Castro de Moares

poboado fortificado en Ermedelo, Rois

O castro de Moares é un poboado castrexo situado na parroquia de Ermedelo, no concello de Rois.

Castro de Moares
Tipocastro Editar o valor en Wikidata
ConservaciónParcialmente destruído
Localización
EstadoEspaña
Comunidade autónomaGalicia
Provinciaprovincia da Coruña
ConcelloRois
ParroquiaErmedelo Editar o valor en Wikidata
Wikidata ]

Estado

editar

Todo o que queda do pequeno castro de Moares é un pequeno montículo de terra onde se supón que estaba. É coñecido como Os Castriños polos veciños do lugar. Hoxe está en terreos da concentración parcelaria da aldea de Asneiros. Parte do castro suponse destruído por unha pista da concentración, hoxe en día asfaltada, que percorre dende O Codeso ata Vilachán. Non se realizou ningún tipo de catas, pero suponse que as pedras foron usadas polos veciños para a construción de muros e casas.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar