Wikipedia:Votacións/Tódolos ficheiros a Wikimedia Commons
Debate pechado. Por favor, non faga edicións neste arquivo.
Votación PECHADA: Non se acadan os 3/4 dos votos a favor para converterse en política oficial.
Período de votación: 18-09-2011 - 18-10-2011
SI: 14 — NON: 9 — NEUTRO: 1 — CONCLUSIÓN: rexeitado |
Sométese a aprobación da comunidade modificar o sistema que temos actualmente que permite cargar ficheiros na Galipedia, que so se poden empregar neste proxecto. En troques, a partires da aprobación desta proposta, se sucede, pecharíase a opción, quedando unicamente a posibilidade de cargar os ficheiros directamente en Wikimedia Commons, de xeito que estean dispoñibles para tódolos proxectos da Fundación Wikimedia, inclusive outros proxectos en galego (Galicitas, Galicionario, Galilibros, Galifontes...) e en calquera outra lingua.
Progresivamente e a partir do peche, as imaxes almacenadas con anterioridade na Galipedia, e que non foran aínda subidas a Commons, irían movéndose cara alá.
O tema xa foi exposto e debatido nalgunhas ocasións (Imaxes a Commons?), sen chegar a facerse unha votación formal, que é o que agora se abre.
De se aprobar, a decisión tería rango de política oficial da Galipedia.
Para discutir o tema, antes de votar, hai aberto un fío na Taberna (imaxes)#Imaxes na Galipedia / imaxes en Wikimedia Commons. Este sería un cambio importante na Galipedia, sería desexable que participaramos nesta votación o maior número de usuarios posibles. |
- A favor
- Concordo. --. HombreDHojalata.conversa 09:18, 18 de setembro de 2011 (UTC)
- Concordo. Son dos que uso unicamente á carga de imaxes na Galipedia, pero entendo quea evolución lóxica é esta e que todo tivo o seu momento e a súa razón de ser. --Atobar (conversa comigo) 10:16, 18 de setembro de 2011 (UTC)
- Concordo porque a razón última da Galipedia, dentro de Wikipedia, é que toda a información -texto ou imaxes- estea dispoñible libremente a calquera usuario do mundo mundial. Un uso restritivo desta información racha co espírito wiki. Pero... (ver comentarios). Pedro --Lameiro (conversa) 11:30, 18 de setembro de 2011 (UTC)
Concordo, e no que podo axudarei en Commons (categorizar, atopar licencias adecuadas, completar lendas, etc)--Elvira (conversa comigo) 12:13, 18 de setembro de 2011 (UTC)Concordo sempre para que Tódolos ficheiros a Wikimedia Commons, pero doume conta ca politica tal como estamos a votala non a preparamos ben, que commons sexa o banco de datos do todos proxectos non quere decir que cada proxecto dé de baixa a ferramenta e temos que aclararnos sobre o que queda na Galipedia. Voume preocupar de dar mais esplicacions nun momento que non esté tan cansada. Si esta politica aprobase, eu coma sempre siguirei a comunidade, e si non se aproba desta vez, estou lista para traballar na preparación doutro xeito para dar o paso de ida a commons sen renunciar a ferramenta.--Elvira (conversa comigo) 00:01, 12 de outubro de 2011 (UTC)Concordo. Como di Lameiro, o espírito da wiki é que non haxa restricións ao uso da información. Sería desexable que as demais wikis fixeran o mesmo. --Xosé Antonio 15:20, 18 de setembro de 2011 (UTC). — Segundo Wikipedia:Votacións#Quen pode votar? "o usuario debe...Ter unha antigüidade mínima de 60 días, a contar desde a primeira edición e antes do inicio da votación." A primeira edición do usuario é de 26 de xullo de 2011. O voto non se terá en conta. --. HombreDHojalata.conversa 13:03, 20 de setembro de 2011 (UTC)
- Concordo. --Beninho 15:32, 18 de setembro de 2011 (UTC)
- Concordo. Vai ser laborioso parte do cambio, pero coido que é necesario. --Toliño Fala aquí comigo 19:54, 18 de setembro de 2011 (UTC)
- Concordo. É unha bóa medida que acabará coa (na miña opinión) molesta duplicidade que se deu ata agora. --Iago dime 20:43, 18 de setembro de 2011 (UTC)
- Concordo. Isto será un avance para a Galipedia. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 21:03, 18 de setembro de 2011 (UTC)
Concordo, é o método que sigo dende hai un tempo, e creo que é o ideal en todos os aspectos. Hei de dicir que o que comenta Lameiro dos problemas de localización si que me preocupa, pero creo que a solución a eses ha de buscarse mellorando a internacionalización de Wikimedia Commons, leve o que leve. ─ GallaecioE logo? 23:54, 18 de setembro de 2011 (UTC)
- Concordo. Certamente sería un proceso traballoso, e tamén comprendo que ó principio pode ser incómodo (e despois tamén...), mais coido que é algo que hai que facer. Para os que traballan noutras wikis (como é o meu caso) sería un avance xigantesco que tódalas wikis (non só a Galipedia) utilizaran unha única fonte para as imaxes, pois agora, e máis a menudo do que poida parecer, non usamos imaxes en moitos artigos simplemente porque nin sabiamos que existían (non podemos andar á procura de ficheiros polas wikis adiante). Coido que é máis xusto usar Commons como centro único de contidos multimedia, e que polo contrario os demáis poderán pensar que o utilizamos para recibir, pero non para aportar, algo totalmente en contra do espírito deste proxecto. Furado 12:32, 20 de setembro de 2011 (UTC)
Concordo. Non sabía que se podían gardar imaxes na Galipedia ata que tratei de traducir ó castelán o artigo sobre a Capela e necrópole de San Vítor de Barxacova. ¡Quedei pampo! Un proxecto da Wikimedia negando o aceso a información ós outros. Por evitar duplicacións de ficheiros e principalmente, por promover o libre acceso, as imaxes deberían ir a commons. --Edoarado 16:28, 20 de setembro de 2011 (UTC). — Segundo Wikipedia:Votacións#Quen pode votar? "o usuario debe: Ter feito un mínimo de 150 contribucións válidas nos artigos". O voto non se terá en conta. --. HombreDHojalata.conversa 23:39, 20 de setembro de 2011 (UTC)
- Concordo --Ensada Fala ou cala 20:47, 22 de setembro de 2011 (UTC)
- Concordo Levo seguindo este debate dende o primeiro momento, e abofé que me foi difícil tomar unha decisión. Hai bos argumentos tanto a favor coma en contra. Así que decidín basear o meu voto na miña experiencia. Nunca carguei unha foto en Commons, e si na Galipedia (se as contas non me fallan, 56 en total). Algunhas das fotos que carguei proveñen doutras wikis e xa estaban en Commons. Cargábaas porque non sabía da súa existencia e pensaba que para as empregar na Galipedia tiña que cargalas aquí previamente, ata que Cheluco un bo día abriume os ollos e faloume que existía unha cousa chamada Commons que funcionaba como un almacén de fotos para todas as wikis. A partir de entón, cando quero ilustrar un artigo, pincho nas correspondentes interwikis e vexo se hai algunha foto xeitosa noutra lingua. Cando a atopo, comprobo se esta foto está en Commons, e, se está, copio e pego, e asunto resolto. Cando atopo unha foto que me gusta pero que non está en Commons prescindo dela e prefiro buscar outra que si estea. Chamádeo preguiza (so tería que cargala na Galipedia como facía antes, se a licenza mo permitise), pero é a realidade. Así que non quero ser cómplice de que a outros usuarios lles pase o mesmo cando atopen algunha imaxe chula na Galipedia. Por iso, por coherencia, voto a favor. Que ninguén se preocupe polo noso tesouro, que é ben noso; o único que faremos, se gañan os votos a favor, é poñelo a disposición da Humanidade. Porque o fermoso dos tesouros é poder compartilos. --Paradanta (Cóntame) 14:42, 23 de setembro de 2011 (UTC)
- Concordo. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 12:12, 5 de outubro de 2011 (UTC)
- Concordo. Isto mesmo xa o pensara eu. Fai tempo quixen poñer uha fotos da Galipedia na Wikipedia en castelán e noutros idomas e non puiden, xa que so se podían usar na galipedia e para poder empregalas tiven que descargalas e subilas. E creo que subindo as fotos so a galipedia nos estamos aislando do resto do mundo e así non vamos a conseguir que os Galegos castelanfalantes escriban na Galipedia, tamén para compartir entre todo o mundo as nosas imaxes e así todos con todos, xa que nós tamén empregamos imaxes doutras wikipedias, e eles sóbenas a Communs, pois nós tamén deberíamos poñerllo fácil e subilas a Communs. --Vivaelcelta 14:37, 11 de outubro de 2011 (UTC)
- Concordo. -- Lmbuga / Conversa comigo 19:20, 16 de outubro de 2011 (UTC)
- Concordo. Antes de que me esqueza outra vez. As causas? Xa está moito dito: quen non se convenza, pode reler o de abaixo. Sobreira (parlez) 12:26, 18 de outubro de 2011 (UTC)
- En contra
- Discordo. Creo que publicar imaxes na galipedia ten importantes vantaxes: é un proceso máis amable, permite mellores buscas e máis pertinentes categorizacións e, o que é mellor, NON LIMITA o seu uso por parte de ninguén. A limitación de uso impona a licenza, non o proxecto que estea. Quenqueira usar unha imaxe publicada directamente na galipedia só ten que collela e publicala tamén en Commons. Creo que se alguén, individualmente, prefire subir ás fotos a Commons pode facelo, e que non é necesario obrigar a todo o mundo a ese sistema. --Xabier Cid Talk 2 me, please 21:13, 18 de setembro de 2011 (UTC)
- Discordo. Estou con Xabier Cid, cada quen que faga o que vexa. Piquitoconversa 15:32, 19 de setembro do 2011
- Discordo. Penso o igual que Xavier Cid e Piquito que é mellor que cada quen poida subir as imaxes como máis lle conveña.--Alfonso (fálame sempre e pitame nas curvas) 07:57, 20 de setembro de 2011 (UTC)
- Discordo --Prevertgl 16:30, 21 de setembro de 2011 (UTC)
- Que se poidan cargar ficheiros na Galipedia nunca foi incompatible con cargalos en Commons, aínda que iso supoña cargar un mesmo ficheiro dúas veces, de feito fíxose durante moito tempo para pór a disposición doutros proxectos o que se cargaba aquí —hai ferramentas que facilitan facelo—. Ter unha Galipedia das imaxes (a meirande parte son imaxes sobre Galicia, a cultura galega ou cargadas por usuarios galegos) é un valor engadido para este proxecto (a base de datos ten unidade e coherencia, é doado atopar os ficheiros e están centralizados neste wiki para os lectores de lingua galega e serve como porta de entrada para novos colaboradores).
- Presisamente un dos valores da carga de imaxes na Galipedia ten que ver coa posibilidade de atraer novos colaboradores, foi e debería seguir sendo un elemento de atracción de novos editores interesados na fotografía e noutro tipo de imaxes (que tamén engaden outros contidos), e permitiu ter o catálogo de imaxes do que agora dispoñemos. Algo impensable se a carga se fixera directamente en Commons, o paso foi ao revés quen comezou cargando imaxes na Galipedia logo foi a Commons a cargalas e fíxose usuario alí. A través de Commons non lembro que viñeran usuarios novos. Neste momento no que comezan a diminuír os colaboradores nalgúns proxectos grandes sumado a que na Galipedia sempre foi complicado atraer novos usuarios que quedaran no wiki pechar a carga de imaxes semella unha medida contraproducente cando o necesario é aumentar o número de usuarios. Aínda que manter a carga de ficheiros aberta só sirva para atraer a un ou dous usuarios máis (dos que logo quedan) sería dabondo para xustificalo.
- Cargar unha imaxe na Wikipedia non se limita a un proceso técnico no que encher un formulario “sinxelo” ten moito que ver co acompañamento e axuda que se ofrece a un usuario que chega por primeira vez aquí, algo que require esforzo e paciencia por ámbalas partes. En Commons non adoita atoparse a axuda que se pode ofrecer na Galipedia, a miúdo hai problemas de comunicación importantes. Ademais das barreiras para comezar a colaborar e a soidade dun usuario novo que non atopa axuda hai outras dificultades, por exemplo para conseguir que se respectase a toponimia de Galicia tivemos que esperar máis dun ano, un administrador con antepasados en Europa Central eliminou a páxina índice de Galicia sen respectar os procedementos e non houbo xeito de corrixilo por máis que o falamos. Tamén hai outras cuestións menores pero que non deixan de ter importancia, por exemplo a actualización do ficheiro co logo do proxecto Wiki.png que se modifica en certas efemérides deixa de depender directamente da administración do wiki.
- Obxectouse que duplicar a carga de ficheiros aumenta o custo de almacenamento, para o tamaño da base de datos ese custo é insignificante, en canto ao tráfico de datos non varía o feito de que estea nun sitio ou noutro ou nos dous sitios. Sobre a decisión que tomaron no seu momento en es.wp e pt.wp de pechar a carga o principal motivo (declarado ou non) estaba relacionado con evitar o problema que supoñía verificar as licenzas das imaxes (un número moi elevado de ficheiros e moitos usuarios de trato complicado) e pasarllo a outros (os administradores de Commons). Iso podería chegar a ser unha xustificación pero non é o caso da Galipedia, aquí sendo as cargas menos numerosas e o número de usuarios moi inferior detéctase facilmente o que se carga e é máis sinxelo facer un seguimento. Facilitar a administración está ben pero non debe converterse iso no motor dun cambio tan importante.
- A Galipedia das imaxes é un tesouro que requiriu moito traballo de moitos usuarios, un tesouro que acadou moito valor para colaboradores e lectores, polo tanto desfacerse del semella estragar todo ese traballo de atraer novos usuarios, de darlle unidade e coherencia e facilidade de uso sen necesidade, posto que os ficheiros aquí cargados poden convivir perfectamente cos de Commons a disposición de todas as Wikipedias. Mentres tanto calquera esforzo suplementario pode empregarse en axudar aos novos usuarios para que continúen colaborando neste wiki.
- Por certo, a imaxe do día na portada de Commons correspondente ao día de hoxe (21 de setembro de 2011) é unha fotografía da Torre de Hércules dun editor galego: Lmbuga.
- Un cordial saúdo.--Prevertgl 16:30, 21 de setembro de 2011 (UTC)
- Discordo; Redundando nos argumentos de Xabier Cid e Prevert, non creo que os límites de uso das imaxes veñan dados pola plataforma, senón pola licenza que se utilice. As imaxes cargadas neste proxecto son susceptibles de ser usadas noutros agás que a persoa que as carga así o estipule.
- Indo ao práctico: a gran maioría (85 %, quizais?) das imaxes subidas son de lugares, cruceiros, capelas ou petróglifos que teñen pertinencia enciclopédica dentro do propio proxecto da Galipedia. No meu caso particular, cando unha imaxe ten utilidade noutros proxectos (grupos de música, personalidades, vilas etc etc etc...) ocúpome de subila a commons e aos artigos correspondentes.
- Amais, vexo moi complicado pasar a categorización actual de imaxes a Commons (xa moitas veces me fago líos enormes ao categorizar imaxes neste proxecto...), e preferiría utilizar o tempo en seguir mellorando as wikis.
- Resúltame sumamente fácil cargar imaxes na galipedia; uso o procedemento de "copiar e pegar" a información doutra foto xa cargada, modificando só os datos. En commons, pola contra, véxome obrigado a seguir un proceso máis complicado.
- Por outra banda, penso que a existencia de imaxes cargadas na galipedia noutros proxectos pode chamar a atención da xente sobre este proxectiño noso. Cando alguén visita, por exemplo, o artigo Blixa Bargeld na wiki:de pode mirar que a imaxe é orixinal da galipedia.
- Saúde, e avante toda! --Estevo(aei)pa o que queiras... 18:00, 21 de setembro de 2011 (UTC)
- Discordo. JonnyJonny 20:40, 21 de setembro de 2011 (UTC)
- Discordo. Concordo con que debemos maximizar o uso de Commons para gardar os nosos ficheiros, mais como editor gustaríame ter a última palabra á hora de cargar un ficheiro. De acordo tamén con Prevert en que pode ser de axuda para un editor novato poder elixir un sistema ou o outro. Creo que a páxina principal de carga de ficheiros debería levarnos/suxerirnos a Commons, mais unha páxina secundaria debería permitirnos cargar ficheiros na Galipedia/Galizionario/... Por outro lado, nos proxectos en galego hai mooooito traballo por facer/supervisar sen que busquemos máis tarefas de escasa utilidade para nós como andar reorganizando as imaxes. [ Furagaitas * ] 15:33, 23 de setembro de 2011 (UTC)
- Discordo. Concordo con case todas as razóns que aportan os que discordan.--PepedoCouto (dimo aquí) 19:29, 29 de setembro de 2011 (UTC)
- Discordo Non hemos preparado ben a politica, penso eu, non debemos renunciar a ferramente, temos que aclarar para que casos conservala e como xestionar o que queda. Nos vindeiros días comento,con claridade, as cousas que cavilei logo do meu primeiro voto a favor e depois de perquisar durante días. O paso a commons necesita unha politica oficial da Galipedia mais preparada, penso eu --Elvira (conversa comigo) 00:01, 12 de outubro de 2011 (UTC)
- Neutros
-
Neutro. Completamente de acordo con que toda a información non traducible (ou aínda que traducible, usable sen traducir) debería gardarse en Commons para estar ó servizo de todos os proxectos da Wikimedia, xa que tales proxectos teñen un espírito solidario. Aínda así, quizá fose ben reservar a posibilidade de cargar ficheiros en cada un dos proxectos para uso exclusivo nos mesmos. Refírome a arquivos de proba, conmemorativos, persoais, ou calquera outro contido que non interese ou non sexa preciso pór ó servizo de todo o mundo. [ Furagaitas * ] 00:28, 20 de setembro de 2011 (UTC)- Os arquivos de proba, conmemorativos, persoais, tamén teñen cabida en Wikimedia Commons (exemplo, os milleiros de imaxes subidas exclusivamente para ilustrar as páxinas persoais dos usuarios)--. HombreDHojalata.conversa 05:53, 20 de setembro de 2011 (UTC)
- Neutro. Creo que debería empregarse exclusivamente a Commons, pero tampouco vou votar a favor de quitar unha opción. Creo que a mellor solución podería ser engadir ao cargador de ficheiros da Galipedia unha nota recomendando o uso de Commons, con motivos que fan de Commons unha solución mellor. ─ GallaecioE logo? 06:12, 30 de setembro de 2011 (UTC)
- Penso que con iso non amañamos nada Gallaecio, o maior problema de ter as imaxes na Galipedia é que non se comparten realmente co resto das wikis, e iso vai incluso un pouco en contra do espírito estes proxectos que é liberar o coñecemento. As imaxes son coñecemento e nós non facilitamos esta liberación, incluso se pode pensar que estamos en contra diso xa que non apoiamos de forma feacente o uso dun servidor central de imaxes libres ---de todos para todos---. A opción de seguir mantendo as imaxes na Galipedia é unha opción que vai, en certo punto, en contra la liberación de contidos e por tanto vai en contra do espírito do proxecto tanto do da Galipedia coma o da Fundación Wikimedia. E se vos preguntades por que a Fundación mesma non impide isto é porque noutras wikis teñen moitos problemas para poder facelo, na wiki inglesa permiten o Fair use e teñen miles de imaxes usadas así primeiro terían que eliminar iso na wiki e logo pasarse a Commons, noutras wikis teñen problemas polas leis dos seus países de orixe nas que non hai liberdade de panorama e noutras é por descoñecemento. A nós eses problemas non nos afectan polo cal non temos problema ningún en dar este paso. Por iso Gallaecio pediríache que reconsideraras de novo o teu voto xa que no fondo estás de acordo coa proposta, e tamén lle pido ós que votaron en contra que reconsideren tamén a súa posición para que esta proposta saia adiante. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 10:49, 17 de outubro de 2011 (UTC)
- Cargar imaxes exclusivamente na Galipedia en efecto dificulta o seu uso por parte dos demais. De feito, dificulta o seu uso para nós mesmos entre proxectos, pois se se sube unha imaxe dunha ensalada na Galipedia, para empregala na Galilibros para unha receita tería que volvela subir. Isto debería evitarse.
- Porén, o modo de evitalo creo que é a recomendación, e non a prohibición. Se reconsiderase o voto, votaría a permitir as imaxes nos dous sitios.
- Por outra banda, creo que a solución de momento debería ser permitir as dúas opcións e, no cargador da Galipedia e outros proxectos en galego, explicar por que subindo un ficheiro ao proxecto e non á Commons se está dificultando a súa distribución (deixando claro que se está prexudicando a libre distribución ao facelo, aínda que non se impida estritamente).
- Como a xente que vota a manter os dous paréceme que non considera negativo subir ficheiros fóra de Commons, non vou votar con eles.
- Espero que entendas por que non teño pensado cambiar o meu voto. Un saúdo! ─ GallaecioE logo? 05:54, 18 de outubro de 2011 (UTC)
- Penso que con iso non amañamos nada Gallaecio, o maior problema de ter as imaxes na Galipedia é que non se comparten realmente co resto das wikis, e iso vai incluso un pouco en contra do espírito estes proxectos que é liberar o coñecemento. As imaxes son coñecemento e nós non facilitamos esta liberación, incluso se pode pensar que estamos en contra diso xa que non apoiamos de forma feacente o uso dun servidor central de imaxes libres ---de todos para todos---. A opción de seguir mantendo as imaxes na Galipedia é unha opción que vai, en certo punto, en contra la liberación de contidos e por tanto vai en contra do espírito do proxecto tanto do da Galipedia coma o da Fundación Wikimedia. E se vos preguntades por que a Fundación mesma non impide isto é porque noutras wikis teñen moitos problemas para poder facelo, na wiki inglesa permiten o Fair use e teñen miles de imaxes usadas así primeiro terían que eliminar iso na wiki e logo pasarse a Commons, noutras wikis teñen problemas polas leis dos seus países de orixe nas que non hai liberdade de panorama e noutras é por descoñecemento. A nós eses problemas non nos afectan polo cal non temos problema ningún en dar este paso. Por iso Gallaecio pediríache que reconsideraras de novo o teu voto xa que no fondo estás de acordo coa proposta, e tamén lle pido ós que votaron en contra que reconsideren tamén a súa posición para que esta proposta saia adiante. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 10:49, 17 de outubro de 2011 (UTC)
- Perfectamente, e moitas grazas pola túa resposta. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 07:48, 18 de outubro de 2011 (UTC)
Comentarios
editar- Cómpre darnos facilidades ós usuarios que non somos competentes en inglés. Facilidades na carga (xa conseguidas), facilidades na categorización, na consulta e na busca (necesito imaxes de aceites de colza ¿como o buscaría?). Pensade, os que non tedes problemas en manexarvos en inglés, que non tódolos usuarios ou consultores da Galipedia estamos nas mesmas condicións. A solución de que aprendamos inglés non sería viable. Pedro --Lameiro (conversa) 11:30, 18 de setembro de 2011 (UTC)
- Se buscas directamente en Commons por colza saen 47 páxinas. A maioría son de campos sementados de colza, mira esta por exemplo dun campo en Cataluña. Logo se miras as categorías nas que están, atoparás moitas máis imaxes. No exemplo vemos que está na cat. Rapeseed fields in Spain (imaxino que o nome en inglés de colza debe ser Rapeseed, non o sei certo pero se un quere asegurarse hai moitos dicionarios en liña que nos din que é así), se imos subindo pola categoría Rapeseed fields atopamos outros centos de imaxes de campos de colza. E se seguimos subindo pola categoría Brassica napus (que imaxino que é o nome científico) atopamos a categoría Rapeseed oil...!! :) Penso que atopamos o que buscabas, ¿non?, e sen ter moita idea de inglés... (creo que a única idea que asumin coñecer foi fields pero se entras na categoría un momento xa te decatas do que pode ser, e oil que case é unha palabra universal...). Está claro que é un pouco máis laborioso que se tiveran os nomes de categoría en galego pero tampouco tanto e penso que cun dicionario en liña as cousas de tódolos días poden atoparse doadamente. Para cousas máis complicadas de atopar están as tabernas en galego, en portugués e en castelán... Saúdos, --Elisardojm (conversa) 08:23, 20 de setembro de 2011 (UTC)
- O caso da colza non é hipotético, é real. Lameiro pediu axuda para topar, e mesmo para xerar, imaxes en Commons, e foi axudado. Non houbo ningún problema. A necesidade resolveuse coa colaboración en comunidade, como é ou debería ser sempre. O usuario que o axudou non ten ningún nivel de inglés. --. HombreDHojalata.conversa 08:59, 20 de setembro de 2011 (UTC)
- Ocórreseme outro problema: ¿como nos enteraríamos os usuarios da Galipedia das imaxes que soben outros a Commons? Sería unha mágoa perder esa información. Pedro --Lameiro (conversa) 18:22, 18 de setembro de 2011 (UTC)
- Commons e o almacén común para os ficheiros, cando precises dun ficheiro o máis lóxico do mundo é ir a buscalo alí. Ten un buscador, e funciona de similar xeito a cando buscas un artigo dentro da Galipedia. En Commons xa hai milleiros de fotos de Galicia que foron subidas directamente por varios usuarios.
- Continúo engadindo explicacións no correspondente debate na taberna, e xa veredes que os "problemas" non son tal.--. HombreDHojalata.conversa 19:15, 18 de setembro de 2011 (UTC)
- Mentres me formo unha opinión ó respecto, deixo aquí a miña reflexión. Non sei en que medida é habitual a interacción entre usuarios cando se busca, xestiona ou carga unha imaxe, pero facéndoo en Commons obrigaría a que esa interacción sería en moitas posibles linguas, abrumadoramente con anglofalantes. Isto sería un obstáculo para o funcionamento se non se fala en estranxeiro. Sobreira (parlez) 00:41, 19 de setembro de 2011 (UTC)
- En Commons temos a Portada galega e a Taberna que agora están infrautilizadas pero se aceptamos o cambio eses lugares reactivaranse. Tamén hai taberna en portugués pero nunca a usei, aínda que polas datas dos comentarios parece que ten bastante movemento. Ademáis está a portada e tabernas en castelán que teñen tamén bastante movemento e case diariamente son atendidas por varios usuarios. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 12:40, 19 de setembro de 2011 (UTC)
- Para ser eficaz no problema do que falamos (a facilidade/dificultade de subir, categorizar e, sobre todo, buscar imaxes) a tradución deberá ir moito máis lonxe, e moito me temo que non o verán os meus ollos. Quero dicir que a portada en galego é máis afable -para min, claro- que a portada en inglés, pero non me axuda nada se teño que buscar imaxes de Adán ou de maquetas, por poñer dous exemplos. Para atopalas teño que descubrir, no meu dicionario Collins, que teño que escribir Adam e Models. Aí está, para min, a dificultade. A solución de categorizar como Galicia serve no momento de subir calquera fotografía de Galicia, e que logo veña outro afinando máis, pero ¿como buscaría eu imaxes sobre baldaquinos de Galicia se o meu dicionario non trae esa palabra?. Ben sei que é unha dificultade salvable, e que as avantaxes serán moito maiores que os inconvintes, pero tampouco podemos minimizar estes. Pedro --Lameiro (conversa) 17:06, 19 de setembro de 2011 (UTC)
- Os nomes e as descricións das fotos poden ir en calquera idioma, co cal os que así o consideren poden facelo en galego, e logo se alguén busca eses termos atopará as fotos. E por exemplo, se buscas baldaquino, así directamente, en Commons saen 27 resultados, o primeiro é a categoría Ciborium (arquitectura) que supoño que é baldaquino en inglés (e que se confirma ó votar unha ollada ás fotos que ten dentro), ademais na primeira páxina de resultados saen vaias fotos de baldaquinos de Galicia. Non é un sistema perfecto pero vai funcionando ben. Sobre o tema da categorización en varios idiomas, é un tema complicado porque hai que atopar unha solución dentro do software wiki e a cousa está chunga. Hai aberta unha petición a este respecto en bugzilla, é unha petición nova pero o tema xa ven de vello, dende o 2006...
- Saúdos, --Elisardojm (conversa) 22:18, 19 de setembro de 2011 (UTC) (esquecérame de firmar, e ademáis estaba fóra da conta)
- Para ser eficaz no problema do que falamos (a facilidade/dificultade de subir, categorizar e, sobre todo, buscar imaxes) a tradución deberá ir moito máis lonxe, e moito me temo que non o verán os meus ollos. Quero dicir que a portada en galego é máis afable -para min, claro- que a portada en inglés, pero non me axuda nada se teño que buscar imaxes de Adán ou de maquetas, por poñer dous exemplos. Para atopalas teño que descubrir, no meu dicionario Collins, que teño que escribir Adam e Models. Aí está, para min, a dificultade. A solución de categorizar como Galicia serve no momento de subir calquera fotografía de Galicia, e que logo veña outro afinando máis, pero ¿como buscaría eu imaxes sobre baldaquinos de Galicia se o meu dicionario non trae esa palabra?. Ben sei que é unha dificultade salvable, e que as avantaxes serán moito maiores que os inconvintes, pero tampouco podemos minimizar estes. Pedro --Lameiro (conversa) 17:06, 19 de setembro de 2011 (UTC)
- En Commons temos a Portada galega e a Taberna que agora están infrautilizadas pero se aceptamos o cambio eses lugares reactivaranse. Tamén hai taberna en portugués pero nunca a usei, aínda que polas datas dos comentarios parece que ten bastante movemento. Ademáis está a portada e tabernas en castelán que teñen tamén bastante movemento e case diariamente son atendidas por varios usuarios. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 12:40, 19 de setembro de 2011 (UTC)
- Hai usuarios que emitiron o seu voto (con todo o dereito) que teñen un escaso ou nulo historial de achegas no eido dos ficheiros na Galipedia e/ou en Commons (a lo menos coa conta global coa que votaron), ou que fixeron os últimos aportes fai varios anos. Eu suxeriríavos que, por ser esta unha decisión importante no funcionamento da nosa wiki, probarades a subir algunha foto á Galipedia e a Wikimedia Commons (tamén me consta que algúns xa estades niso), para facer, con coñecemento de causa, as propias valoración sobre cal dos dous sistemas é máis "amable" (por continuar empregando a mesma terminoloxía). Lembrade que a votación estará aberta un mes. Merece a pena meditar o voto. E, como sabedes, mesmo calquera pode cambiar de opinión nun sentido ou no outro, en calquera momento, riscando o xa emitido con <s>
riscar</s> e engadindo un novo--. HombreDHojalata.conversa 08:27, 20 de setembro de 2011 (UTC)- Interesantísimo debate o que está suscitando esta votación. Exemplo de participación e argumentacións. Parabéns a todos. Pedro --Lameiro (conversa) 16:55, 20 de setembro de 2011 (UTC)
- HombreDHojalata, non me parece elegante este último comentario. :) Con todo o cariño. Porque cando dixen o que dixen fíxeno con coñecemento de causa, e, por suposto, de forma meditada (como fago case todo na Wikipedia). E se me trabuco, trabúcome. Non pasa nada. Non se vai romper a fundación wikimedia porque a xente publique as fotos onde queira (nin tampouco ao revés). Saudiños. --Xabier Cid Talk 2 me, please 21:23, 20 de setembro de 2011 (UTC)
- Non sei porque non podemos ter imaxes propias, pois a mesma wikipedia en ingles ten as suas imaxes propias que nada mais se poden usar nos seus proxectos (véxase) o igual que outras wikis (véxase na catalana), (véxase na alemana) enton si estas son as wikis nas que nos miramos o espello e o fan. Por que non o podemos facer nos? Ademáis sempre se poderan subir a commos se a alguien xes interesa, polo demais HombreDeHojalata penso que o teu ultimo comentario sobra pois sintome indiretamente nombrado pois é certo que eu non subin moitas fotos pero creo que o igual que os que suben centos delas despois das miñas achegas a galipedia, tamén creo que teño dereito a opinar, sempre procuro meditar as miñas decisóns e non me dedico a votar unha cousa solo polo que quedaria ben senon que polo que eu penso que e o mellor e neste caso despois de meditalo sego a pensar que o meu voto esta ben asi --Alfonso (fálame sempre e pitame nas curvas) 04:54, 21 de setembro de 2011 (UTC)
- A verdade é que traballar en Commons tampouco semella tan complicado como parecía. Xa fixen varios experimentos e o sistema, cos meus fallos e acertos previsibles, funciona relativamente ben. Supoño que as dificultades serán as mesmas que atopei cando empecei a subir fotografías a Galipedia, dificultades que o tempo foi colocando no seu sitio. Aquí, en Commons, algúns teremos que bregar coa pexa do idioma, pero entre un pouco de ganas, outro de axuda exterior e algunha metedura de pata, creo que o faremos ben, amable, útil e moi enriquecedor para a comunidade local e mundial. Mesmo acabo de subir dúas fotos do encontro en Santiago do outro día e crear unha category para nós (di que só os expertos deberían facelo, pero deixa igual) e o sistema évos o mesmo de sempre, ó que xa estamos todos afeitos. Para min, o certo é que as miñas suspicacias van diluíndose. Lin unha cousa na Taberna de Commons que me gustaría confirmar: escribía Rocastelo hai 6 anos que "Segundo Commons:Language policy, nese caso o título é libre, eu recomendaríache que a moveses ao título en galego e que quede a forma inglesa como redirección, semella o máis lóxico.--Rocastelo(talk) 20:10, 1 October 2005". ¿É certo? non será un bayú escribir categorías na lingua de cada quen? Bueno, máis nada. Pedro --Lameiro (conversa) 17:50, 21 de setembro de 2011 (UTC)
- Quedou unha pregunta sen resposta no medio de toda esta conversa. Pero non sei se che entendo ben Lameiro. A política de idiomas de Commons di que o nome das categorías deben ser normalmente en inglés pero que o nome dos ficheiros pode porñerse no idioma que se quera sempre que sexa descritivo. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 21:33, 26 de setembro de 2011 (UTC)
Creouse unha páxina para o debate pero parece que non tivo moito éxito. Bueno, debatemos aquí, logo.
