Benvida editar

Benvido á Galipedia Furagaitas. Pasouseme darche a benvida canto te rexistraches, sirva esta mensaxe de benvida. Un cordial saúdo. --Prevertgl 11:03, 17 xuño 2008 (UTC)

Furagaitas dixo: Home, moi boas... e moitas grazas. O mundo é un pañuelo. Non paso moito por aquí, polo menos non coa intención de editar, pero decidinme e rexistreime, para ir deixando a miña pegada por onde pasase... Ademais, agora con iso da conta global... é gloria. 01:45, 19 xuño 2008 (UTC)

Einstenio / Einsteinio editar

ola, Furagaitas;

no libro O nome e os símbolos dos elementos químicos, promovido por Termigal en 2006, indica "einstenio" para o elemento; tes referencias en galego para "einsteinio"? Un saúdo. --Estevo(aei)pa o que queiras... 19:10, 25 xaneiro 2010 (UTC)

  • Ola! Pois non che sei que dicir, pero certamente o VOLGa debería estar correcto; Vou trasladar isto á páxina de conversa do artigo, a ver se alguén achega máis información. Graciñas polo dato, e un saúdo. --Estevo(aei)pa o que queiras... 19:20, 25 xaneiro 2010 (UTC)

Carballiño editar

Revertín a túa última edición, Furagaitas. Olla para aquí (páx 91) Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 11:47, 26 de abril de 2010 (UTC)

Concho! E que nin considerara que podía contradicir o criterio da RAG. Tes que perdoar. Xa está solucionado. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 12:00, 26 de abril de 2010 (UTC)

Baldaio editar

Efectivamente, na foto vese o mar, o cal indica que non se trata de Tordoia. Porén o pouco que se ve da paisaxe non me permite saber se é Baldaio, en Carballo, ou outro lugar. O sistema que seguíamos para localizar unha foto era fiarnos das etiquetas que o autor lle puña, polo menos cando o autor non as tiña xeolocalizadas no mapa, como é este caso. Eu votaría por Baldaio, Carballo, pero sen seguridade absoluta. Un saúdo. Xoacas(a ver se fajo unhas croquetas) 19:51, 21 de xuño de 2010 (UTC)

Boa tarde, Furagaitas. Sobre o da foto non che sei nadiña. Sobre Carvalho ou Carballo, fixen unha modificación para equiparar as dúas grafías e deixei un comentario na páxina de conversa. Non creo que sexa bo darlle máis voltas, é un asunto sen maior trascendencia e non pasa nada por deixar de primeiro o nome polo que o tipo quixo -soamente ao final da súa vida- ser coñecido. --Atobar (conversa comigo) 16:26, 10 de xullo de 2010 (UTC)

RE: Amarelo editar

Actualmente o Galizionario aínda conta coa aparencia Monobook por defecto; con esta aparencia o N sae en amarelo (por isto deduzo que ti xa empregas a Vector). Cómpre incluír o seguinte código na páxina MediaWiki:Vector.css, para que funcione tamén na Vector:

 
/* Cor de fondo para o indicador de novo artigo na lista de cambios recentes ([[MediaWiki:Newpageletter]]). */
.newpage {
 color: black;
 background-color: yellow;
}
 

E a cor laranxa para os bots conséguese así:

 
/* Cor de fondo para o indicador de edición feita por un bot na lista de cambios recentes ([[MediaWiki:Boteditletter]]). */
.bot {
 color: black;
 background-color: orange;
}
 
Algo que non dixen antes: mira os arranxos na páxina que citei enrriba (MediaWiki:Vector.css) por se queredes levar algo máis para aló. O dos caracteres que van debaixo do cadro de edición xestiónase desde a páxina MediaWiki:Edittools (o Wiktionnaire ten a páxina en wikt:fr:MediaWiki:Edittools). Antes tiñamos a posibilidade de escoller máis caracteres na Galipedia, pero vexo que seica desapareceron co cambio de aparencia. Tereino que investigar. Para calquera outra cousa, xa sabes onde estou. --Toliño Fala aquí comigo 15:05, 21 de agosto de 2010 (UTC)

RE: Xornal editar

Pois mira, estaría ben falar diso e do resto de proxectos irmáns da Wikipedia. Ademais o vindeiro número aínda non conta con ningún artigo :(. Sabes como facelo? Tes instrucións sobre a estrutura en Wikipedia:Xornal da Galipedia/Estrutura, pero pregúntame se necesitas máis axuda, que aí non vén todo. --Toliño Fala aquí comigo 12:54, 22 de setembro de 2010 (UTC)

Non é necesario que me envíes o texto previamente: publícao ti en Wikipedia:Xornal da Galipedia/01-10-2010/Proxectos irmáns (copia a estrutura e completa co texto pertinente). Xa me encarguei de incluír o titular (pódese cambiar) no vindeiro número: Wikipedia:Xornal da Galipedia/Arquivo/01-10-2010. E xa revisarei eu o escrito por se houbese algún erro no código. --Toliño Fala aquí comigo 19:03, 23 de setembro de 2010 (UTC)
Perfecto. Só lle fixen unha pequena corrección dun erro bastante común. Moitas grazas polo artigo. --Toliño Fala aquí comigo 12:54, 27 de setembro de 2010 (UTC)

RE: MediaWiki 1.18 editar

Seguro que hai algún código para eliminar a icona de información, pero descoñézoo. E non controlo de escrituras CSS para elaborar un. O da cor de fondo para indicar as edicións de bot desapareceu por un motivo que non me explico: a cor amarela segue funcionando e o código, tanto na Galipedia coma no Galizionario é correcto (ou polo menos funcionaba ata agora). Para o último problema o único que se me ocorre é engadir o __NOEDITSECTION__ en todos os modelos.

Certamente, sinto non servir de axuda. --Toliño Fala aquí comigo 13:05, 13 de outubro de 2011 (UTC)

Fixen a edición que me pides. Do que me decatei é de que yellow (para o N de páxina nova) está resaltado noutra cor e o orange que nos ocupa non cambia de cor nin facendo esta edición... Así que poida que siga sen funcionar. En calquera caso agardemos a que se refresque a memoria caché para estrarmos seguros. --Toliño Fala aquí comigo 16:51, 18 de outubro de 2011 (UTC)
Certo! Pois grazas polo arranxo, xa o podes levar ao Galizionario. Agora estaba pensando nunha posible solución ao orange con código hexadecimal, pero perfecto se xa vai. Saúdos! --Toliño Fala aquí comigo 17:01, 18 de outubro de 2011 (UTC)

Neofalante editar

Boas Furagaitas, vin que marcaches como lixo o artigo neofalante pero penso que como está marcado para mover ó Galizionario habería que esperar a que se pase alí primeiro, non? Saúdos, --Elisardojm (conversa) 30 de maio de 2014 ás 10:42 (UTC)Responder

Ai, pois perdoa porque eu antes de borralo aquí busqueino no Galizionario e non o atopei, non sei moi ben como mirei. Agora xa o vin e tamén vin que o borraron aquí así que xa quedou todo ben :). Saúdos, --Elisardojm (conversa) 2 de xuño de 2014 ás 07:55 (UTC)Responder