Wikipedia:A Taberna (imaxes)/Arquivo 14

Este é un arquivo da sección A Taberna (imaxes) da Taberna
Nesta páxina atópanse algúns dos fíos de conversa tratados nesta sección da Taberna que foron arquivados.
Por favor, non edites esta páxina. Para reavivar calquera destes debates, comeza un novo tema na páxina actual.
< Conversas vellas | Arquivos: 1, 2, 3, 4, 5, 6, 7, 8, 9, 10, 11, 12, 13, 14, 15

Mediateca da RAGC editar

A Mediateca da web da Real Academia Galega das Ciencias ten imaxes interesantes, segundo o seu aviso legal compatibles coa licenza cc-by. Subín en Commons algunhas das que localizei os artigos correspondentes que non tiñan imaxes, déixo a mensaxe aquí por se alguén localiza a alguén máis ou considera útil subir algunha outra. Banjo tell me 10 de xaneiro de 2018 ás 21:05 (UTC)[responder]

Boa fonte para imaxes de persoeiros Banjo, eu xa subín dúas máis pero aínda teño que seguir mirando, grazas. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 11 de xaneiro de 2018 ás 09:44 (UTC)[responder]

logos e escudos editar

a galipedia medra e necesitamos máis material gráfico. Pódese coller doutras wikipedias pero é obvio que no caso de pequenas empresas, clubes ou cidades ninguén se vai baixar a facer o chollo fora de galiza. Tivemos a sorte que empresas galegas como televés o logo foi deseñado fora. A versión feita aquí foi borrada (que era igual ou mellor). Non se pode agardar a que os demáis fagan deseños e que aquí sexan aceptados. Habería que buscar unha solución (se a hai) para facer e aceptar deseños creados baixo demanda. Temos páxinas que non teñen logos ou escudos porque son borrados sistemáticamente. Non se poden facer versións dos deseños oficias, nin tampouco se aceptan adaptacións. Se veñen de fora si son aceptadas, curiosamente. Hai alternativas? Porque se pode facer o deseño dun escudo (unha adaptación) e non se pode facer con un logo? Xa vemos que se o logo é dunha empresa coñecida se acepta sen máis (sempre que o fagan outros, ollo) --77.229.63.80 22 de abril de 2018 ás 01:06 (UTC)[responder]

 
Escudo do concello de Culleredo.
Sobre Televés, podes dicir o que tiña o ficheiro borrado? Se só tiña o nome da empresa, como é o que hai agora, entón o ficheiro seguramente foi borrado de forma incorrecta e podería pedirse que se restaurara.
O que hai que ter claro primeiro, tanto os que crean imaxes como os que solicitan o seu borrado, é que imaxes se poden reproducir e cales non. Se un logo dunha empresa, como o de Televés por exemplo, só está formado por letras, ese deseño non ten dereitos de autor porque non supera o que se denomina "limiar de orixinalidade" (nesta páxina inclúense exemplos ilustrativos). Nestes casos o mellor é engadir o modelo de Commons Commons:Template:PD-textlogo, que indica que esa imaxe está composta só de texto, ou o Commons:Template:PD-shape, que indica que a imaxe está composta unicamente por formas xeométricas simples.
O que non se pode facer é copialo, porque os dereitos de autor si pertencen ó creador, pero como é unha obra que non ten trazos orixinais, podemos crear unha versión que sexa igual. A maiores, se facemos versións en formato SVG teremos a vantaxe de que a calidade desa imaxe será mellor.
IP, por que non se poden facer versións dos deseños oficiais? Porque iso é o que se denomina "obras derivadas", as obras derivadas están baseadas noutra obra, pero iso non significa que se poida poñer unha licenza libre, para poder facer iso hai que ter o permiso da persoa que ten os dereitos de autor da obra orixinal, cousa que é moi complicado de conseguir. A maiores que facer adaptacións de logos oficiais é unha especie de engano, non podemos poñer o logo modificado dunha empresa no seu artigo e dar a entender que é o seu logo oficial. Teríamos que retiralo por falso e porque non hai referencias de que ese sexa o logo da empresa.
Para todas estas restricións e casos de exemplo non hai diferenzas entre que os ficheiros se creen na Galipedia ou se creen nas Kimbambas, hai centos de imaxes creadas por xente que non é da Galipedia que se borran diariamente.
Por outra banda, nalgúns casos non é doado determinar onde está ese limiar de orixinalidade e o que eu recomendo é non arriscarse a facer cousas que sexan moi complicadas, ir ó seguro e concentrarse en logos que realmente sexan simples, ou que só teñan texto.
Sobre o tema dos escudos dos concellos: neste caso non se está facendo unha adaptación, ollo, non é unha obra derivada dos escudos orixinais, o que se está a facer é unha interpretación gráfica da súa definición heráldica. Os escudos dos concellos, e outras entidades como a nobreza, están baseados nunha definición heráldica, e esas definicións non teñen dereitos de autor porque son moi vellas e xa están en dominio público, ou foron publicadas do DOG co que tamén están en DP, entón calquera persoa pode facer unha imaxe seguindo esa definición, que obviamente será semellante á que poidan ter no concello. Unha definición heráldica é do estilo: En campo de prata unha ponte de tres ollos a dúas augas de ouro, mazonado e perfilado de sable sobre ondas de azur e prata superado dunha cruz patada de goles acompañada a cada lado dunha vieira de prata perfilada de azur. Ao timbre coroa real pechada., que é a definición heráldica do concello de Culleredo.
En resumo e en xeral, se unha imaxe está formada só por texto simple (hai que ter coidado se usa tipos de letra especiais que poidan considerarse artísticos, nese caso o mellor sería consultalo), ou por formas xeométricas simples, ou polas dúas cousas, normalmente non superará o limiar de orixinalidade e pode facerse unha obra derivada (non se pode copiar, ollo), pero esa obra derivada ten que ser o máis semellante posible á obra orixinal para que se poida considerar unha obra fiel, xa que doutro xeito iso sería unha obra orixinal e sen referencias que podería considerarse Wikipedia:A Wikipedia non é unha fonte primaria.
O mellor é analizar un pouco as imaxes das empresas e revisar que son obras que non pasan o limiar de orixinalidade, e despois poñerse a traballar. Se hai dúbidas, o mellor é preguntar na taberna ou en Commons, onde hai moita xente especialista nestas cousas, ou buscar outra imaxe para facer :) Saúdos, Elisardojm (conversa) 22 de abril de 2018 ás 09:40 (UTC)[responder]
 
