Wikipedia:A Taberna (imaxes)/Arquivo 4

Este é un arquivo da sección A Taberna (imaxes) da Taberna
Nesta páxina atópanse algúns dos fíos de conversa tratados nesta sección da Taberna que foron arquivados.
Por favor, non edites esta páxina. Para reavivar calquera destes debates, comeza un novo tema na páxina actual.
< Conversas vellas | Arquivos: 1, 2, 3, 4, 5, 6, 7, 8, 9, 10, 11, 12, 13, 14, 15

petición de fotoEditar

¿É posible que non teñamos imaxe ningunha do museo Carlos Maside, de Sargadelos? Tampouco atopo nada en Commons, así que aí vai esta mensaxe de axuda poor se alguén sabe buscar melloor ca min, ou ten algunha foto nos seus arquivos, ou ten ocasión de facerlle unha visita coa cámara ó lombo. Grazas, Pedro --Lameiro (conversa) 18:02, 13 de xullo de 2010 (UTC)

Esta, de flickr, ten a licenza axeitada, mais non creo que interese. Non si?--. HombreDHojalata.conversa 19:38, 13 de xullo de 2010 (UTC)
Pois vai ser que non, a verdade. Haberá que seguir buscando. Pedro --Lameiro (conversa) 19:57, 13 de xullo de 2010 (UTC)
Ese museo non está en Sargadelos, senón no Castro de Samoedo, en Sada. Queda moi preto da miña casa: apúntoo e vexo se podo facer algunha foto xeitosa.--vilachan 14:10, 27 de setembro de 2010 (UTC)
  • Fixen unhas poucas fotos, pero entre que non son bo fotógrafo e que a luz non axudaba, non saíron grande cousa. Polo de agora subín tres e useinas tanto na páxina do Museo como nas páxinas Osedo, O Castro e Ediciós do Castro. Teño máis imaxes do complexo de Cerámicas do Castro, pero heinas subir aos poucos. Por outra banda, teño unha dúbida. Estou subindo as fotos a Commons; debería subilas á Galipedia, mellor? Saúdos--vilachan 19:39, 29 de setembro de 2010 (UTC)
    • Bo traballo, Vilachan. O de subir as fotos á Galipoedia ou a Commons é unha elección persoal. Eu prefiro Commons porque así estarán dispoñibles para os proxectos en tódolos idiomas, outros preferirán á Galipedia por outros motivos. Ti tes que facer a túa propia elección--. HombreDHojalata.conversa 20:46, 29 de setembro de 2010 (UTC)

Incorporar imaxes de Commons.Editar

Gustaríame saber se hai algún motivo para ter que incorporar á Galipedia sistematicamente todas as imaxes sobre Galicia que se estime que poden resultar útiles aquí. Vexo que se ven facendo dende antes de comezar eu a editar na Galipedia, pero os motivos que un día crín que había non vexo agora tan claros que sexan certos. Se alguén pode esclarecer esta dúbida se cadra contribuiría a facer moito máis eficiente o traballo da comunidade. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 15:44, 20 de xullo de 2010 (UTC)

Vexo que a miña pregunta non tivo resposta e se cadra é porque non me expliquei ben: estou a falar da páxina Wikipedia:Imaxes de Commons non incorporadas, que se creou para organizar a subida de imaxes desde Commons que, daquela, estábamos levando sobre todo entre Lmbuga e máis eu. A idea (así explicáronmo) era que en Commons borran aquelas imaxes que non teñen uso pasado un tempo, e que para impedir que isto ocorrese era mellor encaixar nun ou outro lugar da Galipedia as que tivesen relación con Galicia. Vendo que, en realidade, a política de Commons é ben distinta, non vexo necesidade de facer este traballo aquí. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 17:21, 21 de agosto de 2010 (UTC)
Acabo de atopar esta mensaxe da que non me decatara antes, aínda que tarde vou poñer eu algo. Polo que teño entendido de Commons non se borra nunca nada, a non ser que non teña os permisos ou licenzas adecuadas, así que non creo que sexa necesario que se copie ningún ficheiro de Commons eiquí. Penso que esa categoría podería eliminarse e o seu contido tamén porque non ten senso mantelo..., a non ser que haxa outras razóns... Saúdos, --Elisardojm 21:54, 25 de setembro de 2010 (UTC)

Mapas históricosEditar

Vexo que na nosa colección de imaxes de mapas históricos temos desde hai case tres anos unha reprodución do mapa de Fernández Ojea (Ficheiro:GaliziadescriptioI.jpg). Eu tamén teño unha copia deste mapa e doutros mapas históricos que podería escanear, por exemplo para reflictir O Grove como illa, pero nunca me atrevín por medo ó rollo ese dos dereitos de autor. A miña lámina, por exemplo, vén con depósito legal, e outras están editadas polo SITGA. ¿Aplícase nestes casos o conto dos 70 anos da morte do autor e reverten no dominio público? Témome que non é tan fácil pero tiña que preguntalo. No mesmo caso hai mil ilustracións de facsímiles que superan con creces o límite dos 70 anos. Xa me diredes que se pode facer. Pedro --Lameiro (conversa) 14:15, 26 de xullo de 2010 (UTC)

capas de libros galegosEditar

Dende hai tempo veño meditando a idea de pedirlle permiso a editoriais galegas para poder usar as imaxes das capas dos libros que teñen artigo na galipedia.
a) Cal sería a licencia a aplicar? Na wiki en inglés teñen a categoría Book covers, á súa vez pertencente á categoría Promotional Wikipedia files (pero non nos serviría porque é de Fair Use); Lembro ver nalgures que existía a posibilidade de que unha empresa cedese explicitamente unha imaxes. Acordeime disto polos encontros para ir fotografar museos, que é algo similar: os museos permiten facer fotografías cunha fin determinada.
b) Podería presentárselles unha solicitude mencionando que a única fin sería esa? Quizais o mellor sería que o fixese Alberte en tanto que único burócrata en activo, pero sería estupendo aproveitar contactos de usuari@s con editorias (alguén ten confianza con Manuel Bragado, Víctor Freixanes...??). A miña idea é mandar uns mails ou cartas coa proposta, e mesmo se podería concertar unha cita cos editores.
c) Dúbidas: Quen ten o dereito sobre as imaxes das capas? Só a editorial (creo que si) ou tamén ten algo que dicir o autor/a ou deseñador da capa?

Como o vedes? É moi descabellado? Eu creo que sería unha boa idea. Hai un bo número de artigos de obras literarias (non só de autores galegos, senón tamén de traducións), que quedarían máis feitucos.

--Estevo(aei)pa o que queiras... 20:49, 26 de xullo de 2010 (UTC)

A min paréceme moi interesante a idea. Sobre as dúbidas que expós creo que só podo contribuír cun par de ideas:

  • A wiki inglesa ten a opción de empregar imaxes expresamente cedidas para o seu uso na wiki inglesa, pero non para os outros proxectos wikimedia nin ningún outro uso. Non sei se nós podemos facer o mesmo. Dende logo en Commons isto non vai ser posible.
  • Suponse que os dereitos sobre as capas son das editoriais ou dos editores, e aquí non importa se se trata de persoas físicas ou xurídicas. Pero claro, iso é así sempre que o deseñador cedese antes o seu dereito como autor á/ó editorial/editor; esta aclaración é importante, porque o traballo de deseño non sempre queda cedido ao cliente ao facerlle entrega do traballo (cónstame que é así polo menos no caso dos arquitectos). En calquera caso iso é algo que o editor terá que dirimir co deseñador.
  • Se eu fose editor non vería inconveniente na cesión (parte exterior do libro, pensada para que sexa recoñecible; publicidade gratuíta...), pero xa se sabe que os empresarios/xestores teñen na cachola cousas que as persoas non. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 21:13, 26 de xullo de 2010 (UTC)
Eu véxoo complicado. A licenza a aplicar son as que son permitidas na wikipedia (é dicir, as de commons) e as editorias entón de cedernos as capas dos seus libros non nolo ceden a nós en exclusiva, senón a todos, xa que a súa cesión á wikipedia implica que permiten que calquera poda facer unha obra derivada e que calquera poda facer comercio a partir desa imaxe. Sei que hai algunha editorial que publica con licenza creative Commons (Estaleiro editora, por exemplo, pero non permite obra derivada nin uso comercial). Vexo a cousa complicada. O que si xa non sei son as obras con moitos anos de diola cuxo copyright expirou... --Alberte Si, dígame? 22:37, 26 de xullo de 2010 (UTC)
Concordo exactamente co dito por Alberte--. HombreDHojalata.conversa 06:30, 27 de xullo de 2010 (UTC)
Eu concordo tamén co que comenta Alberte e engado que os libros nos que expiraron os seus dereitos de copyright están no dominio público sin problema, eiquí e eiquí ;) algúns exemplos... Saúdos, --Elisardojm 08:14, 28 de xullo de 2010 (UTC)

Imaxes por encargaEditar

Este mes andarei de vacacións en Galicia, fundamentalmente polo Barbanza, gustaríame saber onde estaba a listaxe de fotos que facían falta, creo que hai tempo a vira nalgures pero hoxe non a atopo, grazas. Se alguén ten algunha idea, admito peticións. Grazas e saúdos.--Aprofa (Dime algo aquí) 23:08, 31 de xullo de 2010 (UTC)

Praias con xenteEditar

Estou intentando facer as entradas das praias de Ribeira, xa levo feitas as fotos para unhas cantas e entroume unha dúbida ao ver outros artigos sobre praias porque nelas non aparecía xente. Aí vai a miña pregunta: hai algún problema con que apareza xente nas fotografías que ilustran as praias? Eu ao mirar as normas entendín que non, pero por se acaso. Agradeceríavos resposta canto antes, por se o estou facendo mal. Grazas.--Aprofa (Dime algo aquí) 12:17, 10 de agosto de 2010 (UTC)

Respondido na páxina de conversa. --Xabier Cid Conversa 14:13, 10 de agosto de 2010 (UTC)

Imaxes en Commons e imaxes de CommonsEditar

¿Cal é razón de ser das categorías Categoría:En Commons e Categoría:Imaxes subidas a Commons? ¿Para que serven estas categorías?

E se serven para algo ¿que criterio hai para categorizar imaxes nunha ou noutra? A introdución a "En Commons" di que "Esta categoría recolle imaxes que, con orixe en Wikimedia Commons foron subidas erroneamente á Wikipedia galega". ¿Erroneamente? Aquí hai fotos miñas que subín -correctamente- a Galipedia e logo foron subidas a Commons. ¿Mal categorizadas, logo, ou ó estar agora en Commons hai que borralas da Galipedia? Pedro --Lameiro (conversa) 20:37, 20 de agosto de 2010 (UTC)

Sendo así, cómpre amañalo. Non hai que borrar imaxes inicialmente subidas á Galipedia para que só estean en Commons. --Toliño Fala aquí comigo 13:28, 21 de agosto de 2010 (UTC)
Moi ben. Semella se-lo lóxico, pero ¿como confirmo a orden dos acontecementos e as datas da Galipedia e de Commons? Dimo cun exemplo: Ficheiro:Mosteiro 1 Feira Labrega millo 01.jpg, categorizada como "Imaxes en Commons" por estar "subida erroneamente á Wikipedia galega". Grazas, Pedro --Lameiro (conversa) 15:00, 21 de agosto de 2010 (UTC)
Acabo de descubrir que xa hai moito falado sobre isto. Por exemplo en 2007, aquí. Pedro --Lameiro (conversa) 15:00, 21 de agosto de 2010 (UTC)
Aquí na Galipedia di claramente o rexistro de data e hora: 00:58, 28 de decembro de 2008; en Commons ten unha subida orixinal: 17:37, 20 de agosto de 2010, así como outra nova versión 6 minutos despois: 17:43, 20 de agosto de 2010. Disque o 2008 veu antes ca o 2010, de modo que a Galipedia contou co ficheiro 2 anos antes que Commons. Para algo están os rexistros. --Toliño Fala aquí comigo 15:10, 21 de agosto de 2010 (UTC)
Vale, Toliño, pero non te piques :). Bueno, sigo: isto quere dicir que a Categoría:En Commons está condenada a desaparecer, por inútil: se as imaxes que contén teñen orixe na Galipedia, deben estar en Categoría:Imaxes subidas a Commons; se teñen orixe en Commons, deben borrarse de Galipedia. ¿É así? Pedro --Lameiro (conversa) 20:38, 21 de agosto de 2010 (UTC)
Así o entendo eu. O choio vai ser revisar as imaxes unha a unha. Por certo, Fryant pediu o seu borrado hai 3 anos (onde vai!) e Lmbuga respondeulle isto. Ao final non se borrou a categoría. --Toliño Fala aquí comigo 11:40, 22 de agosto de 2010 (UTC)
Ben. Parte do traballo feito. Das 76 imaxes que había en Categoría:En Commons, recategoricei 66 a Categoría:Imaxes subidas a Commons porque, segundo as datas de carga, son orixinalmente galipédicas. Das outras 10, marco 3 para borrar porque teñen orixe en Commons (Capela da Guías, Grilo e Vista da entrada...), pero quedan outras que non sei como resolver:
  • 4 dime que non existen en Commons: Ate, Melide Santa María, Pontedeume 052 e Sanagostiño. Busquei na ligazón que se indica en cada imaxe e di que non existe tal cousa. Cabe a posibilidade de que estean, pero con outro nome. Vin que moitas estaban en Commons cun nome distinto do que teñen na Galipedia, o cal non semella moi racional.
  • 3 fotos (Aabeleda, Abutilon e Gatocat) teñen unha diferenza horaria entre Galipedia e Commons de 1 ou dúas horas, é dicir, o famoso cambio horario, e non acabo de adiviñar cal foi antes. Supoño que non ten maior problema con asdumir que sexan da Galipedia subidas a Commons, pero outros ollos poden ver mellor a sucesión dos feitos.

