Benvido(a) á Galipedia, Turismocariño!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros, citar as fontes e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, se non, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo.--AMPERIO (conversa) 23 de maio de 2018 ás 11:52 (UTC)Responder

Re:Escudo de Cariño editar

Supoño que erades vós os que editaban desde a IP anónima non? Protexín a páxina por que ultimamente houbo varios vándalos facendo o parvo e pensei que era o caso. Procedo a retirar a protección da páxina para que poidades editar. Deixarei unha copia da mensaxe en Conversa:Cariño explicando o cambio. Un saúdo. --AMPERIO (conversa) 23 de maio de 2018 ás 12:19 (UTC)Responder

Por certo, habería forma de conseguir unha imaxe en mellor calidade? Supoño que a vós tamén os verá ven que se vexa mellor, non?

Si, éramos nós. Non temos experiencia na edición da wikipedia polo que non tiñamos usuario e estabamos intentando cambiar o escudo anonimamente. A verdade e que non temos outro arquivo con máis calidade, a imaxe da bandeira tampouco corresponde ao 100%... intentarei conseguir outro arquivo. Un saúdo--Turismocariño (conversa) 23 de maio de 2018 ás 12:26 (UTC)Responder

Deixei a túa mensaxe na conversa do artigo e mudei o escudo. Pola miña parte non hai problema en poñer o escudo que me dis, outra cousa é que chegue alguén e o cambie despois. De todos modos, aquí igual queda así, o problema vai ser na wikipedia en castelán e alí si que non teño man. --AMPERIO (conversa) 23 de maio de 2018 ás 12:31 (UTC)Responder
Por certo, se respondes aquí, o mellor é que empregues o modelo {{Resposta a}} (exemplo:{{Resposta a|AMPERIO}}) para que me chegue o aviso. Outra forma é na miña conversa. Un saúdo. --AMPERIO (conversa) 23 de maio de 2018 ás 12:37 (UTC)Responder

@AMPERIO: Ok, graciñas. Temos que ir aprendendo... Desculpa as molestias. Un saúdo. --Turismocariño (conversa) 23 de maio de 2018 ás 12:41 (UTC)Responder

Boas de novo, estiven dándolle voltas a ver por que os reverten o cambio nas demais wikipedias e atopeime con isto:

El escudo "oficial" tiene derechos de autor y no se puede utilizar. Lo que hay es una representación de nuestro Taller de Heráldica y Vexilología, con licencia libre, en base a la descripción del BOE y a la tradición heráldica. Para más información, remito a varias discusiones en el taller: OJO a los derechos de imágenes, Escudos/oficiales/licencias/avisos. En todo caso el ayuntamiento puede cederlo bajo una licencia libre, que permita el uso, la distribución, el uso comercial y las obras derivadas como CC-BY o CC-BY-SA, pero debe tener en cuenta que una vez liberados con licencia libre, no pueden volver a una más restrictiva, y que la misma rige para cualquier parte del mundo (no solo para el uso en Wikipedia). Si aceptan, deben seguir el procedimiento vía OTRS.

É da wikipedia en castelán, pero entendo que se aplica aquí tamén, así que habería que comprobar se o escudo que publicouse no BOGA ten dereitos de autor. --AMPERIO (conversa) 23 de maio de 2018 ás 15:39 (UTC) Vou trasladar a cuestión a Wikipedia:A Taberna (imaxes). --AMPERIO (conversa) 23 de maio de 2018 ás 15:52 (UTC)Responder