Icona non vectorial.
Trátase de crear máis contido. Non de xustificar os motivos polos que non hai. O que se está a borrar son en moitos casos achegas IGUAIS ás que fan noutras wikipedias. O logo de televés era igual o que hai actualmente. O fondo en laranxa ca faixa co nome da empresa. Mágoa borrar cousas así porque se podería ter un deseño vectorial con máis definición. Pero se vai a ser borrado non se fai.
  • Atopar o xeito de engadir os logos das empresas. Noutras wikipedias se fai e non hai problema. ¿Por que aquí se borra?
  • Atopar como achegar escudos dos equipos de fútbol e asociacións. Os logos son borrados dicindo que son versión e se son fotos tamén se borran, teñen dereitos.

Estas organizacións empregan varios modelos de escudos e en moitos casos a moi baixa resolución polo que nunca serán iguais aos modelos creados. Non son iguais pero tampouco son versións. Chégase ao absurdo de borrar logos de empresas que xa non existen. Non se pode ligar con dereitos en ningures xa que ninguén emprega esa documentación. E no caso dos escudos dos concellos algúns deles non son oficiais ou non teñen uso. Caso de Ferrol por exemplo. Que non é o oficial nin o emprega o concello, pero sigue na páxina posto (vese que ese escudo non se fixo na galipedia) Por certo, o escudo que pos de Culleredo NON é o que aparece no DOG, alí a ponte é románica, non gótica (tamén o podes ver na páxina do concello de culleredo) --77.229.63.80 22 de abril de 2018 ás 16:32 (UTC)[responder]

Claro que se trata de crear máis contido, pero ollo, só se ten unha licenza libre, isto é o primeiro que hai que ter claro.
Non sei como era o logo anterior, non me lembro de se o vin, se é como dis ti posiblemente fose un erro borralo. Podes dicirme cal é a páxina da consulta de borrado?
Dime en que outras Wikipedias se engaden logos de empresas. E non me digas a inglesa porque esa wiki está a usar o Fair use para achegar imaxes ós artigos. Atopas esas imaxes na wiki.es, por exemplo? A Galipedia ten unha Wikipedia:Política de uso de imaxes que indica que só se poden achegar contidos libres. Pon un exemplo de logo que queiras facer e comentamos sobre el que posibilidades hai que crealo. Pero xa che digo por adiantado que non se van poder subir tódolos logotipos de empresas porque moitos terán deseños orixinais...
Os escudos de equipos de fútbol e asociacións poden subirse dependendo do caso. Se o logotipo ou escudo só usa formas xeométricas simples e textos, pois non debería haber problema en crealo. Se o logotipo pode asumirse que é unha obra derivada con formas xeométricas simples do escudo do concello, entendo que tampouco debería haber problema, pero o mellor sería preguntar antes. Se queres facer fotos, o que debes facer é usar a liberdade de panorama, a liberdade de panorama permite facer fotos xerais da rúa, podes facer a foto da fachada da sede da asociación e se ten o escudo xa está, pos no pé de imaxe algo do estilo: "Fachada da sede da asociación X" e listo. O que ó mellor non podes facer é recortar esa foto e deixar só o escudo, se é que o escudo/logo ten dereitos de autor.
Que os escudos creados teñan maior calidade non evita que os orixinais teñan dereitos de autor e que o ficheiro sexa unha obra derivada como comentei antes, aínda que sexa mellor nin sexa igual nin nada, son obras obras derivadas e para liberalos hai que ter permiso do autor/empresa vía Commons:OTRS/gl.
No caso dos escudos de concellos, se non son oficiais (que queres dicir, que non saíron no DOG?), o máis seguro é que sexan escudos antigos e o que se pode facer nese caso é o que comentei antes, a representación da súa interpretación heráldica, se se consegue unha fonte de referencia axeitada. O que pasa é que estes escudos antigos e non oficiais non poden poñerse na ficha do escudo, se non é o que usa o concello, poden poñerse na sección de historia explicando o que son no pé de imaxe.
O escudo de Culleredo non importa que non sexa o que pon o DOG, o que importa é que se axuste á definición heráldica, e na definición pon: "unha ponte de tres ollos a dúas augas de ouro", que non pon o estilo que debe ter a ponte, polo tanto é 100% axustado á definición.
Sobre o escudo de Ferrol, como xa dixen na páxina de conversa do artigo, está baseado na definición heráldica que ven na GEG, polo tanto ten unha fonte de referencia. Como comentei antes, quizais nese caso, o máis conveniente sería poñelo na sección historia e indicar no pé de imaxe que foi o escudo que adoptou o concello en 1778 e que actualmente ten un logotipo baseado nel, ou algo polo estilo. Saúdos, Elisardojm (conversa) 22 de abril de 2018 ás 23:15 (UTC)[responder]

──────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────── Claro que o contido vai ser con licenza libre, por eso se vai xerar así... para empregalo. Poñemos un exemplo de logo a crear para empregalo aquí -> http://www.ideaproaudio.com/about-us/?lang=es ten formas simples e texto. Temos a páxina creada en galipedia -> https://gl.wikipedia.org/wiki/IDEA_ProAudio --77.229.63.80 23 de abril de 2018 ás 10:43 (UTC)[responder]

Non lin todo o debate, pero eu son partidario de adoptar unha política de imaxes no que se refire a logos de empresas, escudos de equipos deportivos, institucións... como a que teñen algunhas das Wikipedias máis importantes como as das linguas inglesa, francesa, alemá, portugués, ruso... Subir imaxes de logos/escudos en baixa resolución permitiríanos poder poñer seccións de evolución do escudo dun equipo, por poñer un exemplo. O escudo dos equipos, seguindo co deporte, é a identidade do equipo, do mesmo xeito que as cores, ninguén cuestiona a importancia de poñer o escudo de Galicia no seu artigo, pois pasa o mesmo co escudo do Deportivo ou do Celta (mal apaño se fixo, por certo), é información importantísima. Ao final o problema que hai cos escudos e logos non son os dereitos de autoría, senón o uso comercial e a falsificación de marcas, con imaxes en baixa resolución non se permite a falsificación porque ao aumentar o tamaño da imaxe pixélase, ademais, ninguén precisa ir a Wikipedia para falsificar unha marca. Se outros o fan nós tamén podemos tentar facelo, e se acaba dando problemas (cousa que non creo que suceda, principalmente porque non creo que vaian estar pendentes dunha Wikipedia tan pequena) sempre se pode dar un paso atrás (que non fará falta). Un saúdo, Piquito (conversa) 23 de abril de 2018 ás 20:37 (UTC)[responder]
Non está nas nosas mans decidir sobre iso, e se estivera xa o tiñamos feito, non teríamos esperado quince anos. Nalgúns países a lei permite o fair use (por favor léase). En España non. Ou dito doutro xeito: é ilegal. --. HombreDHojalata.conversa 23 de abril de 2018 ás 21:00 (UTC)[responder]
E por que hai que limitarse á lei española? De onde é Wikipedia? Se eu vivo nos Estados Unidos e edito na Galipedia? Ten a Galipedia algunha vinculación con algún país/territorio? Ten algunha sede física? Está inscrita como tal nalgún rexistro español? A Wikipedia en catalán (véxase a cantidade de escudos de equipos da 1ª División española que teñen escudo nesa Wikipedia) non segue a mesma lexislación que a galega? Creo que é discutible a legalidade a aplicar, e dende logo a legalidade neste sentido seguro que ten vacíos. Piquito (conversa) 23 de abril de 2018 ás 22:25 (UTC)[responder]
Contesto á IP: sobre o de que as imaxes teñan unha licenza libre, quería dicir, que tivesen unha licenza libre indicada correctamente, non como pasa en moitos casos que se suben contidos que realmente non son libres.
Sobre o logo de IDEA ProAudio eu entendo que non ten problema en crearse, só ten formas xeométricas simples e letras. O que me esquecín comentar o outro día é que tamén deben engadirse a estes ficheiros o modelo Commons:Template:Trademarked para indicar que esa imaxe é dunha marca rexistrada e que non se poden infrinxir os dereitos da marca, pero eses dereitos son diferentes ós dereitos de autor que son os que nos interesan.
Sobre o que comenta Piquito, eu non estou a favor desa idea, engadir o Fair use na política de imaxes vai en contra da licenza do proxecto, eu espero que co tempo esas wikis tamén o eliminen. Hai moitas formas de ilustrar os artigos, e no caso das imaxes que mencionas de escudos e tal, están dispoñibles nas webs oficiais desas entidades. Saúdos, Elisardojm (conversa) 23 de abril de 2018 ás 23:15 (UTC)[responder]
 

──────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────── ilegal? como vai ser ilegal o que xa se está a facer? se non podemos poñer unha imaxe, e non se pon porque xa está na web da empresa/organización aforramos poñer ningunha imaxe... xa a podes ver en google! Lembrar tamén que a lexislación en cada país é diferente. Estanse a borrar imaxes tiradas en lugares públicos pechados feitas en españa dicindo que non está incluído no dereito de "panorama" (que non parís de noia) cando en españa é 100% legal tirar fotos en lugares públicos, xa sexan pechados, abertos ou pendentes de definir (outra cousa é o que se faga cas imaxes, pero facerse se poden facer e se non aparece unha persoa a imaxe é 100% legal... en España) Tampoco se entende moi ben a diferenza entre logos de empresas e escudos de fútbol. Son deseños tamén simples de texto e formas. Outra cousa e non querer meterse na fochanca legal. --77.229.63.80 24 de abril de 2018 ás 02:03 (UTC)[responder]

Cando se poida poñer unha imaxe libre, xa se porá, non se poden poñer contidos con dereitos de autor porque esta é a enciclopedia libre e facelo sería unha incoherencia.
Ti podes facer fotos do que che pete e onde che pete (nalgúns sitios se non te pillan), o problema é o uso legal que podes facer delas. Se esas fotos gárdalas na casa para ver ti, perfecto, se as usas para publicar ou usar comercialmente entón, se esas fotos non se axustan á legalidade, tes un problema. Se tes outra información ó respecto, podes achegar a lei e artigo onde se aclare, o artigo sobre a liberdade de panorama está na lei de propiedade intelectual, é o 35.2.
Xa dixen que se os logos/escudos só teñen texto e formas xeométricas simples, e eu incluiría tamén os que están derivados do escudo do concello se non engaden "elementos que teñan orixinalidade", poden crearse en Commons sen problema, non hai ningunha fochanca legal, ou polo menos eu non a vexo. Se ves algún problema legal niso, coméntao e seguimos falando. Saúdos, Elisardojm (conversa) 24 de abril de 2018 ás 08:06 (UTC)[responder]

Por certo, sobre este tema abriuse unha consulta de borrado dun ficheiro que subiu Nemigo en Commons. Se a alguén lle interesa seguir o tema ou achegar información, a consulta están en Commons:Commons:Deletion requests/File:Idea Pro vectorial.svg. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 25 de maio de 2018 ás 21:38 (UTC)[responder]

Vídeos de axuda editar

Boas a todos, no pasado encontro de Wikidata en Santiago, estivemos comentando que sería moi interesante ter pequenos vídeos explicando como facer pequenas tarefas. Pois en realidade algúns xa existen, están feitos por Wikimedia Arxentina, por iso están en castelán, e é posible que algúns detalles (non os mirei a fondo) sexan algo diferentes a como os facemos nós.

Non sei que vos parecerán, se poderiamos aproveitalos ou adaptalos dalgún xeito. Eu podo poñerlles subtítulos pero paréceme un pouco perda de tempo... Que me dicides?, Estevoaei, Maria zaos, Xabier Cid, Sobreira, Viascos... Saúdos, Elisardojm (conversa) 27 de abril de 2018 ás 00:15 (UTC)[responder]

Coido que sería interesante poñernos a facer algún como experiencia (por exemplo, no verán) e logo ver se paga a pena subtitulalos ou mellor facelos.Agremon(contacto) 27 de abril de 2018 ás 22:10 (UTC)[responder]

Novo asistente para xerar correos para OTRS editar

Boas, acabo de atopar e traducir un novo trebello, é un asistente que guía paso a paso ó usuario para crear un correo electrónico axeitado para liberar os permisos para enviar a OTRS. Está accesible aquí e xa metín unha ligazón na páxina de OTRS de Commons. Penso que con este asistente o proceso de liberación de contidos simplifícase bastante, botádelle unha ollada. Saúdos, Elisardojm (conversa) 3 de maio de 2018 ás 22:13 (UTC)[responder]

File:Diadasletras18d.jpg editar

Estiven etiquetando ás personalidades que aparecen en Commons:File:Diadasletras18d.jpg.

Alguén pode revisalo, por se cometín algún erro, e poñer os que faltan? Graciñas. --. HombreDHojalata.conversa 19 de maio de 2018 ás 20:16 (UTC)[responder]

Eu revisei os que coñecía, e eses están ben. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 20 de maio de 2018 ás 22:18 (UTC)[responder]

Categoría:Castros de Galicia sen imaxes editar

Boas, coa axuda de Banjo modifiquei o modelo:castro para que categorice de forma automática os artigos de castros sen imaxes na categoría do seu concello. Polo momento hai 277 artigos de castros, dos que creo que había uns 60 sen foto. Estas categorías aínda non están "cheas" porque aínda faltan por crear moitísimos artigos de castros, a medida que se vaian facendo máis, se non teñen foto, iranse engadindo á categoría do seu concello. Non están creadas todas as subcategorías, se queredes poden irse creando aínda que non teñan ningún artigo polo momento. Saúdos, Elisardojm (conversa) 20 de maio de 2018 ás 23:57 (UTC)[responder]

Escudos editar

Boas, hoxe escribíronme do Concello de Cariño coa seguinte mensaxe:

Boas tardes Amperio,

Poñémonos en contacto desde o concello de Cariño xa que estamos tentando modificar o escudo actual dos perfís da wikipedia polo oficial e non o damos conseguido. O escudo verdadeiro é o que aparece como Escudo_Cariño.jpg e non Escudo_de_Cariño.svg .
O escudo actual estanos a ocasionar varios problemas debido a que as empresas de deseño gráfico e impresión escollen o escudo actual como verdadeiro, ocasionando demoras e erros en pedidos e produtos gráficos que o inclúen.
Solicitamos nos permitan cambiar o escudo actual polo verdadeiro e así incluír información axustada á realidade.

Moitas gracias por adiantado.

Simón Rey
Departamento de turismo - Concello de Cariño

Avenida da Paz 2, Cariño
--Turismocariño (conversa) 23 de maio de 2018 ás 12:13 (UTC)

 

O caso é que nun primeiro momento, vendo que a imaxe está en commons, non vin problema algún en facerlles caso e poñer o escudo que solicitaban. O problema é que me deu por mirar o que pasou noutras linguas, e especialmente na castelá que é de onde saíron os escudos .svg . O caso é que a través de varias conversas de usuario con peticións de concellos para mudar os escudos vin que moitas tiñan o seguinte texto:

El escudo "oficial" tiene derechos de autor y no se puede utilizar. Lo que hay es una representación de nuestro Taller de Heráldica y Vexilología, con licencia libre, en base a la descripción del BOE y a la tradición heráldica. Para más información, remito a varias discusiones en el taller: OJO a los derechos de imágenes, Escudos/oficiales/licencias/avisos. En todo caso el ayuntamiento puede cederlo bajo una licencia libre, que permita el uso, la distribución, el uso comercial y las obras derivadas como CC-BY o CC-BY-SA, pero debe tener en cuenta que una vez liberados con licencia libre, no pueden volver a una más restrictiva, y que la misma rige para cualquier parte del mundo (no solo para el uso en Wikipedia). Si aceptan, deben seguir el procedimiento vía OTRS.

O que me levou a pensar que quizais, o escudo .jpg que hai en commons non cumpra cos dereitos de autor. Total que agora non sei cal é a solución. Se aceptan suxestións.
@Elisardojm:, @Estevoaei:, @HombreDHojalata:, @Atobar:, @Banjo:, @Lmbuga: --AMPERIO (conversa) 23 de maio de 2018 ás 15:51 (UTC)[responder]

Os escudos svg son representacións da súa definición heráldica que está publicada no DOG usualmente, e que está en dominio público. Se nese DOG publican tamén unha representación gráfica do escudo, entón tamén está en DP. Neste caso o escudo está publicado, esta é a ligazón ó DOG, pero só está en branco e negro, aínda que é posible que estea publicado noutro sitio en cor. Os ficheiros de escudos en jpg poden xerar dúbidas de autoría se non se indica a fonte claramente. Neste caso a fonte indica que é de autoría propia, pero dubido que sexa certo porque é moi semellante ó do DOG.
Polo tanto hai que ver se consideramos que o ficheiro jpg ten a licenza correcta ou non. Eu teño dúbidas do que habería que facer así que, a ver o que din outros. Saúdos, Elisardojm (conversa) 23 de maio de 2018 ás 18:27 (UTC)[responder]
Ten pinta de ser unha imaxe escaneada non? --AMPERIO (conversa) 23 de maio de 2018 ás 18:34 (UTC)[responder]
o formato jpg NON é válido para escudos ou logos, non da resolución a distintos tamaños. Que significa: escudo verdadeiro (sic)? O escudo aparece no DOG e sería polo tanto oficial. Se no concello de Cariño queren facer un deseño vectorial (svg) e liberar a licenza para o seu uso libre pódeno facer tanto en wikidata como en calquera outra plataforma de imaxes libres. Pero eso non significa que vaia a ser empregado en wikipedia (en todas elas ou en algunha) xa que cada wikipedia elixe as imaxes e deseños que quere empregar. Este problema existe con moitos outros concellos (o concello de Ferrol, non ten escudo oficial; o concello das nogais vai uns anos queixouse do mesmo e se lle dixo que o seu deseño tiña dereitos de autor) e outros concellos empregan logos. En wikipedia tamén existen versións de escudos uns en tintas planas (a sete cores heráldicos) e outros que empregan máis cores para detalles. Resumindo: se o concello de Cariño quere facilitar un deseño vectorial formato svg e liberalo, ok. Isto NON garante que vaia a ser empregado en wikipedia. --47.61.205.39 23 de maio de 2018 ás 23:46 (UTC)[responder]
A min non me ten pinta de estar escaneada AMPERIO, normalmente as imaxes escaneadas teñen algún pequeno "erro" nas liñas curvas, e eu non lle vin nada. Máis ben paréceme que está copiada dalgunha páxina web.
Por outra banda, a IP ten razón, os ficheiros svg teñen maior calidade, aínda que no uso que se fai no artigo non afecta. Pero hai unha cousa que si é ben certa: o ficheiro svg temos o 100% de seguridade de que a licenza é correcta, do jpg hai dúbidas, entón tendo dous ficheiros de semellante calidade, penso que debemos usar o que non ten dúbidas na licenza.
A maiores, actualmente parece que o concello usa un logotipo, polo menos iso é o que aparece na súa páxina web, se puxeran nalgunha das súas páxinas o escudo que queren que usen os seus provedores, xa terían resolto o problema...
Por todo isto eu penso que o mellor é usar o ficheiro svg. Saúdos, Elisardojm (conversa) 26 de maio de 2018 ás 06:27 (UTC)[responder]
Pois tamén é verdade, eles na súa páxina non teñen o escudo, así que mudo a imaxe a svg que estamos seguros da licenza. Un saúdo e grazas aos dous. --AMPERIO (conversa) 27 de maio de 2018 ás 16:22 (UTC)[responder]
O que nun entendo porque fai tres anos Elisardojm revertertes o escudo verdadeiro da A Guarda que baixei da web do concello A Guarda polo anterior que non se parece moito.--Brathxa (conversa) 27 de maio de 2018 ás 16:58 (UTC)[responder]
Elisardojm, nese caso si que é certo que o que publican eles na web non se parece en nada ao que temos aquí. A verdade é que nunca me fixara neste detalle dos escudos... de que serve que fagamos nos versións que non son as que se empregan realmente? --AMPERIO (conversa) 27 de maio de 2018 ás 18:01 (UTC)[responder]

