Castro do Achadizo

poboado fortificado en Castro, Boiro

O castro do Achadizo é un poboado castrexo fortificado da Idade de Ferro. Localízase na parroquia de Castro, no concello de Boiro. Estivo habitado principalmente entre os séculos VI e II a. C.[1].

Castro do Achadizo

Tipocastro Editar o valor en Wikidata
ConservaciónConsolidado e integrado nun espazo público
Datas
Ocupaciónséc. VI-II a.C.
Escavación1991 en adiante
Localización
Mapa
 42°36′59″N 8°53′04″O / 42.6164, -8.8844
EstadoEspaña
Comunidade autónomaGalicia
Provinciaprovincia da Coruña
ConcelloBoiro
ParroquiaCastro Editar o valor en Wikidata
Patrimonio cultural
Id. catálogoGA15011027
Contacto
RedesBNE: XX4798668
Wikidata ]

Morfoloxía

editar

Pertence ao tipo de castros denominados "costeiros". A súa aparencia está moi desfigurada polo barrio construído sobre gran parte do depósito. As escavacións realizadas nel sacaron á luz varias estruturas arquitectónicas de carácter habitacional e restos da muralla pétrea, así como varios vertedoiros. Estes vestixios foron consolidados, sinalizados e integrados nunha área pública de esparexemento.

En 1991 o alumnado de 4º de EXB do CEIP Santa María do Castro, investigando as orixes da súa parroquia na clase de coñecemento do medio, chegou ao centro cunhas "tellas". Segundo eles, atopáranas no lugar onde xogaban ao peletre, preto do club de remo, no peirao. Unha vez visto o material, o profesorado, dubidando de se trataría de auténticas pezas arqueolóxicas, informa á administración e a Consellería de Cultura e Xuventude realiza as escavacións. Estas foron dirixidas polo arqueólogo Anxo Concheiro. Participaron no proceso da descuberta Pilar Rama López, Manuela Mato Porto, Xáquin Fernández Toucedo e o alumnado de 4º.

  1. CONCHEIRO, A.; RUBINOS, A. et alt. (1999). "Las fechas de C-14 del castro de O Achadizo (Boiro, A Coruña): Problemática de la calibración de conchas marinas". Trabajos de Prehistoria 56 (1).  (en castelán)

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar