai ben, o 23 de febreiro pola mañá, na Galega, será entrevistado un usuario desta wikipedia. Botádelle un ollo os que poidades, que seguro que estará moi ben. Un saúdo. --Alberte Si, dígame? 09:50, 20 febreiro 2010 (UTC)

Para quen se perdeu o espazo que adicaron á Galipedia nos Bos Días da Televisión de Galicia, aquí deixo a ligazón para que poidades miralo: [5]. Saúdos, e parabéns ó entrevistado pola destreza diante das cámaras. --Alberte Si, dígame? 17:01, 23 febreiro 2010 (UTC)
Moi ben o noso wikipedista, e moi ben tamén Antón Dobao tirándolle da lingua. Unha entrevista moi amena, mesmo cando a rapaz da TVG falaba da wikipedia e da galipedia, entendendo a primeria como a wiki en español. Ai, ese complexiño! --Atobar (conversa comigo) 17:19, 23 febreiro 2010 (UTC)
Para ser televisión gustoume moito, véxoo moi pedagóxico e bastante suxerinte. Parabéns ao compañeiro. --Xoacas(Góstache o pemento?) 22:42, 23 febreiro 2010 (UTC)
Si señor. Gustoume a cousa. Únome ós parabéns a Manuel e, colectivamente, a tódolos que andamos construíndo este invento. Pedro --Lameiro (conversa) 23:00, 23 febreiro 2010 (UTC)
Non se pode dicir máis en tan pouco tempo. Súmome aos parabéns.--Paradanta 23:24, 23 febreiro 2010 (UTC)
Gracias a Alberte aproveitei, e súmome o xa dito polos colaboradores. Elvira (conversa comigo) 15:02, 24 febreiro 2010 (UTC)
  • Non podo mostrarme de acordo co borrado que fixo Alberte do comentario de Lansbricae nesta páxina. Aínda así debo lembrar un episodio recente: o día 23 de febreiro Euskalduna borrou comentarios adversos da súa páxina de conversa tras unha polémica coas súas edicións sobre o Éuscaro. Lameiro reverteulle ese borrado explicándolle, con moi bo criterio, que "as edicións son a historia da Wikipedia, e non se poden borrar coma se isto fose a túa finca privada". Se as cousas belas que nos dicimos uns a outros deben quedar, as cousas feas tamén, porque de todas se aprende e todas serven para mellorar o traballo, e aquí estamos para traballar por un país e por unha cultura, non para ser moi amiguiños. O que Lameiro lle dicía hai uns días a Euskalduna dígollo eu hoxe a Alberte: se nun par de días ninguén pon obxección e eu volvo lembrarme deste tema, reverterei a edición de Alberte para manter os comentarios de Lansbricae, groseiros como poucos, irrespectuosos e próximos á neurose severa. --Xoacas(Góstache o pemento?) 01:27, 1 marzo 2010 (UTC)
    • Eu tamén estou dacordo en non borralos.--Carronada 02:52, 1 marzo 2010 (UTC)
  • A actuación de Alberte foi impecábel. O usuario, como calquera pode ver no(s) seu(s) historial/is, actúa cun único propósito: desestabilizar o proxecto (así o puxo Alberte no cadro de resumo, para que ninguén andase despois coa mosca tras da orella). Non se trata dunha achega -xa boa, xa mala- senón dunha teima particular que non busca outra cousa que confundir. De feito, parte do propósito xa o consigue en tanto que temos aberta esta discusión, que non é nova. De igual maneira que se retira opinións 'foreiras' das páxinas de conversa, tamén se deben retirar da taberna. Isto, insisto non é un foro, malia as similitudes. E dende logo o texto retirado non é unha achega. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 10:31, 1 marzo 2010 (UTC)
  • A discusión si que é nova, polo menos para min, que nunca me vin envolto en liortas con ninguén e nunca participei en situacións similares previas. Por outra banda debo dicir que non esperaba recibir esa resposta de ti, é a mesma que me deron na es:wp cando preguntei sobre o uso dos topónimos galegos, e podíase resumir con "iso xa o decidimos nós hai tempo". En realidade creo que se debe a que non conseguín explicarme ben a primeira vez: non defendo que eses comentarios queden ou desaparezan, eu defendo que as cousas se fagan igual en todos os casos, se nos gusta como se nos doe. --Xoacas(Góstache o pemento?) 13:28, 1 marzo 2010 (UTC)
Non só se debe reverti-la edición, senón que habería que eliminala do historial. O usuario Lansbricae estaba bloqueado (sigue estando), e polo tanto as edicións que fixo co "usuario alternativo" levan por diante as regras para saltar un bloqueo e continuar sementando xenreira, cousa que non se pode permitir. Ademais ten habido casos de edicións inxuriosas contra usuarios do proxecto que foron eliminadas do historial, porque a liberdade de edición non dá dereito a ir contra a xente. Permiti-las edicións dun usuario bloqueado menosprezando á xente e ó proxecto, e que estas permanezan é dar ás para que siga creando usuarios e continuar coa súa cruzada. --Alberte Si, dígame? 13:42, 1 marzo 2010 (UTC)
    • Xoacas, abonda con ver o historial deste usuario 'bloqueado' para se facer unha idea da súa teima (e antes puxen historiais, en plural, porque como di Alberte salta os bloqueos e ten varios usuarios con nomes similares). E mira que eu non coincidín no tempo con el, pero sei das súas edicións porque son públicas, como todo na wiki. Supoño que agora xa queda aclarado. Saúdos. --Atobar (conversa comigo) 14:08, 1 marzo 2010 (UTC)
    • Veña, demos o tema por pechado e que haxa paz. Só faltaba que ao final fose haber tensións por culpa disto. Só quero aclarar que non me gusta o ostracismo como medida de uso regular.--Xoacas(Góstache o pemento?) 16:34, 1 marzo 2010 (UTC)
      • A diferenza entre Euskalduna e Lansbricae é palmaria, e por iso o trato tamén o é. Euskalduna, con razón ou sen ela, fai uso do que cre son os seus dereitos de usuario e borra o contido da súa páxina. E por iso recuperei a edición anterior. Polo contrario, Lansbricae está bloqueado hai tempo, el sábeo perfectamente e aínda así edita con outro nome. Por iso borrouse e debería borrarse tamén do historial. Mesmo incluso se as súas edicións fosen eloxiosas. E non creo que haxa tensións por discrepar. Polo menos eu non as sinto. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 19:33, 1 marzo 2010 (UTC)

El Pueblo GallegoEditar

Ola! Alguén pode confirmar se esta portada é certa? Dígoo polo dato da proclamación da República Galega, que pode ser un dato moi interesante para pór nas efemérides. Saúdos. --Alberte Si, dígame? 18:54, 20 febreiro 2010 (UTC)

  • A portada (e a noticia á que fai referencia) é real, podes comprobalo aquí. De todos xeitos, tamén podes comprobar que por desgraza, a República Galega só durou unhas horas. --Xas (conversa) 19:00, 20 febreiro 2010 (UTC)
    • Seica se trata dunha proclama por parte da Xunta Revolucionaria, Alberte. Eran intres de moita tensión, nos que despois da vitoria republicana e a fuxida de Alfonso XIII, convócanse eleicións pra constituír unha constituinte que se realizan o 28 de xuño. A declaración do Estado Galego, coincidente co sentimento de agravio, de xenreira, pola paralización das obras do ferrocarril, deixando sen traballo a 12.000 obreiros, permite amosar a vontade de autodeterminación do povo galego, pra alén de que non pasara dunha proclama. Os resultados eleitorais, o caciquismo que segue funcionando, e a actitude morna e submisa de ORGA e Casares Quiroga, xa integrada en Izquierda Republicana, enfriaran este empurrón inicial tan necesario e importante, pra acadar un estatuto galego e unha república federal. A unidade dos grupos nacionalistas no Partido Galeguista permitiran darlle un novo pulo á problemática nacional galega, que o levantamento militar afogará en sangue máis unha vez[6]. De calquera maneira, é relevante, e coido que si é boa idea metelo nas efemérides. --Atobar (conversa comigo) 19:02, 20 febreiro 2010 (UTC)
      • Don Paco escribiu un artigo sobre os primeiros días da República en Galicia siglo XX (un coleccionable da Voz). No artigo reproduce unha portada da Voz e outra de El Pueblo Gallego, ámbalas dúas do día 15 de abril, anunciando a proclamación da República. A cabeceira e estrutura da portada do segundo periódico é idéntica á que se ve na fotografía que indicas. Con isto quero dicir que semella real, aínda que non che podo confirmar que en xuño se proclamase a República galega. Xa no texto do propio coleccionable fala deste periódico (nacido en Vigo en 1924) e incautado en 1936 para formar parte da Prensa do Movemento ata o seu peche en 1976. Pedro --Lameiro (conversa) 19:05, 20 febreiro 2010 (UTC)

Reportaxe sobre traballos colaborativos en galego en El PaísEditar

O venres, na edición galega de El País, sairá unha reportaxe sobre a rede colaborativa en galego, na que terá un papel importante a Galipedia. Anímovos a que a leades se tedes oportunidade. Un saúdo. --Alberte Si, dígame? 17:31, 24 febreiro 2010 (UTC)

Carallo, que ben nos coidan os medios esta semana :) ─ GallaecioE logo? 18:20, 24 febreiro 2010 (UTC)
Os emigrados podemos consulta-lo artigo na edición dixital http://www.elpais.com/articulo/Galicia/Os/ciberirmandinos/elpepiautgal/20100226elpgal_19/Tes/ Saúdos. --Alberte Si, dígame? 12:43, 26 febreiro 2010 (UTC)
Poucas veces desde un xornal redactan tan ben un artigo sobre estes asuntos. Dá xenio lelo. De calquera maneira, non é de estrañar, porque X.M. Pereiro é do melloriño que ten El País. --Atobar (conversa comigo) 12:50, 26 febreiro 2010 (UTC)
Mágoa que se deixasen no tinteiro o Proxecto Trasno. Pero moi bo artigo, a verdade :) ─ GallaecioE logo? 21:33, 26 febreiro 2010 (UTC)

Datos errados de RedondelaEditar

Os datos climáticos que figuran no artigo de Redondela, como xa expuxen na páxina de conversa do artigo, son, sinxelamente, imposibles. Comparádeos cos datos do aeroporto de Vigo, que está situado a uns 5 quilómetros, as diferenzas son excesivas.. Como podedes comprobar, os datos de temperatura, sobre todo os estivais son mesmo maiores varios graos cós de Sevilla e os datos de pluviosidade son menores cós da cidade andaluza. Isto é absolutamente inverosímil. Propoño o borrado desta sección, ou, cando menos, o da táboa. Saúdos!--Paradanta 11:02, 10 marzo 2010 (UTC)

Unha de dúas: ou se borra o errado, ou de endereza o erro. Do segundo eu non sei como facelo, o primeiro e máis doado. --Xoacas(Góstache o pemento?) 13:44, 10 marzo 2010 (UTC)

Hai datos metereolóxicos na rede sobre Vigo e sobre o aeroporto, pero non atopei nada de Redondela concretamente. Borrarei agora eses datos, porque semellante erro non pode permanecer, e se máis adiante atopo algunha fonte fiable que forneza de datos para Redondela, pois póñoos. Un saúdo!--Paradanta 14:22, 10 marzo 2010 (UTC)
  • Xa atopei datos decentes, aínda que só para anos completos desglosados por meses. A táboa quedoume un pouco escanaveirada, se alguén a sabe arranxar agradecereillo. --Xoacas(Góstache o pemento?) 14:31, 10 marzo 2010 (UTC)
Ola, Xoacas! Grazas polo arranxo, eu tampouco controlo moito das táboas e non me atrevo con ela, mellor déixollo a outro. Fixen outros arranxos como mudar "datos climatolóxicos" por "meteorolóxicos", xa que se considera que para que unha serie de datos sexan significativos do clima dunha zona deben abranguer como mínimo un período de 30 anos. Tamén puntualicei a altura do monte, xa que os datos de Redondela, que está ao nivel do mar, deben variar lixeiramente dos da estación debido á altura á que se sitúa a estación. Por último, engadín a referencia de onde tiraches os datos, a páxina web de meteogalicia, se non me equivoquei. Un saúdo, Xoacas!--Paradanta 14:51, 10 marzo 2010 (UTC)

Artigo: Sete anos de coñecemento libre en galego.Editar

Por se queda alguén sen lelo. O pasado luns publicouse un artigo falando dos sete anos da Galipiedia, en Vieiros. --HombreDHojalata conversa 18:53, 10 marzo 2010 (UTC)

  • Xa o referenciamos aquí, HombreDHojalata. Non te preocupes, que perder non se perde. Un saúdo e graciñas. --Atobar (conversa comigo) 19:42, 10 marzo 2010 (UTC)
Nunca estivera nesa páxina. Vouna poñer na miña lista de vixilancia, grazas. --HombreDHojalata conversa 20:16, 10 marzo 2010 (UTC).

AnáliseEditar

Velaquí tedes a análise feita para Xornal que saíu publicada hoxe domiingo día 14 de marzo. Moitas grazas a todos os que fornecestes datos. Espero que vos guste. Análise. --Atobar (conversa comigo) 20:27, 14 marzo 2010 (UTC)

Galencontro en SantiagoEditar

Boas. Finalmente, con algún retraso, o encontro previsto en Santiago farase este vindeiro sábado, día 10, de 11:00 a 14:00, dacordo coa dispoñibilidade da xente que se apuntou en meta. Todos os que queran participar serán benvidos, e tamén vos lembro que existe a posibilidade de participar a través de Skype (si é que funciona, xa que esta é unha proba piloto) para os que non se podan desplazar ata o lugar, só tedes que buscar o meu usuario de Skype elisardojm e contactar comigo. Si alguén ten algunha dúbida ou quere facer algún comentario pode poñerse en contacto comigo. Saúdos, --Elisardojm 09:10, 5 abril 2010 (UTC)

Esta fin de semana fixemos o encontro en Santiago. Tedes unha pequena crónica eiqui. Comentamos algúns detalles das wikis e tamén falamos da asociación de Wikimedia España. A reunión foi moi interesante e animada, esperamos que para a próxima poda acudir máis xente. Saúdos a todos, --Elisardojm 23:31, 13 de abril de 2010 (UTC)

Academia Wikipedia na cidade do Porto, PortugalEditar

Para se acaso interessar aos wikipedistas galegos:

A Academia Wikipedia realiza-se pela primeira vez em Portugal, na Exponor, Porto, a 16 de Abril, sendo uma parceria entre a Associação Wikimedia Portugal e a Faculdade de Engenharia da Universidade do Porto.

Irá contar com diversos oradores, entre os quais Kul Takanao Wadhwa, Head of Business Development da Wikimedia Foundation. Docentes universitários, investigadores, editores e empresários compõem o restante painel.

A inscrição é gratuita e online. Perguntas? Contacta-nos na página respectiva ou através do correio electrónico press@wikimedia.pt. Um abraço desde a cidade do Porto, Manuel de Sousa 02:28, 6 abril 2010 (UTC)

Revisión definitiva dos Estatutos do CapítuloEditar

Xa se rematou coa redacción definitiva dos estatutos do futuro capítulo español da Fundación Wikimedia. Pretendeuse realizar unha redacción simple e flexible abondo para que non sexa necesario modificalos nunha boa tempada. Algúns dos detalles do funcionamiento da asociación incluiranse no futuro Reglamento de Réxime Interno para facilitar a súa modificación, xa que ese documento non necesita ser presentado no Rexistro de Asociacións e así aforramos ese papeleo.

Esta versión dos estatutos vaise someter á votación de todos os interesados para o que se abre un período de votación do 28 de abril ó 5 de maio, ámbolos dous incluídos. Oportunamente publicarase o enlace onde se poderá votar. Prégase ós que desexen propoñer textos, artigos ou frases alternativas, que non as intercalen no texto do borrador de Estatutos, para non facelo ilexible, e que trasladen as súas propostas á discusión da páxina.

Queda convocada unha reunión para o día 8 de maio de 2010 en Madrid, reunión á que poderán asistir todos os interesados, na que se procederá á firma da Acta de Constitución. Prégase a todos os interesados en firmar que acudan co seu DNI ou outra identificación oficial (Pasaporte ou Carné de Conducir), a ser posible en vigor.

Calquera dúbida ou suxerencia pode realizarse nas páxinas de meta ou na lista de correo. Saúdos, --Elisardojm 13:00, 26 de abril de 2010 (UTC)

Segundo 'chámalle X' de xente que lle interesan os proxectos da Fundación WikipediaEditar

Boas, xa se fixo a reunión en Madrid na que algúns wikipedistas firmaron os estatutos de Wikimedia España. Nesta páxina propuxen facer un novo encontro en Galicia para tratar algúns temas ó respecto, e firmar, os que lles interese, os estatutos para figurar como membro fundador da asociación de Wikimedia España. Podedes apuntarvos alí, poñer as datas que vos veñan ben e aportar as ideas que querades. A intención é facer este encontro o antes posible (antes de fin de mes) para enviar os papeis a Madrid. Saúdos, --Elisardojm 13:08, 11 de maio de 2010 (UTC)

Pois que nos monten unha xuntanza en Galicia desde Madrid, sen contar para nada coa Galipedia é case un menosprezo, ou eu cando menos así o vexo, se entendín ben de que vai todo iso, que non o teño nada claro: é unha charla explicativa e para asinar o que se fixo en Madrid?, crear un grupo local onde o galego sexa de segunda categoría, xa que pos a ligazón da páxina en castelán cando hai unha en galego, iso xa indica o rango que vai ter a lingua nesa xuntanza, bilingüísmo harmónico? que sempre favorece ao castelán.--Xentenatural 13:54, 11 de maio de 2010 (UTC)

Non é nada diso. se queres eu pódoche explicar con detalle, non tes máis que preguntar. Xoacas(unha palabriña doçe) 16:22, 11 de maio de 2010 (UTC)

Perdón por poñer os enlaces mal, non foi a sabendas, xa os cambiei. A xuntanza non está imposta por ninguén, esa páxina é para organizanos e atopar entre todos unha data que nos veña ben para falar desas cousas e doutras que se propoñan, os temas a tratar non están pechados, calquera pode propor as ideas que lle parezan ben. Saúdos, --Elisardojm 21:42, 11 de maio de 2010 (UTC).P.D.:Os que non podan asistir en persoa poden participar virtualmente usando o Skype. Xa fixemos algunhas probas con este sistema e, aínda que hai que mellorar o seu uso, ten bastantes posibilidades. O que esté interesado pode contactar comigo para máis detalles.
Xa hai data para o galencontro. Será o vindeiro venres 28 pola tarde en Santiago de Compostela, os detalles do sitio están na páxina do encontro en meta que puxen no comentario anterior. A hora está sin determinar, está proposta a partir das 18:00 pero isto aínda pode variar un pouco en función dos intereses dos que vaian a asistir. Por certo, para asistir ó encontro non é obligatorio para ninguén facerse socio de Wm-es :), tamén imos tratar dos proxectos que poderíamos organizar para o que non é necesario estar en Wm-es, e tamén podemos falar doutros temas que se propoñan no momento sin problema ningún. Saúdos, Elisardojm (discusión) 09:51 22 may 2010 (UTC).
Vexo aínda agora o comentario de Xentenatural e aproveito para aclarar que tipo de encontro foi e será. Ao que asistiron algúns e ao que convida outra volta Elisardojm é a un encontro de wikimedistas de España, cos galegos como rama (para entedérmonos). A min, ao igual que a Xentenatural, iso non me interesa (interesaríame no entanto se fose unha federación ibérica, cousa que, insisto, non é; os cataláns e os portugueses van por outro lado, non é?). Encontros de galipedistas, galencontros, hai ano e pico, como mínimo, que non hai. O segundo wikimediaencontro tampouco non é de galipedistas senón de wikimedistas. O día que fagamos outro galencontro (Galipedia), anunciarase, e espero que non tarde en chegar. A ver se para setembro. --Atobar (conversa comigo) 11:09, 22 de maio de 2010 (UTC)

É un encontro de persoas que participan en calquera dos proxectos da Fundación Wikimedia en España (enténdase como territorio estatal). Isto abrangue Wikipedias en catalán, galego, vasco, castelán, aragonés, mirandés e asturiano, se non esquezo ningunha. A intención ao constituír esta asociación é que sexa recoñecida como capítulo da Fundación Wikimedia, e para iso o seu ámbito de actuación debe coincidir co territorio estatal. Pódense formar cantas asociacións de wikipedistas/wikimedistas se queira, pero non van alcanzar o status de Capítulo, porque non entra dentro das políticas da Fundación facelo. Polo momento ninguén falou de ramas dentro da asociación, e moito menos de divisións territoriais. Nin sequera hai proxectos concretos, como non sexa sobre o papel. Certo é que a situación xeográfica de cada un vai condicionar calquera actuación fóra da rede (se houbese que facer calquera xestión ante a administración é máis probable que a puidese facer Lameiro, a media hora de San Caetano, que Alberte, a unha hora en avión), pero iso non implica que a posición dos wikimedistas galegos vaia ser periférica. As oportunidades que pode presentar para cada un participar neste proxecto debe valoralas cada un, do mesmo xeito que en calquera outro proxecto. Sobre os futuribles encontros, todos ofrecen ocasións para fomentar a unión subxectiva entre persoas que traballan xuntas, e iso ten grandes vantaxes: propóñanse e fáganse. Xoacas(non te me poñas así) 13:18, 22 de maio de 2010 (UTC)

Por min no verán podemos facer unha (xullo-agosto). Todo é falalo. --Alberte Si, dígame? 15:14, 22 de maio de 2010 (UTC)
O nome desta reunión non tiña ningunha mala intención foi o primeiro nome que se me veu á cachola, para que non leve a malentendidos cambio o título. Estou publicando estas reunións no café porque penso que poden ser interesantes para esta comunidade, estamos nun proxecto que pretende liberar a cultura e do mesmo xeito hai que liberar tamén as iniciativas e os proxectos que se fan para conseguir iso. A asociación que está comezando está aberta a tódalas persoas (wikipedistas ou non) que queran traballar en proxectos necesarios para as wikipedias que se desenrolen no mundo real. E poden facerse moitas cousas importantes fóra de internete.
Outra cousa para que quede clariña. Eu son un wikimedista de Galicia e estou organizando estas reunións para que podamos facer os proxectos que se nos ocorran usando unha entidade física (o nif da asociación e a relación coa Fundación Wikimedia, etc.) no mundo real. E a segunda cousa é que os galegos non somos rama de nada nesta asociación, somos exactamente iguais que os demáis e teremos a importancia que nós nos demos e consigamos co noso traballo.
Sobre a consideración das federacións comento que esta idea estivo debatíndose durante moito tempo antes da creación da asociación pero que ó final non se levou a cabo porque non había xente abondo interesada para mantela, pero a porta está aberta a que iso suceda no momento en que un grupo de wikimedistas teña unha entidade e estructura adecuada. De feito a idea é que si a asociación vai medrando o máis lóxico será adaptarse a ese modelo federativo.
Sobre os portugueses teño que dicir que eles xa fixeron fai tempo o seu capítulo sin ningún problema porque reunían tódalas condicións da Fundación e xa temos contactos con eles. A este respecto, comento que se puxo en contacto comigo un compañeiro de Portugal que estaba interesado en asistir a esta reunión e estou esperando a que me responda si finalmente vai poder pasar por alí. Respecto ó proxecto catalán comento que está presentada unha proposta de capítulo na Fundación Wikimedia que está centrada principalmente no idioma catalán e en varios ámbitos xeográficos de distintos países e iso, tal e como están agora as normas de capítulos da Fundación Wikimedia, é bastante complicado de evaluar e a súa creación dependerá do que decida o Comité de Capítulos e os órganos da Fundación. Por outra banda supoño que sabedes que en Cataluña existe unha asociación de wikimedistas, Amical, que precisamente é a que impulsa a creación dese capítulo e que xa realizaron varios proxectos moi interesantes.
Si alguén ten algunha dúbida con todos estos temas que non teña problema en comentala que tentarei aclarar todo o que poda.
E volvo a repetir, aínda que pareza pesado, que os que non estén en Galicia poden asistir conectándose usando o Skype (si é que temos conexión porque aínda non sei si desta vez teremos internete na sala), como mínimo para enterarse en directo do que se comenta alí, e incluso poder participar activamente nela.
Por certo, eu tamén me apuntaría a un 'galencontro de verdade' ou un 'chámalle X de galipedistas' :). --Elisardojm 09:00, 25 de maio de 2010 (UTC)

Boas, veño de novo para avisar que a reunión será sobre as 18:30, saúdos a todos, --Elisardojm 12:23, 25 de maio de 2010 (UTC)


Eu non pode meterme na Wikimedia-España porque non teño a nacinalidade necesaria, pero penso que pode ser unha boa cousa cos usuarios da Galipedia metanse nela. Por unha banda poden aprender moito, e resolver certos problemas de "publicidade" e de contactos con organismos, particulares e institucións galegas ; do mismo xeito podrán atopar unha forma de "autonomía" da Galipedia dentro da Wikimedia-España, a Wikimedia-España non é unha secta,polo tanto podese salir dela sen problema. Por outra banda, se co tempo resulta necesario e que é posible xuridicamente (e con maís recursos humanos da Galipedia) podese facer un capitulo Wikimedia-Galicia. Tampouco hai que esquecer que non temos ninghuna razón des sospeitar cos usuarios da Wipedia en castelán teñan intencios de fundir a Galipedia, o contrarío de axudala.

En canto o que di Alberte dun encontro en Galicia en xulio/agosto, eu podo participar se ocurre entre o 29 de xulio e o 6 de agosto.

Saúdos a todos Elvira (conversa comigo) 16:34, 4 de xuño de 2010 (UTC)

Nova interfaceEditar

Se pasastes nestes últimos días pola Wikipedia en inglés, ou mesmo polo Commons, notariades que mudou a súa interface notablemente. Como algúns xa saberedes, a Iniciativa de usabilidade da Wikipedia estivo traballando nun novo aspecto para os seus proxectos; esta puido ser probada polos seus usuarios de xeito opcional premendo sobre a ligazón "Probar Beta" que hai ao carón do nome de usuario, na franxa superior das páxinas. O proxecto deu como resultado a aparencia que a Wikipedia en inglés ten por defecto actualmente, e que inclúe melloras en canto a novas ferramentas e outros aspectos técnicos. Non obstante, hai opción de volver á versión vella (por así dicilo) da Wikipedia, a que nós aínda temos. E dígoo porque nunhas poucas semanas todas as wikipedias nas diferentes linguas irán actualizándose, así que a Galipedia lavará tamén a súa imaxe axiña. Se queredes máis información, tedes esta entrada do blogue da Wikimedia; e estoutra sobre a actualización do logo, que non sei se se fará extensible á Galipedia. Máis nada, que xa abonda. Saúdos! --Toliño Fala aquí comigo 10:43, 17 de maio de 2010 (UTC)

Graciñas pola información, Toliño. Coido que poderiamos aproveitar este momento para pedirmos/facermos un logo específico no que a palabra embaixo do globo xa sexa Galipedia e non Wikipedia. Alguén con nocións de deseño gráfico se anima (ollo, hai que seguir un parámetros de cor e similares)? --Atobar (conversa comigo) 17:21, 17 de maio de 2010 (UTC)

Discordo con iso. Penso que o logo debe seguir poñendo Wikipedia mentres o dominio sexa wikipedia.org. Lémbrese que "wiki" non é algo que nos veña imposto do castelán, nin do inglés, nin do ruso, senón que ven da lingua hawaiana. Das dez wikipedias con mais de medio millón de artigos, oito poñen Wikipedia, as outras dúas son a xaponesa e a rusa, que, obviamente, teñen grafías propias. En en todo caso, a cuestión dun cambio dese tipo debería someterse ó consenso da comunidade--. HombreDHojalata.conversa 18:01, 17 de maio de 2010 (UTC)

  • Coido que non estamos falando da mesma cousa, HombreDHojalata. Olla para o globiño da wiki catalá ou da aragonesa, que son latinas. Non se trata de cambiar de enderezo nin moitísimo menos. Estou a falar desa palabriña do logo. Son cousas que ben puidemos facer antes, pero como sabes temos traballo arreo e a nosa capacidade dá para o que dá. Por iso, aproveitando que agora se vai mudar a presentación, tamén podiamos matar dous paxaros dun tiro e redeseñar o logo (cambiar unha palabra). Hai un criterio estrito para iso; seguro que Toliño che sabe dicir máis. --Atobar (conversa comigo) 18:10, 17 de maio de 2010 (UTC)
  • Agradeceríache que ligaras ó 'criterio escrito' que dis --. HombreDHojalata.conversa 06:44, 18 de maio de 2010 (UTC)
Tratarei de atopalo á tarde. Coido que non estaba traducido a galego, senón na wiki inglesa. Se cho pasa Toliño antes ca min, mellor que mellor; se non, o devandito, hoxe á tarde-tardiña tratarei de buscalo. Saúdos. --Atobar (conversa comigo) 07:28, 18 de maio de 2010 (UTC)
    • Así sen mirar nadiña, coido que o logo non depende de nós, en canto a deseño. A ver se me explico: nós dicímoslles aos da Wikimedia que The Free Encyclopedia é A enciclopedia libre, e eles crean o logo co subtítulo traducido á lingua que sexa (neste caso ao galego). Pódese cambiar tamén Wikipedia, como fixeron noutros wikis, que citou Atobar, ou adaptando a grafía, como dixo HombreDHojalata (tamén está o exemplo, no tan radical, da Wikipedia en francés, Wikipédia). O que si fixemos nalgunha ocasión foi adaptar o logo segundo fitos importantes como acadar 20.000, 25.000 e 30.000 artigos, ou o conmemorativo dos 5 anos, e que estiveron algún tempo en substitución do habitual. En calquera caso, xa que non estamos nos inicios do wiki, debe ser despois dun consenso comunitario. E se isto chegase a fraguar, cabería pensar nun troco nos espacios de nomes tamén, ou sexa: "Wikipedia:A Taberna (novas)" pasaría a "Galipedia:A Taberna (novas)". Non sei, cómpre cavilalo. --Toliño Fala aquí comigo 09:44, 18 de maio de 2010 (UTC)
  • Aquí [7] vén. E isto [8] é ao que eu ía, que é simplemente a modificación dunha palabra. Non caera no que di Toliño de pasar os Wikipedia a Galipedia (ex.:"Wikipedia:A Taberna (novas)" pasaría a "Galipedia:A Taberna (novas)") pero gústame, e moito, a idea. Vós diredes onde se abre o debate, proceder, votación ou o que for para a modificación da palabra Wikipedia por Galipedia (falo só do globo, pero efectivamente o debate podería xirar arredor tamén dos trocos en páxinas internas. --Atobar (conversa comigo) 15:26, 18 de maio de 2010 (UTC)
Veño de descubrir que o noso xa está dispoñible desde hai uns días. Se o queredes ver máis grande premede aquí. A lista con todos os que xa existen está aquí. --Toliño Fala aquí comigo 18:07, 18 de maio de 2010 (UTC)
  • Atobar, no enlace que puxeches non vexo que as outras poñan debaixo da pelota en letras grandes Afrikanpedia, Deutspedia, Aragonpedia, Asturianupedia, Catalanpedia, Englishpedia, Españopedia, Portupedia ... unha cousa é adaptar a letra "W" á grafía local ou poñer os signos de acentuación da pronunciación propia e outra cousa e cambiar o nome do proxecto, e iso é o que me refiro. Penso que non temos necesidade, nin sequera ningún dereito a darlle un cariz tan localista a un proxecto que é internacional, que é da humanidade. A nosa Wikipedia, inda que estea en galego, non nos pertence, non é de Galicia, é da humanidade, é un proxecto global, inda que soe raro, non é un proxecto galego, e un proxecto en galego, que son cousas diferentes. Outra cousa é que, cando falamos entre nos, falemos da Galipedia para diferenciala do proxecto Wikipedia, xa que é máis doado que dicir gl.wikipedia ou Wikipedia en galego --. HombreDHojalata.conversa 19:09, 18 de maio de 2010 (UTC)
  • Andas enganado, HombreDHojalata. O de Galipedia non é ningún localismo. Así se chama porque no seu momento Agremon, con bo criterio, pensou que cumpría darlle un cariz, mirada ou como queiras chamalo galego. Precisamente por iso poñemos especial énfase en todo o que teña que ver coa nosa cultura. Por outra banda, ninguén está a discutir o que é ou non é a Galipedia nin se é de Galiza do mundo ou de Baralla e arredores. Iso, entendo eu, está bastante claro. Para min cando menos. En definitiva, Wikipedia en galego e Galipedia son sinónimos, e precisamente por iso podemos optar por chantar un Galipedia embaixo do globiño. Home, non! Para falarmos á brava: e un dereito que temos. E si, as outras wikipedias tamén localizan os seus proxectos, proxectos wikipedia todos eles, por suposto: Biquipedia, Viquipèdia, Uiquipedia, Wikipedie, Vikipedio, Wikipédia (como dicía Toliño en referencia á francesa, pero tamén a húngara), Vicipædia... Non hai que encerellarse: estamos a falar dunha palabra debaixo do logo, e ademais coincide que é a palabra que designa especificamente a nosa wikipedia e non outra. Explicado queda. --Atobar (conversa comigo) 19:29, 18 de maio de 2010 (UTC)
Que non me esqueza: Biquipedia, Viquipèdia, Uiquipedia, Wikipedie, Vikipedio, Wikipédia, Vicipædia... si están debaixo da pelotiña das wikis respectivas. --Atobar (conversa comigo) 19:37, 18 de maio de 2010 (UTC)
El non poderían estar as dúas, Galipedia e Wikipedia, como de feito están no logo do wiktionary galego ou Galizionario [9].--Kamakic 19:46, 18 de maio de 2010 (UTC)
Vamos a ver Atobar, a ti paréceche que mudar Wikipedia por Viquipedia e o mesmo que mudar Wikipedia por Galipedia?! Paréceme que non entendes o que expuxen antes, ou non o queres entender, ante o cal non podo seguir participando da conversa. Saúdos --. HombreDHojalata.conversa 19:53, 18 de maio de 2010 (UTC)
Comprendo a posición de Atobar e comparto moitos dos seus pensamentos, mais neste caso estou máis preto de HombreDHojalata. O proxecto é Wikipedia, algunhas wikipedias adaptan foneticamente o nome á súa lingua, mais todas manteñen o sentido de wiki (rápido). Son da opinión de mante-lo nome wikipedia baixo do globiño. --Alberte Si, dígame? 20:03, 18 de maio de 2010 (UTC)

A galega creo que é a única mundial con estas características no seu nome, como se dixo na entrevista que fixeron na TVG a un wikipedista (porque está claro que non é comparable "Vikipedia" con "Galipedia" por exemplo). Eu creo que nos da distinción e nos axuda a diferenciarnos das wikipedias nas demais linguas, que nos poden facer sombra. Pero en fin, como todo, é cuestión de falalo. Un saudo.--Carronada 21:20, 18 de maio de 2010 (UTC)

Unha cousa que se cadra esquecíchedes: o dominio vai seguir sendo http://gl.wikipedia.org. Isto fai que Galipedia sexa máis o apelido que o nome. En calquera caso esta discusión móvese demasiado no terreo no subxectivo. Se alguén considera que hai algún acordo ao que chegar, que faga a súa proposta, porque o consenso non vai ser doado. Xoacas(non te me poñas así) 21:29, 18 de maio de 2010 (UTC)

  • Importa pouco que debaixo da pelotiña apareza Galipedia ou Wikipedia pero o certo é que me sinto máis identificado coa segunda forma. En calquera caso non me parece tan importante como para discutilo: sempre será Galipedia diga o que diga o pé de foto, e sempre formaremos parte dese proxecto común de Wikipedia. Son dúas cousas perfectamente compatibles. Iso si, creo que a Galipedia é máis ca unha wikipedia en galego. Moito máis. Se tal non fose, con poñer a traballa-lo tradutor automático, traballo resolto. Pero somos unha wikipedia galega (que non é o mesmo que de Galicia) e escrita en galego. Niso é no que eu traballo, polo menos. Pedro --Lameiro (conversa) 21:32, 18 de maio de 2010 (UTC)
  • Por se queredes outra opinión máis, para mín tamén será a Galipedia sempre, tal e como dí Lameiro, sen embargo no tema concreto do logo, polo caracter global do proxecto, creo que debería ficar "Wikipedia" (Non nos olvidemos de que isto funciona porque un tipo de alén do mar nos deixou un espazo no seu cacharro, se él o chama Wikipedia, habería que facerlle esa concesión). No tema de cambiar nomes de espazos, mellor non entrar por unha causa deste tipo, sería posiblemente demasiado traballo e o pouco tempo que temos todos é mellor empregalo noutras cousas. Os logos temporais (X mil artigos, X anos) son iso, temporais, empregados para resaltar algo concreto. Mentres todo o mundo estea máis ou menos dacordo, pódese facer case calquer cousa con eles (Sempre empregando o sentido común, xa sabedes) :). ----Banjo tell me 09:30, 19 de maio de 2010 (UTC)
  • Vou facer un símil para que vexades como entendo eu o problema que se nos presenta: (o nome é completamente arbitrario) a Pepe García chamárono toda a vida así, Pepe, mais cando vai mirar o DNI aparécelle como nome Xosé García; a Galipedia chámase así porque alguén decidiu alcumala deste modo, non obstante, ao vela máis de lonxe segue a ser a Wikipedia, unha entre outras moitas. Así como pepes hai arreo tamén, algúns aos que lles din Pepe e outros que acoden por Xosé. Eu enténdoo así. --Toliño Fala aquí comigo 12:53, 19 de maio de 2010 (UTC)
    • Entendo ben todas as vosas opinións, e en boa medida compártoas. Ben, como di Xoacas, isto transita demasiado no terreo do subxectivo. Visto o visto, mellor deixalo estar; tampouco non é tan importante, malia que manteño que -e Carronada expresouno bastante ben- pefectamente podemos tirar proveito de que somos a única wikipedia (se non ando enganado) que ten un nome simbólico coa súa cultura/lingua. Penso que é mágoa non facer que conste no globiño, e non desisto de que isto suceda máis adiante. En calquera caso, así está ben tamén, obvio. Noutra orde de cousas, quero que quede constancia de que non me gustan un pelo as maneiras de HombreDHojalata, desta vez manifestadas na súas liñas finais: ese vamos a ver, as exclamacións e o ton están de máis. Illadamente, entenderíao como irrelevante; se fose a primeira vez, digo, pasaríao á calada, pero non o é, nin comigo nin con outros usuarios. É común ver esas exclamacións a final de frase, reproches ou saídas de ton nos cadros de resumo e nalgunhas conversas con outros usuarios. Saúdos. --Atobar (conversa comigo) 14:00, 19 de maio de 2010 (UTC)
  • Como cabería esperar vou contestar por alusións. Fixeches acusación graves Atovar, eu entendo que agora estás obrigado a facer unha das seguintes cousas, ou poñer as ligazóns que proban o que dis ou a retiralo. Dis que "non te gustan un pelo..." a min iso resúltame ofensivo e pola contra non sei en que momento fun ofensivo eu. Que hai en ofensivo en "vamos a ver?" ou no uso do signo "!". Penso que o signo de exclamación é un recurso da linguaxe escrita e non entendo porqué a ti non che ten que gustar o ton. Eu abandonei a conversa cando vin a túa insistencia de equiparar os binomios Wikipedia-Viquipedia con Wikipedia-Galipedia, máis penso que sempre fun respectuoso. Hai alguén, en calquera outro momento, en calquera páxina de conversa, que se sentira ofendido polo que eu lle dixese? Por favor que o diga. En canto os resumos de edición, gústame que saques o tema, non sei se te decataches pero a miña costume é a de copipegar no resumo o mesmo que poño na páxina en cuestión, e sinceramente penso que fago un uso dos resumos de edición máis axeitado ás políticas que moitos outros usuarios. De todas, como digo, está todo ben gravadiño, así que o tema é ben doado, non hai máis que referenciar con probas as acusacións e eu non teño ningún inconveniente en poñer o meu perfil de usuario á disposición da comunidade --. HombreDHojalata.conversa 18:47, 19 de maio de 2010 (UTC)

Pero a ver, seica estamos todos parvos hoxe? Comezamos falando dun logo e terminamos dimitindo. O que a un lle guste e a outro lle disguste pouco importa, non estamos aquí para sermos amigos, senón para traballar. E non polo salario, senón polo que queremos que sexa este país na próxima xeración. Isto, señores, é normalización lingüística: facer que a nena (galega) de Rajoy non teña que valerse de outras linguas que non sexan a súa. O que estamos facendo aquí ten moito valor, e non se pode perder a ninguén dos que estamos nisto (nin ameazar con marchar, claro). Facédeme o favor e dádevos un biquiño, que hai moito que facer. Xoacas(non te me poñas así) 19:15, 19 de maio de 2010 (UTC)

Vaites, e todo isto no país onde ninguén dimite (véxase conselleiro de educación ou o de cultura). Non hai para tanto meus, coido que podemos aprender dos erros, e tentar evitar que se interpreten mal as nosas palabras porque escribindo aquí é máis doado entender mal unhas palabras que ditas á cara. Pois iso, hai que ser coidadoso e sempre respectuoso, e non hai porque enfadarse cando se producen lenes friccións, porque iso é habitual nun proxecto onde se interactúa tan decote como a Galipedia. --Alberte Si, dígame? 19:25, 19 de maio de 2010 (UTC)
  • Nada, nada, sigamos co importante. Este tema do globo deixámolo para mellor ocasión, e o pequeno rozamento interpretativo xa quedo zanxado en privado. --Atobar (conversa comigo) 20:08, 19 de maio de 2010 (UTC)
  • Recibín un correo conciliador de Atobar (co que basicamente concordo) e quería dicir que lle agradezo enormemente o xesto (igual que as palabras de Xoacas e Alberte). Eu pola miña banda procurarei ser máis coidadoso nas miñas expresións. En canto o tema "nova interface" ou calquera outro tentarei, como fixen sempre, asumir e incluso defender, educada e respectuosamente, inda que as veces poida non compartir, o que a comunidade decida--. HombreDHojalata.conversa 20:40, 19 de maio de 2010 (UTC)

Pois bendito sexa. Hai que ver canto arregla un bico. Xoacas(non te me poñas así) 20:55, 19 de maio de 2010 (UTC)

Eu diría exatamente o que dí Banjo o 19 de maio de 2010 as 09:30, polo tanto con todos outros usuarios que van nise sentido Elvira (conversa comigo) 16:38, 4 de xuño de 2010 (UTC)

Data de lanzamentoEditar

Está previsto que a fase 4 da renovación da imaxe da Wikipedia se produza sobre o 30 de xuño. Nesta cuarta fase atópase a Galipedia, polo que nos toca a nós lavar a cara. Veño de crear a páxina Wikipedia:Comentarios dos usuarios, onde se recollerán as opinións que deamos os usuarios da nova interface; o único malo é que cómpre traducir os comentarios ao inglés se queremos que nos fagan caso. Supoño que elixindo os máis relevantes e resumíndoos poderemos facelos chegar a quen sexa sen problema. A outra páxina, Wikipedia:Comentarios dos usuarios/Novas características, resume os principais cambios feitos. A páxina é idéntica á mensaxe do sistema que avisará do cambio. Intentarei mantervos ao tanto en canto haxa novas noticias. --Toliño Fala aquí comigo 15:08, 20 de xuño de 2010 (UTC)

Gravación para Ben Falado!Editar

A traverso de Lameiro, e despois de pórse en contacto comigo, un equipo de tv fíxome unha entrevista sobre a Galipedia para unha nova tempada na galega do programa Ben falado! A nova serie comezará a emitirse agora, no verán. Son capítulos de 4 minutos e medio, cunha entrevista duns dous minutos, que leva Xesús Ferro Ruibal. Cando me avisen que sae (quedaron en facelo), deixarei aquí os datos. --Agremon(contacto) 19:24, 1 de xuño de 2010 (UTC)

Que ben, que ben! E que tal saíu? Quedaches contento? --Alberte Si, dígame? 20:16, 1 de xuño de 2010 (UTC)

Iso é estupendo. Ninguén mellor ca ti. Xoacas(sólo la puntita) 21:31, 1 de xuño de 2010 (UTC) Non teño idea de como saiu. Supoño que con material para abondo máis tempo, dependerá máis de como o monten que do que eu dixera ou non...--Agremon(contacto) 15:46, 4 de xuño de 2010 (UTC)