──────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────── a bandeira da Guarda está en formato jpg... baixada da páxina do concello. Pode baixarse un escudo e bandeira da web dos concellos? --47.61.205.39 27 de maio de 2018 ás 22:47 (UTC)[responder]

Brathxa e AMPERIO, aquí hai varias cousas, intentarei aclaralas todas. O primeiro Brathxa, non se poden copiar contidos de webs con dereitos de autor, e a web do concello ten os dereitos reservados, polo que era un copyvio. Pola contra, a versión que hai en formato svg está baseada na definición heráldica publicada na páxina da Deputación de Pontevedra, aquí, esa definición non ten dereitos de autor e pode ser interpretada por calquera artista, e no caso do ficheiro svg fíxoo un editor da wikipedia e publicou o resultado cunha licenza libre que pode usarse no artigo. AMPERIO, que o escudo non sexa igual ó do concello non é importante, cada un pode interpretar a definición como mellor vexa, e os dous seguirán esa definición. Se vos fixades na definición o que di, simplificando, é que ten que ter un castelo con escaleira de acceso e bandeira a un lado, e un barco ó outro con dúas gaivotas, e se vos fixades os dous escudos representan iso, incluso nas cores que están indicadas con nomes raros como sinople e goles. Se na definición pon que ten que ter un bergantín con tres paus, o creador do escudo pode debuxalo con máis ou menos detalle, pero cumpre igualmente coa definición.

Logo hai outro detalle, o escudo da web do concello ten un formato redondeado, se vos fixades iso non está na definición, é simplemente unha escolla do creador desa versión, igual que o que fixo a versión svg escolleu un formato de escudo "normal". Outra cousa que ten o escudo svg é que ten a marca "non oficial", por que se pon iso? Pois porque ese escudo aínda non foi publicado no DOG e non está oficializado pola Xunta, pero pode usarse igualmente porque está definido na web da Deputación.

Sobre a bandeira a IP ten razón, xa solicitei o borrado. Saúdos, Elisardojm (conversa) 29 de maio de 2018 ás 00:05 (UTC)[responder]


Agora si vale. A bandeira do concello da Guarda co escudo xerada dende cero en formato svg (vectorial). Non está baixada de ningunha páxina nin é copia en formato jpg do deseño existente. --47.61.205.39 2 de xuño de 2018 ás 19:19 (UTC)[responder]

Esa imaxe non vale, é unha obra derivada que non ten permiso da obra orixinal, polo tanto a licenza que ten non é correcta. Mentres o concello da Guarda non libere o escudo que fixeron eles non se pode usar, nin ese nin outro que se lle pareza. O que hai que facer é poñer a bandeira co escudo libre que hai en Commons. Saúdos, Elisardojm (conversa) 2 de xuño de 2018 ás 22:18 (UTC)[responder]
 
Para nada. Facer iso si sería crear unha obra allea á que se pretende representar. Sería crear contido novo, orixinal. Ademáis que nada tería que ver ca bandeira oficial a cal NON é unha definición como o caso dos escudos. A bandeira é unha imaxe, que así se publica no DOG. --47.63.51.87 2 de xuño de 2018 ás 23:31 (UTC)[responder]
Nemigo, facer iso, como xa expliquei antes é representar graficamente a definición da bandeira, cada artista representa esa definición como mellor lle parece, engadindo máis ou menos detalles, escollendo diferentes tons, etc. Se queres facer unha bandeira que teña a licenza correcta o que tes que facer é poñerlle á bandeira o escudo libre que está no artigo. Saúdos, Elisardojm (conversa) 3 de xuño de 2018 ás 16:21 (UTC)[responder]
A bandeira de Ferrol NON é oficial, no está publicada no DOGA. Aínda así emprégase na páxina de Ferrol. O escudo que aparece na banderia de Ferrol NON é o escudo libre que está na páxina de Ferrol. --47.63.51.87 4 de xuño de 2018 ás 11:06 (UTC)[responder]
Que non sexa oficial non é motivo para borrala, é a bandeira tradicional, simplemente non está oficializada porque non foi publicada no DOG, pero esa bandeira e ese escudo xa existían, o escudo en concreto dende 1778. O escudo que está na bandeira non é o mesmo que o que está no artigo pero é outro que tamén ten licenza libre e segue a súa definición heráldica polo que non ten problema ningún. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 5 de xuño de 2018 ás 15:52 (UTC)[responder]

──────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────── Para nada. Non hai definición heráldica do escudo de Ferrol. A única descrición do escudo non inclúe as bandeiras, coroa marquesal e guirnalda. Non é o escudo de Ferrol. O que hai en commons é un deseño empregado polo concello, como pode ser un logo ou unha marca propia. Ven sendo unha copia dun deseño existente sen base libre nin definición libre. --47.63.51.87 5 de xuño de 2018 ás 22:56 (UTC)[responder]

Segundo o indicado en es:Escudo de Ferrol e en commons:Escudo de Ferrol.svg (definición da GEG), o escudo ten as bandeiras, os canóns e as áncoras. A guirnalda é simplemente un adorno no exterior, é simplemente para facelo máis bonito, é unha escolla do artista ou da persoa que encarga o escudo. A coroa é a coroa real que adoita poñerse en case tódolos escudos porque España é un reino. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 6 de xuño de 2018 ás 08:14 (UTC)[responder]
esa definición é da gran enciclopedia galega. A versión aprobada polo concello de Ferról é: nunha torre con farol, canón e áncora a cada lado. O escudo de Ferrol NON ten coroa, e moito menos a real (tampouco a marquesal que se emprega no escudo da banderia) a guirnalda non é tal adorno, é outro engadido que o diferencia da definición heráldica. E en ningún caso bandeiras. Os escudos heráldicos NON poden ter bandeiras (os oficiais). Polo tanto o desexo do escudo emprega na bandeira de Ferrol (que non é oficial) un deseño diferenciado do heráldico, con dereitos non libres e do cal se fixo unha copia que non pode ser liberada en commons como se fixo. http://www.galiciaartabradigital.com/archivos/87411 --47.63.51.87 6 de xuño de 2018 ás 10:32 (UTC)[responder]
Como non hai unha definición oficial do escudo, hai moitas definicións del ó longo do tempo, a que aparece na GEG creo que é das últimas, segundo entendín de 1778, e creo que dende esa data non foi modificado. O da coroa xa dixen que é unha cousa que adoita a engadirse, de feito no logotipo creado polo concello aparece, aínda que é unha coroa distinta, pero tamén aparecen as bandeiras. A grilanda é un adorno, igual que outras veces os escudos se poñen por riba dun pergameo, eses elementos só son decorativos.
Por outra banda, o que comentas dos dereitos de autor non o entendo, deixando a un lado se o escudo é correcto ou non, oficial ou non, cada un pode debuxar os escudos que queira, se non son copias de obras con dereitos de autor poden estar en Commons sen problema.
O que si vou facer é outra versión dese escudo para eliminar o texto "Ferrol", que non está en ningunha das definicións que teño visto. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 7 de xuño de 2018 ás 22:21 (UTC)[responder]
Hai varias varas de medir, e ven sendo como os ferrados... depende de onde seas, onde mercas e a quen vendes. Debérase unificar o criterio. Sendo evidente que na Xunta non son quen de facer un escudo heráldico de Ferrol. O que hai son logos (así se deben entender xa que non son oficiais, publicados no DOGA). Estou a buscar unha versión do escudo que emprega o concello de Ferrol na súa bandeira, só o usan ahí. Claro que podes debuxar o escudo que che peta. O que non se pode facer (parece ser) é copiar un deseño existente sen variación algunha. Dito de xeito moi sinxelo de entender: fusilar o deseño. Hai varios casos similares en Commons, veremos como fan os admins. Se borran os arquivos non queda outra. --47.63.51.87 8 de xuño de 2018 ás 20:08 (UTC)[responder]
Perdón, pasóuseme este comentario, comento agora. Os logos son "debuxos" que fan os concellos, eles teñen os dereitos de autor, se non os liberan non se poden copiar en Commons. Claro que hai casos especiais, se ese logo está moi simplificado, podería haber casos nos que non cheguen a un limiar de orixinalidade, eu entendo que neste caso si se poden subir, pero agora mesmo hai unha consulta de borrado en Commons que trata este tema e que pode que resolva o tema.
Claro que non se pode "fusilar" unha obra que ten dereitos de autor, e os escudos que teñen os concellos nas súas páxinas web teñen dereitos de autor porque eles foron os que os crearon. Os escudos cuxa imaxe está publicada no DOG non teñen dereitos de autor porque o que sae aí está en dominio público. Se atopas casos nos que os escudos estean copiados dun lugar con dereitos de autor podes consultar co editor a fonte da que obtivo o ficheiro e, dependendo da súa resposta, abrir ou non unha consulta de borrado. Tdoos os artigos que sexan copia dunha obra con dereitos de autor teñen que borrarse de Commons, é moi sinxelo de facer porque iso non precisa dunha votación, tan só hai que engadir o modelo "copyvio" indicando a fonte que ten os dereitos de autor. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 15 de xuño de 2018 ás 10:00 (UTC)[responder]

