Wikipedia:A Taberna (imaxes)/Arquivo 2

Este é un arquivo da sección A Taberna (imaxes) da Taberna
Nesta páxina atópanse algúns dos fíos de conversa tratados nesta sección da Taberna que foron arquivados.
Por favor, non edites esta páxina. Para reavivar calquera destes debates, comeza un novo tema na páxina actual.
< Conversas vellas | Arquivos: 1, 2, 3, 4, 5, 6, 7, 8, 9, 10, 11, 12, 13, 14, 15

Localizar unha fotografíaEditar

¿Alguén pode concreta-la localización do petróglifo aquí fotografado? Grazas, Pedro --Lameiro (conversa) 19:35, 22 febreiro 2009 (UTC)

Pasar os gráficos da Galipedia a imaxesEditar

Por se a alguén lle interesa. Antes de variar un gráfico da Galipedia ou despois de facelo, é doado salvar o gráfico nunha imaxe. Abonda con poñerse sobre el, premer o botón dereito do rato e gardar a imaxe como PNG.

Á hora de subir a imaxe, débese poñer licenza GFDL e como orixe a páxina da que se recolleu.

Véxase por exemplo Ficheiro:Eleccións ó parlamento galego do 19 de xuño de 2005.png--Saúdos e grazas. Xan de ningures 12:07, 14 marzo 2009 (UTC)

Ficheiro:Celtarras.jpgEditar

Descoñezo se esta imaxe pode ter dereitos de autoría. É un logo? Se é un logo, debería ser borrada. Se non é un logo, non. Non me dirixo ó usuario por non lle dar máis a lata--Saúdos e grazas. Xan de ningures 13:03, 20 marzo 2009 (UTC)

Grazas, xa me responderon (creo lembrar que o usuario que a subiu). Non hai problema coa imaxe--Xan de ningures 19:33, 31 marzo 2009 (UTC)

Categoría:Wikipedia:Imaxes para traducirEditar

Por traballar todo o áxil que podo, creei esta categoría e categoriceina en Categoría:Mantemento de imaxes, Categoría:Imaxes de mapas de Galicia, Categoría:Imaxes con gráficos sobre Galicia.

Vós veredes se fixen mal. Ó máis áxil era facelo--Xan de ningures 21:37, 24 marzo 2009 (UTC)

  • Bó traballo. Sobre todo pola de Mantemento de imaxes, é moito máis útil ter todo esas categorías nun mesmo sitio. Parabéns, e grazas --Iago dime 22:02, 24 marzo 2009 (UTC)

2 novos modelos de mantementoEditar

Creei dous novos modelos de mantemento: Modelo:CategorizarImaxe e Modelo:CategorizarImaxeGalicia.

Se se ve algún inconveniente ou observación...

Os avisos correspondentes ós usuarios inda están sen crear.

Polo momento, dado que a categoría Categoría:Imaxes por tema non está moi desenvolvida, o primeiro dos modelos (Modelo:CategorizarImaxe) debe ser empregado sen dar aviso ó usuario.

Creo que o desenvolvemento de Categoría:Imaxes de Galicia si permite dar xa o aviso ó usuario.

Importante

Polo que respecta ós avisos para categorizar imaxes: Creareinos, se vos parece, expresando que a categorización de imaxes non é obrigatoria, pois é preferible que se suban imaxes e que ninguén deixe de subilas por este pequeno inconveniente: Xa é bastante complicado subir imaxes tal e como están agora as cousas. Quizais tarde un par de días en crealos, vou reflexionar mentres --Xan de ningures 19:27, 31 marzo 2009 (UTC)

Proposta de Wikiproxecto

Quizais sería conveniente crear un Wikiproxecto para a categorización de imaxes (revisión de nomes de categorías, creación de novas categorías, "estandarización",...). Agradecería que alguén dese os primeiros pasos, eu colaboraría con calquera cousa que se propuxese. Non me sinto, hoxe por hoxe, en condicións de crealo eu--Xan de ningures 19:30, 31 marzo 2009 (UTC)

Outro novo modelo creado

En realidade, creo que este é o modelo que máis falta estaba a facer: Modelo:AvisoImaxeCategorizada.

Revisade o texto e facede observacións, todas as que queirades. A min gústame o espírito que ten e o que transmite, pero pode que non sexa do gusto de todos.--Xan de ningures 20:05, 31 marzo 2009 (UTC)

Páxinas de interese para mantemento de imaxes

Incorporei os modelos creados no final de:

Por favor, facede toda canta apreciación vos pareza necesaria--Xan de ningures 20:45, 31 marzo 2009 (UTC)

borrar Categoría:PendenteCategoríaImaxesEditar

Propoño borrar Categoría:PendenteCategoríaImaxes por existir Categoría:Imaxes pendentes de categorización--Xan de ningures 14:49, 2 abril 2009 (UTC)

Para facer a wiki da miña aldea estou subindo fotografias feitas por min pero que tamen teño na paxina web,pode ser por eso que me saia agora un recado que di: Fotografías de dubidosa autoría e web persoal que non oficial. Amais, cómpre revisión completa. Non entendo nada

Praia fluvialEditar

Boas a todos! Seica abriron ó público unha praia fluvial en Pontevedra, así que, fotógrafos que vivades ou pasedes por Pontevedra, estaría ben unhas imaxes. Grazas por adiantado. Alberte Si, dígame? 20:06, 15 xuño 2009 (UTC)

Ficheiro:Ramón Piñeiro Siro López.jpgEditar

Acabo de marcar esta imaxe como copyvio.

Fixen unicamente o que creo que debía facer, non desexo ter protagonismo, non desexo entrar en conflito con ninguén, non desexo ter que volver falar deste tema.

Polo que a min respecta facede o que vos pareza mellor, eu só quixen facer o que me pareceu que debía facer.

Considero que a imaxe é copyvio porque non se pode permitir que na Galipedia haxa cesión de dereitos de autoría. Para podermos admitir a cesión de ditos dereitos, teriamos que ter admitido por Wikimedia un sistema semellante ó que ten Commons (Commons:OTRS/gl). Mentres non exista na Galipedia un sistema como o de Commons, ou a foto se sobe a Commons seguindo as premisas da páxina expresada ou é copyvio.

Sinto expresar o que penso, penso ademais que é de lei o que expreso.

Desexaría desentenderme, tras dicir o que acabo de dicir, deste caso (non desexo que ninguén contribúa na miña páxina de discusión referíndose a isto). Eu non volverei enunciar xamais este asunto: Deséxovos vía libre -e sorte- na decisión ó respecto-- Lmbuga / Conversa comigo  01:47, 1 xullo 2009 (UTC)

Retiro o expresado conforme o dito en http://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Conversa_usuario%3ALameiro&diff=1213120&oldid=1213081-- Lmbuga / Conversa comigo  04:03, 1 xullo 2009 (UTC)

Encontro de embarcacións tradicionais en MurosEditar

Esta fin de semana (11 - 12 de xullo 2009) hai un encontro de embarcacións tradicionais en Muros, se algún dos colaboradores/fotógrafos anda por alí cerca ou ten ocasión de achegarse ata Muros podería aproveitar a ocasión para recoller material gráfico moi valioso para a Galipedia e para a Galipedia das imaxes. Moitas grazas de antemán. Un cordial saúdo. --Prevertgl 14:34, 10 xullo 2009 (UTC)

Uxío CarréEditar

Aviso a navegantes da Coruña ou arredores. Uxío Carré naceu na rúa de San Nicolás, 30, da Coruña. É de supoñer que haxa unha placa na casa onde naceu, e necesitamos algunha fotografía para o seu artigo. A ver se alguén se anima a facerlle unha visita e nos consegue unha foto. Pedro --Lameiro (conversa) 18:21, 12 xullo 2009 (UTC)

Imaxes de FlickrEditar

Rogo, polo proceso de diálogo que estou a desenvolver con Usuario:Aprofa que as imaxes que acabo de subir procedentes de Flickr non sexan revisadas. Hai moitas imaxes de Flickr que deben ser revisadas (Categoría:Imaxes de Flickr revisión pendente), pero non é conveniente polo proceso de aprendizaxe que creo que esta usuaria ten que o sexan esas tres. En caso de que sexan revisadas, rogo que se desfaga a edición-- Lmbuga / Conversa comigo  18:33, 13 agosto 2009 (UTC)

Solicitarei a súa revisión a un administrador cando sexa oportuno. Grazas-- Lmbuga / Conversa comigo  18:33, 13 agosto 2009 (UTC)

Sorpresa e erroEditar

Levei unha sorpresa e cometín -creo- un erro.

Fixen unha busca de imaxes na Galipedia coa palabra "Graffiti". Para a miña sorpresa tamén se listaron imaxes de Commons que non estaban sendo usadas na Galipedia. Antes de darme de conta, categoricei dúas: Ficheiro:Graffiti's details.jpg e Ficheiro:Graffitis betharram 2 jnl.jpg. Dado que non se empregan en ningunha páxina e non son relativas a Galicia (polo tanto non é de esperar a creación dunha galería de imaxes prontamente) creo que deberían ser borradas da Galipedia-- Lmbuga / Conversa comigo  00:23, 16 agosto 2009 (UTC)

  Feito! Un saúdo. --Alberte Si, dígame? 00:37, 16 agosto 2009 (UTC)

Nova sobre os símbolos de GaliciaEditar

O Decreto 369/98, artigo 1, apartado 2:, e a Lei 5/1997, do 22 de xullo, de administración local de Galicia expresan literalmente:

Ningunha entidade local de Galicia poderá utilizar escudo heráldico ou bandeira que non fose aprobado polo Consello da Xunta de Galicia, sen prexuízo daqueles que foron aprobados pola Administración do Estado con anterioridade á transferencia de competencias nesta materia en favor da Comunidade Autónoma de Galicia.

É dicir, foron anulados tódolos escudos aprobados anteriores a unha data que ha de estar entre 1998 e 1999. En 1997 hai 10 DOGs en que se aproban escudos, en 1998 só hai un, que, ademais, é de novembro (probablemente o primeiro que segue a normativa que anulou os símbolos anteriores); en 1999, tres.

Agora ben, observei que nos últimos 10 anos no DOG ademais de aprobarse escudos tamén se rectifican. Entendo (non podo aseguralo) que se aproban os escudos novos e que se rectifican os que foran aprobados de vello e foron anulados por non estar acomodados á nova lei do 97 e decreto do 98. Penso que para ver os escudos aprobados hai que reparar nos DOGs de 1998 en diante, incluído o de novembro e reparar especialmente nos escudos que se rectifican. Cando hai unha aprobación, hai un debuxo do escudo no DOG, cando se rectifica un escudo só aparece a descrición escrita deste, pois o debuxo apareceu xa no seu momento.

Espero que isto poida aclarar algo. Se estou confundido, indicádemo-- Lmbuga / Conversa comigo  21:56, 19 agosto 2009 (UTC)

Estas aclarando mui ben o cadro de traballo que temos que ter en conta, tanto na Galipedia e cando no es posible en commons. Moitas gracias Lmbuga ElviraConversa comigo 22:04, 19 agosto 2009 (UTC)
Non as teño todas comigo, Elvire.
Non o teño claro: Os escudos que os concellos propoñen deben pasar primeiramente pola Comisión de Heráldica para despois seren aprobados polo Consello da Xunta de Galicia. Pois ben, o Consello da Xunta de Galicia regulou a composición e funcións da Comisión de Heráldica co fin de axustalo á Lei 5/1997, do 22 de xullo, de administración local de Galicia nunha reunión celebrada o dez de decembro de mil novecentos noventa e oito.
Sigo dándolle voltas e non son capaz de decidir cal foi o primeiro símbolo aprobado que non foi invalidado. -- Lmbuga / Conversa comigo  22:09, 19 agosto 2009 (UTC)
Quizais todo sexa máis simple. Se alguén accede ó DOG para ver un símbolo aprobado, ten que reparar en que sexa o Consello da Xunta de Galicia quen aprobe o símbolo. Se o aproba outra figura (conselleiro,...), o símbolo foi invalidado posteriormente-- Lmbuga / Conversa comigo  22:16, 19 agosto 2009 (UTC)
Non podo comprobar o que acabo de dicir porque a páxina do DOG non funciona agora. Quería comprobar quen aprobou o escudo do DOG do 30 de decembro de 1997 e quen aprobou o do DOG do 27 de novembro de 1998-- Lmbuga / Conversa comigo  22:32, 19 agosto 2009 (UTC)
Entendo mui ben que todo non é evidente e todo non esta solucionado, por demáis pode mudar cada día (véxase La Región do 20/08/08). Pero sigo dicindo que plantexaches mui ben o cadro dentro do cal temos que traballar. Cada vez que teñamos dubidas sobre os escudos e bandeiras das entidades galegas teranse que "aparcar" en categorías axeitadas ou borrados se non veñen de commons. A Galipedia pode ser unha referencia de calidade niste tipo de información enciclopedica. Pola miña banda si eu subin algunha bandeira ou escudo que non é conforme o que ti dis, estou lista para pedilo o borrado en commons, non dudar en decirmelo. ElviraConversa comigo 23:42, 19 agosto 2009 (UTC)
O igual que dixo Elvire, plantexaches moi ben a liña na que temos que traballar, e eu bou a plantexar a maneira de comprobalo nos concellos da Provincia de Pontevedra:
O primeiro que temos que facer é abrir unha pestana no navegador, e procurar en depontevedra.es a páxina de heráldica municipal.
Dámoslle, por exemplo, a ver a heráldica municipal de Agolada; se debaixo da descripción engade que está aprobado polo Consello da Xunta como aclarou moi ben Lmbuga, pasamos o seguinte municipio, se pon que non se coñece expediente de aprobación, imos [a] Galipedia e quitámolo escudo ou bandeira dese municipio dos artigos no que apareza e poñemos o aviso.
Espero que o entenderades. --Pontevedra78 (Para o que ti queiras) 11:22, 20 agosto 2009 (UTC)
Como primeira medida paréceme ben o que di Pontevedra78, pero non abonda. Quedan os outros concellos. Eu vou intentar traballar doutro xeito. Vou intentar completar a listaxe de DOGs con referencias a escudos que coloquei en Conversa categoría:Mantemento de imaxes de símbolos de Galicia. Irei facendo anotacións nesa páxina dos escudo que hai, indicarei se os aprobou ou non o Consello da Xunta de Galicia (cousa fundamental) e subirei aqueles que sexan precisos e estean a cor (os que vou subindo categorízoos nunha subcategoría de Categoría:Mantemento de imaxes chamada Categoría:Imaxes de símbolos oficiais de Galicia). Unha vez categorizados, hai que comparalos coas imaxes existentes. É o único xeito de traballar que se me ocorre. Mirei xa 6 ou 7 DOGs de 2008 e 2009, teño que volver miralos para facer as anotacións-- Lmbuga / Conversa comigo  15:35, 20 agosto 2009 (UTC)
  • Concordo pareceme mui axeitado si das con esa tarefa de utilidade para a comunidade. Eu cando toque escudos ou bandeiras de Galicia, na Galipedia ou en calquer proxecto wikimedia, virei consultar o teu traballo. Grazas por ser un tal recurso ElviraConversa comigo 16:33, 20 agosto 2009 (UTC)
  • O Consello da Xunta de Galicia aprobou escudos en 1992. Eses escudos, salvo que fosen variados, semellan válidos. Creo que vai ser mellor ir pola Xunta a preguntar-- Lmbuga / Conversa comigo  23:35, 20 agosto 2009 (UTC)

Imaxes solicitadas (4 de setembro de 2009)Editar

Inclúo o marcador coas imaxes solicitadas por se algún colaborador actual ou futuro ten algunha imaxe que poida cargar relacionada cos artigos sinalados. Grazas. Un cordial saúdo. --Prevertgl 19:34, 4 setembro 2009 (UTC)


Imaxes solicitadas

Pode colaborar cargando na Galipedia as imaxes da súa propia autoría, sempre que estean libres de dereitos, nos seguintes artigos:

Pode facelo usando o seguinte formulario, lembre engadir canta información poida sobre a imaxe: autor, lugar e data da fotografía, estatus dos dereitos (dominio público, GFDL, Creative Commons,...). En Marcadores de licenza de imaxe e Política de uso de imaxes hai indicacións sobre o uso de imaxes na Galipedia. Se ten dúbidas en canto ao procedemento a seguir pode pedir axuda nesta páxina. (Nota: se as imaxes non inclúen información suficiente sobre os dereitos terán que borrarse).

  • Coloquei imaxes no artigo da central térmica de Meirama. Saúdos.--Aprofa (fálame) 15:26, 1 outubro 2009 (UTC)


Importante: Sobre símbolos de GaliciaEditar

Quixera saber a vosa opinión sobre se esta páxina pode ser unha páxina de referencia para os símbolos de Galicia. A min paréceme que si. Entendo que é unha páxina da Xunta. Grazas-- Lmbuga / Conversa comigo  19:57, 19 setembro 2009 (UTC)

Si é unha páxina da Xunta, segundo pon no Aviso Legal, e entendo que como tal pode servir de referencia.--RNC 20:03, 19 setembro 2009 (UTC)
Semella unha fonte fiable, e nunha ollada rápida non vin erros. --Alberte Si, dígame? 20:38, 19 setembro 2009 (UTC)
Eu véxolle un problema que agora se me antolla ser un problema menor por ser a páxina da Xunta, un que xa vía na Web da Deputación de Pontevedra en que aparecían escudos. Segundo o DOG (páx 5.231), a ponte do escudo do concello de Arbo só ten un ollo, a da imaxe que achegan ten tres. Supoño que houbo unha corrección a ese DOG que eu non dei achado e que na páxina do concello de Arbo non presenta, pois o escudo da páxina ten un só ollo.
Eu optaría por tomala como referencia. E empregaría modelo {{SímboloDubidoso}} (aclarando o motivo do modelo na páxina de discusión da imaxe) para marcar aquelas imaxes que, coma a de Arbo, poidan non estar claras.-- Lmbuga / Conversa comigo  12:35, 20 setembro 2009 (UTC)
Verei de pouco e pouco ir revisando símbolos tomando esa páxina como referencia, se vos parece ben. Por certo, a páxina do concello de Arbo (se é tal, como din nalgún buscador) está sen desenvolver ou en obras-- Lmbuga / Conversa comigo  12:37, 20 setembro 2009 (UTC)

Comunicación: Atribucións para revisar imaxes de FlickrEditar

Tras facer proposta nos taboleiros dos administradores e ver que non hai resposta, sendo esta -a revisión das imaxes de Flickr- unha necesidade, optei por considerarme usuario adecuado para revisar ditas imaxes.

Sinto certamente que decisións coma estas -máis serias do que se consideran- non sexan comunicadas nas páxinas dos usuarios que as solicitan.

Considero que con só a aprobación de Albert Galiza e o visto e prace de Prevert non estou refrendado nin realmente equiparado para desenvolver este labor (especialmente por non me ter sido comunicado adecuadamente). Posto que ninguén fai este labor e dado que serán unhas cen as imaxes que precisan atención, vouno facer eu simplemnente porque me peta e dáme a gaña e porque hai dous usuarios que están de acordo (un deles administrador), non porque ninguén confíe en min (eu considero o asunto bastante serio, debo de ser case o único).

Se alguén desexa que pare de facelo non ten máis ca indicarmo. Grazas -- Lmbuga / Conversa comigo  01:43, 9 outubro 2009 (UTC)

Desculpade os meus improperios (seguen sendo produto de saber que se fundiron por miudeces usuarios que estaban día e noite pendentes do proxecto). Serei o único en velo así, pero algo non funciona ben aquí: ¿Quen ten palabra ou "a palabra"?. A ver se alguén lle encontra solución. Non pode ser que leve dous meses (como pouco dous meses) esperando resposta e que teña que ir á páxina do taboleiro dos administradores para ver se alguén se dignou a editar na miña entrada
¿Acaso non pode tomar esta decisión un administrador, inda que é unha decisión que implica moita responsabilidade? ¿Non pode o administrador que editou nesa páxina comunicarme directamente que desenvolva ese labor? ¿Por que ou por quen ten que esperar? ¿Séntense os administradores respaldados? ¿Teñen capacidade de decisión?
Non creo que sexa culpa del, dese administrador (nin moito menos). Creo que algo non funciona. Persoalmente, creo que os administradores non se senten respaldados, e non precisamente polos usuarios, pois esta decisión era moi simple-- Lmbuga / Conversa comigo  02:07, 9 outubro 2009 (UTC)
Hoxe dúas imaxes revisadas: Ficheiro:Bono de ProLingua.jpg, Ficheiro:PROLINGUA PIN.JPG-- Lmbuga / Conversa comigo  02:26, 9 outubro 2009 (UTC)
Para que se vexa máis claro o meu xeito de ve-lo mundo: Eu no taboleiro dos administradores preguntei por cómo podía solicitar que se me permitise revisar as imaxes de flickr e solicitei ademais revisalas. Non comprendo que un administrador edite despois e que se mostre simplemente a favor (por favor, quede claro que non personalizo, seguramente é o administrador que mellor me cae). Non se pode mostrar simplemente a favor porque o taboleiro dos administradores non é unha páxina de votación, ou decide ou non decide, se non decide, tenme que comunicar como eu podo solicitar que se me concedan esas atribucións. Se decide, tenmo que comunicar persoalmente ou ser decisivo e decisorio nesa páxina. Como el non decidiu concederme tales atribucións, eu non as teño concedidas; tómomas porque teño gheta (inda que sei que el está de acordo), mais nada. Claro que eu pregúntome se isto é funcionar ben-- Lmbuga / Conversa comigo  02:42, 9 outubro 2009 (UTC)

Certamente, todo sería diferente se houbese unha decisión e fose comuniocada na miña páxina de discusión. A verdade, inda estou á espera desa comunicación-- Lmbuga / Conversa comigo  02:54, 9 outubro 2009 (UTC)

