Torre da Forxa
Atención: Este artigo ou sección semella conter investigacións orixinais. |
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde novembro de 2018.) |
A Torre da Forxa, tamén coñecida como Torre de Porqueira[1] son os restos dun castelo medieval construído no século XII no concello ourensán de Porqueira. Nel, segundo conta a tradición, foi durante un tempo confinado o rei García de Galicia.[2]
Torre da Forxa | |
---|---|
ben de interese cultural | |
Concello | Porqueira |
Provincia | Ourense |
Comunidade autónoma | Galicia |
Coordenadas | 42°00′49″N 7°50′57″O / 42.013479, -7.84919 |
Estilo arquitectónico | |
Estilo orixinal | románico (século XII) |
Estilo actual | románico |
Estado actual | Bo estado e visitable |
Véxase tamén | |
Castelos de Galicia | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Historia
editarNo ano 1157 pasou a formar parte do patrimonio do bispado de Ourense pola cesión feita polo rei Afonso VII, confirmada por Afonso IX, que en maio de 1204, en Troncoso, vendeu ó bispo Afonso por dous mil cincocentos soldos canto tiña e lle correspondía en Porqueira.
Na primavera do ano 1387 o castelo foi ocupado por pouco tempo polo Duque de Lancaster con motivo da guerra pola sucesión da coroa entre Pedro I de Castela e Henrique de Trastámara. Na segunda metade do século XV, cando xa pertencía á casa de Monterrei, sufriu o ataque dos Irmandiños que non chegaron a destruíla.
Despois da creación en 1837 do concello de Porqueira pasou a ser a casa consistorial, e posteriormente pasou a mans particulares.
Descrición
editarO castelo sitúase no val, lugar elixido para unha maior eficacia no control da fronteira co veciño Portugal. Da antiga fortaleza só queda en pé esta torre, de austera e robusta construción en perpiaños de granito dispostos en fiadas regulares.
Accédese ao seu interior a través dunha porta a maior altura do chan á que se chega por medio dunha escalinata de vinte tramos.
Non presenta case aberturas: a porta románica, as ventás seteiras que defenden a entrada na súa vertical e unhas pequenas ventás, hoxe en día cubertas con cristais.
Modillóns simples sosteñen o seu matacán saínte. Non se conservan as ameas.
Atópase protexido baixo a declaración xenérica do Decreto do 22 de abril de 1949 sobre o Patrimonio histórico español.
Na actualidade acolle un centro de interpretación da Vía Nova XVIII do Itinerario de Antonino ao seu paso pola Limia.
Notas
editar- ↑ Torre de Porqueira na páxina web colaborativa Patrimonio Galego.
- ↑ Teto de Dios (03-03-2016). "Torre da Forxa". Galicia Máxica (en castelán). Consultado o 15-9-2018.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Simal Lozano, Jesús Ángel; Conde Cid, Natalia (2009). Castillos, torres, murallas, iglesias fortificadas… de Galicia (PDF) (en castelán). pp. 46, 122–123. Consultado o 11-11-2018.