A filmoteca de Galicia en Internete editar

Acabo de atopar este artigo no que se fala da nova web do Centro Galego de Artes da Imaxe, https://cgai.xunta.gal/gl, na que se publican algúns algunhas das obras do arquivo fílmico do CGAI, aínda non a revisei pero quizais haxa algunha de interese e que poida estar en dominio público co que se podería pasar a Commons... Saúdos, Elisardojm (conversa) 15 de xuño de 2018 ás 07:23 (UTC)[responder]

Limiar de orixinalidade en España editar

Finalmente, as imaxes que había en Commons pendendes dunha consulta de borrado por copyvio foron borradas, a razón foi que ó non existir en España unha definición do limiar de orixinalidade, bórranse por precaución xa que non está claro se están libres de dereitos de autor ou non. Non concordo con esta decisión, pero ó non atopar máis fundamentos xurídicos nos que apoiar a defensa non se pode facer máis.

Haberá que solicitar que os xuristas españois lexislen este punto para que quede claro, sería unha boa tarefa para a asociación Wikimedia España, non, Estevoaei? Saúdos, Elisardojm (conversa) 17 de xuño de 2018 ás 17:00 (UTC)[responder]

Aínda que o criterio non está de todo claro en Commons, como podedes ver nestoutra consulta de borrado do mesmo día, claro que dun administrador diferente, na que decidiuse manter a imaxe usando o modelo {{PD-textlogo}}. Seguirei afondando no tema para atopar un consenso xa que o logo de Estrella Galicia poucas diferenzas ten con este. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 17 de xuño de 2018 ás 20:04 (UTC)[responder]
Segundo di algún admin de commons se o tal logo ten texto vale o modelo {{PD-textlogo}} se ten calquera engadido gráfico con algo de complexidade entón non vale ese suposto legal. E teño feito a consulta cos nomes de La Voz de Galicia (pasa o tal filtro) e con Cabreiroá (este non pasa). Que por outra banda non ten senso algún xa que se está a aplicar a logos como o do banco santander ou outras grandes empresas españolas. --47.62.253.43 18 de xuño de 2018 ás 23:35 (UTC)[responder]

Commons:Picture of the Year editar

Na "Round 1" da Commons:Picture_of_the_Year/2017 hai un motivo galego na categoría edificios relixiosos. Alguén atopa algún máis? --. HombreDHojalata.conversa 19 de xuño de 2018 ás 14:44 (UTC)[responder]

Datos estruturados editar

En Wikimedia Commons vaise desenvolver o proxecto "datos estruturados". Vai permitir facer buscas en múltiples idiomas (por exemplo, podo poñer "paxaro"+"azul" e que apareza unha foto feita no Congo ou en Singapur). Sería bo traducir a información sobre o proxecto ao galego. Deixo aquí o enlace á descrición en castelán. Hai tamén unhas cantas páxinas paralelas. Beizóns a quen se anime. Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 18 de xullo de 2018 ás 16:13 (UTC)[responder]

  Feito! Estevoaei, o que se pode traducir, só as dúas primeiras páxinas están listas para traducir a outras linguas. Non sei se hai algunha outra páxina para traducir... Saúdos, --Elisardojm (conversa) 18 de xullo de 2018 ás 20:43 (UTC)[responder]

PXOM no dominio público? editar

Vexo que hai PXOMs subidos en Commons baixo PD-SpanishGov, coma por exemplo PGOU of Paterna ou Plan General de Ordenación Urbana de Valencia. One2 (conversa) 16 de decembro de 2018 ás 17:35 (UTC)[responder]

En Wikisources hai diversas leis e normativas. Bótalle un ollo por exemplo a s:Categoría:Documentos legais galegos, Usuario:One2. Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 16 de decembro de 2018 ás 19:06 (UTC)[responder]
Pois quedei como estaba, Estevoaei :-) Aí úsase o Modelo:PD-disposicións que é o mesmo ca PD-SpanishGov. O que se tería que saber é se o PXOM entra nas disposicións legais ou regulamentarias e os seus correspondentes proxectos. One2 (conversa) 16 de decembro de 2018 ás 20:10 (UTC)[responder]
Conforme á definición dada en Plan Xeral de Ordenación Municipal, entendo que si, que estes documentos son disposicións legais ou regulamentarias. Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 16 de decembro de 2018 ás 20:29 (UTC)[responder]

modelo de Commons editar

Ola! Quero editar o texto en galego de commons:Template:PD-old-80 pero non sei como facelo. Alguén pode axudarme? Un saúdo. --Estevo(aei)pa o que queiras... 26 de decembro de 2018 ás 00:14 (UTC)[responder]

Creo que a páxina que dis está protexida non? --AMPERIO (conversa) 26 de decembro de 2018 ás 00:21 (UTC)[responder]
@Estevoaei: O texto superior tradúcese en c:Template:PD-old-text (protexido, podes solicitar o cambio na conversa do modelo). O texto inferior tradúcese en c:Template:PD-old-warning-text Banjo tell me 26 de decembro de 2018 ás 00:38 (UTC)[responder]
@Estevoaei:, tes que pedilo na páxina de conversa e poñer o modelo {{Editprotected}} para que os admins se decaten de que se solicitou ese cambio. Saúdos, Elisardojm (conversa) 26 de decembro de 2018 ás 00:40 (UTC)[responder]