Wikipedia:A Taberna (imaxes)/Arquivo 7

Este é un arquivo da sección A Taberna (imaxes) da Taberna
Nesta páxina atópanse algúns dos fíos de conversa tratados nesta sección da Taberna que foron arquivados.
Por favor, non edites esta páxina. Para reavivar calquera destes debates, comeza un novo tema na páxina actual.
< Conversas vellas | Arquivos: 1, 2, 3, 4, 5, 6, 7, 8, 9, 10, 11, 12, 13, 14, 15

Fotos de casas de concellosEditar

Fai unhas semanas que estase a organizar nesta páxina a galería de imaxes de casas dos concellos, nela están as listas dos concellos que faltan e estaría moi ben que os que tivesen posibilidade de achegar algunha foto deste tipo o fixeran, e actualizaran esa conversa para levar o control do progreso desta tarefa. Xa hai fotos de 163 casas dos 315 concellos, a metade do choio está feito, a mágoa é que agora queda a metade dura, a maioría das casas de concellos de Ourense e Lugo... Saúdos, --Elisardojm (conversa) 15:48, 13 de marzo de 2012 (UTC)

Categorías para clasificar ficheiros reutilizados fóra da GalipediaEditar

En Commons teñen as categorías commons:Category:Commons as a media source e commons:Category:Images used by media organizations but violating license terms, a primeira para clasificar os ficheiros reutilizados fóra de Commons coa licenza correcta e a segunda para identificar as violacións da licenza (poñen un aviso na conversa do ficheiro para que apareza clasificado na categoría). Coido que sería interesante ter polo menos a primeira das categorías para coñecer onde se reutilizan os ficheiros que cargaron, aquí ou en Commons, os colaboradores da Galipedia. Un cordial saúdo. --Prevertgl 18:01, 14 de marzo de 2012 (UTC)

Ilustracións de Escola de arte Llotja en CommonsEditar

Grazas a un proxecto de Amical Viquipèdia algúns alumnos da Escola de arte e deseño Llotja están facendo as súas prácticas profesionais con eles e publicando os seus traballos de forma libre en Commons. A páxina do proxecto está aquí, hai algunhas ilustracións de xente que é moi complicado conseguir para as wikis e que poden engadirse ós artigos. Do mesmo xeito se alguén ten contacto con algunha escola de arte, e quixera facer algo parecido teño a dirección de correo da xente que organizou este proxecto e que xa se ofreceron a asesorar ós que queran facer cousas similares. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 08:06, 27 de marzo de 2012 (UTC)

Preciso axuda con unha fotoEditar

Antes de nada saúdo a todos os galipedistas xa que eu son novel coma usuario-non-anónimo, e agradeceren a todos o excelente traballo. O tema désta mensaxe é que redactei unha entrada da Facultade das Ciencias Económicas e Empresariais da USC e vivo actualmente en Lugo(aínda que estudo en Santiago) e topeime con que non teño imaxe da facultade baixo licencia CC, a miña pregunta e se alguén pasa por diante(se lle queda no camiño) ou se ten algunha fotografía se a pode compartir pra completalo Wiki. Moitas grazas e unha aperta a todos e outro a vosa disposición. --Dikinson01 (conversa) 12:05, 1 de abril de 2012 (UTC)

Imaxes actuais libres en Praza públicaEditar

Acabo de decatarme, si hoxe caín da burra, de que o diario dixital Praza pública comparte moitas das súas imaxes con licencia CC-BY ou CC-BY-SA, que son totalmente compatibeis con Commons e a Galipedia. Isto quere dicir que podemos pasar das súas páxinas unha boa cantidade de imaxes actuais de políticos e personaxes varios. Acabo de facelo con Gerardo Conde Roa, aínda teño que meter algo máis de información na páxina da imaxe e logo haberá que facer unha categoría para elas. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 00:53, 17 de abril de 2012 (UTC)

