Ian MacKaye
Ian MacKaye, nado o 16 de abril de 1962 en Washington, D.C., é un músico estadounidense. É coñecido sobre todo por ser o fundador da Dischord Records, un selo de punk rock con sede en Washington, D.C., e por ser o cantante de dúas importantes bandas de punk rock: Fugazi (onde tamén é guitarrista) e Minor Threat. MacKaye tamén traballa como enxeñeiro de gravación, e produciu álbums de Nation of Ulysses, Bikini Kill, Rites of Spring e Rollins Band.
(2008) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 16 de abril de 1962 (62 anos) Washington, D.C., Estados Unidos de América |
Educación | Woodrow Wilson High School |
Actividade | |
Ocupación | guitarrista, cantante, compositor |
Período de actividade | 1979 - |
Membro de | |
Xénero artístico | Rock alternativo e punk rock |
Instrumento | Guitarra e voz |
Selo discográfico | Dischord Records |
Familia | |
Cónxuxe | Amy Farina |
Irmáns | Alec MacKaye |
Páxina web | dischord.com… |
En maio do ano 2012, xunto co seu compañeiro en Fugazi Guy Picciotto, a revista Spin situouno no número 86 da súa lista dos 100 mellores guitarristas de todos os tempos[1].
Biografía
editarPrimeiros anos
editarMacKaye naceu en Washington, D.C. o o 16 de abril de 1962 e medrou na veciñanza de Glover Park desa cidade. Seu pai escribìa no The Washington Post, primeiro como reporteiro na Casa Branca e despois como especialista en relixión.[2] Na súa calidade de xornalista no Corpo de Prensa da Casa Branca, o pai de MacKaye estivo na caravana presidencial cando John F. Kennedy foi asasinado en 1963.[3] Segundo o cantante Henry Rollins, amigo seu durante moito tempo, os pais de MacKaye "criaron aos seus fillos nunha atmosfera tolerante, super intelectual, e de mente aberta".[4]
MacKaye aprendeu a tocar o piano de neno. Tomou algunhas leccións, pero deixouno cando a súa nai meteuno nun ambiente máis académico. Cando tiña dez anos intentou aprender por vez primeira a tocar a guitarra inspirado por Jimi Hendrix, pero deixouno ao non ser capaz de entender a conexión entre o piano e a guitarra.[5]
MacKaye escoitaba música hard rock mainstream , como Ted Nugent e Queen, antes de descubrir o punk rock en 1979 cando foi a unha actuación de The Cramps na universidade de Georgetown.[6] Estivo particularmante influenciado pola escena hardcore de California. A MacKaye gustábanlle bandas de hardcore como Bad Brains e Black Flag e tivo entre os seus amigos da infancia a Henry Garfield (que posteriormente cambiou o seu nome para Henry Rollins).[6]
Primeiras bandas
editarA súa primeira banda foi The Slinkees, coa que só fixo unha única actuación no verán de 1979 interpretando un tema chamado "I Drink Milk".[7] A banda tamén gravou dúas cintas demo de versións e de temas que posteriormente serían gravados por The Teen Idles.
The Slinkees evolucionou cara The Teen Idles, onde MacKaye tocou o baixo e fixo coros. O grupo tivo unha curta vida e separouse en 1980, pero editou o EP Minor Disturbance, o primeiro disco do selo de MacKaye e Jeff Nelson, Dischord Records.[8]
Minor Threat
editar- Artigo principal: Minor Threat.
Despois de sentirse limitado cretivamente en The Teen Idles, MacKaye decidiu ser o líder e principal letrista da súa propia banda. En 1980, tras a disolución do seu anterior grupo, fundou Minor Threat con Nelson. MacKaye citou a dinámica actuación do cantante Joe Cocker en Woodstock como unha gran influencia para o seu animado personaxe no escenario.[4] The Teen Idles e Minor Threat tiveron un éxito moderado en Washington D.C.e arredores, pero posteriormente serían citados como dous dos primeiros e máis influíntes grupos de hardcore punk, e como pioneiros da filosofía straight edge que rexeita o uso de drogas (incluído alcol), tabaco e sexo. Na súa adolescencia temperá MacKaye viu os efectos negativos do abuso das drogas en varios amigos próximos e nun familiar, e comprometeuse a non usar nunca tabavo, alcol ou drogas. Durante a súa existencia Minor Threat estivo inactiva durante varios meses debido a que Lyle Preslar comezou a estudar na universidade; durante ese hiato MacKaye e Nelson formaron brevemente unha banda que se disolveu cando Minor Threat volveu á actividade, Skewbald/Grand Union (1981-1982).
Tras a disolución de Minor Threat, MacKaye estivo activo con barias bandas de curta vida, como Embrace (1985-1986) e Egg Hunt (1986). Pailhead (1987-1988), unha colaboración entre MacKaye e a banda de metal industrial Ministry (entón composta por Al Jourgensen, Paul Barker, e William Rieflin), contaba con MacKaye nas voces principais.
Fugazi
editar- Artigo principal: Fugazi.
En 1987 MacKaye fundou Fugazi, unha banda que foi citada como un dos grupos de post-hardcore máis importantes.[9] Fugazi afastouse da meirande parte de bandas ao non realizar nunca un concerto coas entradas caras. O grupo rexeitou tocar en certos locais por este motivo e tamén chegou a parar concertos se algún asistente se comportaba de xeito inaxeitado, botándoos da sala. A banda chegou a rexeitar tocar polo menos unha vez como cabeza de cartel no Lollapalooza debido a que os organizadores do festival negáronse a poñer os prezos das entradas baratas; MacKaye opúxose a un prezo de 30$. MacKaye tampouco realizou nunha unha entrevista coa revista Rolling Stone ou outras publicacións semellantes, dicindo que só o faría se estas deixaban de publicitar tabaco e alcol.[10]
The Evens
editarNo presente MacKaye canta e toca a guitarra barítona en The Evens coa batería e vocalista Amy Farina de The Warmers. A banda sente orgullo de tocar en lugares atípicos, como centros comunitarios, librerías ou outros espazos pouco comúns.[11] The Evens lanzou o seu primeiro álbum a principios de 2005, rompendo un silencio de tres anos de MacKaye. O seu segundo álbum, Get Evens, apareceu en novembro de 2006. O terceiro álbum da banda, The Odds, foi editado en novembro de 2012.[12]
Coriky
editarEn 2018, MacKaye con Amy Farina (The Evens) e Joe Lally (Fugazi, The Messthetics) estreouse cunha nova banda. En febreiro de 2020 anunciouse que o grupo, agora chamado Coriky, lanzaría o seu primeiro álbum o 27 de marzo de 2020, pero debido á pandemia de COVID-19 o lanzamento adiouse ata o 29 de maio. O seu sinxelo de estrea, "Clean Kill", apareceu o 11 de febreiro de 2020.
Outros proxectos
editarEn 1982, MacKaye gravou as voces principais nunha versión do tema de Government Issue "Asshole". A canción inédita apareceu na colección 20 Years of Dischord publicada en 2002. MacKaye gravou guitarras no tema "Youth Against Fascism", o segundo sinxelo do álbum de Sonic Youth de 1992 Dirty.[13]
MacKaye tamén traballou con moitas bandas pequenas ao longo dos anos, incluíndo a Egg Hunt, Skewbald/Grand Union, e Pailhead, unha colaboración entre MacKaye e Al Jourgensen da banda de rock industrial Ministry, na cal MacKaye asumiu as voces. Fixo coros e colaborou tamén na banda Ignition , do seu irmán Alec, así como outras moitos grupos.
Ao longo da súa carreira MacKaye gravou e produciu discos de varias bandas, principalmente do seu selo Dischord , entre as que se inclúen 7 Seconds, Antelope, Bikini Kill, Black Eyes, Lungfish, Nation of Ulysses, One Last Wish, Q and Not U, Rites of Spring e Rollins Band, entre outras.
Dischord Records
editar- Artigo principal: Dischord Records.
MacKaye cofundou Dischord Records con Jeff Nelson en 1980 para publicar o EP Minor Disturbance da súa banda The Teen Idles.[14] O selo funciona como un proxecto DIY e foi fundamental, xunto con outras discográficas, na formación da escena indie estadounidense da década de 1980.[15]
Notas
editar- ↑ "100 mellores guitarristas de todos os tempos segundo Spin". Arquivado dende o orixinal o 07 de maio de 2012. Consultado o 04 de maio de 2012.
- ↑ Azerrad, Michael (2002). Our band could be your life : scenes from the American indie underground 1981-1991 (First Back Bay paperback edition ed.). Boston. ISBN 978-0-316-78753-6. OCLC 50483014.
- ↑ "Nardwuar The Human Serviette Vs. Ian MacKaye". Razorcake. 2016-08-21. Arquivado dende o orixinal o 21 de agosto de 2016. Consultado o 2023-04-16.
- ↑ 4,0 4,1 Azerrad, 2002
- ↑ "Ian MacKaye: 'It Took Me Some Time To Figure Out How Punk Was Music'". Ultimate-Guitar. 2012-10-06. Arquivado dende o orixinal o 06 de outubro de 2012. Consultado o 2023-04-16.
- ↑ 6,0 6,1 "Ian MacKaye: ‘If You Want To Rebel Against Society, Don’t Dull The Blade’". Bandwidth (en inglés). Consultado o 2023-04-17.
- ↑ "The AP History of Punk Rock X: Washington, D.C." Alternative Press. 1996.
- ↑ "Dischord Records". Discogs (en castelán). Consultado o 2023-04-18.
- ↑ Perlah, Jeff. "The Independent". Guitar World. Marzo de 2002.
- ↑ "Long distance runner: The private and public evolution of Ian Mackaye". LEO Weekly. 2012-01-14. Arquivado dende o orixinal o 14 de xaneiro de 2012. Consultado o 2023-04-22.
- ↑ "Ian MacKaye". Crasier Frane. 2011-07-08. Archived from the original on 08 de xullo de 2011. Consultado o 2023-04-22.
- ↑ "Evens - The Odds (180)". Dischord Records. Consultado o 2023-04-23.
- ↑ "Sonic Youth Site Menu". www.sonicyouth.com. Consultado o 2023-05-06.
- ↑ "Where to start with the righteous noise of Dischord Records". The A.V. Club (en inglés). 2014-11-18. Consultado o 2023-05-06.
- ↑ Dolan, Jon (January 2005). "The Revival of Indie Rock". Spin 21 (1): 53.