Atobar
Wikipedia:Babel | ||
| ||
|
Chámome Alejandro Tobar. Nacín en xullo de 1983 en Lugo. Alí vivín até a maioría de idade, e despois pasei por Madrid, Marsella, Copenhaguen e Santiago de Compostela, cidade esta última na que estou empadroado dende o verán de 2011. Traballo como tradutor literario para empresas de Galicia e de fóra. Así mesmo, son o responsable de Hugin e Munin, editorial que publica exclusivamente narrativa en tradución ao galego e que depende, en esencia, da súa base de subscritores. Comecei a editar como usuario rexistrado na Wikipedia en galego o 7 de febreiro de 2009.
Compendio de recursos útiles |
O meu traballo na Galipedia
- Engadir novos artigos. Estes fixen.
- O 1 de xuño de 2010, ás 23:58 horas, acadei a cifra de 1.000 artigos únicos creados, converténdome así no 11º editor en superar esa barreira psicolóxica de creación. O artigo en cuestión foi Le Monde diplomatique, que de paso aproveitei para retirar dos artigos solicitados.
- Soamente o 5,3% destes primeiros mil artigos teñen un vencello claro e prioritario con Galiza (ex.:Manuel Bragado, I República Galega, El Progreso, Boteiro), namentres que o 94,7% restante atinxe os máis diversos temas, non necesariamente galegos (ex.:Jaume Marquet i Cot, Cinema_pornográfico, Alérxeno, Saxo Grammaticus).
- O 22 de novembro de 2010, ás 17:17 horas, acadei a cifra de 1.500 artigos únicos creados, converténdome así no 6º editor en superar esa barreira psicolóxica de creación. O artigo en cuestión foi Robert Falcon Scott, cuxas fazañas coñezo grazas ao magnífico libro de viaxes The Worst Journey in the World.
- A primeiros de novembro de 2010 superei as 20.000 edicións, converténdome así no 7º editor en facelo. A día de hoxe fixen 45.257 edicións.
- O 14 de abril de 2011, ás 14:33 horas, acadei a cifra de 2.000 artigos únicos creados, converténdome así no 5º editor en superar esa barreira psicolóxica de creación. O artigo en cuestión foi Linguas de Bélxica, territorio en proceso de desmembramento cun conflito lingüístico evidente.
- O 11 de novembro de 2011, ás 03:12 horas, acadei a cifra de 2.500 artigos únicos creados, converténdome así no 4º editor en superar esa barreira psicolóxica de creación. O artigo en cuestión foi disteleoloxía, unha disciplina filosófica coherente.
- O 7 de febreiro de 2015 cumpríronse 6 anos dende a miña primeira edición como usuario rexistrado da Wikipedia en galego. Nese momento levaba un total de 32.546 edicións e de 2.779 artigos creados. O último artigo creado era daquela o da política andaluza Teresa Rodríguez.
- O 18 de decembro de 2016, ás 13:44 horas, acadei a cifra de 3.000 artigos únicos creados. O artigo en cuestión foi Elizabeth Gaskell, novelista británica do século XIX.
- Até o momento fixen 45.257 edicións.
- Traducir das linguas latinas e procurar compendiar as informacións para facer do artigo en galego o máis completo.
- Corrixir os erros de sintaxe e léxico. Hainos a varrer, sobre todo naqueles artigos aos que se lles supón un grao menor de relevancia.
- Referenciar aquilo que estea embarullado.
- Retirar, a base de creacións, os artigos requiridos na listaxe de Artigos solicitados.
- Redactar os artigos que faltan da lista dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter.
- Sempre que dispoño de fotografías persoais útiles, súboas como ficheiros e tento de lles atopar un sitio nos artigos. Ademais, ultimamente deume por engadir imaxes aos artigos que carecen delas. Sácoas, cando se pode, das outras wikipedias. Outra posibilidade sería tiralas de Commons. Aquí queda a ligazón ás últimas imaxes subidas á Galipedia.
- Por último, pensar en positivo. Este trebello da Galipedia, de enorme poder, xoga xa un rol protagonista niso que coñecemos como proceso de normalización do galego. Coa Galipedia faise país. Home, non! Aproveito logo para rescatar unha reflexión do francés Daudet que deixa un oquiño para a esperanza:
Quand un peuple tombe esclave, tant qu'il tient bien sa langue, c'est comme s'il tenait la clé de sa prison.
- Para o futuro, non desboto a posibilidade de chegarmos a crear unha interconexión real e paritaria (non absorbente) coas demais linguas ibéricas, e facer unha sección denominada Artigo ibérico do mes, similar ao que xa fan dende hai tempo nas wikis escandinavas, é dicir, ao Dagens skandinaviske artikel (Artigo escandinavo do día). Veremos.
Para coñecer mellor este proxecto |
Algúns datos que cómpre ter en conta, ben a nivel interno da Galipedia ou ben comparativamente cos proxectos noutras linguas:
- Táboas cos datos de todas as linguas
- Contador detallado de edicións
- Listaxe de usuarios segundo o número de edicións.
- Contador de artigos creados. Semellante ao anterior, pero centrado especificamente na creación de novos artigos
- Listaxe e estatísticas cos editores máis activos da Galipedia
- Clasificación en función da calidade dos seus artigos
- Clasificación en función da lista de artigos que toda Wikipedia debería ter
- Clasificación segundo os grupos lingüísticos
- Wikistats. 2.0. da Wikipedia en galego
- Edición comparada en lingua galega
- Evolución e mantemento da Galipedia
- Lista de usuarios por artigos creados
- Artigo global verbo da Galipedia. Publicado en Vieiros o 16 de marzo de 2009.
- Análise dos 7 anos de andadura da Galipedia. Publicado en Xornal de Galicia o domingo 14 de marzo de 2010.
Axuda e ferramentas para galipedistas |
Amais de enciclopedias, dicionarios en formato papel ou dixital, como é o caso do Dicionario Cumio, de literatura variada e de diversas publicacións coma o Manual de galego urxente editado por Xerais, velaquí outras informacións coas que fornecer ou apuntalar o choio dos galipedistas.
- Erros comúns de ortografía. Básico
- Apéndice de castelanismos usuais. Tamén de utilidade
- Listaxe de sinónimos útiles
- Listaxe de exónimos en galego
- Listaxe de topónimos de todo o mundo
- Normativa da Real Academia Galega
- Maiúscula e minúscula en inicial de palabra no Manual de estilo do DOG
- As convencións do Libro de Estilo polo que se rexe a Galipedia
- Libro de Calidade da Lingua, da UDC. Bo e diáfano
- Corrector ortográfico de galego en liña. Útil para sacar de dúbidas
- Pautas para un correcto uso da linguaxe, da UVigo
- Modelo coas políticas e normas oficiais da Wikipedia en galego
- Cómpre ter presente que moitos outros dicionarios, gramáticas e demais materiais didácticos que pululan pola rede son inexactos, están desfasados e unha parte deles non recolle as reformas de 2003. Por exemplo, este habilitado pola Consellaría de Educación.