Aqui tedes outra imaxe CC-BY con Avelino González, Xesús Ron e Xulio Lago, os tres finalistas a mellor dirección nos Premios María Casares do Teatro. Esta aínda non a pasei a Commons pero vai coma exemplo :). Saúdos, --Elisardojm (conversa) 01:16, 17 de abril de 2012 (UTC)
Por certo, que eles dan pero tamén toman, coma exemplo esta foto :). Saúdos, --Elisardojm (conversa) 09:29, 17 de abril de 2012 (UTC)
Excelente noticia! Bo traballo Elisardo! --. HombreDHojalata.conversa 21:13, 22 de abril de 2012 (UTC)
Xa está pasada a imaxe de Avelino González, agora hai que facer os artigos de Xesús Ron e Xulio Lago :). E aínda hai máis fotos para pasar, así que xa tedes outro motivo para mirar o periódico tódolos días ;). Saúdos, --Elisardojm (conversa) 22:18, 22 de abril de 2012 (UTC)
Outro medio que inclúe os seus contidos en CC-BY (2.5) é Galicia Confidencial (agás cando se explicita o contrario).
Por certo, velaquí outro exemplo de que Praza Pública non só dá, senón que tamén toma, e respecta os dereitos de autoría, algo que é moi de agradecer. --Estevo(aei)pa o que queiras... 10:50, 9 de maio de 2012 (UTC)
Está moi ben esa ligazón, a ver se cunde o exemplo! :). A imaxe que dis xa a vin estes días e tamén vin outra no artigo de Paz Andrade (logo poño a ligazón que co exploter non me funciona). Saúdos, --Elisardojm (conversa) 11:25, 9 de maio de 2012 (UTC)
Quieto parao!, onde está o de que Galicia Confidencial é CC-BY?. É que eu só vexo que ten licenza CC BY-NC-ND e esa licenza non é compatible con Commons... No Aviso legal non di nada e o que teñen no pé das páxinas é a ligazón que puxen á licenza CC-BY-NC-ND... Saúdos, --Elisardojm (conversa) 11:35, 9 de maio de 2012 (UTC)
Ben visto, Elisardo; graciñas! Precipiteime ao mirar por riba, non lera atentamente as condicións de uso. Un saúdo. --Estevo(aei)pa o que queiras... 12:10, 9 de maio de 2012 (UTC)
Unha mágoa, pero hai outro sitio que si ten imaxes CC-BY-SA, é Certo Xornal, o xornal virtual do Barbanza que tamén ten unha galería en Flickr con moitas fotos (non todas) CC-BY-SA e das que varias xa foron imaxes da semana. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 12:37, 9 de maio de 2012 (UTC)

Pedida de borradoEditar

Facendo unha proba, fixen unha parbada : quixén subir na Galipedia o ficheiro de Lameiro retocado por Lmbuga, Ficheiro:Melide Santa Maria San Lucas.jpg; e por primeira vez utilizei a opción : Cargar unha nova versión deste ficheiro. Non cavilei moito. Eu queria dar con outro ficheiro. Pido que borrese a versión que veño de engadir e que quede como o tiña subido Lameiro. Lmbuga dixo que iba renomear o retocado en commons, polo tanto todo quedara en orden e teremos as dúas versions sen faltarlle de respeto a Lameiro (que me perdoé). --Elvira (Conversa comigo) 22:01, 22 de abril de 2012 (UTC)

  • Comparando a foto orixinal coa retocada por Lmbuga non paga a pena conservar aquela. A de Lmbuga mellora con creces a orixinal. E tranquila, Elvire, que xa sabemos que nada máis lonxe que faltar ó respecto a ninguén. Pedro --Lameiro (conversa) 22:14, 22 de abril de 2012 (UTC)
  Feito! Só hai que darlle a reverter. Pódeo facer calquera. --. HombreDHojalata.conversa 22:17, 22 de abril de 2012 (UTC)
Miña beizon para volos dous. Claro que sei reverter ! Co medo que me botei atonlondreime un pouco mais ! --Elvira (Conversa comigo) 22:38, 22 de abril de 2012 (UTC)

Necesito unha foto do pangaEditar

¿Alguén que aínda coma panga pode tirar unha foto bonita duns filetes de panga? Viríanme moi ben para o artigo Panga. Graciñas. Pedro --Lameiro (conversa) 18:38, 23 de abril de 2012 (UTC)

Igual che vale algunha destas (todas teñen licenza válida):

--. HombreDHojalata.conversa 19:01, 23 de abril de 2012 (UTC)

¿Podes pasala á colección da Galipedia? Eu non sei como se fai tal cousa. Grazas, Pedro --Lameiro (conversa) 19:29, 23 de abril de 2012 (UTC)

  Subida. --. HombreDHojalata.conversa 19:45, 23 de abril de 2012 (UTC)

Xaime Isla CoutoEditar

Hoxe día 26, ás 5 da tarde, é o enterro de Xaime Isla Couto no camposanto vigués de Pereiró. Sería estupendo se alguén estivese por alá para tirar imaxes. Un saúdo. --Estevo(aei)pa o que queiras... 09:00, 26 de abril de 2012 (UTC)

OpenStreetMapEditar

Boas a todos. Quero saber se os mapas de OpenStreetMap poder ser cargados na Wikipedia en forma de capturas para ser empregados nos artigos. Non teño coñecementos no que atinxe a licencias de imaxes, por iso preciso axuda. Na parte baixa dos mapas pódese ler o seguinte texto: "Mapa: © 2012 OpenStreetMap contributors, CC-BY-SA". ¿Qué quere dicir?. Graciñas. -- JonnyJonny (conversa) 23:26, 3 de maio de 2012 (UTC)

A licenza CC-BY-SA é unha licenza libre e que só che obriga a indicar quén é o autor da obra e a compartila coa mesma licenza. É a mesma que se usa en moitísimas das imaxes e é compatible 100% con Commons e a Galipedia. Sobre imáxenes de satélite tamén che pode interesar o comentario que puxen arriba sobre capturar fotos do SIXPAC. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 01:19, 4 de maio de 2012 (UTC)
Pois se é así, xa tardo en aproveitarme delo. A mín paréceme do mais interesante engadir ese tipo de imaxes a certos artigos. Se cadra mañán mesmo cargo un primeiro mapa, e xa me diredes se lle teño que facer algo para respectar as licencias. Graciñas xefe. -- JonnyJonny (conversa) 01:35, 4 de maio de 2012 (UTC)
OpenStreetMap é unha estupendo recurso para facer obras derivadas. Tes un exemplo no noso artigo Guerra do Rif e moitos máis na Commons:Category:OpenStreetMap maps. --. HombreDHojalata.conversa 07:41, 4 de maio de 2012 (UTC)
Onte carguei a imaxe Mapa Ferrol.jpg, de OpenStreetMap, pero non sei como engadir a información sobre a licencia, que é "CC-BY-SA-2.0". Se podedes, axudádeme co ficheiro. Graciñas. -- JonnyJonny (conversa) 11:18, 9 de maio de 2012 (UTC)
Simplemente engade {{Cc-by-sa-2.0}}. --. HombreDHojalata.conversa 10:50, 11 de maio de 2012 (UTC)

Conseguir imaxes de tódolos concellos de GaliciaEditar

 
Concellos sen imaxes a 23 de setembro de 2012.

Boas, estas últimas semanas estiven mirando os artigos dos concellos e facendo algúns apaños e revisando, e atopei que só hai 15 concellos de Galicia sen imaxes. Entón estiven pensando que ós que lles interese completar esta tarefa poderíamos organizarnos para atopar imaxes libres deses sitios. A idea sería que un usuario encargue dun ou dous concellos e así entre varios a tarefa sería máis levadeira. Fixen unha pequena páxina para organizarnos, é esta pero podemos facelo onde vexades.

¿E onde se poden conseguir imaxes?. Pois hai moitos sitios pero o problema é que a maioría deles teñen dereitos reservados e non valen pero a idea desta tarefa é que nos poñamos en contacto coa xente que ten imaxes deses concellos e lles pidamos que cambien a súa licenza. Hai moita xente, por exemplo en Flickr, que só teñen os dereitos reservados porque é a que ten por defecto a páxina e que se llo pide alguén non ten problema en poñer unha licenza libre, e si lle contamos que é para a Galipedia aínda menos ;). Igual que Flickr hai outros moitos sitios de fotos, panoramio, http://www.arteyfotografia.com.ar/, etc, e poden buscarse fotos directamente co google e logo, se hai unha ligazón de contacto, falar co autor. Outra posibilidade sería contactar cos concellos e preguntar se poden poñer algunha foto nalgún sitio de publicación de imaxes, o máis sinxelo é Flickr, e que lle poñan unha licencia libre... Iso si, ó falar coa xente hai que explicarlle ben os termos da licenza, sobretodo o do uso comercial, para que non se leven a engano. Nos próximos días farei un modelo de carta na páxina anterior e podemos revisala entre os interesados para usala nas comunicacións coa xente.

Faltan moi poucas fotos, se cada un se encarga dun concello maloserá que non academos este fito sen problemas :). Saúdos, --Elisardojm (conversa) 10:36, 22 de maio de 2012 (UTC)

Persoalmente, agradeceríache que me indicases na miña páxina de conversa, xa que eu non paso case nunca por aquí, cales son eses concellos. Podería intentar visitalos no verán para tirar unhas fotos. Grazas-- Lmbuga / Conversa comigo  05:15, 26 de maio de 2012 (UTC)
Acabo de ver a ligazón que facilitaches e risquei as miñas palabras anteriores. Procurarei visitar algún deses concellos no verán. Grazas, fixeches un moi bo traballo.-- Lmbuga / Conversa comigo  05:19, 26 de maio de 2012 (UTC)

Coas últimas colaboracións só quedan 8 concellos sen imaxes, Bóveda, Rábade, Castrelo do Val, Gomesende, Larouco, Padrenda, Pontedeva e San Xoán de Río, xa falta menos para pintar a tódolos concellos galegos!. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 20:59, 23 de setembro de 2012 (UTC)

