Wikipedia:A Taberna (imaxes)

Último comentário: hai 1 mes de Parodper no tópico Eleccións ao Parlamento de Galicia de 2024
Esta é a sección de imaxes da Taberna

Novas
publicar

Políticas
publicar

Técnica
publicar

Propostas
publicar

Axuda
publicar

Esta sección úsase para solucionar problemas relacionados coas imaxes.

Comezar un novo fío de conversa


Xeral
publicar
Lembra asinar as mensaxes que escribas engadindo o código "~~~~" ou premendo na icona "" da barra de edición.
< Conversas vellas | Arquivos: 1, 2, 3, 4, 5, 6, 7, 8, 9, 10, 11, 12, 13, 14, 15

Categorías editar

Non parece ter moito sentido que teñamos estas dúas categorías de imaxes:

  • Categoría:Imaxes sobre a historia de Galicia
  • Categoría:Imaxes sobre historia de Galicia (cunha única imaxe, miña, que ademais non é propiamente de Galicia, aínda que aquí se usara)

ou estoutras categorías:

  • Categoría:Imaxes de Historia
  • Categoría:Imaxes sobre historia

Non teño claro cómo resolvelo. Pedro --Lameiro (conversa) 19 de febreiro de 2020 ás 23:22 (UTC)Responder

A duplicidade queda resolta. Quedan as categorías Categoría:Imaxes sobre a historia de Galicia e Categoría:Imaxes de Historia. Se se decide mudar o nome dalgunha avisade e poño o bot a correr. Banjo tell me 19 de febreiro de 2020 ás 23:26 (UTC)Responder
 

Unha cuestión sobre autorías en Commons editar

Ola. Consulto unha cuestión sobre esta imaxe. A cuestión é que creo que non puxen ben a licenza. Empreguei un modelo que atopei por aí, pero en realidade non é exactamente unha obra cedida polo "PNOA-IGN e Xunta de Galicia", senón unha obra modificada por min a partir dun arquivo "cedido polo PNOA - IGN e Xunta de Galicia". Creo que a diferencia é importante, sobre todo porque tiña intención de seguir subindo máis coma este. Como podo facer para que quede correctamente explicado? Mil grazas! --AArizaga (conversa) 19 de xuño de 2020 ás 11:57 (UTC)Responder

Eu o que faría é xusto o que acabas de facer. O mesmiño que explicaches aquí escríbeo alí, na propia ficha de datos da imaxe, en: Commons:File:Castro de Ambreixo, Palas de Rei.png. --. HombreDHojalata.conversa 20 de xuño de 2020 ás 09:37 (UTC)Responder
Moi ben, . HombreDHojalata.. Así farei. Moitas grazas! --AArizaga (conversa) 21 de xuño de 2020 ás 15:32 (UTC)Responder

Eleccións ao Parlamento de Galicia de 2020 editar

Estimados compañeiros, lembrade que podedes meter as imaxes das papeletas na commons:Category:Ballot papers for the 2020 Galician parliamentary election. --. HombreDHojalata.conversa 6 de xullo de 2020 ás 08:25 (UTC)Responder

Axuda editar

Ola! Rematan de poñerme o aviso que incorporo. Resulta que só mo poñen do PP e só para esas eleccións na provincia de Lugo. Non teño moi claro o que facer para que non o borren. Ideas? Interacción?

https://commons.wikimedia.org/wiki/User_talk:Agremon#Source_of_derivative_work_is_not_properly_indicated:_File:Papeletas_electorais_Elecci%C3%B3ns_ao_Parlamento_de_Galicia_2020_circunscrici%C3%B3n_electoral_de_Lugo_-_xullo_-_PP.jpg

--Agremon(contacto) 24 de xullo de 2020 ás 10:46 (UTC)Responder

Dereitos dunhas imaxes vellas editar

Un amigo (Xabade) atopou uns logotipos vellos, de empresas extintas, publicados nun libro do ano 76, editado por unha empresa extinta. O instinto dime que poderiamos/deberiamos usalo, pero teño dúbidas.

  1. O logotipo é (hai máis, pero para o exemplo válenos con un) da caixa de aforros de Ferrol. O logotipo é un logotipo de imprenta, é dicir, non parece que fose debuxado polos autores do libro. Esa empresa desapareceu. Aínda que non podo datar exactamente o logotipo, é dalgún momento entre 1940 e 1977.
  2. O logotipo, como digo, é unha reprodución directa, sen que haxa intención artística. Non é unha foto dun logotipo, senón reprodución directa.
  3. O logotipo atópase reproducido na obra 'La Caja de Ahorros y Monte de Piedad de El Ferrol. Historia de una institución ferrolana', de 1977. O libro foi editado pola propia entidade bancaria, extinta.
  4. O escudo aparece na páxina de crédito, entre a portada e o comezo do libro, é dicir, non na parte do contido textual do libro, senón como indicador da editorial, que é o propio banco, e que polo tanto está extinto.
  5. A empresa, como digo, desapareceu en 1978. Logo dunha fusión converteuse en Caixa Galicia, que se converteu en NovaCaixaGalicia, que se converteu en Abanca.
  6. Os autores que asinan o libro son José Francisco Forniés (nado no 1943 e aparentemente vivo), (nado en 1944 e aparentemente vivo), e Alfredo Ortega Gómez (que colaborou en varios libros semellantes de caixas de aforros e que quizais sexa un profesor de bacharelato que nos anos oitenta estaba dando clase en Puertollano). En todo caso, están vivos a nivel de ©, pero nin parece que foron empregados da entidade bancaria (co que afectaría iso aos seus dereitos) nin parece que fosen debuxantes que puidesen debuxar o logotipo.

Eu creo que ese logotipo, nese libro, estaría libre de dereitos, pero gustaríame escoitar a vosa opinión. --Xabier Cid Talk 2 me, please 23 de xaneiro de 2021 ás 10:29 (UTC)Responder

Coido que os dereitos pasarían a Caixa Galicia e despois a Abanca, se dependen da institución. E, se dependen dos autores (cousa que dubido), seguen vivos...Agremon(contacto) 23 de xaneiro de 2021 ás 10:32 (UTC)Responder
Pero se os dereitos se transfiren entre empresas, o que dubido, ao ser do ano 1977, os dereitos expiraron, non? Para unha empresa son 25 anos (falo de memoria). --Xabier Cid Talk 2 me, please 23 de xaneiro de 2021 ás 11:47 (UTC)Responder
Sorprendido de que se fale aquí de empresas extintas ou non extintas. Iso é irrelevante para nós.
Nós debemos centrarnos na propiedade intelectual dos autores dos deseños. Que para que pasen a dominio público teñen que levar mortos 80 anos e, evidentemente, no é o caso. --. HombreDHojalata.conversa 23 de xaneiro de 2021 ás 18:17 (UTC)Responder

Non son capaz de engadir unha taboa editar

Estou editando un artigo de CD Projekt na Galipedia e non son capaz de engadir unha taboa coa informacion. Algunha solucion ? —o anterior comentario sen asinar foi feito por Lucasbreamo (conversacontribucións)

Ola, Usuario:Lucasbreamo.
Benvido e grazas polas túas contribucións. Porén, antes de meterse no tema das táboas, quizais habería que revisar cuestións máis básicas, como a ortografía.
Un saúdo e a seguir. --. HombreDHojalata.conversa 10 de marzo de 2021 ás 15:20 (UTC)Responder

Colocación fotos nos artículos editar

Boas tardes, son novo nas edicións e todavia teño algunhas dúbidas. Veredes, acabo de facer unha traducción dun artigo desde o castelán e completei a taboa de información, nesta coloquei 2 imaxes e non sei se está ben feito. Alguen pode votarme unha man? o artigo en cuestión é este: https://gl.wikipedia.org/wiki/Matilde_P%C3%A9rez_Palacio Grazas!! —o anterior comentario sen asinar foi feito por Metiawr85 (conversacontribucións) 29 de xuño de 2021 ás 15:45