Tódolos exemplos citados no anterior comentario non se poderían subir, nin a Wikimedia Commons nin a Galipedia, e máis abaixo tentarei explicar o motivo, inda que xa está escrito nas páxinas de axuda e políticas oficiais desta wiki, cuxa lectura recomendo a todo o mundo antes de meterse noutras fariñas, a pesares de que poida chegar a ser interpretado como falta de elegancia: Wikipedia:Política de uso de imaxes.
Lamento ter que dicilo e lamento que a alguén lle poida parecer "pouco elegante", pero ponse de manifesto o feito dun grande descoñecemento das políticas oficiais sobre imaxes (descoñecemento de varios usuarios que deron a súa opinión e emitiron o seu voto como dixen textualmente con todo o dereito). Por outra banda, eu non lle neguei a ninguén o dereito a opinar, Dios me libre, o contrario, penso que estiven a facer campaña a favor da participación neste debate, sen dicirlle a ninguén o que tiña que votar. Unicamente expoño o meu punto de vista, igual que o fan todos, e que cada un tome as súas propias conclusións. Do mesmo xeito, todo o mundo que cumpra os requisitos ten dereito a votar, obviously.
Eu suxerín ós usuarios sen experiencia no tema que se está a votar que antes de facelo o proben. Simplemente. Leo e releo a miña achega anterior e non dou atopado a miña "falta de elegancia". Nin atopo nada que me faga pensar que o meu comentario pode "sobrar". Non me parece unha suxestión rara, nin fora de lugar, nin improcedente.
Moitas Wikipedias permiten o uso de imaxes de seu, e vouvos explicar o motivo principal. Segundo as leis internacionais e as leis de España, como sabemos, o autor dunha obra artística ten uns dereitos sobre a propiedade intelectual da súa creación. Porén, na lexislación dalgúns países, por exemplo os Estados Unidos de América, contémplase o que se da en chamar "uso lexítimo" ou "fair use", que ven dicindo que, en determinadas condicións prevalece o dereito a un uso educativo deses contidos por riba do dereito de explotación do titular. Nese casos é como si se estivera citando á obra orixinal, non copiándoa. Exemplo, a portada dun libro editado este ano, en determinadas ocasións (cando non haxa contidos libres alternativos dispoñibles, e reproducíndoa a resolucións baixas de xeito que a copia non poida ser empregada como substitutivo do orixinal) pode escanearse e subirse a Wikipedia en inglés, inda que o deseñador teña tódolos dereitos reservados. Pero non se podería subir á Wikimedia Commons, nin á Galipedia, e o motivo non é gratuíto, senón, como dixen, por concordancia coa normativa internacional e española.
Entrando no tema da participación e colaboración no eido das imaxes na Galipedia. A realidade é que a situación actual é que uns poucos usuarios veteranos, os de sempre, soben perfectamente as súas propias imaxes. Porén é demostrable que o sistema resulta tremendamente dificultoso para os usuarios novos, a quen se lles fai difícil comprender todo o tema das licenzas, escoller a máis axeitada, asimilar que teñen que escoller un nome de ficheiro descritivo, engadir unha caixa de datos, que teñen que especificar de onde saíu esa imaxe, que teñen que dicir quen é o autor, que non poden subir imaxes se non son os autores inda que teñan permiso do autor, que teñen que escoller unha categoría que ten unha estrutura diferente ás categorías dos artigos, que unha foto dunha obra de arte implica sempre que hai dúas licencias en xogo... ... ... Todo iso non serían graves problemas se detrás houbese unha comunidade apoiando e traballando en solucionar todas esas pegas, o malo, e sábeo ben quen estea ó tanto da actualidade da Galipedia, é que na Galipedia actualmente non hai ese apoio e poucos usuarios ningún usuario se dedica a revisar as imaxes que precisan de mantemento. Algunhas, marcadas con problemas graves, teñen estado nesa situación durante anos sen que ninguén as tocara.
Que ocorre en Wikimedia Commons? Practicamente tódalas imaxes que se soben, que son moitísimas, son revisadas, primeiro porque teñen unhas ferramentas que nós previsiblemente nunca chegaremos a ter, os bots especializados, que automaticamente detectan a maioría dos problemas comúns, marcan a foto e deixan un mensaxe plurilingüe na páxina de conversa do usuario con instrución precisas e enlaces de axuda de cara á solución que proceda.
Cal dos dous sistemas resulta mais "amable"? Peso que é subxectivo e que cada un, por suposto, formarase a súa propia opinión.
A miña experiencia persoal... subín algúns centos de arquivos a Commons. Nunca tiven ningún problema de comunicación nin de falta de axuda, ó contrario.
Non falo inglés.
Pechar a suba de imaxes non implica necesariamente desfacernos do sistema de categorizacións da Galipedia, ninguén falou diso, e non forma parte do enunciado da proposta que redactei. Como exemplo vou empregar o mesmo que mencionou Prevert, e aproveito para darlle os parabéns a Lmbuga, que, como se dixo, é portada hoxe en Commons, cunha imaxe subida directamente a Commons e categorizada correctamente, (espero, porque fun eu) na Galipedia. É dicir todos os ficheiros aloxados en Commons poden ser recategorizados, si se quere, na Galipedia, outra cousa é que haxa quen o faga.
Concordo absolutamente con Prevert cando di que "temos un tesouro". Poñelo á disposición da humanidade é desfacerse del?! Non o creo.
Por último, Alfonso, non te sintas aludido, o meu comentario non se refería a ti para nada. Porén, e por expoñer outro exemplo, outro usuario que votara e que non subira nunca ningún ficheiro a ningures, comeza agora a facer probas subindo fotos á Galipedia, de momento sen éxito pois todas elas constitúen violación dos dereitos de autor, mais ímolo ir axudando e no futuro non vai ter ningún problema, escolla o sistema que escolla ou haxa o sistema que haxa.
Noutro momento contestarei ós comentarios de Adrián, que conteñen, perdóame, algún erros de fondo.
Saúdos compañeiros, e a seguir--. HombreDHojalata.conversa 19:52, 21 de setembro de 2011 (UTC)
- Resposta á intervención 19:52, 21 de setembro de 2011 de HombreDHojalata:
- Se os ficheiros foran obxectos físicos podería entender a túa inquietude sobre unha suposta “avaricia” en relación ao “tesouro” de ficheiros da Galipedia. Non é o caso, son ficheiros dixitais que poden reproducirse en multitude de copias (sábeno ben os expertos que debaten sobre a propiedade intelectual no mundo dixital), logo non se trata dun tesouro que se garda, agocha e restrinxe para goce duns poucos. Hai moitos tesouros, cantos se queiran, por iso dispor da Galipedia das imaxes non impide que siga medrando o repositorio de ficheiros da Galipedia, sobre Galicia ou de fotógrafos galegos en Commons. Como unha cousa non exclúe a outra non é preciso desfacerse do que xa hai para construír noutro sitio. Pero se o tema vai de que hai que “evitar incendios cortando as árbores” (pois segundo dis: “na Galipedia actualmente non hai ese apoio e
poucos usuariosningún usuario se dedica a revisar as imaxes que precisan de mantemento” ) haberá que falar doutra cousa. Certo que en Commons hai moitos instrumentos automáticos para controlar os copyvios pero non acostuma abondar cos avisos de bots e as mensaxes estándar para aprenderlle a un usuario que comeza a colaborar no wiki o uso das licenzas de imaxe, moitas veces pola contra axuda a que non volvan mesmo cando hai certeza de que cargaron as imaxes de boa fe. Se o debate vai por aí haberá que preguntarse se o que queremos é un proxecto á medida de administradores, usuarios avanzados, veteranos, ou aínda hai sitio para os principiantes e se aínda hai quen queira botar unha man aos que empezan para que sexan eles nun proceso natural os que dean paso aos seguintes novos. Se non queda ninguén disposto a iso será mellor pensar en pechar (é un dicir) porque senón é posible que o wiki se extinga só. Un cordial saúdo. --Prevertgl 21:32, 21 de setembro de 2011 (UTC)
Vouvos contar unha historia. Fai máis de dez anos naceu a Wikipedia, a wikipedia en maiúsculas, a wikipedia en inglés, foi no 2001. Nos comezos as cousas eran relativamente doadas, había pouca xente, moito por facer e había que tirar para adiante. Logo viñeron as wikipedias noutros idiomas, a alemá, a sueca, a catalá (si, esta wikipedia creouse antes que a castelá), a castelá, a portuguesa e outras máis. Sigueuse traballando, aumentándose o número de artigos e algunhas imaxes. Na wikipedia en castelán algúns editores marcharon e crearon a Enciclopedia libre. Logo no 2003 naceu a Fundación Wikimedia e ese ano tamén naceu a nosa querida Galipedia. Wikimedia Commons creouse no 2004... ¿E que pasaba antes de que existira Commons?. Pois que os proxectos dun idioma estaban a duplicar o traballo, igual que nas wikis nos outros idiomas, para que un ficheiro que había nunha wiki pudera usarse nas outras había que copialo en todas elas!. Imaxinade, podería darse o caso de que tódalas imaxes das wikis estiveran repetidas en cada unha delas!!. Para evitar iso naceu Commons, para evitar duplicar esforzos, para permitir compartir ficheiros entre tódolos proxectos e para mellorar e facilitar a súa xestión ó telos centralizados.
Por outra banda, Commons non permite aloxar imaxes que non sexan libres, por iso algunhas wikis seguen mantendo a carga local de imaxes, a inglesa e a alemá..., pero este non é o noso caso, como comentou HombreDHojalata, a Galipedia non permite usar imaxes sen licencia libre así que non precisamos ter esas imaxes aquí e podemos usar só Commons.
Sobre o tema dos usuarios novos penso que a facilidade do uso de Commons mellorou moito nos últimos tempos, hai un asistente para cargar imaxes que leva da man ós novos usuarios, hai novas ferramentas que permiten a carga múltiple de imaxes, e se pouco a pouco imos facendo o noso oco nese proxecto teremos cada vez máis facilidades, páxinas de axuda, usuarios de referencia, administradores, etc e unha pequena comunidade alí que se encargará de axudar á xente nova nese proxecto. Se non aumentamos a nosa presencia nese proxecto co paso do tempo será máis difícil que nos teñan en conta, pero é normal e lóxico, a xente que ande por alí da Galipedia será sempre xente novata que non saberá desenvolverse no proxecto, non coñecerá as políticas, nin os procesos, e así non se pode ir a ningún lado...
Por outra banda, non sei cántos usuarios pode conseguir a Galipedia grazas a subir as imaxes aquí pero eu diría que se conseguiron moitos máis usuarios cambiando unha coma ou unha palabra mal escrita que subindo imaxes. Subir unha imaxe é complicadísimo, hai que ter unha cámara, hai que ir a algún sitio a facerlle a foto, hai que escoller unha licenza (que é iso?) e logo hai que poñerlle unha categoría (unha que?), no segundo punto, levantarse do sillón, a xente xa abandona.
