Wikipedia:A Taberna (imaxes)/Arquivo 6

Este é un arquivo da sección A Taberna (imaxes) da Taberna
Nesta páxina atópanse algúns dos fíos de conversa tratados nesta sección da Taberna que foron arquivados.
Por favor, non edites esta páxina. Para reavivar calquera destes debates, comeza un novo tema na páxina actual.
< Conversas vellas | Arquivos: 1, 2, 3, 4, 5, 6, 7, 8, 9, 10, 11, 12, 13, 14, 15

Chamada á votación sobre o filtro de imaxesEditar

A Fundación Wikimedia, baixo a dirección do Consello de Administración, realizará unha votación para determinar se os membros da comunidade apoian a creación e uso dun filtro persoal de carácter opcional que permitiría aos lectores agochar voluntariamente certos tipos de imaxes estritamente para a súa conta.

En breve, haberá dispoñibles máis detalles e materiais de consulta. A votación está prevista desde o 12 ao 27 de agosto de 2011; levarase a cabo en servidores aloxados por unha terceira parte neutral. Os detalles da votación, interventores, requirimentos de votación e materiais de consulta publicaranse en breve na páxina m:Image filter referendum.

En nome do comité de coordinación,
Philippe
Cbrown1023
Risker
Mardetanha
PeterSymonds
Robert Harris

[Texto extraído de m:Image filter referendum/Announcement/gl.] Saúdos! --Toliño Fala aquí comigo 14:01, 3 de xullo de 2011 (UTC)

Imaxes de personalidadesEditar

Hola, xente! Hoxe día 5 ás 20:30 na feira do libro de Vigo estará asinando libros Miguel Anxo Fernández Fernández, sería estupendo se alguén se achegase e lle tirase unha foto para a galipedia. Un saúdo. --Estevo(aei)pa o que queiras... 16:25, 5 de xullo de 2011 (UTC)

Ligazóns entre distintas entradas que usan a mesma imaxeEditar

Ollando a entrada Comarca do Eume vin que na sección Véxase tamén faltaba o escudo do Concello de A Capela. Fun á páxina do Concello e alí si que aparece o escudo. Comprobei tamén que na galería Escudos dos concellos da provincia de A Coruña tampouco aparecía o escudo deste concello. Conseguín que aparecera na galería copiando o nome do arquivo que aparecía na entrada do concello. O que non sei facer é que na entrada da Comarca do Eume apareza tamén o escudo. Como hai que facer?--Xosé Antonio 22:59, 19 de agosto de 2011 (UTC)

  Contestado por Alfonso na páxina de conversa de Xosé Antonio--. HombreDHojalata.conversa 09:11, 20 de agosto de 2011 (UTC)

necesito un favorEditar

Boas, colegas. Necesito que alguén que controle o deseño me faga un mapiña de España no que se coloreen varias provincias, segundo o número de enfermos intoxicados pola colza en 1981. Madrid ten que ir nunha cor; León e Valladolid, noutra cor; Segovia e Palencia, outra; Zamora, Salamanca, Ávila, Toledo, Burgos, Soria e Guadalajara, noutra; Santander, noutra; e Oviedo, Ourense e Biskaia nunha última cor. Podedes xogar con cores diferentes, sen máis, ou con tonalidades dunha mesma cor, dándolle a cor máis escura a Madrid, degradando as seguintes, e a cor máis clara para Oviedo, Ourense e Biskaia.

E se a alguén se lle ocorre algunha fotografía para o artigo, que a vaia facendo, que non sei como ilustralo. Grazas, Pedro --Lameiro (conversa) 23:08, 27 de agosto de 2011 (UTC)

O do mapa tentareino eu. E unha ilustración, podería ser, por exemplo: [Ficheiro:Lois Pereiro.jpg|thumb|O poeta galego Lois Pereiro foi un dos afectados pola síndrome.]--. HombreDHojalata.conversa 08:14, 28 de agosto de 2011 (UTC)
A ver se vale así--. HombreDHojalata.conversa 10:50, 28 de agosto de 2011 (UTC)
Case, case. As cores de Palencia e Segovia confúndense coas provincias limítrofes, polo que deberías xogar cos niveis de cor para que se diferencien ben. Tamén preferiría que aparecese o nome de cada provincia (das que teñen casos, claro). ¿Pode ser? Grazas. Canto ó de Lois Pereiro, xa o tiña en mente para unha sección sobre a casuística da intoxicación en Galicia, pero apenas atopo datos (e os poucos que hai, contraditorios), mesmo que este home morrera pola colza ou pola sida. Segue pensando noutras alternativas. Grazas, Pedro --Lameiro (conversa) 12:43, 28 de agosto de 2011 (UTC)

────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────Refíxeno de novo, matematicamente (emprego Inkscape) hai 30 puntos de luminancia entre cada unha das cores, a escala non me da para muito máis. Tes ben axustado o monitor? as veces é cousa diso. O do nome das provincias non queda moi ben na miniatura. En canto a máis imaxes, podes meterlle unha da planta da colza ou dun recipiente con aceite dela e no pé indicar que é, en condicións normais, cando non está desnaturalizado, un produto de uso alimentario, tes imaxes da planta, primeiros planos da flor, de colleitadoras traballando, das bodegas dos grandes barcos de transporte, de garrafas de aceite... en Wikimedia Commons Commons:Category:Brassica napus Commons:Category:Rapeseed oil...--. HombreDHojalata.conversa 12:51, 29 de agosto de 2011 (UTC)

Imaxes para borrarEditar

Non lembro como se marcan as imaxes para borrar.

Hai que borrar as imaxes categorizadas en Categoría:Imaxes do pazo da Hermida e que están ausentes por ter sido cambiado o seu nome en Commons. Pódense incorporar as presentes en Commons:Category:Lestrobe Towers. Gracias-- Lmbuga / Conversa comigo  09:04, 11 de setembro de 2011 (UTC)

imaxes da galipedia na prensaEditar

Non é a primeira vez que medios escritos utilizan imaxes da galipedia sen mencionar a procedencia nin a autoría. Tanto o Faro de Vigo o sábado 10 como La Voz de Galicia (na edición de Pontevedra) o luns 12, utilizaron esta imaxe do poeta Carlos Solla.

Pedinlle ao usuario Iago Pillado que escribise un correo para lle enviar ao periódico, e redactou este texto, penso que con moi bo criterio:

Saúdos.
Polo presente correo, póñome en contacto con vostedes para comunicarlles unha queixa en relación á propiedade intelectual dunha foto publicada no seu xornal.
O día dez de setembro, sábado, (doce de setembro no caso de La Voz) o seu xornal publicou, sen mencionar a autoría, unha fotografía do escritor e etnógrafo Carlos Solla Varela. Esta fotografía foi tomada por Adrián Estévez Iglesias, usuario da versión en lingua galega da enciclopedia en liña Wikipedia co nome de usuario Estevoaei. Realizouse durante a lectura do pregón da X festa da Sidra e da Mazá en San Tomé de Piñeiro, o día 12 de outubro de 2008. O día 13 de outubro de 2010, ás 20:02, coma consta no seu ficheiro, almacenouse e publicouse na versión en galego da Wikipedia, distribuíndose baixo a licenza de documentación libre de GNU, desenvolvida pola Free Software Fundation, na súa versión 1.2. Isto significa que, o autor, ao publicar a súa imaxe, por unha banda permite o seu uso libre por calquera, mesmo con fins de lucro, e, pola outra, obriga a aqueles que a utilicen a facelo baixo esa mesma licenza.
Ao publicar esa fotografía sen indicar a súa autoría nin, sobre todo, sinalar que calquera pode volver a usala libremente, o seu xornal incumpre a licenza que protexe a esa obra. Trátase, pois, dunha vulneración do dereito de propiedade intelectual do seu autor, que non cesa aínda que se renuncie ás retribucións económicas que da mesma puidesen derivarse.
Instamos ao seu xornal a rectificar esta vulneración, así como a previr que no futuro se dean de novo incumprimentos desta índole. Quen distribúen as súas creacións, neste caso unha fotografía, baixo unha licenza deste tipo, o único que piden é que se indique a autoría e que, quen as use, o faga coa mesma licencia orixinaria. Cousa que, desgrazadamente, o Faro de Vigo (ou La Voz) non fixo nesta ocasión.
Atentamente, (nome)

Animo á comunidade de usuarios e usuarias a mandar cadanseu e-mail aos dous periódicos (revisando o texto e colocando o procedente segundo se envíe a cartas@farodevigo.es ou a redac.pontevedra@lavoz.es), e a informar aquí de novos casos de uso fraudulento de imaxes. Un saúdo. --Estevo(aei)pa o que queiras... 07:59, 14 de setembro de 2011 (UTC)

Magnífica iniciativa. Concordo plenamente. Vou enviar os correos. --Xas (conversa) 08:06, 14 de setembro de 2011 (UTC)
Enviados; e por curiosidade púxenme a buscar e atopei isto coa mesma imaxe. --Beninho 08:25, 14 de setembro de 2011 (UTC)
Xenial o correo, cando teña un segundo a ver si os podo mandar. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 09:14, 14 de setembro de 2011 (UTC)
  •   Enviados --Atobar (conversa comigo) 13:26, 14 de setembro de 2011 (UTC)
    • Supoño que se nos escaparán moitos casos e que é difícil loitar contra a tentación do periodista de colle-la foto e xa está. O pasado xuño, o Diario de Pontevedra publicou unha foto de Paz Andrade que subira eu á Galipedia, e tampouco indicaron a orixe. Tras unha xestión de Estevo, cambiaron axiña o pé e engadiron "Lameiro/wikipedia". A min gústame que usen as nosas fotos (e os nosos textos), pero é de ben nacido ser agradecido e está ben dar á prensa un tirón de orellas cando esquecen indica-la fonte que, para min, debería indicar sempre "Galipedia", case mellor que o autor físico da foto. Moi ben feito. Pedro --Lameiro (conversa) 16:27, 14 de setembro de 2011 (UTC)
Bueno, realmente como autor da imaxe de marras escolliches a licenza "no dominio público". Empregue quen a empregue e para o uso que lle queira dar, non "é necesario indicar a súa orixe e mencionar a autoría". --. HombreDHojalata.conversa 18:59, 14 de setembro de 2011 (UTC)
  •   Enviados. Pero agora que reviso o ficheiro en cuestión ten razón HombreDHojalata, a foto ten doble licencia, GNU e CC-BY-SA (na Galipedia só ten a GNU, en Commons ten as dúas), o que implica que a xente que a use pode escoller a licencia que mellor lle conveña, si escollen usar a licencia GNU non teñen que indicar a autoría, só teñen que indicar que esa foto está no dominio público dicindo que ten esa licencia... --Elisardojm (conversa) 22:48, 14 de setembro de 2011 (UTC)
Confusión. Eu non me refería a imaxe Ficheiro:Carlos Solla.jpg. Referíame ó comentario de Lameiro onde fala do Ficheiro:Paz Andrade praza San Xose Pontevedra.jpg e do comentario que Estevo deixou no periódico. Cando Estevo di no comentario #1 do periódico "Cando se toman imaxes prestadas da wikipedia é necesario indicar a súa orixe e mencionar a autoría. Esta imaxe é de Lameiro, e foi publicada no dominio público. Calquera persoa pode utilizala, pero debe indicarse a súa autoría" comete dou erros. Se a imaxe foi licenciada no dominio publico, obviamente, nin é necesario indicar a súa orixe, nin ten porqué indicarse a súa autoría. Xa sabemos que se pode facer, que sería de educación, de ben agradecido... pero nin é "necesario" nin se "debe", non é obrigatorio.
Por outra banda. Eu tamén teño algo de confusión. Cando decides que todos mandaches correos ... referídesvos todos a mesma imaxe?, a de Ficheiro:Carlos Solla.jpg?, ou referídevos a varios casos que tendes cada un? Por curiosidade, poderiades ligar algún deses casos? Varias das fotos feitas por min foron empregadas pola web adiante, pero, ata onde eu detecto, a licencia respectase bastante. Despois póñovos algunhas ligazóns de exemplos. --. HombreDHojalata.conversa 07:11, 15 de setembro de 2011 (UTC)
Boeno, aínda que non te referises á imaxe de Carlos Solla, realmente é un caso algo parecido. Ó ter a licencia GNU, esa licencia só obriga a que se siga mantendo a licencia libre, é dicir que só teñen que indicar que a foto ten licencia GNU, non están obrigados a indicar o autor.
Sobre o dos correos, o que indicamos é que mandamos o correo que puxo Estevoaei pola imaxe de Carlos Solla ós periódicos da Voz e o Faro. Aínda que nalgúns casos se respecta a licencia correctamente é importante seguir e avisar dos casos nos que non se fai para que a xente (os periodistas principalmente) se vaia decatando de que non todo o monte é ourego. Igual que nós non podemos coller calquera cousa que atopemos na Internete eles tampouco poden coller o que lles pete. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 08:23, 15 de setembro de 2011 (UTC)


Coméntovos: cando revisei a licenza GNU non atopei que tivera que mencionar a autoría, e de feito xa pensaba que non tiña que facelo. O único seguro era que obrigaba a seguir transmitindo a fotografía coa mesma licenza. Sen embargo, coma non estaba seguro, e para curarme en saúde, preferín mencionar tamén a autoría. Por iso escribín: "Ao publicar esa fotografía sen indicar a súa autoría nin, sobre todo, sinalar que calquera pode volver a usala libremente, o seu xornal incumpre a licenza (...)". Entendo que o importante é, coma di Elisardojm, que os xornais se acostumen a respetar as licenzas. --Iago dime 08:41, 15 de setembro de 2011 (UTC)
Unha redactora de La Voz respondeu ao correo electrónico enviado por Iago Pillado, e dixo que "la imagen fue remitida por correo electrónico, junto con los datos de la noticia, desde el IEM (Instituto de Estudios Miñoranos), patrocinador principal de dicho premio de poesía. El remitente del correo fue Carlos Méixome y en ningún momento hizo constar quien era el autor de la fotografía". Por tanto, quizais se deban reenviar os mails mudando a redacción a direccion@minhor.org á atención de Carlos Méixome. Saúdos. --Estevo(aei)pa o que queiras... 13:33, 16 de setembro de 2011 (UTC)

Imaxes na Galipedia / imaxes en Wikimedia CommonsEditar

Fai tempo que teño ganas de comentar un feito do que igual tódolos usuarios non son conscientes.

Sabedes que as imaxes subidas á Galipedia non se poden empregar noutros proxectos? Non falo so dos proxectos noutras linguas. As imaxes subidas á Galipedia non se poden empregar nas Galicitas, nin no Galicionario, nin nos Galilibros, nin nas Galifontes ...

Curiosa e incongruentemente todos eses proxectos en galego tamén permiten a suba das súas propias imaxes, que, por suposto, non poden ser empregadas na Galipedia!, polo que alguén que quixera empregar a mesma imaxe en todos eles e refusara subila a Commons podería/tería que subila tantas veces como proxectos hai. Curioso, non si?

Porén, as imaxes subidas a Commons poden empregarse sempre, mesmo no Wikicitas en xaponés.

Por certo, para quen non o saiba, o sistema para subir fotos a Wikimedia Commons está en galego, é moito máis doado de empregar co da Galipedia e ofrece posibilidades que na Galipedia simplemente non existen e posiblemente non van existir nunca. Se alguén está interesado podo enumerarlle as vantaxes que ten.

Por non falar do dobre traballo que estamos a facer categorizando as imaxes aquí e acolá, que son moitas horiñas de choio.

Que opinión vos merece o tema?--. HombreDHojalata.conversa 21:28, 17 de setembro de 2011 (UTC)

  • Convincente, meu. Agora que o escribes, xa sufrín eu, cando facía algo no Galizionario, iso de non poder usar imaxes que subira a Galipedia. Temos que tomarnos isto en serio e empezar a pensar só en Commons á hora de falarmos de imaxes. Intentarei non esquecelo. Pedro --Lameiro (conversa) 21:54, 17 de setembro de 2011 (UTC)
  • Pero o que realmente temos que facer é votar cambiar a ligazón de Cargar ficheiros para que redirixa a Commons e pasar tódolos ficheiros que temos na Galipedia a Commons e despois borralos aquí. Na anterior conversa todos os que participamos estabamos dacordo en facer que fose Commons o repositorio único de imaxes da Galipedia, entón penso que si ninguén ten argumentos en contra para debatir xa vai sendo o momento de votar este cambio para levalo a cabo. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 22:22, 17 de setembro de 2011 (UTC)
  • E non hai ningún xeito de subir esas imaxes a Galicitas, Galicionario, Galilibros, e a Galifontes sen pasar por Commons?

Existiría a posibilidade de facer un Commons para os proxectos en galego?--PepedoCouto (dimo aquí) 10:07, 18 de setembro de 2011 (UTC)

Xa existe un Commons para os proxectos en galego, en ruso, en alemán... chámase Wikimedia Commons. Existe algún motivo para ter que evitar subir os ficheiros a Wikimedia Commons? Os artigos da Galipedia nútrense en boa parte dos contidos de Wikimedia Commons. E vou dar outro argumento. Agora que vai comezar a campaña interwiki/internacional anual de recadación. Todo o que vedes hai que almacenalo nuns servidores, que custan diñeiro. E os ficheiros ocupan moitísima máis memoria que o texto. A diferencia doutras web que se financian con publicidade ou mediante a correspondente couta, esta finánciase con doazóns. Doazóns de xente que responden ó lema "Imaxina un mundo no que cada persoa no planeta teña libre acceso á suma de todo o coñecemento humano". Non sei se hai moitos ou poucos doantes en Galicia, pero teño visto as listas de nomes na páxina da Fundación e moitos asemellan anglosaxóns, asiáticos ... Que credes que pensaría un doante coreano, ou unha doante de Sudáfrica, ou un rapaz de Venezuela, que poñen 5 dólares? Poño estes cartos para que os galegos almacenen fotos na súas páxinas que ninguén máis pode empregar ou poño estes cartos para poder reunir achegas de todo o mundo que estean dispoñibles para todo o mundo? Eu penso que subir imaxes para o noso uso exclusivo non concorda co espírito wiki.--. HombreDHojalata.conversa 10:43, 18 de setembro de 2011 (UTC)
O tema das categorizacións en Commons... é sumamente doado. Eu non falo nin unha palabra de inglés e traballo con iso tódolos días. Incluso poden deixarse as fotos sen categoría ningunha. Inmediatamente un bot as marca e non pasa muito tempo ata que outro usuario llas pon. Na Galipedia temos tido imaxes nosas sen categoría ningunha durante anos.
So hai que poñerlle un nome descritivo á imaxe, igual que se debería facer aquí segundo a nosa propia política de imaxes. En galego é perfectamente válido, por suposto. E facer unha boa descrición, como sempre, que se pode redactar en galego tamén, indicándoo con {{gl|Descrición do que sae na foto.}}, ou se pode facer en máis linguas, tantas coma a cada quen lle pete ( {{en|Descrición en inglés}}, {{es|...en castelán}}, {{fr|...francés}}, {{pt|...en portugués}}... ... ... ). Con todo, segundo a miña experiencia, a maioría das palabras que compoñen o nome e a descrición das fotos son nomes propios, e eses non precisan de tradución ningunha (exemplo: commons:File:Ombreiro, Lugo.jpg.
En caso de dúbida outra opción, ó comezo, é chantar a Category:Galicia (Spain) e xa virá alguén que a mude por unha máis específica. Para quen non o saiba, na Wikimedia Commons tamén hai categorías para todos e cada un dos concellos de Galicia, escritas co topónimo oficial. Facede a proba.
Somos varios os usuarios da Galipedia que temos experiencia en Commons, e non vai ser algo novo que traballemos mudando fotos a cats específicas. É algo que se fai a diario.--. HombreDHojalata.conversa 19:13, 18 de setembro de 2011 (UTC)
Outra cousa que ten Commons é que é un proxecto cos seus propios recursos e usuarios que se adican a traballar diariamente nel. Como en tódolos proxectos wiki hai moito traballo por facer pero pouco a pouco todo vai indo ó seu sitio. Este repositorio ten máis de 10 millóns de ficheiros e cada día medra máis, non só cos ficheiros particulares de usuarios, se non con multitude de achegas de museos e organismos. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 21:45, 18 de setembro de 2011 (UTC)
Coido que aquí é aplicable aquelo de que 'o que é común, é común, é común, ...' para Santiago ou para Okinawa. Saúdos, --46.26.198.170 05:30, 19 de setembro de 2011 (UTC)
Como referencia e mesmo como anécdota, expoño uns datos que igual non coñecedes, para que vexades que a proposta actual non é estraña nin inédita.
Ningunha das outras Wikipedias escritas nas linguas oficiais do estado admiten a suba de ficheiros. Remitindo todas elas a Wikimedia Commons. Refírome á Wikipedia en éuscaro, a Wikipedia en catalán e a Wikipedia en castelán. A correspondente votación da comunidade desta última tivo lugar no ano 2006 e aprobouse por 93 votos a favor e 29 en contra.--. HombreDHojalata.conversa 08:43, 20 de setembro de 2011 (UTC)
    • No canto da catalana suxeroche que mires ([1]) e polo que vexo na mesma castelán habia usuarios que tamén discrepaban ainda que gañarón os que estaban a favor, polo tanto nos creo que tamén temos que facer igual devatilo ,votar e aternos o que saia. Ainda que non vexo por que, o igual que agora, non poden estar as duas elecións despoñibles para quen queira facelo dun xeito ou doutro?--Alfonso (fálame sempre e pitame nas curvas) 05:13, 21 de setembro de 2011 (UTC)
Sen entrar noutras cuestións, só quería comentar que ese ficheiro en concreto do que falas, así como moitos presentes na Wikipedia en inglés, non tería cabida en Commons debido á súa licenza; e segundo as políticas da Galipedia tampouco se podería cargar aquí. Máis nada. --Toliño Fala aquí comigo 11:43, 21 de setembro de 2011 (UTC)

Amais dos argumentos que esgrimín na votación a prol de poder subir imaxes na galipedia, vou mencionar outro: as persoas que consultamos decote a páxina de cambios recentes, miramos tamén as imaxes cargadas. Isto permite aquelar os datos, categorizalas correctamente e axudar coas licenzas á xente que ten dúbidas. Quero supoñer que isto tamén se fará igual no caso de cargalas en commons, pero creo que sería unha desvantaxe non mirar na propia galipedia as imaxes cargadas recentemente, pois penso que se lles daría menos uso. --Estevo(aei)pa o que queiras... 22:57, 22 de setembro de 2011 (UTC)

Non lle vexo tanto problema, de aquelar os datos, categorizalas e axudar coas licencias xa se encarga unha morea de xente en Commons, e non creo que ás imaxes cargadas en Commons se lles de menos uso porque normalmente o que sube unha imaxe e pertence á Galipedia é para usala xa nun artigo... Ó mellor habería que preocuparse un pouco polos miles de imaxes que hai en Commons que non estamos utilizando aquí porque nin siquera as coñecemos... Saúdos, --Elisardojm (conversa) 23:34, 22 de setembro de 2011 (UTC)
  • Eu non podo votar e non sei se teño dereito a participar no debate pero sinceramente non teño tempo para ir mirar ese tipo de normas (desculpas anticipadas), de todas maneiras aí vai a miña opinión, só teño subido algunhas poucas fotos á Galipedia pero paréceme unha gran vantaxe abrir a utilización do material ao máximo número de utilidades posible. Sen ter coñecemento ningún teño que dicir que aquí estiven moi ben titorizada e dei con usuarios máis que amables que tiveron a paciencia de me indicar os erros e de corrixir aquilo que facía mal, neste sentido creo que é importante atopar esa axuda porque se fai complicado. Estiven mirando a páxina de Commons e de decidirdes subir as fotografías alí, creo que sería importante primeiro traducir ao galego a páxina dos criterios de imaxe de calidade e a de imaxes de calidade para podernos guiar alí. Saúdos. --Aprofa (Dime algo aquí) 18:40, 25 de setembro de 2011 (UTC)
Todos teñen dereito a participar no debate. E ti en concreto tes dereito a votar, pois cumples os dous requisitos:
  • Ter feito un mínimo de 150 contribucións válidas nos artigos.
  • Ter unha antigüidade mínima de 60 días, a contar desde a primeira edición e antes do inicio da votación.
--. HombreDHojalata.conversa 19:39, 25 de setembro de 2011 (UTC)
Non tiña nin idea de que tivese máis de 150 contribucións, grazas, daquela votarei.--Aprofa (Dime algo aquí) 19:00, 6 de outubro de 2011 (UTC)
Xa tes traducida Imaxes de calidade, esa era moi doada :), cando teña un momento tentarei traducir a outra. Está moi ben que os que o precisedes, vaiades poñendo as páxinas que vos parecen máis interesantes para traducir para ir facendo un espazo en galego en Commons o máis axeitado posible ás nosas necesidades. Saúdos,--Elisardojm (conversa) 23:08, 25 de setembro de 2011 (UTC)
Para traducir a outra podes copiar gran parte da páxina Wikipedia:Guía de imaxes de calidade que temos aquí na Galipedia, tradución obra de Lmbuga. --Toliño Fala aquí comigo 15:50, 27 de setembro de 2011 (UTC)
Moitas grazas aos dous --Aprofa (Dime algo aquí) 19:00, 6 de outubro de 2011 (UTC)
  • É normal que cando subo unha imaxe miña desde unha páxina da Galipedia acabe saíndome ao final unha páxina en castelán para cargala? A min pásame moitas veces cando premo nunha imaxe que xa está na páxina e premo en "ti tamén podes contribuír" da páxina da imaxe agrandada. Desde alí sáenme as páxinas de Commons, pero case sempre acaba saíndo unha páxina en castelán para cargar (e despois ao final de todo outra en inglés). Igual tiña que facelo doutra meneira... Pero éme moi cómodo facelo desde a páxina da visión agrandada dunha imaxe que xa estaba na páxina que estaba facendo, e desde alí cargo unha imaxe nova.Miguelferig 15:39, 27 de setembro de 2011 (UTC)
Non estou moi seguro do que falas, pero vou facer algunhas comprobacións. --Toliño Fala aquí comigo 15:48, 27 de setembro de 2011 (UTC)
Tes nas túas preferencias de Commons configurado o galego como lingua para a interface? --Toliño Fala aquí comigo 16:02, 27 de setembro de 2011 (UTC)
Cando entro en wikimedia comons desde a portada sáeme a páxina en galego, pero o menú sae en inglés. Por exemplo, di "My preferences", e se clicas alí sae todo en inglés. Na lingua de internasionalisation teño inglés. Será que teño que poñer galego?
Cando me refería a que me sae a páxina en castelán quero dicir o seguinte: Eu estou facendo unha páxina da galipedia que xa ten unha imaxe. Premo na imaxe e sáeme a páxina de descrición da imaxe coa imaxe en grande. Alí hai un link que pon "pode contribuír alí", que dá acceso a Commons. Cando o fago normalmente teño que volver a poñer o meu contrasinal para entrar en Commons e voulle dando a cargar ficheiros pero sae a páxina en castelán da portada de Commons e finalmente outra en inglés para subir a imaxe. Non é que me importe moito porque ao final todo acaba en Commons (supoño), pero o lóxico sería que saíse en galego. Sempre conseguín subir todo. Igual tiña que entrar directamente desde a portada a Commons e xa non pasaba iso.Miguelferig 15:55, 2 de outubro de 2011 (UTC)
Pon o galego nas túas preferencias de Commons e supoño que iso de castelán/inglés solucionado, ou polo menos se é cousa da interface. E logo podes botarlle unha ollada a Axuda:Rexistro unificado para aprender a non ter que volver poñer o contrasinal cando navegas a través dos wiki da Fundación Wikimedia. Saúdos e xa me contarás! --Toliño Fala aquí comigo 19:28, 2 de outubro de 2011 (UTC)
Votacións
Artigos e imaxes destacados

Artigos de calidade (Propor · Votar)
Artigos bos (Propor · Votar)
Artigo destacado (Propor · Votar)
Artigo sobre Galicia (Propor · Votar)
Imaxe do día (Propor · Votar)

Políticas e normas

Votacións en curso
Resultados de votacións

Votacións para borrar

Artigos propostos para borrar (Votar)
Ficheiros propostos para borrar

Permisos de usuarios

Votacións á administración
Peticións de aprobación de bots

Pechada a votación cómpre das as gracias e os parabéns a todos. É inédito na Galipedia un índice de participación semellante nun debate/votación. Animádevos e continuade facendo as vosas achegas noutras propostas. Véxase o cadro da dereita. --. HombreDHojalata.conversa 17:04, 19 de outubro de 2011 (UTC)

Renomear imaxes en Wikimedia CommonsEditar

Déronme permisos de renomeador de ficheiros en Wikimedia Commons. Se alguén se trabuca no título ao subir unha imaxe pode dicirmo directamente e axudareille con gusto--. HombreDHojalata.conversa 18:08, 6 de outubro de 2011 (UTC)

Moi ben!, iso será ben útil para mellorar o nome de moitos ficheiros. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 22:44, 6 de outubro de 2011 (UTC)