Ola Metiawr85, o artigo está ben, pola miña parte so vin que na tabóa de información hai no apartado "Partido" un File:nome_da_imaxe se o podes cambiar a Ficheiro:nome_da_imaxe, tamén cada vez que escribas na Taberna o nunha páxina de Conversa tes que engadir unha firma, te engado un enlace https://gl.wikipedia.org/wiki/Wikipedia:Asine_as_s%C3%BAas_mensaxes_nas_p%C3%A1xinas_de_conversa. Un saúdo --Pablo Usuario (conversa) 13 de xullo de 2021 ás 12:48 (UTC)Responder
Ola Metiawr85, apliquei unhas correcións ao posto anteriormente. Un saúdo. --Pablo Usuario (conversa) 13 de xullo de 2021 ás 12:52 (UTC)Responder

Como subir retratos de artigos sobre persoas vivas? editar

Boa tarde, estiven a facer un par de artigos pero quedan moito mellor cando podes completalos cunha fotografía. A cuestión é que non sei como facer este paso, xa que hai que buscar fotografías libres de copyright verdade? Cómo se sabe iso? Por exemplo: estiven a traballar no perfil de Óscar Villán, pero non sei cales son as fotos permitidas para usar neste caso, que se podan linkar ou mesmo poñer na ficha. Graciñas! --Orcavella (conversa) 10 de xaneiro de 2022 ás 12:34 (UTC)Responder

@Orcavella: É como dis. Tes que procurar a licenza da fotografía. Acho que moitas das publicadas pola AELG pódense subir, as veces tamén as do flickr... É un asunto tedioso. Saúdos Cossue (conversa) 10 de xaneiro de 2022 ás 06:30 (UTC)Responder

Wikipedia:Wikiproxecto fotos de parroquias editar

Boas!! Pode alguén actualizar as cores dos seguintes concellos do Wikiproxecto de fotos de parroquias? Son os de Gomesende (verde), Vilar de Barrio (verde), A Bola (amarelo), A Pobra do Brollón (marrón), Abadín (verde) e Pedrafita do Cebreiro (verde). Moitas grazas! --Chairego apc (conversa) 28 de maio de 2022 ás 19:07 (UTC)Responder

  Feito! Os cambios serán visibles cando refresque a caché. --. HombreDHojalata.conversa 29 de maio de 2022 ás 17:02 (UTC)Responder
Xenial!! Mil grazas! Chairego apc (conversa) 30 de maio de 2022 ás 16:47 (UTC)Responder

Novas fotos desaparecidas? editar

Ola! Non adoito traballar nesta Wikipedia, senón na catalá, mais reparei hai pouco que as imaxes novas que tiñades (Esther Estévez, Xúlio Abonjo, Helena Salgueiro...) e que anunciastes no Instagram xa non están. Como pasou con moitas, quería saber se tivestes algún problema con elas ou que pasou, basicamente. Moitas grazas por adiantado! --Brunnaiz (conversa) 29 de xullo de 2022 ás 02:39 (UTC)Responder

Ola Brunnaiz! Moitas grazas pola preocupación. Tes razón, todas as fotos que fomos recompilando a través de contactar con esas persoas por Instagram foron borradas en Commons. O motivo é o seguinte: "Proporcionouse a orixe, pero non hai proba ningunha de que a persoa autora ou posuidora dos dereitos de autoría estea de acordo en liberar a obra baixo a licenza achegada. Cómpre dar unha ligazón cara a unha páxina web que conteña datos sobre a licenza ou enviar un correo electrónico cunha copia do permiso escrito ao sistema OTRS (permissions-commons@wikimedia.org)." Nestes momentos estoume encargando de contactar coas persoas autoras para pedirlles que envíen un correo electrónico segundo o modelo indicado arriba. Con sorte poderemos recuparalas se teñen a vén axudarnos. Saúdos. --Chairego apc (conversa) 2 de agosto de 2022 ás 15:22 (UTC)Responder
Boas novas! Acaban de reverter o borrado dunha das imaxes borradas!! (Ficheiro:Noelia Gómez Calvo.jpg). Primeiro paso para recuperalas todas!! --Chairego apc (conversa) 4 de agosto de 2022 ás 14:52 (UTC)Responder
E seguimos sumando! Dez fotos recuperadas!! --Chairego apc (conversa) 5 de agosto de 2022 ás 13:07 (UTC)Responder

