Wikipedia:A Taberna (novas)/Arquivo 12

Este é un arquivo da sección A Taberna (novas) da Taberna
Nesta páxina atópanse algúns dos fíos de conversa tratados nesta sección da Taberna que foron arquivados.
Por favor, non edites esta páxina. Para reavivar calquera destes debates, comeza un novo tema na páxina actual.
< Conversas vellas | Arquivos: 1, 2, 3, 4, 5, 6, 7, 8, 9, 10, 11, 12, 13, 14, 15, 16, 17, 18, 19, 20, 21, 22, 23

Deixei un aviso na páxina de conversa de Lugo porque hai datos contraditorios da táboa que acheguei do clima (con datos da AEMET), ledeo e corrixide o que sexa necesario, eu non toquei nada (na conversa xa explico o porque). Vendo o artigo, vin que é menos completo que outros de cidades galegas que non son artigos de calidade como poden ser A Coruña, vexo unha falta total de contidos en torno á cultura (xa se propuxo crear esta sección na votación... non se fixo e saiu de calidade) así como unha sección referida aos medios de comunicación (o mesmo de antes, se ben esta sección a vexo menos necesaria, sinceiramente). Ao tratarse dun artigo de calidade penso que se debe amañar o do clima o antes posible (sobre o outro se pode discutir), darei 15 días antes de propoñer que se elimine a estrela de calidade, xa que tendo este galardón considero que non debe haber ningún dato contraditorio. Un saúdo, Piquito (conversa) 12:53, 12 de xullo de 2012 (UTC)

Bye, bye, DEFAULTSORT editar

Acabo de probar que no artigo Mary C. Otero Rolle xa funciona o comando ORDENAR en substitución do DEFAULTSORT. Este comando aplicouse na wiki coas últimas actualizacións así que agora xa podemos usalo. Tamén se pode poñer algún bot a cambiar esta instrucción nos artigos (faríao eu pero o meu está no dique seco por cambio de ordenador). Saúdos, --Elisardojm (conversa) 20:24, 14 de xullo de 2012 (UTC)

OK, porei a BotDHojalata a traballar!--. HombreDHojalata.conversa 20:28, 14 de xullo de 2012 (UTC)
Grazas HombreDHojalata!. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 23:09, 15 de xullo de 2012 (UTC)
Fixen unha modificación en MediaWiki:Edittools para que nas opcións que hai por debaixo da caixa de edición apareza a versión en galego. --Toliño Fala aquí comigo 10:33, 16 de xullo de 2012 (UTC)
Xenial Toliño :). E agora que o vexo, non podiamos facer o mesmo co comando gallery?. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 10:43, 16 de xullo de 2012 (UTC)
Non estou seguro. Polo de agora non creo que estea dispoñible a localización das etiquetas que van entre os signos < e >: <code>, <nowiki>, <noinclude>, <includeonly>, <gallery>, <span>... --Toliño Fala aquí comigo 11:15, 16 de xullo de 2012 (UTC)
Tes razón, na wiki.es tampouco o teñen, o único que atopei é o modelo Galería de imaxes, que podería ser un apaño... Saúdos, --Elisardojm (conversa) 12:13, 16 de xullo de 2012 (UTC)
Veño de facer diversas modificacións no cadro cos símbolos para que volvan aparecer moitos máis, como había antes e que se perderan por mor do cambio na interface. Estou seguro de que han ser de boa utilidade e aforrarán o traballo de ir na procura deles pola internet porque non estaban a man. --Toliño Fala aquí comigo 12:07, 16 de xullo de 2012 (UTC)
Elisardo, xa temos a nosa versión do modelo {{Galería}} fai tempo. Empregado en ducias de artigos. --. HombreDHojalata.conversa 12:30, 16 de xullo de 2012 (UTC)
Tes razón, non dixen nada. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 12:36, 16 de xullo de 2012 (UTC)
BotDHojalata xa se ocupou de mudar HIDDENCAT por CATEGORÍAOCULTA, salvo erro ou omisión. --. HombreDHojalata.conversa 13:27, 16 de xullo de 2012 (UTC)

Artigos creados editar

Vexo aquí que o 29 de xullo creamos 900 e pico artigos novos. Iso está ben? Como é posible? A nosa plusmarca estaba en 451, daquela competición que fixeron no aniversario de hai dous anos. Alguén pode confirmar que efectivamente fixemos ese 900 artigos? --Atobar (conversa comigo) 13:25, 3 de agosto de 2012 (UTC)

Creo que hai un problema con esa gráfica porque dende o 2 de xuño ata o 29 de xullo non hai ningún dato intermedio e penso que os 974 artigos deben ser os artigos novos creados entre esas dúas datas, pero só era intuición.... Logo mirando a lista de páxinas novas sáleme que foron unhas 29 páxinas novas (nen sequera mirei se eran todos artigos) as que se fixeron o día 29 de xullo... Saúdos, --Elisardojm (conversa) 01:37, 5 de agosto de 2012 (UTC)
Debe ser un erro, si. --Toliño Fala aquí comigo 09:23, 5 de agosto de 2012 (UTC)

50.000 edicións editar

Moitos parabéns a Xas que recentemente se converteu no primeiro editor da Wikipedia en galego en acadar as 50.000 edicións (e que edicións!). Un luxo telo de compañeiro. --Atobar (conversa comigo) 11:47, 12 de agosto de 2012 (UTC)

Na miña opinión Xas merece gran cantidade de parabéns sobre todo pola calidade da súa contribución (serenidade, neutralidade, respecto dos outros usuarios, contido das súas achegas) e claro que si pola cantidade acadando como di Atobar as 50.000 edicións, e sendo o primeiro en facelo. Moitos parabéns Xas !!!!--Elvira (Conversa comigo) 14:40, 12 de agosto de 2012 (UTC)

Súmome ós parabéns a Xas polas 50.000 edicións. Unha delas foi a da miña benvida. Ogallá lle quede moita corda. -- JonnyJonny (conversa) 15:38, 12 de agosto de 2012 (UTC)

Un puntazo Xas!, moitos parabéns. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 22:44, 12 de agosto de 2012 (UTC)

Felicitacións, e a ver se de aquí a un tempo temos moita xente con esa marca, sinal de que a cousa medra. --Servando2 (Dime) 15:49, 27 de agosto de 2012 (UTC)

Ollando as novidades en Meta atopei o novo proxecto Wikidata, entendo que é unha base de datos para informes automatizados en todas linguas (todas as linguas que teñen unha wikipedia ou todas linguas que participan no proxecto ?) e que do mesmo xeito que collemos unha imaxe de commons para un artigo, colleremos a infobox dun persoeiro para un artigo ? O proxecto merece reflexión. --Elvira (Conversa comigo) 09:17, 26 de agosto de 2012 (UTC)

Si, é un proxecto que está comezando e que, se funciona, axudará moito a manter información básica dos artigos de forma automática ou semi-automática. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 17:33, 26 de agosto de 2012 (UTC)

Semi-ausencia editar

Ola a todos! Como saben os máis vellos do lugar, a miña contribución á Galipedia caeu en picado, a pesares de seguir sendo administrador. Pois ben, isto vai ser así aínda un ano máis, dado que me vou de Erasmus a facer o proxecto fin de carreira e non creo que teña moito tempo para editar.

Se considerades que é mellor quitarme os dereitos de burócrata e administrador mentres tanto, non pasa nada. E se queredes que os siga mantendo na espera de que volva colaborar máis frecuentemente, pois tampouco.

Outra cousa: actualmente teño o control da conta de Twitter da Galipedia. Pero non fago moitos chíos. Se alguén quere compartir comigo esa tarefa para estar máis alerta, actualizar máis a miúdo e contestar interpelacións dos usuarios, que mo diga e pásolle a contrasinal.

Máis nada. Se queredes que saque algunha foto dalgún sitio en especial de Praga para algún artigo, non tedes máis que dicilo!

Saúdos. --Alberte Si, dígame? 12:01, 14 de setembro de 2012 (UTC)

Por min mantén todo igual, Alberte. Aínda que edites pouco, segues a ser moi útil. Non obstante, para o twitter si creo que é ben que compartas as tarefas con outra xente, porque podemos e debemos sacarlle máis rendemento. Se a el lle parece ben, suxiro que lle facilites as clase a Estevoaei e que entre os dous xestionedes a comunicación do que aquí sucede. Saúdos! --Atobar (conversa comigo) 13:43, 14 de setembro de 2012 (UTC)
Alberte, eu son partidario de que sigas a ser burócrata; En caso de urxencia podería mandárseche un mail por se fose necesario que lle deses a algún botón. E (se á comunidade lle parece ben) acepto encargarme do Twitter; de vez en cando colgo cousiñas no FaceBook da Galipedia, e non me importaría actualizar tamén o Twitter.
Que che aproveite moito este curso académico, Alberte, e que remates ben os estudos e regreses axiña a Galiza que boa falta nos fai ter persoal cualificado no teu eido profesional. Saúde!! --Estevo(aei)pa o que queiras... 11:50, 16 de setembro de 2012 (UTC)
Eu tamén creo que debes seguir como burócrata. E sorte en Polonia. Saúdos. --Xas (conversa) 12:01, 16 de setembro de 2012 (UTC)
Concordo e apoio tódolos comentarios anteriores. Saúdos e bo curso, --Elisardojm (conversa) 09:53, 17 de setembro de 2012 (UTC)
Moitas grazas a todos. Estevoaei, mándote un mail co contrasinal. Ah, e voume á República Checa (aínda que visitarei Polonia seguro). Saúdos! --Alberte Si, dígame? 22:22, 17 de setembro de 2012 (UTC)

Comenzo unha enquisa sobre toponimia na Wikipedia en español editar

Os deixo o texto orixinal da temos que participar na enquisa e argumentar para haber se ha verdade que cambian de política toponimia para que sexa tolerante con Galicia os seus concellos e lugares. E tolerante co noso galego. déixovos o enlace https://es.wikipedia.org/wiki/Wikipedia:Encuestas/2012/Toponimia e o texto orixinal abaixo--Brathxa (conversa) 16:14, 13 de setembro de 2012 (UTC)


¿Una política sobre topónimos universal?

En la actualidad, la versión en español de la enciclopedia no cuenta con una convención específica que dé una solución universal a la cuestión de la toponimia, a diferencia de lo que ocurre en otros proyectos como el inglés. Sí que contamos con una política específica sobre topónimos para determinados territorios de España, que fue aprobada por la comunidad en 2006, y que ha hecho correr ríos de tinta desde entonces.nota 1 Para el resto del mundo, con todo, nos basamos únicamente en las convenciones de títulos.

Esta dualidad ha dado lugar a que debamos dar soluciones dispares a situaciones análogas, sobre la única base del territorio donde se encuentra el lugar al que alude el topónimo en cuestión: así, por un lado, la política para esos territorios españoles prima el «topónimo tradicional castellano»nota 2 o, en ausencia de este, el «topónimo en castellano» utilizado por cualquier referencia verificable,nota 3 todo ello por encima de cualquier otra consideración, aun cuando dicho exónimo haya caído en desuso; por el otro, sin embargo, las convenciones generales de títulos hacen prevalecer los exónimos tradicionales castellanos siempre que el más usado por los hispanohablantes no sea otro que el español.nota 4 Además, en casos determinados, la rigidez de la actual política sobre topónimos para determinados territorios de España nos lleva a tener que adoptar soluciones que no solo son distintas a las que adoptamos cuando se trata de otros topónimos de otros territorios, sino que también son contrarias a las recomendaciones sobre toponimia de la Real Academia Española.nota 5

Por todo ello, se plantea si sería conveniente tener una política única para cualquier lugar del mundo, con un criterio único para todos los casos. ¿Sobre qué bases?

En caso de apreciarse la conveniencia de adoptar una política única, se pregunta a su vez sobre qué bases debería elaborarse

Non entendín o fondo da cuestión (nin o sentido da enquisa). Na wikipedia ES tomaron un camiño (errado polo que se ve) e agora plantexan se haberá outro. ¿Que pasa con tódolos milleiros de edicións, centos de comentarios e os usuarios baneados por opinar doutro xeito? E xa postos: ¿Por que deberamos nós aportar solucións á desfeita? Que o solucionen os que crearon o problema. Os que editaron Bueymuerto, Rianjo, Arteijo, Chandreja de Queja, Vivero... e o delicioso Valledeoro. Agora que o ridículo é universal e as queixas chegaron ata a wikipedia en USA e xa non defende ninguén o "política" actual ¿solución? Votar! Pegúntome quén será o que refaga tódalas edicións dunha nova e futura norma e quen lle la vai a explicar aos usuarios. ¿Van poñer A Coruña e explicarlles que agora é así?.--Nemigo   22:16, 12 de novembro de 2012 (UTC)

Comenzo unha enquisa sobre toponimia na Wikipedia en español editar

Os deixo o texto orixinal da temos que participar na enquisa e argumentar para haber se ha verdade que cambian de política toponimia para que sexa tolerante con Galicia os seus concellos e lugares. E tolerante co noso galego. Déixovos o enlace https://es.wikipedia.org/wiki/Wikipedia:Encuestas/2012/Toponimia --Brathxa (conversa) 16:16, 13 de setembro de 2012 (UTC)

Paco Rodríguez confésase en Twitter e a Wikipedia dedícalle unha entrada á operación editar

[...]

Galipedia

A enciclopedia online colaborativa Wikipedia, na súa versión en galego, dedícalle unha entrada á Operación Pokemon. Aínda que, advirte de que esta presunta trama de corrupción é un tema de actualidade e que a información que ofrecen pode cambiar en calquera momento, posto que as pescudas xudiciais aínda están nunha fase temperá.

—o anterior comentario sen asinar foi feito por HombreDHojalata (conversacontribucións) 19:43, 28 de setembro de 2012‎

Parabéns ós que colaboraron nese artigo de actualidade :). Saúdos, --Elisardojm (conversa) 01:01, 29 de setembro de 2012 (UTC)

Entrega do IX Premio Vidal Bolaño das Redes Escarlata editar

As Redes Escarlata entregará o IX Premio Roberto Vidal Bolaño ó Grupo Chévere nun acto que se celebrará no Auditorio da Ramallosa (Teo). Farán tamén unha homenaxe a Roberto Vidal Bolaño. Será o sábado 20 de outubro de 2012 ás 11:00 h por se alguén pode/quere achegarse, ver o que contan e facer unhas fotiños. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 12:20, 5 de outubro de 2012 (UTC)

pt:Wikipédia:Encontros/WikiCoimbra editar

pt:Wikipédia:Encontros/WikiCoimbra: O 14 de outubro de 2012 as 14h no café do Mosteiro de Santa Clara-a-Velha (Coimbra). --. HombreDHojalata.conversa 07:59, 6 de outubro de 2012 (UTC)

Enquisa da Wikipedia editar

Abriuse a enquisa a editores e editoras da Wikipedia 2012, mais aínda non está dispoñíbel en galego. Alguén se anima a traducila? --Estevo(aei)pa o que queiras... 13:20, 31 de outubro de 2012 (UTC)

Eu comezaría pero non sei ónde hai que poñer a tradución... Saúdos, --Elisardojm (conversa) 01:37, 1 de novembro de 2012 (UTC)
Deixao como está -> "Recomendaría a un amigo de integrarse a Wikipedia" (sic) --Nemigo   22:51, 12 de novembro de 2012 (UTC)

Cambios en la Wikipedia en español editar

Perdón por escribir en español, pero no sé gallego. Agradecería la traducción de este mensaje.

Wikipedia en español se encuentra en proceso de migrar al uso exclusivo de la extensión Babel. Agradecería que aquellos usuarios que tengan una página de usuario allí y estén usando alguna etiqueta de usuario que informe sobre su dominio de lenguaje (Wikipedia:Babel) por favor se actualice al nuevo sistema, que las plantillas obsoletas se irán borrando a medida que vayan quedando en desuso. Para más información véase es:Wikipedia:Babel y meta:Babel extension. Gracias, --Metrónomo (conversa) 18:34, 17 de novembro de 2012 (UTC)

¿La traducción al galego?
Wikipedia en español (wiki ES) atópase en proceso de migrar ao uso exclusivo da extensión Babel. Agradecería aos usuarios/as que teñan unha páxina de usuario alí e estean empregando algunha etiqueta de usuario que informen sobre o seu dominio da liguaxe (Wikipedia:Babel) e que por favor actualícense ao novo es:Wikipedia:Babel e meta:Babel extension. Grazas --Nemigo   03:22, 20 de novembro de 2012 (UTC)

Conferencias sobre Valentín Paz Andrade editar

Por se alguén non se enterou, a RAG vai facer unhas conferencias o 13, 14 e 15 de decembro sobre Valentín Paz Andrade en Pontevedra. A asistencia é gratuíta, aínda que hai que rexistrase, a información completa está aquí. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 21:35, 18 de novembro de 2012 (UTC)


La Wikipedia (en galego) recogió insultos a Castosa en su biografía y los retiró tras su protesta editar

http://elprogreso.galiciae.com/nova/212145.html

http://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Armando_Castosa&diff=2704246&oldid=2665674 --Nemigo   22 de novembro de 2012 ás 23:26 (UTC)[responder]

Nemigo, isto son chorradas que non lle interesan a ninguén que coñeza minimamente o funcionamente da edición wiki. Se isto é noticia, daquela eu podo encher El Progreso de mañá en sete segundos de vandalismo. Quito en claro dúas cousas: a falta absoluta de profesionalidade do redactor da nova, como mínimo; e que este sitio, a Taberna, non é un foro, e menos aínda o lugar para a salsa rosa da política. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 23 de novembro de 2012 ás 01:01 (UTC)[responder]
Estamos dacordo en que a nova non ten pes nin cabeza pero penso que está ben estar informados do que se comenta sobre o proxecto para termos unha idea da visión que cada sector ten sobre el. Non sempre nos decatamos destas informacións porque non podemos revisar tódolos medios de comunicación, e se alguén atopa algunha nova sobre a Galipedia é bo que avise, tanto sexa a favor coma en contra. Eu puxen a mesma nova no apartado Xeral da Taberna. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 23 de novembro de 2012 ás 09:58 (UTC)[responder]

Eu non sei cantas ameazas legais chegan á galipedia, tampouco sei se algún tivo que recibir unha citación do xuzgado. De tódolos xeitos o asunto está así. Ameazaron legalmente á galipedia. Este é un punto referenciado. Saúdos --Nemigo   24 de novembro de 2012 ás 00:50 (UTC)[responder]

Ben, creo que é bo que saibades que o tema non rematou ahí e que Armando Castosa chamoume ao teléfono, por ser o presidente de Wikimedia España. Semella que unha "periodista" do xornal El País deulle o meu número. O Sr. Castosa quería queixarse "a Wikipedia", coma se eu fora o "presidente da enciclopedia". Despois de preguntar se era na versión en castelán ou en galego, dediquei un bo anaco de tempo a explicarlle cómo funciona isto, que é o historial, que un vandalismo... e que é Wikimedia España como organización sen ánimo de lucro e diferente á unha enciclopedia libre en internet... Non sei se me entedeu, porque hoxe saíu, en El País, outra "nova que non é nova". Dende Wikimedia España, esta mañá, temos escrito unha carta ao director, ao defensor de leitor e a periodista, que é a mesma que lle deu o meu número ao político. A periodista disculpouse xa, dos outros non sabemos nada. Así está o "periodismo"... Porén, é unha oportunidade para dar a coñecer que é Wikipedia, tamén a Galipedia, un dos obxectivos de WMES. Un saúdo, --Lucien leGrey (conversa) 28 de novembro de 2012 ás 16:43 (UTC)[responder]
Non creo que esta historia sexa unha "chorrada" nin tampouco un problema menor. É un feito certo que unha IP anónima incluíu o insulto no artigo e que ninguén nos demos conta, polo que estivo aí un mes ata que tivo que reclamar o interesado. Ben sei que non podemos rvisar tódalas edicións e que sempre cabe a posibilidade de que algunha cousa así se nos escape, pero tamén debemos recoñecer que foi un erro noso, dos editores e dos administradores da Galipedia, que non estivemos finos nin atentos. Colouse un vandalismo (diferente dos que xa estamos afeitos) que afectaba directamente a unha persoa. Foi un erro, grave, e debemos pedir disculpas. Querer xustificar iso con tecnicismos (historial, "presidentes" etc.) e botarlle a culpa á periodista é botar balóns fóra. Neste momento en que estamos discutindo qué facer no noso cumpreanos, era o que nos faltaba para darlle credibilidade ó proxecto. Parafraseando a Lucién, Así está a Galipedia.... Nesta casa non temos ninguén que actúe como representante da empresa, e iso pode converterse nunha carencia. Nun caso coma este, ¿quen debe disculparse ante a vítima do vandalismo? Pedro --Lameiro (conversa) 28 de novembro de 2012 ás 17:53 (UTC)[responder]
¿Quen é Armando Calvariño, o editor que corrixiu a desfeita (na súa única edición na Galipedia)? ¿Como se enterou do escrito ou denuncia de Armando Costosa? ¿Como se pode saber, como di Nemigo, que a ameaza de denuncia legal é un feito referenciado? Pedro --Lameiro (conversa) 28 de novembro de 2012 ás 18:08 (UTC)[responder]
Dende e xornal publican unha nova, coa información de WMES: http://ccaa.elpais.com/ccaa/2012/11/28/galicia/1354106044_154258.html. Se eu non fixen ningunha edición vandálica, non teño nada de que me disculpar, penso eu. Se podo explicar como funciona Galipedia e ver que a edición dun anónimo dende Lugo perxudicou tanto a Wikipedia como ao protagonista (por certo, User:Armando Calvariño é o propio interesado). Penso que non é unha noticia, e que o político, ao verse insultado dous días antes das eleccións, preocupouse máis do necesario (normal se non entendes que é unha enciclopedia libre). Isto non quita que, por suposto, teñamos que seguir mellorando. Saúdos, --Lucien leGrey (conversa) 28 de novembro de 2012 ás 18:46 (UTC)[responder]
Lucien, a ofensa fíxose desde as páxinas da Galipedia, o que a fai corresponsable (non é a palabra exacta, pero espero que me entendas). O responsable foi, evidentememnte, a IP que o vandalizou, iso está claro, pero non podemos obviar a nosa responsabilidade subsidiaria. ¿Por que, se non, ameaza con accións legais á Galipedia? ¿Por que coutamos os copyvios sempre que os detectamos? Non sei cal é o teu papel na Wikimedia (nunca acabei de entender qué é iso da Wikimedia) e por iso referíame a Galipedia, da que me sento corresponsable como editor e, sobre todo, como administrador. O erro foi noso, dos usuarios e administradores da Galipedia por non estarmos máis vixiantes, e somos nós, desde Galipedia, os que temos que pedir disculpas. O mesmo que se nos enche o peito cando se publica unha nova laudatoria da galipedia. Supoño que, como usuario destacado de Wikipedia, entendes o que quero dicir, porque seguro que noutros proxectos xa pasaron por estas máis veces. Non comparto contigo a minusvaloración do problema polo feito de que nesas datas estivésemos en eleccións ou non. Seguro que a reacción sería a mesma en calquera outra época. En resumo, que quero insistir en que, primeiro, temos que recoñecer o erro (falo, xa sabes, dos usuarios e administradores da Galipedia) e non quitarlle importancia con argumentos que non veñen ó conto. Hai que aprender dos erros. Despois deberiamos buscar solucións. Se non vemos o problema -ou se o consideramos anecdótico- malamente imos mellorar no futuro. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 28 de novembro de 2012 ás 19:32 (UTC)[responder]

──────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────── Entre a chorrada e o todos culpables, debera haber un termo medio. Eu non si cal é pero chamar ao presidente da wikipedia España... para queixarse por que te insultan soa surealista e as explicacións de traca.

  • Quéixate da toponimia da wikipedia ES
  • Quéixate da burocracia
  • Quéixate do elitismo de catro que pensan que a wikipedia é súa

Se alguén ve o seu nome escrito nunha parede non vai a queixarse ao dono da casa, tampouco ao porteiro, moito menos aos inquilinos... Claro que o acontecido estivo mal feito. Pero a reacción (por algúns e outro) é de patio de colexio. --Nemigo   28 de novembro de 2012 ás 23:36 (UTC)[responder]

Lamento ler iso. A culpa, agora, é do alcalde. E os argumentos meras insinuacións. Mágoa. Quero crer que non toda a Galipedia, nin unha parte, pense así. Pedro --Lameiro (conversa) 29 de novembro de 2012 ás 01:12 (UTC)[responder]
Precisamente o outro día saíu unha nova sobre unha denuncia semellante a esta. Foi na wiki-es que vandalizaron o artigo de Javier Arenas fai tempo e foi a xuízo. Polo que parece non denunciaron á wiki nin á Fundación, debían querer ir sobre o vándalo ou vándalos pero non os deron atopado. Sobre este tema teño pendente facer un comentario pero non teño a cousa clara, estou a darlle voltas ó asunto. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 9 de decembro de 2012 ás 03:03 (UTC)[responder]
Mi madriña que desfeita! Sería bo saber os detalles da actuación na wikipedia ES e exactamente en que consistiu a "vandalización" ou se estamos noutra liorta política a velas vir. Saúdos --Nemigo   9 de decembro de 2012 ás 23:39 (UTC)[responder]
O que se fixo na wp-es foi eliminar do historial o vandalismo, non chegou con revertilo, podes comprobar no historial que a edición do 15:40 25 jul 2009‎ non é accesible (polo menos para os que non son biblios). Sobre o vandalismo non coñezo os detalles pero na páxina de conversa do artigo hai ligazóns a dúas novas que saliron a raíz do suceso que din que había datos falsos y una gran cantidad de "insultos y frases soeces" hacia su persona y su familia.. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 10 de decembro de 2012 ás 01:19 (UTC)[responder]

Boeno, quedei en comentar este fío fai tempo e vouno facer agora, perdón polo atraso, aínda que o tema xa pasara pode ser que volva a saír mañá. Concordo con Lameiro en que, a pesares de ser voluntarios, os editores habituais e os administradores deste proxecto temos unha responsabilidade con el, tentamos melloralo e mantelo limpo día a día, para iso estamos aquí. Neste caso o noso traballo, que aínda que non sexa remunerado é traballo igual, fallou e penso que non debemos ter medo a recoñecelo, todo o contrario, penso que é bo porque pode axudarnos a mellorar e buscar puntos nos que temos que fixarnos máis. Unha idea que se podería facer, en caso de que un caso deste tipo volva suceder, sería realizar un pequeno estudo do problema, as causas e a súa evolución, e logo eu diría de facer unha votación para determinar entre todos a actuación a levar a cabo en cada caso. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 25 de xaneiro de 2013 ás 01:31 (UTC)[responder]

Wikipedia xa ten 25 millóns no peto editar

Wikipedia logra recaudar 25 millones de dólares para seguir funcionando http://www.eleconomista.es/tecnologia-internet/noticias/4498296/12/12/Wikipedia-logra-recaudar-25-millones-de-dolares-para-seguir-funcionando-.html --Nemigo   28 de decembro de 2012 ás 15:18 (UTC)[responder]