Sobre a cuestión de que algunhas imaxes teñan pertinencia só dentro da Galipedia discordo profundamente. ¿O románico dunha capela é pertinente só na Galipedia ou é pertinente no Romanesque art?, ¿o petróglifo de Conxo é pertinente só na Galipedia ou é pertinente no eido dos Petroglyph?. Eu penso xusto ó revés que Estevo, que o 85%, ou máis, das imaxes que temos na Galipedia poden ser de utilidade no resto dos proxectos e debemos facilitar que accedan a elas compartíndoas en Commons. Outro detalle, para chamar a atención sobre o proxecto máis que imaxes o que habería que ter é artigos, cos interwikis a xente que vexa o artigo de Blixa Bargeld poderá atopar a versión en galego e se segue a ligazón atoparase de cheo coa Galipedia.
E está moi ben iso de que cada un escolla ónde por as imaxes, pero o que non entendo é, ¿por que hai que escoller un sitio se o sitio para por as imaxes é Commons?. Commons fíxose para iso. ¿Sabedes o lío que é atopar as imaxes das casas dos concellos e tentar organizalas?. Primeiro hai que mirar se ten imaxes na Galipedia, logo en Commons (porque as categorías non casan), logo revisar que a categoría esté ben colocada na Galipedia, logo revisalo en Commons. ¿E si hai que facer un cambio?. Primeiro hai que facelo na Galipedia, logo en Commons... Traballar de balde aínda pasa, pero traballar de balde dúas veces na mesma cousa xa sona a cachondeo... Saúdos, --Elisardojm (conversa) 01:42, 22 de setembro de 2011 (UTC)
- Eu non estou encontra das bondades que poida ter Commons (Deus me aparte) senon que penso que deveria haber as duas posibilidades, subilas a galipedia ou a Commons, e que cada quen faiga o que mellor crea convinte. O igual que Prevert penso que a busqueda de imaxes libres na nosa wiki sempre traera achegas, agora ben; seas atopán en Commons, para que van a visitar a galipedia?, para facer unha consulta nun idioma que descoñecen? Creo que non sinxelamente. Mirade as consultas que ten a galipedia, a que non son moitas? se quitamos as que facemos nos mesmos, os colaboradores, en que quedarian? iso e o que me leva a discordar desta proposta pois dame a sensacion de que queremos botar fora as posibles visitas.
- P.D Non sendo unha minoria de wikipedias todas as demáis teñen imaxes propias (véxase aquí o apartado images)--Alfonso (fálame sempre e pitame nas curvas) 05:47, 22 de setembro de 2011 (UTC)
- Moi interesante esa lista Alfonso, e acabo de decatarme dun dato que aprendín no proxecto Wiki Loves Monuments. ¿Sabes por que Italia, Bélxica, Luxemburgo, Rumanía e Rusia e outros países non poden usar únicamente Commons?. Pois a principal razón é porque neses países non existe a liberdade de panorama, hai leis que restinxen a realización de fotos na vía pública, nalgúns deses países só están libres os edificios antigos e noutros, como en Italia, os monumentos nacionais están protexidos por lei e non se lles pode facer fotos que se podan poñer no dominio público (de feito por esta razón Italia non pudo participar no proxecto de WLM). En España e Holanda, por exemplo, hai liberdade de panorama e poden facerse fotos libremente de todo o que hai na vía pública, sempre que non se violen outros dereitos, de autor ou persoais. Aproveitemos esta pequena vantaxe (das poucas que hai en dereitos de autor neste país) que temos para compartir de xeito máis eficaz co resto de wikis o nosso tessouro. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 09:57, 22 de setembro de 2011 (UTC)
- Poñedes exemplos, pero ningun motivo que me convenza polo que é mellor so editar en Commoms e non ter as duas ocións para quen asi o queira e o crea convinte--Alfonso (fálame sempre e pitame nas curvas) 10:57, 22 de setembro de 2011 (UTC)
Pois imos aló, imos tentar poñer as vantaxes e as desvantaxes de pasar a carga dos ficheiros a Commons. Nesta parte pode colaborar o que queira para aumentar os puntos, que os que vou poñer son os que se me ocorren no momento:
Vantaxes:
- As fotos estarán dispoñibles para tódolos proxectos, non só as wikis noutros idiomas se non tamén para o Galicionario, Galicitas, etc, que non terán que pasar as fotos da Galipedia a Commons para poder usalas.
- As fotos están só nun sitio co cal será máis doado telas ordenadas e controladas.
- En Commons hai expertos no tratamento e na xestión das fotos que poderán axudarnos en moitas cuestións cando o precisemos, e non só en inglés se non en galego, en castelán, en portugués...
- Commons é un proxecto adicado exclusivamente a ser un repositorio de ficheiros para as wikis, está en permanente evolución para mellorar as súas prestacións e para facilitar o seu uso.
- Aforramos algo de espazo ó non duplicar ficheiros, ó mellor é pouco pero os poucos fan o moito.
- Pon aquí a túa vantaxe.
Desvantaxes:
- É un sitio distinto ó que estaban usando algúns usuarios e terían que aprender a usalo. Xa se comentou que isto non é tanto problema, hai moitas axudas e os procesos sempre se están revisando para simplificalos o máis posible.
- As categorías deben ter un nome en inglés. Isto tampouco é tanto problema, nos exemplos postos enriba xa vimos que as buscas de termos en galego ou en castelán dan de forma doada coa categoría axeitada.
- Que os usuarios non van poder gardar imaxes na Galipedia. ¿E?, ¿isto é un problema?. Non é ningún problema, o único que vai pasar é que en vez de gardar as fotos no sitio G van ter que facelo no sitio C e aprender un pouco a gardalas aí.
- Poderíamos perder, si é que a tivemos por este tema, presencia' nas wikis xa que as fotos gardadas aquí poden traer a xente á Galipedia. Sobre isto comento que tódalas imaxes de Commons teñen unha sección de Uso global do ficheiro, ésta é unha lista de tódalas páxinas que usan ese ficheiro, se poñemos algunha imaxe nos artigos que carecen dela, e ó mesmo tempo engadimos os interwikis a tódalas páxinas que non os teñen, e que podan levalos claro, teremos un efecto moito maior. Cantas máis artigos teñamos con imaxe máis ligazóns teremos en Commons ós nosos artigos.
- Cando eu me propoño subir unha imaxe teño duas opcións ou subilas a Commons ou a galipedia, (o meu antoxo) os que propoñedes subilas tan so a Commons o que propoñedes e quitar unha das opcións que antes tiñamos, esa creo que é a gran desvantaxe do modelo que estades a propoñer, polo demáis se a alguien lle apetece usar unha imaxe da galipedia noutro proxecto sempre tera a opción de subila (xa que é tan doado de facer) a Commons ou o proxecto que estea a facer. --Alfonso (fálame sempre e pitame nas curvas) 15:29, 22 de setembro de 2011 (UTC)
- Pero o que eu digo é..., ¿para que queremos dous?, ¿non chega con un?. Se o da Galipedia dera funcionalidades maiores pois vale, pero non sendo o caso non ten senso. Por ter máis sitios onde gardar as imaxes non imos conseguir máis, o que si imos conseguir é liar un pouco á xente. Porque, por exemplo, cando nun obradoiro hai que explicar ónde subir as imaxes para a Galipedia hai que dicir que se suben na ligazón de Cargar un ficheiro, pero que tamén se pode poñer en Commons. E inmediatamente salta a pregunta: e por que?. Pois a resposta é: simplemente por razóns históricas, nin máis nin menos, porque as wikis naceron antes que Commons, se fose ó revés é case seguro que non se deixarían subir imaxes ás wikis..., e se facemos o cambio amañaremos ese pequeno erro histórico, e cunha simple votación, oxalá se puderan amañar así moitas máis cousas... Saúdos, --Elisardojm (conversa) 00:50, 23 de setembro de 2011 (UTC)
- Pon aquí a túa desvantaxe.
O dito, o que quera pode engadir os puntos que crea convintes eu irei engadindo máis cando se me veñan á cachola. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 11:32, 22 de setembro de 2011 (UTC)
- Para min que polo momento gañan as vantaxes... ;). Saúdos, --Elisardojm (conversa) 14:47, 22 de setembro de 2011 (UTC)
- Resposta ás últimas intervencións de Elisardojm:
- En primeiro lugar quixera contribuír con algúns apuntamentos á historia de Wikimedia que fai Elisardojm: a presenza dunha comunidade de usuarios galegos en Commons non é ningunha novidade, mesmo o propio Elisardojm pode ser testemuña (a benvida e a primeira axuda en Commons veu dun usuario galego no ano 2007), se se consultan os historiais da categoría Commons-gl pódese comprobar que moitos contribuímos a crear materiais para a comunidade galega en Commons, durante varios anos houbo un administrador galego con permisos de burócrata incluso antes que doutras Wikipedias da península ibérica con máis artigos e usuarios, os usuarios galegos fixeron un labor de axuda moi importante a novos usuarios (fundamentalmente Lmbuga), moitos dos colaboradores da Galipedia cargaron milleiros de ficheiros polo menos desde 2005 cando todo era máis traballoso. Algúns deses usuarios galegos pódense atopar na categoría User gl-N e están alí desde vello. Por todo iso e por outros motivos contrapoñer Commons á Galipedia é un falso dilema.
- Permitir a carga na Galipedia non implica que ninguén teña a obriga de cargar ficheiros aquí, nin impide que quen queira ir directamente a Commons non poida facelo, tampouco implica que haxa que borrar todos os ficheiros relacionados con Galicia que hai en Commons nin que non poda fortalecerse (ou xermolar outra vez) una comunidade galega en Commons, nin que as imaxes non estean dispoñibles para todo o mundo.
- Por outra banda non creo que o debate vaia de liberdade de panorama, uso lexítimo ou de licenzas de imaxe para xustificar esa mudanza.
- Diversas mensaxes deste fío de discusión remarcan como vantaxes:
- a sinxeleza dos formularios de carga en Commons
- a dispoñibilidade de axuda en Commons que non hai aquí
- Diversas mensaxes deste fío de discusión remarcan como vantaxes:
- Iso require certas precisións: que haxa un sistema de carga sinxelo está ben, así e todo é moito máis importante o apoio que reciben o novos colaboradores cando empezan, conseguir editores que dominen as licenzas e comprendan as diversas cuestión relacionados cos dereitos é un proceso de aprendizaxe conxunto de novos e expertos que require falar moito e intercambiar moita información. De feito un bo traballo na Galipedia é unha excelente rodaxe para saltar a Commons. (Proba de que non é suficiente cun bo formulario é que os expertos tamén se trabucan na valoración das licenzas.)
- Sobre a dispoñibilidade de axuda en Commons, a experiencia demostra que a axuda vén case sempre (por non dicir sempre) dos colaboradores da mesma lingua, e se eses colaboradores non ofreceron esa axuda na Wikipedia orixinal por que habían facelo en Commons? (non afirmo que aquí non teñan axuda só recollo o dito por HombreDHojalata noutra mensaxe). Polo xeral non podemos esperar da xenerosidade dos usuarios internacionais o que non se pode obter na propia lingua (obviamente refírome a este tema e remítome a experiencia de moitos usuarios en Commons).
- Di Elisardojm: “non sei cántos usuarios pode conseguir a Galipedia grazas a subir as imaxes aquí pero eu diría que se conseguiron moitos máis usuarios cambiando unha coma ou unha palabra mal escrita que subindo imaxes” . Certo, mudar unha coma ou corrixir unha palabra é doado, cargar unha imaxe non. Engadir bibliografía, comprobar referencias, verificar as fontes, fornecer contidos de calidade tampouco é doado non por iso renunciamos a elo. Cómpre precisar que eu falaba de novos colaboradores que quedan, e niso o tema das imaxes tense demostrado moi efectivo, require esforzo e traballar cansa iso é sabido. Se se fai ben crea un vínculo forte que anima a continuar no proxecto. (Ese mesmo esforzo, ou maior, non produce os mesmos resultados en Commons.) E a Galipedia desde logo non está para desbotar as achegas de ningún deses colaboradores que veñen para quedarse sempre e cando reciban a axuda que precisan.
- Estou a mirar na Wikipedia:A Taberna (xeral)#Un par de preguntas as preguntas que fai o usuario Lameiro (votou a favor) e delas deduzo que non deve ser doado subir e categorizar as imaxes pois ten que acudir a información que lles dan outros usuarios da galipedia, (si da galipedia) e penso que Lameiro ten un curriculum na galipedia como para facer pensar que se él ten esos problemas que non sera de outros que non teñen a esperiencia del. Temos nestes intres 8.496 imaxes na galipedia se as subimos a Commons e calculando uns cinco minutos por imaxe dame que fan falla 42.480 minutos para subilas todas, no mellor dos casos, iso representa máis de 37 días traballando as 24 horas para un usuario. Cando creedes que estarian todas en Commons? Non seria moito tempo adicando a outro proxecto e deixando a galipedia o lado. Temos casos casos como este donde tratamos de defender o noso e de repente queremos darllo a outro proxecto. Non máis pola miña parte dou por cerrado o devate sobre este tema, e asta aqui cheguei. --Alfonso (fálame sempre e pitame nas curvas) 08:08, 23 de setembro de 2011 (UTC)
- Precisamente. O que se está a votar é pechar para que os problemas non vaian a máis, senón a menos. Lameiro non ten máis problemas para empezar a colaborar por primeira vez en Commons que os que pode ter calquera para empezar a subir imaxes á Galipedia, ó contrario. En canto a axuda que está tendo... ou eu estou moi equivocado ou estanlla a dar usuarios de Commons, o feito de que Elisardo, ou Elvire, ou eu, ou ... sexamos usuarios da Galipedia non exclúe que sexamos usuarios de Commons, ou da Wikipedia en francés, ou en inglés, ou en xaponés, ó contrario. Falar de "noso" non me parece moi acorde coa finaledade, o espírito e a razón de ser da Wikipedia. E certamente a conversa comeza a ser repetitiva. Penso eu que os dous puntos de vista xa foron suficientemente expostos--. HombreDHojalata.conversa 09:05, 23 de setembro de 2011 (UTC)
- Alfonso, por pasar as imaxes a Commons non te preocupes, como xa se comentou, en Commons teñen varias ferramentas e bots propios, seguro que coñeces ó famoso CommonsDelinker. Para estas tarefas teñen unha páxina especial para organizar eses traballos: http://commons.wikimedia.org/wiki/Commons:Batch_uploading, logo de facer a solicitude alguén cun bot ocuparase do traballo e como o traslado é entre wikis é un proceso rápido e sinxelo.
- Sobre a axuda que recibeu Lameiro de galipedistas, pois é do máis normal, se fai as preguntas na Galipedia a xente que lle responde é a da Galipedia. Se fixera esas preguntas na taberna de Commons en galego responderíanlle alí, pero se fixese esas preguntas na taberna de Commons en castelán estou seguro (porque o comprobei varias veces) que tería a resposta alí tamén, e seguramente máis rápido que na taberna en galego. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 01:06, 24 de setembro de 2011 (UTC)
- Leo a conversa con interese, e gústame ben que haxa debate. Leo tamén algunhas das cousas que escribides nas páxinas de conversas de usuario, e creo que é erróneo suxerir que HombreDHojalata podería estar dalgunha maneira tratanto de influenciar, mesmo minimamente. Non fai tal. Basta ver o seu historial de contribucións (todo el) para saber que segue a norma sempre, sexa a que for. Soamente quería deixar isto aquí escrito coa intención de que o tema non se nos descarreire por aí e que o persoal siga a votar libremente, coma até o momento. Saúdos. --Atobar (conversa comigo) 10:00, 23 de setembro de 2011 (UTC)
- Concordo co ton conciliador da túa mensaxe Atobar. Na parte que me toca teño que dicir que seguín o procedemento establecido en en:Wikipedia:Canvassing a falta dun rexistro por escrito na propia Galipedia. Por outra banda, independentemente desta votación, aínda que non o recoñezas na mensaxe, espero que desde a administración sexades conscientes dos problemas que houbo na xestión da votación para que non se repitan en próximas ocasións (que son máis que os manifestados expresamente e algún outro latente relacionado con outro tema). Sería máis preocupante que non forades conscientes de cales son as eivas (non pretendo sinalalas agora nin quitar mérito a ninguén) que dicir que todo foi correcto (ninguén nace aprendido, dígoo por min, por iso é comprensible intentar mellorar). Un cordial saúdo. --Prevertgl 15:45, 23 de setembro de 2011 (UTC)
Nesta fase de reflexións finais quixera responder ou matizar algunhas afirmacións que foron aparecendo no debate:
- Sobre usuarios de Commons / usuarios das Wikipedias e outros proxectos. Eu mesmo cando comecei en Commons pensaba que alí tiña que haber unha comunidade propia independente do resto dos wikis. Os feitos desmentiron esa idea e demostraron que en Commons os usuarios forman principalmente comunidades que comparten a mesma lingua. Son casos contados os que dan soporte e axudan a usuarios doutras linguas, neses casos excepcionais teño que volver a sinalar a Lmbuga que axudou a usuarios en lingua galega, castelá e portuguesa.
- Un aspecto que sinalou Estevaei sumamente importante ten que ver co seguimento e visibilidade dos ficheiros, a facilidade dese seguimento na Galipedia é considerablemente maior. En Commons resulta máis doado seguir a actividade de usuarios concretos ou galerías e categorías concretas, que o fluxo do conxunto das imaxes. Na Galipedia detéctanse de inmediato, iso é unha vantaxe para axudar aos novos usuarios, clasificar e darlle uso as imaxes.
- Outro tema que semella preocupante é renunciar a crear coñecemento sobre as imaxes na propia Galipedia. Refírome a ter colaboradores especializados dispostos a adquirir e compartir coñecementos sobre imaxes, tanto dominio sobre temas técnicos como formación sobre licenzas de uso aquí mesmo (que vaia ser en Commons onde eses mesmos colaboradores fagan ese traballo dun xeito transparente, sen notarse o salto de wiki, na miña opinión non se corresponde cos feitos).
- Nada do dito en ningunha das mensaxes vai na liña de desacreditar a Commons (Commons e a Galipedia das imaxes son complementarios. Coa prevención de que o trato en Commons é máis brusco, a miúdo impersoal polo procesos automáticos e rápido), pola contra trátase de manter os beneficios dunha ferramenta que permite autonomía —a carga de imaxe— (un exemplo hipotético e posible: nun proxecto de colaboración con colexios de toda Galicia achegando fotografías a potencia da ferramenta de carga aquí permitiría un resultado óptimo. En Commons podería chegar a percibirse como as molestias dos inexpertos que fedellan cos bots mentres aquí sería algo valioso). Neste caso estou en contra de destruír (borrar a base de datos da Galipedia das imaxes) para construír (seguir colaborando en Commons).
- Para finalizar, cando estaba rematando de escribir esta mensaxe vin a reflexión de Paradanta e penso que é merecente dunha aclaración (nota: o texto deste paréntese é un engadido posterior para precisar que esta mensaxe é un comentario xeral que non se refire a Paradanta senón que a súa intervención suxeriume que tiña que concretar algúns aspectos que nas miñas mensaxes puideran estar confusos. Nin valora nin pretende comentar ou cuestionar ou seu voto ou a súa explicación): ninguén propón que as imaxes dispoñibles noutras Wikipedias, en Commons ou en calquera outro wiki se carguen aquí. Na práctica iso non se viña facendo, independentemente de que algún colaborador chegara a facelo. Estamos falando fundamentalmente dos ficheiros de produción propia dos colaborades deste proxecto e de ningún xeito como se comentou noutra mensaxe a proposta é que sexan de uso exclusivo da Galipedia. Como exemplo que desminte esa afirmación que se repite nas intervención a favor do borrado abondaría con mirar o historial de contribucións dos compañeiros que cargaron maioritariamente fotografías na Galipedia e a presenza desas imaxes en Commons desde 2005. Un cordial saúdo. --Prevertgl 15:46, 23 de setembro de 2011 (UTC)
- Eu non dixen que se teña proposto cargar aquí todas as imaxes doutras wikis, Prevert. Dixen que iso era o que facía eu antes porque non sabía que existía Commons. De xeito moi simplificado o groso do meu argumento é o seguinte: a min gústame atopar as fotos que quero en Commons, porque así só teño que copialas e pegalas nos artigos que desexo ilustrar na Galipedia. Polo tanto, tamén quero que os demais usuarios doutras wikis gocen das mesmas facilidades cos nosos ficheiros. Máis nada. Un saúdo. --Paradanta (Cóntame) 16:30, 23 de setembro de 2011 (UTC)
- Desculpa Paradanta se a redacción transmite a idea de que respondo literalmente ás túas palabras, non vai por aí. A túa mensaxe pareceume que apuntaba a posibilidade de que houbera aspectos que non estaban claros nas intervencións que se viñeron sucedendo e que eu non fora quen de precisalos en mensaxes anteriores. E por se hai algunha dúbida de ningún xeito é un comentario ao teu voto, nin pretende debatir sobre a explciación do teu voto nin cuestionala porque non considero que deba facelo. É un comentario xeral para aclarar as miñas mensaxes. Un cordial saúdo. --Prevertgl 16:49, 23 de setembro de 2011 (UTC)
- Eu non dixen que se teña proposto cargar aquí todas as imaxes doutras wikis, Prevert. Dixen que iso era o que facía eu antes porque non sabía que existía Commons. De xeito moi simplificado o groso do meu argumento é o seguinte: a min gústame atopar as fotos que quero en Commons, porque así só teño que copialas e pegalas nos artigos que desexo ilustrar na Galipedia. Polo tanto, tamén quero que os demais usuarios doutras wikis gocen das mesmas facilidades cos nosos ficheiros. Máis nada. Un saúdo. --Paradanta (Cóntame) 16:30, 23 de setembro de 2011 (UTC)
Creo que estamos enfrontando dous aspectos: a colaboración a través dun proxecto común, Commons, no que todo o mundo mundial poida colgar e atopar calquera imaxe, fronte á facilidade ou dificultade de facelo. Sendo certo que as imaxes que poñemos na Galipedia as pode usar calquera, de calquera wiki, o certo é que habería que engadir que calquera que as atope, calquera que veña a Galipedia e saiba remexerse na nosa lingua e no noso sistema de categorización, e que logo colla esa imaxe e a suba a Commons, e así xa pode utilizala. Que queredes, moi fácil non o vexo. En resumo, a disponibilidade mundial das fotos que temos en Galipedia é unha realidade, pero chea de atrancos para os wikipedistas non galegos. Imaxinémonos a nós buscando imaxes na wiki polaca e facendo eses traballiños.
Están tamén os aspectos técnicos de maior ou menor facilidade de carga, licencia, categorización, etc. Polo que levo visto nestes días, tras subir a Commons unha ducia de imaxes non existe ningunha dificultade engadida. Os erros que cometín cando era novato na Galipedia, son os que cometo agora en Commons, a aprendizaxe nun sitio é similar á aprendizaxe noutro. Seguir o consello que deu HombreDHojalata, de subir un par de fotos aquí e outras acolá serviría para desarmar este argumento da dificultade.
E logo están esas alusións á liberdade de elección (que cada quen suba as fotos onde lle pete) e ó tesouro galego. Son difíciles de rebater porque responden a un impulso moi íntimo, pero, na wiki, a liberdade sempre estivo regulada a certas normas e políticas, e ninguén se sinte por iso menos libre. E o tesouro fotográfico galego seguirá sendo tesouro e galego aínda que xa non sexa tan “noso”.
Finalmente, Prevert está engadindo entre liñas aspectos ocultos e cuasi inconfesables cando di que ve nesta proposta problemas de xestión e de administración e insinúa eivas na xestión desta proposta. Como non se explica, non podo opinar pero que conste que non vexo por ningures que subir as fotos a Commons agoche problemas de xestión dos nosos administradores nin tampouco eivas na xestión da proposta. Ver intentos de carreto de votos nos avisos e conversas de HombreDHojalata é moito ver. E moito supoñer. Prevert é can vello que está de volta cando os demais imos para aló pero, a falta da máis mínima evidencia, non podo concordar co que escribe ou insinúa.
Sigo convencido de que a proposta de subir imaxes a Commons (e só a Commons) é boa, para a Wikipedia mundial e para a Galipedia en particular, e que as desvantaxes que ten son moito menores cás vantaxes, polo que espero que se aprobe. Pedro --Lameiro (conversa) 17:41, 23 de setembro de 2011 (UTC)
- Lameiro despois de ler algunhas mensaxes (non o tomes como unha referencia directa a ti) parece que Commons naceu onte, e os que defendemos manter unha ferramenta que permite certa autonomía na Galipedia non fixemos nada alí (aínda que así fose ese feito non descalificaría esta opción). En todos estes anos alguén debeu de crear as galerías e as categorías relacionadas con Galicia e debeu de traballar na clasificación, alguén debeu de editar a portada en galego e debeu de crear a Taberna de Commons, alguén debeu de traducir as lendas das imaxes do día e alguén máis debeu traducir os documentos de axuda que hai en galego. Tamén houbo quen axudou aos novos cando é algo que non se estila moito. En consecuencia esa continúa dicotomía Commons/Galipedia das imaxes non está fundamentada nos feitos. Non falamos de non compartir en Commons, falamos de non pechar a carga na Galipedia. Como se manter aberta a carga obrigara a cargar aquí. Simplemente é unha vantaxe que non convén desbotar.
- Noutra orde de cousas poste como exemplo dun editor que tivo unha aterraxe suave en Commons. Realmente cres que estamos falando dun colaborador que leva anos na Galipedia, que ten coñecementos das ferramentas de administración, que leva cargado unha chea de imaxes aquí, que as imaxes que carga son das “fáciles” en canto a temas de dereitos e que pode contar coa axuda incondicional dos seus compañeiros? Penso que non falamos diso. Recollendo o teu exemplo, os usuarios que teñen certos coñecementos desenvólvense ben incluso na Wikipedia en polaco. Terás visto que en ocasións aparecen nos resumos de edición na Galipedia “imaxe vía wikipedia en ...” abonda con seguir os interwikis para atopar certas imaxes. Non é preciso coñecer ningunha lingua para consultar a Lista de imaxes (na Galipedia segundo as opcións de configuración que se escollan é moi útil debido a que o número de imaxes é manexable) nin a Galería de imaxes novas, evidentemente iso noutra dimensión e con outro nivel de complicación é aplicable a Commons. Dito isto aclarar de que non falamos de agochar ou por dificultades para que non vaia a Commons, porque se un editor dos que fan fotos carga unha imaxe aquí pouco tempo despois estará en Commons sen gran esforzo e ninguén terá que andar fozando para atopar as imaxes.
- Outro aspecto que volve aparecer na túa mensaxe é o de propiedade englobado na palabra “noso”, ese uso da palabra “noso” semella anacrónico. Seria correcto se fose un obxecto físico: unha fotografía en papel da que hai unha copia e que mantemos agochada nun recuncho escuro dunha Galipedia física. Pero no mundo dixital cada un de nós pode ter a mesma fotografía en multitude de soportes e lugares de almacenamento. Así que falar de “noso” como un xeito de restrinxir a difusión dun ficheiro dixital tampouco se axusta aos feitos, “noso” neste caso refírese a un certo tipo de unidade presente nos materiais dos que dispoñemos.
- Na parte final da túa mensaxe hai uns parágrafos sobre problemas de xestión da votación que non quero deixar sen aclarar. Quen primeiro se referiu ao tema neste espazo foi Atobar e a miña mensaxe foi unha resposta. Supoño que a intervención de Atobar veu motivada por outra miña (fóra deste espazo de debate) na que me limitei a seguir o procedemento establecido cando se produce unha disfunción dese tipo: dirixirme en termos cordiais e conciliadores ao usuario co que hai que resolver o problema. O significado da miña resposta neste espazo exclusivamente remarcaba que si houbo problemas (que se poden documentar) sen entrar en profundidades para non desviar o sentido do debate. Entendo que despois de todo o que levamos aprendido sobre estes procedementos (curiosamente parte dese coñecemento tamén procede de Commons) hai que corrixir as disfuncións desta votacións noutras votacións futuras para que non se repitan. Iso implica saber que efectivamente existen. Non falei en ningún momento de mala fe, nin xulguei as intencións, tampouco dixen que a votación non fora válida.
- Outra referencia que fixen a administración (se entendín ben a túa mensaxe está englobada neses parágrafos) foi sobre unha idea que foi aparecendo no debate: mover as imaxes a Commons como medio para solucionar un problema de xestión de licenzas ante a falta de persoas dedicadas ao mantemento das imaxes. Non é ningunha insinuación, de feito foise afianzando como un dos motivos principais da proposta a medida que avanzou a conversa. A miña postura foi e é que unha decisión dese tipo non pode fundamentarse, polo menos agora mesmo, neses motivos.
- Como conclusión, Commons é un repositorio marabilloso que contén máis de 11 millóns de ficheiros que espero que siga medrando incluíndo os ficheiros desta zona do planeta (cantos máis mellor), pero os máis de 8.000 ficheiros que hai na Galipedia das imaxes neste momento tamén me parecen un bo feixe. Defendo que manter a carga de imaxes aberta, agás por cataclismos imprevisibles, é unha opción útil e beneficiosa. Por suposto, acepto o que se decida, como non pode ser doutra forma, coincida coa miña postura ou non. Un cordial saúdo. --Prevertgl 21:55, 23 de setembro de 2011 (UTC)
Levamos moitas mensaxes con opinións pero semella que faltan datos, para intentar pór en contexto o debate engado aquí un cantos datos:
Segundo a Galería de imaxes novas as imaxes cargadas na Galipedia que permanecen na base de datos da Galipedia das imaxes (inclúo algúns meses anteriores ao verán para ter máis perspectiva) e agás que haxa un erro na suma é o seguinte:
- Setembro (ata o momento de publicar esta mensaxe): 47
- Agosto: 35
- Xullo: 71
- Xuño: 73
- Maio: 47
- Abril: 75
Unha parte importante dos ficheiros foron cargados por colaboradores coñecidos no wiki (entendendo a palabra coñecidos por usuarios con historial de contribucións que forman parte da comunidade, algúns deles desde moi antigo, incluíndo editores-fotógrafos).
Tamén repasei o rexistro de borrados na procura de ficheiros eliminados nos últimos meses para ter unha idea do posible problema de xestión, revisei os resumos de edición e fixen comprobacións naqueles ficheiros nos que era posible. En primeiro lugar, no que vai de 2011 polo que parece só houbo unha proposta en imaxes para borrar. En canto á eliminación rápida os resumos indican que unha parte importante aparecen marcadas como sen orixe ou sen licenza (algo que en principio permite o borrado sen debate posto que abonda con esperar que pase o tempo para borrala), hai algunhas marcadas directamente con copyvio (iso tampouco supón problema en principio porque se é un copyvio non hai dúbidas no borrado) ou obras derivadas (evidentemente a non estar xa os ficheiros non puiden comprobalas). Tamén hai varios borrados que pola información dos resumos semellan imaxes procedentes de Commons que foron borradas alí e estaban clasificadas en categorías na Galipedia. Hai un grupo que polos resumos suxire algún tipo de problema técnico non especifícado da base de datos. Tamén hai algunha imaxe, que polas comprobacións feitas, semellada que foi borrada irregularmente ou cun resumo de edición erróneo.
No caso de Commons repasei a cantidade de ficheiros cargados polos usuarios que se visualizaban en Gallery of new files (galería de imaxes novas) entre as 16:00 e as 17:00 horas de hoxe 27 de setembro de 2011 e agás que haxa variacións no sistema de presentación dos ficheiros saen 1.026 ficheiros só nesa hora (sen contar os ficheiros cargados por bots). Aínda que neste caso limitei a comprobación a unha hora quen queira facelo pode verificar que é unha cifra significativa para facerse unha idea do número de ficheiros cargados por día e o do esforzo e tempo necesario para facer un seguimento das imaxes cargadas.
Os datos achegados conectados con todo o dito ata agora reforzan a idea de que non é preciso pechar a carga na Galipedia e borrar os ficheiros que hai aquí. Iso sería prexudicial para a Wikipedia en galego. (Hai outros temas que foron surxindo noutras mensaxes pero non comentarei nada ata que se desvelen del todo). Un cordial saúdo. --Prevertgl 16:30, 27 de setembro de 2011 (UTC)
- Pois dos datos que presentas non vexo moi ben de ónde sae a conclusión de que non é preciso pechar a carga de imaxes na Galipedia e que facelo sería perxudicial... Se o dis porque se borraron moi poucos ficheiros da Galipedia, pois moi ben, si se pasa a Commons seguirá a haber a mesma porcentaxe de borrados (polo menos da xente que o facía xa na Galipedia), co cal non hai problema en pasarse a Commons. Se o dis porque o número de imaxes que se cargan en Commons é apabullante e alí habería máis problemas de control hai tres comentarios ó respecto:
- Commons, como xa comentei, é un proxecto "independente", quere isto dicir que ten a súa propia comunidade que a xestiona e revisa, e ten un gran número de usuarios que revisan as imaxes cargadas recentemente igual que no resto de proxectos. Seino porque usuarios de diferentes países avisáronme de erros nas miñas imaxes ó pouco tempo de cargalas.
- Para revisar os cambios recentes nunha categoría e subcategorías, por exemplo a categoría Galicia, pode usarse a ferramenta de Commons Catscan que é moi útil neste caso. Eu fixen agora unha consulta de tódolos ficheiros cargados ou modificados (poden cambiar de categoría ou amañar as descricións, etc.) dende o 1 de abril ata hoxe na categoría Galicia e ata 2 categorías de profundidade saen 1103 ficheiros, con 3 categorías de profundidade saen 2849 e con 4 saen 5100 (e con catro categorías de profundide saen algunhas fotos que teñen unha conexión lonxana con Galicia, se ben tamén é certo que hai outras imaxes da categoría que están en categorías máis profundas, para controlalas habería que indicarlle á ferramenta que busque a partir doutra categoría base). Pero isto cambia totalmente se lle digo que mire só os cambios da última semana, dende o luns 10, saen só 249 imaxes se consultamos na ferramenta cunha profundidade de 4 categorías. Isto danos unha idea da potencia desta ferramenta xa que permite facer moitas consultas adaptadas ás nosas necesidades para controlar tanto as imaxes novas da categoría Galicia como as modificacións que se fan nas mesmas. (Os datos para configurar a ferramenta para Commons están [1])
- Por outra banda se configuramos a nosa conta de Commons para que nos avise por correo de tódolos cambios das páxinas que temos en vixiancia (podemos configurar a nosa conta para que poña en vixiancia tódolos ficheiros que editemos e creemos e así non temos que marcalos un a un), entón o sistema envía un correo electrónico de forma automática avisándonos cada vez que se modifica calquera cousa que temos en vixiancia, sen facer nada, directamente na nosa bandexa de correo e case instantáneamente.
- Pois dos datos que presentas non vexo moi ben de ónde sae a conclusión de que non é preciso pechar a carga de imaxes na Galipedia e que facelo sería perxudicial... Se o dis porque se borraron moi poucos ficheiros da Galipedia, pois moi ben, si se pasa a Commons seguirá a haber a mesma porcentaxe de borrados (polo menos da xente que o facía xa na Galipedia), co cal non hai problema en pasarse a Commons. Se o dis porque o número de imaxes que se cargan en Commons é apabullante e alí habería máis problemas de control hai tres comentarios ó respecto:
- Con estes sistemas, e outros que pouco a pouco se van desenrolando, o control dos ficheiros en Commons vaise facendo máis sinxelo e eficaz. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 00:55, 16 de outubro de 2011 (UTC)
Parécenme moi interesantes todas estas reflexións, un exemplo de que entre todos facemos un bo brainstorming. Grazas a iso vou facéndome unha idea mellor. Aínda que non fun moito de subir imaxes (por que tampouco son moi produtor delas, salvo mapas), e non podo falar por experiencia, si que me dan que pensar os vosos comentarios. Só tres ideas novas (coido) para engadir:
- Restrinxindo a carga a Commons obríganos a abrirnos a outra xente, a saír da nosa parceliña. Respecto a facernos coñecer, un método é obrigar os estranxeiros a chegar a nós e outro é obrigarnos a nós a chegar ós estranxeiros. Eu mesmo ás veces traducín textos de descrición ó galego (en imaxes do día ou en fotos polas que pasaba) practicamente só coa motivación de divulgar a existencia da nosa lingua, ou incluír datos galegos cando vexo que non están representados onde deberían (por exemplo, na cociña ou da RAG no artigo es:España, a pesares da miña reticencia a editar na wiki castelá). Estes contactos, ademais de darnos a coñecer, obrígannos a colaborar e compartir. Respecto ó do noso tesouro, paréceme tan alleo á idea fundamental da Wikipedia e proxectos anexos, que me sorprende que apareza. Ademais, o coñecemento é todo, non é máis importante un plano do metro de Moscova ca unha igrexa de Caldas: non son comparables, non son valorables, non se poden medir cos mesmos parámetros, depende do interese de cada un e da ocasión. Para un eslavo que estuda fraseoloxía galega ou románica a Galipedia pode ser máis interesante (grazas, Lameiro) cá que veña nun libro en papel ou un dicionario. Ou para un técnico en pesca da UE. Ou ...
- Esta mesma apertura tén o efecto de que non todo temos que facelo nós. Se é un administrador portugués ou arxentino (ou inglés ou francés) o que nos axuda con comentarios, isto quítalle carga de traballo ós de aquí, que tampouco está de máis. Como di Elisardo na súa recapitulación (propósnos engadir o que queiramos, pero en verdade é un pouco parcial, por que inclúe opinións persoais), compartir con máis xente permite que poidamos acceder a máis coñecementos (técnicos, sociais ou doutro tipo), pero a nosa personalidade segue estando aquí. Os nosos artigos non son as nosas imaxes.
Xa sabendo que se pode facer moito cun bot, cada vez vou tendo menos dúbida. A ver se subo algo máis e refresco o meu coñecemento de causa. Sobreira (parlez) 22:19, 3 de outubro de 2011 (UTC)
Pequena resposta ós comentarios de Prevert do 22 de setembro:
- Como comenta Prevert é ben certo que debeu haber unha boa comunidade galega en Commons, diso queda constancia na grande cantidade de políticas, modelos e artigos de axuda que hai no noso idioma, pero polo que eu sei, polo menos polo movemento que hai na taberna (podedes ver como mostra esta consulta de Furagaitas que tardou case ¡un ano! en resolverse) agora só queda Lmbuga e dous ou tres máis perdidos por alí. É dicir que a representación e presenza que temos alí é practicamente nula. E iso pode darnos problemas porque Commons é o almacén principal e, tamén podemos dicir, oficial dos proxectos wiki e se alí toman decisións que nos afecten pode ser que non nos decatemos ou que cando o fagamos xa sexa tarde.
- E outro comentario colateral, que pena que todo o traballo que fixeron en Commons os nosos compañeiros quede perdido e sen uso alí…
- Por outra banda non sabes a ledicia que levei cando Lmbuga me saudou no meu idioma e ó pouco tempo de darme de alta!. ¿Tamén hai unha comunidade galega en Commons para axudar?, xenial pensaba eu... Pero era un espellismo, só había un usuario, e por moito que traballe iso non é unha comunidade que é o que fai falta para levar adiante un proxecto deste tipo.
- O que comentas de que as imaxes da Galipedia "estean dispoñibles para todo o mundo" é unha verdade a medias. Na teoría é verdade pero na práctica iso é falso. Se subimos unha imaxe dunha capela románica na Galipedia temos por obriga das nosas políticas que usar unha licencia libre, que será compatible con Commons e por iso as nosas imaxes poden copiarse de novo alí e así xa poden ser reutilizadas. Iso é a teoría, pero a teoría é moi bonita pero moitas veces non serve para nada porque o que serve é a práctica e a realidade, que ás veces é moi testán aínda que non nos guste. Na práctica, ¿que pasa con esa imaxe da capela que subimos á Galipedia?, ¿pensades que algún usuario da wiki en italiano, en inglés ou en rumano vai poder usala?. Xa volo digo eu, non, se non está en Commons non a pode usar. E non me digades que non o pode facer porque non quere, iso xa o sei, pero de novo a realidade danos a explicación deste comportamento: ¿pensades que algún usuario desas wikis vai a percorrer as imaxes locais dos proxectos para atopar imaxes de arquitectura románica?, non o creo, o que fará será ir a Category:Romanesque architecture co cal, na práctica, a nosa imaxe non está dispoñible para todo o mundo. E este é o maior problema de aloxar as imaxes na wiki que o resto de wikipedistas na práctica non as poden usar. A forma de que tódalas nosas imaxes estean realmente compartidas para todo o mundo é que pechemos a subida de imaxes na nosa wiki e só usemos Commons.
- Agora compartimos as imaxes, si, pero con atrancos…, así que: non lle poñades cancelas ó campo, que é de todos…, recapacitade sobre o voso voto para que a Galipedia poda enriquecer ó resto de proxectos ó compartir con eles a nosa cultura, os nosos costumes, as nosas xentes e o noso país.
- Seguirei comentando o que dixo Prevert e outras cousas noutro momento. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 13:50, 6 de outubro de 2011 (UTC)
Para que vexades o que estamos conseguindo con isto de ter as imaxes na Galipedia podedes votar unha ollada a esta imaxe que acabo de atopar de casualidade. É unha foto de Agustín Fernández Paz cargada orixinalmente na Galipedia e que un wikipedista italiano tivo que pasar a Commons para poder usala no artigo Letteratura galiziana del XX secolo. ¿Credes que isto é colaborar?, si é certo que colaboramos porque ten unha licencia libre, pero podemos colaborar mellor se poñemos tódolos nosos ficheiros a disposición de tódalas comunidades wiki e así aforraremos o traballo dos nosos colegas. Igual que o fan tódolos usuarios que comparten as súas fotos en Commons e que nós usamos a eito na nosa wiki. E este exemplo é dun wikipedista italiano, pero iso mesmo teñen que facelo os nosos compañeiros do Galicionario se queren usar unha foto da Galipedia que non está en Commons..., nin siquera compartimos os ficheiros cos proxectos irmáns da Galipedia... E agora..., a pensar un pouquiño! :), saúdos, --Elisardojm (conversa) 02:43, 9 de outubro de 2011 (UTC)
ComentarioTroquei o meu voto de a favor à contra cavilando que necesitamos preparación antes de votar unha política que forza a cargar às imaxes en Commons. Na páxina de conversa dou os elementos principaís. --Elvira (conversa comigo) 14:00, 16 de outubro de 2011 (UTC)
Sigo coa resposta ós comentarios de Prevert do 22 de setembro:
- Sobre o apoio dos novos colaboradores cando empezan para que dominen as licencias e os dereitos de autor: iso non habería que facelo na Galipedia porque isto é unha enciclopedia, non un servidor de ficheiros, o servidor de ficheiros é Commons!! e alí debería ser onde se trataran principalmente eses temas :). E en Commons é onde eses novos colaboradores deben ser ensinados e arroupados por unha boa comunidade de galegofalante, e esa boa comunidade o que pode facer tamén é atraer a eses colaboradores á Galipedia, que non só de ficheiros se vive en Commons ;).
- Sobre a dispoñibilidade de axuda en Commons non estou dacordo co que dis. A min en Commons axudáronme usuarios galegofalantes, castelánfalantes e nonseiquefalantes que falaban en inglés. Aínda que falo dende a miña experiencia, pode verse no movemento das conversas do café en castelán e inglés que hai unha gran comunidade de usuarios que axudan a tódolos que preguntan sen mirar o seu idioma materno e esas páxinas teñen cambios diariamente.
- Logo sobre o tema de conseguir usuarios novos coa carga de imaxes. Creo que esta idea é un erro de concepto, para introducir usuarios novos na Galipedia non debemos usar as imaxes como gancho o que temos que facer é crear un bó proxecto de Titoría ou Cicerones similar ó da wiki en castelán, que teñen tamén as wikis inglesa, alemá e francesa entre outras, e poñelo en varias páxinas ven á vista de todo o mundo. Se queremos atraer xente e facilitarlle o traballo para achegarse á wiki temos que abrirnos a eles de verdade, non andar con rodeos nin lerias. Tamén se poden mellorar as páxinas de axuda e de benvida para que acheguen máis ferramentas, procedementos, etc. ós novatos... Con isto tamén se farían vínculos fortes para continuar no proxecto e sen enganar a ninguén...
- Sobre a idea de que o "pouso que apunta a evitar un problema xestión e administración máis que unha necesidade real de pechar a carga" penso que iso só é a punta do iceberg. A idea fundamental desta proposta é liberar o coñecemento, porque as imaxes son coñecemento. Subindo as imaxes na Galipedia liberarmos ese coñecemento unicamente neste proxecto, e, pese a quen lle pese, na realidade non o liberamos automaticamente co mundo, co cal penso que estamos faltando, nunha pequena parte, ós principios desta wikipedia. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 11:58, 17 de outubro de 2011 (UTC)