Vértices xeodésicos editar

O compañeiro @Vanbasten 23: fixo Q en Wikidata para todos os vértices xeodésicos de España, que podedes visualizar neste mapa. Sería interesante subir as fotos correspondentes e engadilas en c:Category:Trig points in Galicia (Spain). Un exemplo de como quedarían sería d:Q115507040 (vértice xeodésico do Enxameado). Un saúdo! --Estevo(aei)fálame aquí 6 de decembro de 2022 ás 11:28 (UTC)Responder

CD Arenteiro - Polvorín FC editar

Veño de subir a Commons as imaxes do encontro CD Arenteiro - Polvorín FC, da segunda división RFEF. Quería pedirlle axuda ás persoas que adoitan editar sobre fútbol (@Krisko:, @Xanetas:, @Jorges65:, @Adorian:) á hora de identificar futbolistas, tanto para indicar a información na descrición das imaxes, como para engadir as fotos aos artigos e Qs correspondentes. Na medida do posible, recortarei algunhas imaxes co CropTool de Commons para destacar os xogadores. Moitas grazas pola axuda! --Estevo(aei)fálame aquí 17 de xaneiro de 2023 ás 08:58 (UTC)Responder

Verei que podo aportar, pois non lle poño cara a ninguén... En calquera caso, bonita tarefa!!! É difícil ter imaxes destas categorías non profesionais. Krisko (conversa) 17 de xaneiro de 2023 ás 10:16 (UTC)Responder
A acta do partido pódese consultar aquí: [1] (hai un erro e en lugar de Arenteiro pon "Huracán Melilla", pero o partidos e mailos xogadores que figuran son os do Arenteiro). Mirando os números das camisolas e pantalóns dos xogadores debería ser bastante fácil identificalos. Jorges65 (conversa) 17 de xaneiro de 2023 ás 17:45 (UTC)Responder
Este é Manuel Romay e este Pibe. Saúdos! Xanetas (conversa) 21 de xaneiro de 2023 ás 13:30 (UTC)Responder

Imaxes RC Celta editar

Boas! Non sei se este é o lugar indicado (sóame que hai algún lugar para peticións de imaxes). Estou organizando o Wikiproxecto do Celta de Vigo, especialmente este ano que se cumpre o Centenario. Alén de que por suposto toda axuda no Wikiproxecto é máis que ben recibida, gustaríame pedir axuda para apañar imaxes que estou a ter dificultades para conseguir.

Gustaríame que alguén puidese subir imaxes da Cidade Deportiva Afouteza, da Sede de Príncipe, e dalgún xogadores (especialmente canteiráns) coma Gabri Veiga, Iker Losada, Carlos Domínguez etc.

Tamén gustaríame dispoñer de imaxes dos actos do Centenario: o logo de Sargadelos, a bufanda especial do club...

Toda axuda, suxestión ou crítica é agradecida, un saúdo! --Jockerouac (conversa) 28 de xaneiro de 2023 ás 13:24 (UTC)Responder

Boas Jockerouac. A da Sede podo subila eu sen problema. --Chairego apc (conversa) 28 de xaneiro de 2023 ás 18:01 (UTC)Responder
Agradecíao moito :) --Jockerouac (conversa) 30 de xaneiro de 2023 ás 12:37 (UTC)Responder
Ola, @Jockerouac:; hai unhas semanas subín a Commons estas fotos do partido Gran Peña - Rápido de Bouzas. Sería estupendo se puideses editar na descrición das imaxes, indicando na medida do posible quen é cada persoa, para así poder incluír as imaxes nos artigos de Wikipedia ou os elementos de Wikidata correspondentes. Respecto ao logo de Sargadelos e a bufanda, coido que teñen dereitos de autoría, polo que non se poderían subir a Commons :/ Respecto á Cidade Deportiva, teño pendente visitala, no marco do proxecto de inventariar os campos de fútbol da provincia (Usuario:Estevoaei/Campos de fútbol). Un saúdo! --Estevo(aei)fálame aquí 30 de xaneiro de 2023 ás 12:59 (UTC)Responder
@Jockerouac: subidas dúas imaxes da Cidade Deportiva Afouteza. Un saúdo! --Estevo(aei)fálame aquí 5 de febreiro de 2023 ás 00:42 (UTC)Responder
@Jockerouac: subida a imaxe da Sede. Apertas! --Chairego apc (conversa) 5 de febreiro de 2023 ás 20:32 (UTC)Responder

Papeletas de voto editar

Ola!