Xa está San Xoán de Río, agora só faltan 7 concellos. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 00:43, 7 de outubro de 2012 (UTC)
Onte fun ós concellos de Gomesende, Padrende, Pontedeva e Quintela de Leirado... Agora xa quedan 4!!, e estou planeando unha viaxe ó concello de A veiga, e Larouco vai cair seguro... Saúdos. La fabrica de nubes (fálame) 21:57, 8 de outubro de 2012 (UTC)
Vaia voltiña rapás! :), así non me das tempo nin a actualizar o mapa!! :D. Xenial o teu traballo, pois se ti vas ir por Larouco eu vou tentar conseguir algunha de Bóveda en Panoramio, a ver se hai sorte. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 23:26, 8 de outubro de 2012 (UTC)

Propor imaxes propiasEditar

Véxase Wikipedia:A Taberna (políticas)#Propor imaxes propias-- Lmbuga / Conversa comigo  05:13, 26 de maio de 2012 (UTC)

Xente anónima que sae nos ficheirosEditar

Boas! Quixera subir unhas imaxes da romaría de San Miguel de Breamo, concretamente da procesión do santo ao redor da capela. Teño dúbidas sobre se se pode cargar a imaxe ou non pois sae xente. Vin unha discusión en Commons ao respecto e resulta que nalgúns países como Alemaña, Austria e algúns estados dos EU é ilegal facer uso público desas imaxes se non hai consentimento expreso. Alguén sabe como está o tema por aquí?--Xosé Antonio (fálame sempre) 17:14, 30 de maio de 2012 (UTC)

Eu procuro evitalo o máximo posible inda que as veces é moi complicado (1).
Temos un marcador (en inglés!) para engadir na ficha da foto: {{Personality rights}}. --. HombreDHojalata.conversa 17:31, 30 de maio de 2012 (UTC)
O artigo en:Personality_rights#Spain fala do caso español. --. HombreDHojalata.conversa 17:37, 30 de maio de 2012 (UTC)
Abonda co que me contas. Probabelmente non pase nada pero non me quero arriscar a ter que pagar 60.000€, home non é que sexa gran cousa :-) pero non están os tempos para tirar os cartos. Grazas pola información. --Xosé Antonio (fálame sempre) 18:00, 30 de maio de 2012 (UTC)

Carga de imaxesEditar

Benquerida comunidade: abro este fío para pedir a vosa opinión.

Penso que o actual sistema para subir imaxes é bastante complicado, e bota para atrás á xente menos experimentada. Onte mesmo intentei explicarlle a unha persoa como subir unha imaxe de Roberto Vidal Bolaño. Mandeille por correo os pasos que debía facer e os textos que debía incluír.

A primeira dificultade coa que se atopou foi que para subir imaxes cómpre rexistrarse, e que a conta de usuario estea confirmada. Paréceme inxusto, pois cómpre ter boa fe e confiar en que a persoa que sube a imaxe teña os dereitos, igual que unha IP pode facer edicións de texto e confiamos en que edite con criterio.

Neste caso concreto dáme moita mágoa, pois é unha imaxe ben importante (Wikiproxecto:Letras Galegas 2013); xa pasara algo similar hai un ano cando Xosé Manuel Pereiro quixera subir unha imaxe do seu irmán Lois, e menos mal que daquela o usuario tivera paciencia.

Penso que sería moi útil que se puidese subir imaxes de forma anónima. Non creo que dese moitos máis quebradeiros de cabeza cós actuais: tamén agora cómpre explicar o funcionamento e o asunto das licenzas á moita xente pouco experimentada.

Un saúdo. --Estevo(aei)pa o que queiras... 17:35, 27 de xuño de 2012 (UTC)

Deixo o apuntamento rápido: O feito de que haxa que ser un usuario autoconfirmado non depende de nós. Que eu saiba non podemos cambiar iso, vén predeterminado polo software de MediaWiki. No que si estou de acordo é en que deberiamos simplificar o sistema de cargas canto poidamos (non sei se mellorando a interface) e apoiar o propio sistema en renovadas páxinas de axuda que expliquen o máis básico no tema das licenzas. --Toliño Fala aquí comigo 17:39, 27 de xuño de 2012 (UTC)
En Commons o novo proceso de carga de ficheiros, vai paso por paso e permite cargar varias imaxes ó tempo, creo que é bastante simple e que axuda moito. Tamén ten unha páxina inicial explicando as imaxes que se poden cargar e as que non. Todo en galego. Eso si, tampouco permite subir imaxes de forma anónima. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 13:12, 1 de outubro de 2012 (UTC)