Pequeno cambio na portada galega de CommonsEditar

Fixemos uns pequenos cambios na portada de Commons para tentar facilitar o seu uso. Agora na portada está a árbore de tódalas subcategorías da categoría Galicia en inglés, e tamén en galego. O que facía falta alí era ordenalas un pouco, pero mentres tanto estas son as que hai:

Edificios e estruturas · Cultura · Economía · Xeografía · Historia · Paisaxes · Natureza · Obxectos · Panorámicas · Xente · Política · Servizos públicos · Relixión · Ciencia e tecnoloxía · Deportes · Símbolos · Transportes · Relixión · Muros e murallas

Cidades de GaliciaEditar

Concellos
Cidades e pobos
Santiago de Compostela · A Coruña · Lugo · Ourense · Pontevedra · Vigo · Ferrol

VariosEditar

Imaxes de calidade · Imaxes destacadas · Mapas de Galicia · Escudos de Galicia · Gráficas · Vídeos · Galicia por ano · Animacións

Saúdos, --Elisardojm (conversa) 01:00, 13 de novembro de 2011 (UTC)

LogotiposEditar

Non atopei se este tema plantexara por aquí (se está desculpade). O tema é que moitas wikipedia, con respecto aos clubs deportivos utilizan nos artigos os logotipos oficiais segundo este tipo de licencia (entre elas a wikipedia catalá, da cal vou tomar prestado o texto):

"Esta imaxe é un logotipo ou un signo de identificación dunha organicación, producto ou servizo, protexido por dereitos de autor e/ou dereito de marca. Crese que o uso non comercial de logotipos e signos visuais de marcas, en baixa resolución, para identificar ao seu titular no seu artigo, con propósito didáctico, na Viquipèdia en catalán, está xustificado porque

  • é unha das excepcións previstas pola Fundación como obra protexida de identificación,
  • está dentro dos límites do dereito comercial de marca, dintre dels límits del dret convencional de marca,
  • é de uso lexítimo nos Estatados Unidos, sede da Fundación Wikimedia."

Outros usos desta imaxe, na Viquipèdia ou calquera outro lugar pode ser ilegal. Recoméndase non reutilizala sen asegurarse. O uso deste logotipo non implica o apoio da Viquipèdia ou da Fundación Wikimedia á organización, así como tampouco o apoio da organización á Viquipèdia ou á Fundación Wikimedia. Véxase o noso aviso legal."

Sería posible utilizar isto na Wikipedia? Pregúntoo dende o absoluto descoñecemento do tema.--Adorian (fálame) 14:17, 13 de novembro de 2011 (UTC)

  • Nin idea, pero sería utilísimo. Eu xa vira esa excepción no cadro do Guernica, que eles teñen o formato orixinal mentres que o resto das wikis temos que utilizar ese mural de azulexos. O que tamén pasa é que iso de considerar o uso como unha excepción lexítima pode converterse nun coladero. Pedro --Lameiro (conversa) 14:59, 13 de novembro de 2011 (UTC)
Discordo. Penso que as razóns expostas non son máis que escusas, e non teñen soporte nas leis internacionais nin españolas. --. HombreDHojalata.conversa 17:33, 13 de novembro de 2011 (UTC)
O uso que están facendo deses ficheiros é o que se denomina Uso lexítimo, ou Fair use en inglés, e que non entra na política de uso de imaxes da Galipedia. Ese uso con fins educativos aínda que poda ser moi bonito vai en contra da idea de contidos libres das wikipedias e pode traer problemas legais para os proxectos. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 13:15, 14 de novembro de 2011 (UTC)

Solicito o borrado da versión primeiraEditar

Solicito o borrado da primeira versión (22:13, 13 de novembro de 2011) do aquivo Ficheiro:Galipedia.pdf por copyvio. Problema solucionado na segunda versión. Grazas-- Lmbuga / Conversa comigo  18:47, 17 de novembro de 2011 (UTC)

Podo explicar o sucedido, pero non vexo necesario facer perder o tempo a ninguén: Na primeira versión hai un copyvio-- Lmbuga / Conversa comigo  18:49, 17 de novembro de 2011 (UTC)
  Feito! E, se me permites, estaría ben que corrixises que cando non se sabe de ningunha categoría que poñer o marcador é {{sencat}} e non {{semcat}}. Aparece varias veces. En calquera caso, botando unha ollada por riba, semella un magnífico traballo de sintetización do máis básico. Graciñas e saúdos! --Toliño Fala aquí comigo 18:57, 17 de novembro de 2011 (UTC)

Concurso fotografa os petróglifosEditar

Por se lle interesa a alguén comento que o Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre organiza un pequeno concurso de fotografías dos petróglifos do parque. Poden participar fotos que se fagan ata fin de ano ou que se fixeran dende a inauguración. A información está en http://www.paar.es/concursog.html. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 22:55, 21 de novembro de 2011 (UTC)

