Osedo, Sada

parroquia civil do concello de Sada

San Xián de Osedo é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Sada. Segundo o IGE en 2013 tiña 1.025 habitantes (522 mulleres e 503 homes) distribuídos en varias entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 795 habitantes.

Osedo
ConcelloSada[1]
ProvinciaA Coruña
Coordenadas43°20′29″N 8°16′47″O / 43.3415, -8.2797Coordenadas: 43°20′29″N 8°16′47″O / 43.3415, -8.2797
Poboación1.014 hab. (2019)
Entidades de poboación19[1]
editar datos en Wikidata ]

Xeografía editar

O seu chan está percorrido polo regato Osedo, afluente do Río Maior.

Cultura editar

Topónimo editar

Osedo é un topónimo latino que fai referencia á abundancia de ósos ou a un cemiterio.[2][3]

Patrimonio editar

 
Capela do Castro
  • Castro de Samoedo ou Agra das Arcas (O Castro)
  • Pazo do Castro de Enriba (O Castro)
  • Pazo do Castro de Samoedo (O Castro)
  • Igrexa parroquial de San Xián de Osedo (Osedo)
  • Capela de San Roque (O Castro)
  • Casa grande na estrada de Osedo ao Castro
  • Diversas vivendas modernistas na estrada de Sada á Coruña á altura de Osedo
  • Complexo das Cerámicas do Castro

Lugares e parroquias editar

Lugares de Osedo editar

Lugares da parroquia de Osedo no concello de Sada (A Coruña)

A Agra das Arcas | Caño | O Carballal | O Carballiño | O Casteliño | Castelo | O Castro | O Couto | A Fraga | As Gateñas | O Loureiro | Miñovedro | Osedo | As Regas | Seixeda | O Seixo | A Senra | Torrente | Xan Amigo

Parroquias de Sada editar

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Sada

Carnoedo (Santo André) | Meirás (San Martiño) | Mondego (San Xián) | Mosteirón (San Nicolao) | Osedo (San Xián) | Sada (Santa María) | Soñeiro (San Xián) | Veigue (Santa Comba)

Notas editar

  1. 1,0 1,1 DECRETO 189/2003, do 6 de febreiro, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia da Coruña.
  2. Cabeza Quiles, F. (2000). Os nomes da terra. Noia: Toxosoutos. 
  3. Sánchez Pardo, JC.; Andrade Cernadas, JM (Dirección) (2008). "Territorio y poblamiento en Galicia entre la antigüedad y la plena Edad Media (Tese)". Universidade de Santiago de Compostela: 1051. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar