Abrir o menú principal

Axuda:Rexistro unificado

O sistema de rexistro unificado combina as contas de usuarios de cada proxecto da Fundación Wikimedia.

A Fundación Wikimedia opera un conxunto de recursos comunitarios en liña. Os usuarios tradicionalmente debían crear unha conta separada en cada un dos proxectos. Isto xeraba un obstáculo extra a aqueles usuarios relacionados con moitos proxectos, particularmente respecto da integración coa Wikimedia Commons.

As principais vantaxes do rexistro unificado son un acceso unificado (non se require crear a conta en novos proxectos: o nome de usuario preexistente na conta global créase automaticamente) e identidade consistente (o nome de usuario perténcelle ao usuario, ninguén máis pode usalo noutro proxecto).

Para acceder á páxina para unificar unha conta, o usuario debe dirixirse a Especial:Fusionar contas.

Véxase taménEditar