Algo -pouco bo- pasa--. ¿Como podemos insuflarlles os administradores menos medo por errar? Lmbuga / Conversa comigo  03:09, 9 outubro 2009 (UTC)


  • Polo propio ritmo do wiki moitas veces hai fíos de debate, propostas ou comentarios que quedan durante un tempo sen resposta ou sen resolver mais tempo do que un espera, iso non significa que o resto dos compañeiros queiran ignoralos ou non queiran respostalos ou resolvelos, sexan administradores ou outro tipo de editores. Iso implica que todos temos que ter certa paciencia e adecuarnos ao ritmo do wiki. Hai tarefas que requiren certa urxencia, poida que a revisión das imaxes de Flickr teña esas características pero creo que é mellor que esperes. Moitos sabemos que tes os coñecementos necesarios e a cualificación para realizar a revisión, eu mesmo me manifestei nese sentido cando preguntaches pero creo que podes axudar sen necesidade de apurar os prazos e comezar cun procedemento que aínda está pendente. Na miña opinión hai solucións alternativas, por exemplo crear unha subpáxina no espazo persoal onde recollas os datos das imaxes que revises e logo ofrecerlle esa información un administrador para facilitar o seu traballo mentres non acades a autorización. Dese xeito poderías axudar sen ir contra o procedemento, cumpres coas regras que nos temos marcadas e adiantas traballo mentres se resolve a túa petición. Por favor retira os dous marcadores que puxeches e pasaos á subpáxina persoal e sigue coa revisión dese xeito, iso será moi útil para todos e estpou seguro que axudará a resolver a túa petición. Un cordial saúdo. --Prevertgl 10:14, 9 outubro 2009 (UTC)
  • Intervín en Wikipedia:Taboleiro dos administradores/Imaxes#Categoría:Imaxes de Flickr revisión pendente, o cerne da miña intervención vai en que se cumpres escrupulosamente coas normas e ademais beneficias á wikipedia ninguén pode impedirche realizar ese actuación na miña opinión. É de agradecer que pidas autorización pero é máis cortesía que a efectos prácticos. Polo tanto, conclusión: o incorrecto sería que alguén che impedira facer un traballo moi beneficioso para a wikipedia sen ir contra as normas. Pola miña banda podes comezar cando queiras co traballo de revisión de imaxes, ninguén dubida da túa competencia neste eido. --Alberte Si, dígame? 14:10, 9 outubro 2009 (UTC)
Estou de acordo con Prevert. A suplantación por parte dun usuario das funcións dun administrador non é unha broma. Non vale como desculpa que eu mesmo crease o modelo de revisión ou que teña máis ou menos idea. Nin sequera debe ser desculpa que, cando non se fai dano a ninguén, cando é bo para a comunidade, cando unha norma dificulta o traballo, poida ser cuestionasblemente lícito saltala.
A única desculpa posible é que, se non actúo así, pois o feito de que fal falla autorización é irrefutable, o proceso se paralizaría porque a páxina do Taboleiro dos administradores non é unha páxina de votación. A páxina do Taboleiro dos Administradores é unha páxina para dinamizar solicitudes, non é a Taberna. Se un administrador responde nesa páxina, os demais administradores -como é normal- nin len porque teñen outras cousas que facer. A concesión da autorización precisa resposta personalizada (ó igual que en Commons, inda que non sei ben como funciona alí). Sen esa resposta sigo sen estar autorizado. Non hai nin haberá nunca -supoño- un procedemento de votación aprobado para ese taboleiro.
Por outra banda, abonda con que un usuario solicite que desfaga a revisión das dúas imaxes que revisei para que desfaga o feito. Ademais, estou de acordo con el.
Pola miña banda, sigo preguntándome cómo podo conseguir esa autorización. Cando saiba se a consigo ou se non a consigo, cando coñeza o procedemento de solicitude, solicitarei poder pechar as votacións das imaxes da semana e colocar esas imaxes para que non ocorra que se esqueza ese labor. Podería ocorrer que non se me conceda algunha das dúas solicitudes ou unha terceira. Se non se me conceden, non pasa nada, absolutamente nada, pero eu considero que os administradores habituais deben manifestar se ceden algunha das súas atribucións.
Agora, Prevert, non podo desfacer as edicións das dúas imaxes que revisei, non me dá tempo. Así que poida, fágoo. Grazas-- Lmbuga / Conversa comigo  11:34, 10 outubro 2009 (UTC)
  • En primeiro lugar desculpas por non ter intervido antes, non andei por aquí estes días. Grazas Lmbuga pola túa resposta, polo que vin no Taboleiro agora si que semella que tes a autorización (polo menos foi o que min me pareceu) e alédome de que así sexa porque podes adiantar moito traballo pendente. Por iso mesmo creo que xa non é preciso que desfagas as edicións nesas dúas imaxes. Un cordial saúdo. --Prevertgl 16:54, 15 outubro 2009 (UTC)

Imaxes da manifestación do día 18 en CompostelaEditar

O domingo 18 estiven tirando fotos na manifestación convocada por Queremos galego. Teño fotografías de diferentes tipos e preguntábame se sería pertinente ou non a súa inclusión na Wiki. Vou expoñendo os tipos e logo xa me diredes:

1 - Fotografías da Quintana e das rúas con xente anónima.
2 - Fotografías de personaxes públicas (actores, políticos, intelectuais).
3 - Fotografías do Palco.
4 - Fotografías de moitas das pancartas que se levaron (este tipo de fotografías creo que tamén se poderían utilizar para ilustrar as entradas dos respectivos partidos, sindicatos, asociacións, etc.).

Agardo as vosas noticias. Ah, outra cousiña, a publicación non podería ser inminente, ando un pouco liada esta semana. Saúdos. —o anterior comentario sen asinar foi feito por 77.27.25.52 (conversacontribucións) ás 20:32 do 20 de outubro de 2009 (UTC)

  • Semellan imaxes todas elas moi valiosas para a Galipedia. A única precaución, na miña opinión aínda sendo un lugar público é evitar planos cercanos ou moi cercanos de persoas anónimas nas que se identifiquen moi claramente. Un cordial saúdo. ---Prevertgl 20:49, 20 outubro 2009 (UTC)
  • Pois xa era hora de que alguén tirara unhas fotos. Vin a tanta xente sacando fotos que agardaba que algún dos que tedes unhas supercámaras estiverades por alí. Foi unha magoa, pois por preguiza non levei a miña cámara e vin a tantos personaxes!--PepedoCouto (dimo aquí) 13:23, 25 outubro 2009 (UTC)

Imaxes solicitadas (31 de outubro de 2009)Editar

Inclúo o marcador coas imaxes solicitadas por se algún colaborador actual ou futuro ten algunha imaxe que poida cargar relacionada cos temas da lista. Grazas. Un cordial saúdo. --Prevertgl 12:34, 31 outubro 2009 (UTC)

Imaxes solicitadas

Pode colaborar cargando na Galipedia as imaxes da súa propia autoría, sempre que estean libres de dereitos, nos seguintes artigos:

Pode facelo usando o seguinte formulario, lembre engadir canta información poida sobre a imaxe: autor, lugar e data da fotografía, estatus dos dereitos (dominio público, GFDL, Creative Commons,...). En Marcadores de licenza de imaxe e Política de uso de imaxes hai indicacións sobre o uso de imaxes na Galipedia. Se ten dúbidas en canto ao procedemento a seguir pode pedir axuda no espazo común de debate sobre as imaxes (Nota: se as imaxes non inclúen información suficiente sobre os dereitos terán que borrarse).

Fotografías solicitadas: Imaxes do acto do próximo día 14 de novembro no Teatro Principal de Santiago de CompostelaEditar

Se algún colaborador vai ao acto títulado Lingua de Liberdade do vindeiro sábado 14 de novembro, a partir das 12 horas, no Teatro Principal de Santiago de Compostela, estaría ben que fíxese unhas cantas fotografías para cargar na Galipedia. A ser posible que inclúan planos xerais do recinto tanto do interior coma do exterior e detalles dos persoeiros que van intervir. As devanditas imaxes poden servir para ilustrar un feixe de artigos da Galipedia. Grazas de antemán. Un cordial saúdo. --Prevertgl 22:02, 9 novembro 2009 (UTC)

Wikipedia:Imaxe da semanaEditar

Para a próxima semana aínda non hai proposta.-- Lmbuga / Conversa comigo  20:49, 12 novembro 2009 (UTC)

selos de correosEditar

É legal subir as imaxes escaneadas de selos de correos españois? e se o é cal seria a licenza que se poñeria? GrazasAlfonso Márquez 14:55, 8 decembro 2009 (UTC)

Terian que ser selos con mais de 70 anos eu a licencia que poño é esta: A obra artística bidimensional que se mostra nesta imaxe está no dominio público en todo o mundo debido á data da morte do seu autor, ou debido á data da súa publicación. Polo tanto, esta reprodución do traballo tamén está no dominio público.Saudos¡--Carronada 23:41, 2 marzo 2010 (UTC)

Engadir fotos a un artigoEditar

Boas, son nova na galipedia e non contro moito nisto das fotos por iso gustaríame pedir se alguén pode engadir algunha a este artigo que creei: Literatura modernista. Gracias de antemán e un saúdo.--Jackirtash 17:36, 13 decembro 2009 (UTC)

Vin que xa colocaron (ou colocaches) unha foto no artigo Literatura modernista. Quixera só explicarche unha posibilidade de encontrar imaxes para os artigos.
Hai un espazo do proxecto en que hai unha gran cantidade de imaxes que se poden empregar na Galipedia. Chámase Commons, podes acceder a el desde o final da páxina da portada da Galipedia ou desde aquí. Actualmente Commons ten case 6 millóns de arquivos multimedia.
Para usar as imaxes de Commons non tes que subilas á Galipedia. Úsanse coma se xa estivesen subidas. Calquera das imaxes de Commons pode empregarse coma se xa fose subida á Galipedia. Commons é unha gabeta de arquivos multimedia que alimenta a tódalas wikipedias.
Iso si, para facer unha busca, soe ser preferible que empregues o inglés. Podes acadar con todo aceptables resultados noutras linguas-- Lmbuga / Conversa comigo  14:22, 16 decembro 2009 (UTC)

Imaxes de cartacesEditar

Acabo de levar unha sorpresa en Commons. Vin unha páxina chea de imaxes de cartaces. Dirixinme a un administrador para saber se agora, actualmente, se admiten. Eu penso que non se van poder admitir, pero na mensaxe que lle deixei concibo que é posible que se admitan (http://commons.wikimedia.org/w/index.php?title=User_talk%3ACookie&action=historysubmit&diff=33110448&oldid=33094288 ).

Será necesario esperar resposta para saber cómo actuar no futuro con estas imaxes-- Lmbuga / Conversa comigo  13:55, 16 decembro 2009 (UTC)

Recibín resposta (http://commons.wikimedia.org/w/index.php?title=User_talk%3ALmbuga&action=historysubmit&diff=33125918&oldid=31751090 ). Pôr desgraza as imaxes de cartaces seguen sendo consideradas copyvio a non ser que se especifique que están no dominio público no mesmo cartaz-- Lmbuga / Conversa comigo  22:01, 16 decembro 2009 (UTC)

Galicia. Dominio público (Flickr)Editar

Fai tempo creei o grupo Galicia. Dominio público en Flickr.

O grupo implica que as fotos que nel se colocan teñen que permitir as obras derivadas e o uso comercial e que os administradores do mesmo se comprometen a subir as fotos á Wikipedia galega sempre que lles sexa posible (isto último dende onte).

Unha vez subidas as fotos, colócase na páxina das mesmas unha ou varias ligazóns ás páxinas da Galipedia en que se empreguen as imaxes.

Ideei o grupo para aproximar a Galipedia a unha comunidade que nos pode resultar interesante.

Comecei a dedicarme ó grupo xustamente onte. O grupo pasou de ter 12 usuarios antonte (3 activos) a ter 28 hoxe (moitos máis de 3 activos, pero non sei cantos)

Dous usuarios de Flickr que tiñan as súas fotos con tódolos dereitos reservados, tras falar comigo sobre o grupo, mudaron a licenza de todas as súas fotos e permitiron as obras derivadas e o uso comercial.

Rógovos, na medida das vosas posibilidades, que fagades publicidade do grupo.

Se algún de vós participa habitualmente en Flickr e desexa ser moderador ou administrador do mesmo (neste momento somos 2 administradores, o outro con experiencia en Flickr e administrador de varios grupos), fágamo saber.

Tódalas imaxes que incorporei hoxe á Wikipedia galega (probablemente máis de 20) proceden do grupo. Creo que pode ser unha boa fonte para aproximar usuarios á Galipedia que poidan converterse en editores, polo que me vou dedicar especialmente a ese labor inda que vai supor moito tempo.

As imaxes que subo, súboas a Commons porque esta ferramenta facilita enormemente o traballo. Non estaría de máis tela na Galipedia, inda que creo que debe ser moi complexa, pois Flickr é máis complexo do que parece -- Lmbuga / Conversa comigo  00:10, 29 decembro 2009 (UTC)

Felicidades pola iniciativa. Moi boa idea :). --GallaecioE logo? 08:05, 29 decembro 2009 (UTC)