Sería interesante, para documentar as eleccións municipais de 2023 en Galicia, que escaneásedes as papeletas electorais do voso concello e as subísedes a Commons. A categoría xenérica é c:Category:Ballot papers for the Spanish local elections, 2023, despois habería que ir creando categorías de seu; avisádeme se precisades axuda ao respecto. Un saúdo, e mil grazas. --Estevo(aei)fálame aquí 18 de maio de 2023 ás 10:31 (UTC)Responder

Subidas as de Vigo.   Feito! --Chairego apc (conversa) 19 de maio de 2023 ás 17:08 (UTC)Responder

Dereitos de autor imaxe dun cadro de principios do século XX editar

Bos días!

Subín a imaxe dun artigo sen imaxe, o de Timoteo Sánchez Freire. Podedes vela aquí [2] A imaxe foi tirada da web do Museo Virtual da USC, tal e como foi indicado. Non sei se fun contra algunha norma pois deste museo hai outros ficheiros subidos a WikiCommons, o autor do retrato é descoñecido, e o retratado faleceu en 1912. Moitas grazas pola axuda. Saúdos. --Xabade (conversa) 20 de setembro de 2023 ás 07:21 (UTC)Responder

Ola, @Xabade:. É importante coñecer a persoa autora do cadro, pois os dereitos de autoría da obra expiran cando pasan 80 anos do falecemento da persoa creadora. É dicir: aínda que o cadro se pintase en 1910, se quen o pintou faleceu en 1950 aínda tería copyright. Un saúdo! --Estevo(aei)fálame aquí 20 de setembro de 2023 ás 07:30 (UTC)Responder
Boas, @Estevoaei:; graciñas. Na web da que tirei a imaxe pon "autoría descoñecida", hai algunha reserva entón? Saúdos e grazas de novo --Xabade (conversa) 20 de setembro de 2023 ás 11:40 (UTC)Responder
@Xabade: non teño claro como proceder neste caso, a verdade :( En Telegram hai un grupo chamado Wikimedia Commons Community, quizais alí alguén saiba. En calquera caso, parabéns polo teu traballazo no artigo do Timoteo Sánchez Freire, tanto na procura de fontes como na identificación do propio cadro. Saúdos!! --Estevo(aei)fálame aquí 20 de setembro de 2023 ás 11:50 (UTC)Responder

Tradución de imaxe editar

Ola!

Anímase alguén a traducir ao galego a imaxe Ficheiro:Drupe fruit diagram.svg, para poder engadila -entre outros- ao artigo mesocarpo? Moitas grazas! --Estevo(aei)fálame aquí 29 de xaneiro de 2024 ás 10:38 (UTC)Responder

Primeira vez que o intento, polo que seguramente trabuqueime nalgunha parte; subín a tradución á sección de «SVG code», na parte de «Source code», pero non semella que se actualizase á imaxe. Parodper (conversa) 7 de febreiro de 2024 ás 16:56 (UTC)Responder

Eleccións ao Parlamento de Galicia de 2024 editar

Ola! Veño de crear commons:Category:Ballot papers for the 2024 Galician parliamentary election para incluír as imaxes das papeletas electorais das eleccións ao Parlamento de Galicia de 2024. Un saúdo! --Estevo(aei)fálame aquí 29 de xaneiro de 2024 ás 10:44 (UTC)Responder

Subín as da Coruña. Tamén teño a propaganda, por se é interesante subila. Parodper (conversa) 13 de febreiro de 2024 ás 15:31 (UTC)Responder