Wikipedia:Babel
gl Este usuario é galegofalante.
es Este usuario es un hablante nativo de español.
en-3 This user can contribute with an advanced level of English.
pt-2 Este usuário pode contribuir com um nível médio de Português.
sv-2 Denna Användare har kunskaper på mellannivå i Svenska.
Este usuario leva 18 anos, 7 meses e 24 días na Galipedia.
Este usuario ten unha páxina en Wikimedia Commons.
Este usuario mellora
artigos co
revisor ortográfico.
A – Á

Este usuario mellora as
ligazóns dos artigos co
detector de homónimos.
Wikiproxecto fotos de parroquias Este usuario participa no Wikiproxecto fotos de parroquias.
Wikiproxecto Música Este usuario forma parte do Wikiproxecto Música.
Este usuario toca a guitarra.
71968 Este usuario realizou arredor de 71968 edicións na Galipedia.
Eu con Thurston Moore, guitarrista e vocalista dos meus adorados Sonic Youth

Nacín un 12 de setembro de hai 45 anos en Marín. Estudei o grao superior de técnico de son na Coruña, maxisterio por educación primaria en Pontevedra e o Grao de Publicidade e Relacións Públicas tamén en Pontevedra, aínda un ano paseino na cidade sueca de Karlstad de Erasmus. Despois pasei varios anos entre Gotland e Galiza e no presente estou novamente en Suecia coa intención de quedar. Como bo emigrante fixen un pouco de todo: servir comida, lavar pratos, afumar carne, facer pizzas, limpar váteres, coidar anciáns e nenos e ser substituto en colexios. Agora mesmo son profesor de español no colexio de Roma, no centro de Gotland.

Comecei a colaborar na Galipedia o día 11 de marzo de 2006 cunha pequeniña edición en música, e ese mesmo día comecei co meu primeiro artigo, o da banda de rock alternativo A Perfect Circle. E así, aos poucos, fun entrando neste marabilloso proxecto. Interésanme sobre todo os temas relacionados coa música (máis concretamente co rock actual) e coa astronomía. Tamén me interesa a historia, a mitoloxía, a ciencia ficción e a aviación.

As miñas contribucións

editar

Estoume centrando polo de agora en artigos relacionados con bandas de rock, sobre todo de rock alternativo de finais dos 70 ata a actualidade. Polo de agora case todo son traducións das wikipedias en inglés, portugués e castelán, aínda que xa hai algunha que outra achega propia. Quero completar os artigos das seguintes bandas e crear os relacionados: Usuario:Beninho/Bandas e re centemente comecei a traballar cos artigos dos álbums incluídos no libro 1001 Albums You Must Hear Before You.

Gústame escribir tamén sobre aviación e de cando en vez fago artigos de avións, aeroliñas, aeroportos e accidentes aéreos.

Música

editar

Portal:Música rock

  Bandas de rock

...And You Will Know Us by the Trail of Dead, Audioslave , Bala, Battles, Big Black, Butthole Surfers, Car Seat Headrest, Cursive, Death, Death from Above 1979, Desvirgheitors, Dream Wife, Feeble Little Horse, Flipper, Fugazi, Godflesh, Guided by Voices, Interpol, Jawbox, The Jesus and Mary Chain, Le Tigre, Neutral Milk Hotel, Pavement, Pissed Jeans, Protomartyr, Queens of the Stone Age, Screaming Females, Sebadoh, Shame, Sleater-Kinney, The Smashing Pumpkins, Sonic Youth, Two Gallants, Ween, Wolf Parade, Xiu Xiu.

  Instrumentistas

Steve Albini, Mark Arm, Melissa Auf der Maur, Glenn Branca, Justin Broadrick, Kim Gordon, Maynard James Keenan, Ian MacKaye, Krist Novoselic, Richard Patrick, Pat Smear, Jamie Stewart, Kim Thayil, Porl Thompson, Troy Van Leeuwen, Butch Vig, Brad Wilk, D'arcy Wretzky

  Xéneros musicais

Britpop, grunge, hardcore punk, metal alternativo, música industrial, no wave, noise rock, post-hardcore, post-punk, rock alternativo, rock industrial, sludge metal‎‎, space rock

  Discos

A Thousand Leaves, Confusion Is Sex, Decline & Fall, Eat the Elephant, The Mollusk

Aviación

editar
  Modelos de aeronaves

Aérospatiale Alouette II, Aérospatiale SA 315B Lama, Airbus A220, Airbus A300, Airbus A320, Airbus A340, Airspeed Envoy, Arado Ar 234, Avro Canada CF-100 Canuck, BAE Systems Hawk, Blackburn Beverley, Boeing 367-80, Boeing 717, Boeing 727, Boeing 737, Boeing 747, Boeing 747-8, Boeing 787, Bombardier CRJ700/900/1000, Embraer E-Jets, Embraer EMB 121 Xingu, Embraer Lineage 1000, Fiat G.91, FMA IA 63 Pampa, Focke-Wulf Fw 190, Gloster Grouse, Gloster Sparrowhawk, Ilyushin DB-3, Junkers Ju 88, Macchi MC.202, Messerschmitt Bf 109, Nieuport Nighthawk, Polikarpov I-15, Short Stirling, Sukhoi Superjet 100, Supermarine Baby, Supermarine Sea Lion I

  Aeroliñas

Aeroflot, Aer Lingus, Aeroméxico, Air France, Brussels Airlines, Lufthansa, TAP Portugal‎‎

As miñas imaxes

editar

Sempre me gustou sacar fotos e alá polo ano 2006 comecei a subir algunha imaxe tirada cunha cámara compacta, en xeral de moi mala calidade. En 2012 merquei a miña cámara reflex e fixen algún cursiño de fotografía. No mes de novembro de 2020 cheguei ás 6 000 imaxes en Commons, e en agosto de 2023 ás 10 000.

Gústame coller o coche de cando en vez para axudar no proxecto das fotos das parroquias galegas e fotografar igrexas, lavadoiros, cruceiros ou muíños. Tamén me gusta a música en directo e cando me deixan meter a cámara aproveito para conseguir algunha imaxe. Ademais son visitante habitual dos aeroportos onde fago "spotting" de avións dende 2013. Recentemente, dende que ando por Suecia, gústame tamén fotografar paxaros e coches antigos. Aquí tedes unha escolma das miñas imaxes favoritas ou tamén podedes premer nas imaxes de abaixo para ir aos distintos apartados.