Al Jazeera libera imaxes en FlickrEditar

Según comentan na lista de correo da asociación a cadea de TV Al Jazeera liberou as súas imaxes en Flickr con licencia CC-BY-SA e xa hai xente pasándoas a Commons, xa hai algunhas aquí. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 23:58, 23 de novembro de 2011 (UTC)

Fotos de Sarria problemáticasEditar

Boas. Estaba eu mirando as imaxes dos castelos e de súpeto atopei esta foto... É unha foto antiga e na descrición di que está cedida polo Arquivo histórico de Sarria (pero non creo que o Arquivo teña os dereitos da foto porque non a fixeron eles, o que había que saber era a data de falecemento do autor da mesma para mirar se está no dominio público), pero, según tiña entendido e tamén vin na conversa do usuario, ese tipo de atribucións non se poden poñer na Galipedia (podedes ver aquí os avisos doutras fotos que se lle borraron a este usuario). O caso é que hai moitas máis fotos de Sarria deste usuario que están na mesma situación e o problema é que o usuario xa non edita dende o 2006 co cal penso que será complicado contactar con el. A solución máis sinxela é borrar tódalas fotos incorrectas que subeu pero se a alguén se lle ocorre algunha forma de amañar isto que o comente. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 09:18, 1 de decembro de 2011 (UTC)

Capas de libros con dereitos expiradosEditar

Boa noite! Ultimamente andei a cargar capas de libros cos dereitos de autoría xa expirados, baseándome en edicións facsímiles. Categoriceinas en Portadas de obras literarias en lingua galega e Portadas de obras literarias galegas en lingua castelá. Gustaríame coñecer a opinión da comunidade sobre os títulos das categorías e sobre as descricións das imaxes, xa que tiven que improvisar en certo modo. Graciñas. --Estevo(aei)pa o que queiras... 00:04, 9 de decembro de 2011 (UTC)

Bo traballo!.
Pegas. Tódalas demais categorías de imaxes que temos comezan por Categoría:Imaxes ... e estas non. Había que amañar iso.
No tema das nais desas categorías. Para buscarllas hai que descompoñelas:
Por exemplo: Categoría:Portadas de obras literarias en lingua galega pode descompoñerse en:
Imaxes
Portadas...
...obras literarias... → Metina en Categoría:Obras literarias en galego
... lingua galega → Metina en Categoría:Imaxes sobre a lingua galega
Por buscarlle mais pegas: Ocórreseme que igual non todas as Portadas de obras literarias en lingua galega teñen que ir en Imaxes sobre Literatura en Galicia. Igual se da algún caso que podería ir en Imaxes sobre Literatura na Arxentina, por exemplo. Outro tanto se podería dicir de Portadas de obras literarias galegas en lingua castelá. Que quere dicir galegas? Inclúe as editadas en Galicia por autores foráneos? Inclúe as editadas fora de Galicia por autores galegos? Todo iso hai que telo claro para poder poñerlle ben as categorías nais. Nas categorías pódese incluír un par de liñas de texto explicando cal é o contido. Nestes casos sería bo facelo.
En canto as descricións, as vexo moi ben. Eu so mudaría unha cousa. No apartado data deixaría unicamente a da obra orixinal. Suponse que tanto o que fixo o facsimil, coma ti mesmo, non engadiches nada, que é unha mera reprodución exacta (ese é o motivo de que sexa Dominio Público), por tanto a data do facsimil ou a data do escaneado son irrelevantes para os nosos obxectivos e engaden información innecesaria que pode levar a confusión.
Por outra banda, xa coñeces o meu punto de vista. Paréceme desacertado non subir as imaxes directamente a Wikimedia Commons para que as poida desfrutar facilmente todo o mundo. Dígocho só porque me preguntaches a miña opinión ;-) --. HombreDHojalata.conversa 09:23, 9 de decembro de 2011 (UTC)
Graciñas polas achegas; modifiquei os nomes das categorías (agora son Imaxes de obras literarias en lingua galega e Imaxes de obras literarias en lingua castelá). --Estevo(aei)pa o que queiras... 07:40, 12 de decembro de 2011 (UTC)

Imaxes aéreas do SIXPACEditar

Estes días pasados decatámonos HombreDHojalata e máis eu de que é posible subir a Commons imaxes capturadas do SIXPAC [2] porque é unha ferramenta de uso público que permite descargar as súas imaxes coa única condición de indicar a orixe. Estas imaxes poden dar información interesante de lugares e incluso monumentos, ademais de que sempre poden ser un recurso para engadir imaxes a artigos dos que non se poden conseguir outras fotos. En Commons está creada a categoría SIGPAC para ir engadindo alí as imaxes e tamén hai dous modelos para achegarlles o {{Attribution}} e o {{PermissionOTRS-ID|2010032310036304}} para indicar as condicións e os permisos axeitados. Así que xa sabedes, a voar polo SIXPAC e a facer fotos :) (Por certo, se usades esta ferramenta será moi útil que ás imaxes lles poñades as coordenadas que xa vos indica). Saúdos, --Elisardojm (conversa) 02:35, 31 de decembro de 2011 (UTC)