Toliño: propóñoche que redactes unha norma ou algo así para deixar claro no futuro o marcador que se deba poñer para evitar que nos volvan encher esta categoría. Un saúdo, Pedro --Lameiro (conversa) 12:05, 23 de agosto de 2010 (UTC)

  Feito! Rematei as dez últimas. Houbo algunha que estaba erroneamente marcada por usuarios un tanto estraños: deben proceder do propio Commons, e marcaron as imaxes. Outras estaban en Commons con outro nome, encargueime de corrixir as inclusións. Estaría ben redactar un texto aclaratorio, pero non sei onde incluílo. --Toliño Fala aquí comigo 18:12, 23 de agosto de 2010 (UTC)
E que tal na propia páxina da categoría? Xoacas(ti si que es lindo, ho) 21:51, 23 de agosto de 2010 (UTC)

Imaxe da semana 37Editar

Votade, galipedistas. Cúmprenos pechar unha imaxe da semana e unha delas está a un voto da legalidade. [1] Saúdos. --Atobar (conversa comigo) 01:10, 13 de setembro de 2010 (UTC)

Imaxe da semana 45Editar

Por favor, votade. Cúmprenos pechar unha imaxe da semana e unha delas está a un voto da legalidade. [2]. E propoñede imaxes. Saúdos. --Xas (conversa) 19:10, 7 de novembro de 2010 (UTC)

Fotografías de exploración espacial soviética na NASAEditar

Alguén sabe se as fotografías que ten a NASA de misións espaciais soviéticas son de libre uso, en especial interésanme estas [3] do Luna 3, algunha podería ilustrar o artigo da televisión de varrido lento se estiveran libres de dereitos.--Cheluco 19:48, 8 de novembro de 2010 (UTC)

E usuario:Lmbuga tamén. --Atobar (conversa comigo) 21:08, 8 de novembro de 2010 (UTC)

Wikipedia:Imaxe da semana/38 2010Editar

Abofé que a miña opinión é diferente da vosa. Esta é unha excelente imaxe (das poucas excelentes de entre as imaxes da semana) dun ex-usuario da Galipedia. Dígoo convencido de que non sería aceptada como imaxe da semana se souberades de quen é. Pescudade--213.60.76.26 21:54, 9 de novembro de 2010 (UTC)

  • Ip, as votacións fanse en base á calidade das fotos, non dos autores destas. --Atobar (conversa comigo) 22:52, 9 de novembro de 2010 (UTC)

Imaxes categorizadasEditar

Realmente é necesario que todas as imaxes empregadas na Galipedia pero aloxadas en Commons estean categorizadas na Galipedia? Isto na práctica fai das categorías unha galería de imaxes empregadas nos artigos desa mesma categoría. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 18:53, 16 de decembro de 2010 (UTC)

Imaxe da semana 51Editar

Por favor, votade ou propoñede imaxes. Cúmprenos pechar unha imaxe da semana e unha delas está a un voto da legalidade. [4]. Estamos sempre pechando as votacións ao límite. Saúdos.—o anterior comentario sen asinar foi feito por Xas (conversacontribucións)