Usuario:Elisardojm/Concellos sen imaxe

Concellos sen imaxes a 23 de setembro de 2012.

Esta é unha páxina para organizar a busca de imaxes libres para os artigos dos concellos de Galicia que aínda non teñen. O que quera buscar unha imaxe dalgún dos concellos que apunte o seu usuario e así non nos pisaremos os uns ós outros e o traballo estará repartido.

Exemplo de correo electrónico para pedir imaxes editar

Ola!, son un editor da Galipedia, http://gl.wikipedia.org/wiki/Usuario:Elisardojm, e estamos tentando conseguir algunha imaxe de tódolos concellos de Galicia, só faltan imaxes de X, http://gl.wikipedia.org/wiki/Usuario:Elisardojm/Concellos_sen_imaxe. Resulta que un dos concellos dos que non temos ningunha é o de XXXX e atopei que vostede publicou algunhas en Panoramio, por iso quería preguntarlle se lle interesaría cambiar a licenza das mesmas por unha compatible coa da Galipedia. As licenzas aceptabeis na Galipedia son as compatibles coa súa propia: atribución e compartir igual, pode vela nesta páxina: http://gl.wikipedia.org/wiki/Wikipedia:Texto_da_Licenza_Creative_Commons_Reco%C3%B1ecemento-CompartirIgual_3.0. Se aceptara eu ocuparíame de copiar as imaxes no servidor da Galipedia, indicando a fonte, o autor e a licenza que escolla, e de incluíla nos artigos da wiki.

Espero a súa resposta e se ten algunha dúbida póñase en contacto comigo e respondereille o mellor que poida.

Saúdos e grazas pola súa atención,
Elisardo